colleu o billete
do tren
e máis o cambio
un ida e revolta
aínda tería que agardar
uns dez minutos
pois chegara
como soía pasar
un pouco antes da hora
os pés tiñan frío
e falaban entre si
hostia
puta
teño un frío da hostia
xa
si
da hostia puta
mira que es malfalado
puto cabrón
cálate
maricón
vouche violar
os pés son así
inda que fagamos por non crelo
como se sabía observado
fixo coma quen
que lle interesaba
o billete
un ida e revolta
púxose a lelo
curiosamente
non aparecía
o destino
nin o punto
de partida
nin nada
os pés discutían
aparecía unha data
el lembraba
esa data
vomitou
na vía
cando se ergueu
a súa muller aínda estaba durmindo
e algo do vómito
rozaba a súa cara
foi até o baño
e lavou a cara
e máis un pouco
da súa tolemia
tan e tan linda