Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Dáme igual todo, escribo o que me sae das pelotas, ríome de parvadas e non por iso isto é menos poesía que toda a obra poética do XIX, así que a quen non lle guste que revise os seus preconceptos, os seus medos e a súa intransixencia

a defensa continúa
en forcarei
e o sinxelo sería dicir
que me aforcarei

teño vintedous
e seguirei sendo eu
aínda que visto o visto
xa non quede nada de meu

dáme igual a rima
dáme igual a tolemia
dáme igual que as nécoras
sexan macho ou femia

non sei qué fixen
e pilleiche o pito coa porta
pero estou mellor no meu sitio
que o puto joan laporta

colliches corazón e suor
colliches seme e fluído vaxinal
colliches un nachiño da estación
ao que lle dis marxinal

sempre pensei que acabaría so
aínda que o camiño fose lento
a vida sexa moi curta
e a felicidade un momento

o mundo é aburrido
o mundo é unha cona de goma
vostede bebe coca-cola
e non sabe o que toma

aquí ninguén sube a aposta
mexóuseme o teu gato no colo
a foto non se me pega na parede
e continúo coa mirada de tolo

pena é un óptico
agus un político
félix fai maratóns
eu son paralítico

nuria está nunha residencia
diego mira as farolas
paula mira as moas
eu ando en xirolas

ti non es o único
non es especial
ti non es o único
non es espacial

bailou unha noite
rachando toda a decencia
entrou en trance
dáme un saco de paciencia

as mesmas cancións vellas
o son de antes
de cear non sei
pero algo con diamantes

somos dun sitio
onde os alcaldes morren
onde as vellas
na puta vida corren

violei a todos os resabidos
que falan de ritmo e rima
que falan de cobras e retórica
e bañeime en ketchup prima

a estúpidez podería ser
algún tipo de arte
pero a xente tenlle medo
máis que eu a amarte

á poesía ás veces
hai que puteala
perderlle o respecto
perdida como unha bala

a liberdade mediráse
por rachar certos tabús
como comungar
hostias de pus

non é cuestión de rir
non é cuestión de sorprender
non é cuestión de pensar
non é cuestión de foder

dime algo salinas
dime algo timiraos
dime algo antes
de empezar a paos

voume antes de quedar
aínda moito máis mal
prefiro rematar a tempo
cunha verba como intestinal

02/11/2006 11:44

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Xuko

Moi bo samo

Fecha: 02/11/2006 14:21.



Autor: pepiña

q jefe tio!
felix, q pasa, vesiño!

Fecha: 17/11/2006 19:48.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]