cheguei a casa
contra as tres da tarde
pechei a porta por dentro
agardei a que chegase
quentei as croquetas
sen sal
comemos
e botámonos no sofá
na mesa aínda estaba
o ticket
do último dvd
pero xa o recolleriamos
despois de durmir un rato
a vida pode ser moi sinxela