Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Libre

20061102122018-euquesei.jpg

aínda que me cantes
aínda que contes
comigo
aínda
que haxa
moito ruído

dáme igual

teño o pelo
mollado
e con iso chega

o resto non importa

teño as mans
cheas de area
e
senembargo
non deixo de meter
os dedos nos ollos

ninguén
me pode condear
a mudar

aínda que cantes

dende a miña alma

castigo

esnaquicei
a bandeira
chantada
na miña nuca

se puideses
prohibirías
cada sorriso
que escapa
da fiestra
escondida
no vermello desta vida

todo dependerá
entón
de quen
morre
de quen mate
de quen chore
a uns cantos
quilómetros

non serei eu
non serás ti
non será deus
nin nada diso

non serei un máis
non serei
un nome na lista
serei
o atentado
suicida
na túa mañá tranquila

serei a violación
do sorriso
parvo
da nada
na nada

sen argumentos
sen final

sen lexitimidade

por un puto
acto
de valentía
por un puto acto de
decencia

a morte
é a miña puta
e fíame

somos libres
somos libres
somos libres

lume
sangue
feridas abertas
coágulos que caen
desgarros

e o peito rachado
e o peito fendido

obediencia cega
obediencia estúpida
sumisión

agora
renegando

arrepentirse
sempre
como forma de evasión
e tolemia
sen fin

non reclamo prudencia
insisto en sobrevivir

o meu bo sino
está
nun arró
cun cartón
de don simón

falándolle a quen pasa
de todo o que foi
e xa non será

sen outra razón
que a vida de merda
na que me fun metendo
a miña vida
a miña vida

somos libres
sen remedio

inferno

equilibrio

remedio

sen remedio

reméxeseme
algo dentro
do cerebro

é sangue
lume

se coa forza
se construiu este palacio
coa forza
viráse
abaixo

non é unha derrota
non é unha derrota

mátame
e dime
que non foi por facerme
feliz

confesión
confesión
confesión

somos libres

somos libres

bérrao
bérrao

eu fareino
baixo a auga
baixo o sal
baixo o azucre
baixo a dinámica
do alto

nin un paso máis

así será

chegará
o vento de arriba
e aquí
aínda goberna
o vento de abaixo

entendo todo o terrorismo

quemarei as mans
quemarei os ollos

e berrarei

somos libres

iso
somos

iso somos

somos libres

non digades
outra cousa
que non sexa todo isto

a xenreira
é a miña puta
e fíame

a impaciencia
é a miña puta
e hoxe invita

a morte
é a miña puta

hoxe
poderei
berrar que son
libre

02/11/2006 12:05

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: criatura

buffffffff.... intentei ler todo de golpe desde a ultima visita pero non son capaz, non son capaz de sentirme parva, de escarallarme (véase padre de familia), de sentirme enana (e q escribes moi ben mona), de quedar ata os hu**os do romanticismo, pero de alejrarme moito por ti en menos de unha hora. síntocho na alma pero xa irei lendo pouco a pouco... jejejeje.
saudos e crilíns??!%&"·???

Fecha: 08/11/2006 18:15.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]