Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2006.

Alaaa... Lo estábamos pasando de puta madre...

20060110092325-chivas-8.jpg

Miña naisiña, que diría Juanca! Canto tempo sen me pasar por este lado do universo! Que tal vos foron as vacasións (os que as tivesen)? De que cuantía foi o peido en findano?

Eu, como todos estaredes fartos de saber, paseinas moi para o meu justo e para disjusto de moitos en Muros (siudá sen lei).

E como podedes agardar, non vou faser ningunha clase de resume do que por alá aconteseu, non serei eu quen foda tradisións como a dos... titulares!:

-Juanca o das orquestas: “Sua, sua, sua!”.
-Juanca o Bodeguero: “En casa teño unha botella de Johnny de a litro con barola”.
-Juanca o Catador: “Meu pai é coma Franco pero cusiña que te cajas”.
-Pauliña a Boltxevique: “Ide comer a Rusia”.
-Samo o Jorila: “El horno está en el bollo”.
-Juanca chorando da emosión coa botella de Chivas.
-Teo, un soñador: “Soñei que Ajustín era parapléjico. E levanteime sudando”.
-Pena o Místico: “Ve a dentro y verás algo que no hay”.
-Pena o Confuso: “Jesús nació nacido” (Risas). “Jesús salió salido”.
-Javi: “Coa coliflor picas o tubo de escape”.
-Juanca o Pedófilo: “É como me justan a min, cunha fornada de menos”.
-Juanca o Optimista: “Dios mío, dios mío. Fixestes un milajro. Arrasastes coa escuadra e co cartabón”.
-Glo a Esfameada: “Roque, non nos jodas os (15 sejundos) Churros!”.
-Ajus o Cliente que ninjén quere: “Pecha a porta, Semáforo!”.
-Nu contra as leis da física: “Cuando me estiro, encojo”.
-Fe aparcado no paseo marítimo: “Os coches adiántame pola dereita”.
-Fe saindo do Vianda: “Paula, canta lus”.
-A abuela de Pena: “Se colledes mosa, amarrádea ben”. (No sentido de amarrala de verdade).
-Carlos de Luchi, o animador da Churra.
-José Juan, o crack dos hielos.
-Ginés, un home e unha play.
-Inés e o queique de chocolate.
-Mércores antes de nadal en Compostela... Avante por sempre!
-Kenodí?: batería máis rudimentaria, imposible.

Bueno, en conclusión, que foron unhas grandes datas. Inda que non todo foi positivo, por sertos cristos de magnitude por calcular, penso que estiveron moi ben e gustaría de voltar a elas unha e outra ves.

En fin, coma sempre, ajardo que colaboredes con este asunto e coljedes os comentarios que consideredes aportunos.

Saúde, pas e crema de orujo da Churra!!!

10/01/2006 09:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

O apelo do silêncio como fundamento

Se nalgún intre viaxei
ao xardín
onde os deuses elixen
o son de cada risa
e voltei de alí
menos moreno do que fun,
posiblemente sexa
porque foi a noite
insensata
na que arrepentirme
podería ser
un intento lírico.

10/01/2006 09:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Como uma pessoa pode experimentar mudança de vida

Dis segredos
dos que aínda se din baixiño.
E no meu cuarto
a abolición do branco e tenro
vén da man do rumor
deses segredos.

Apretando cada segundo
contra a parede
até esmagalo ou conseguir que ría

No inferno non haberá un cartazo
de benvida.
No ceo non haberá xogos de mesa
por algún motivo
e será aburrido.
No purgatorio non haberá máis que xente
que fale outro idioma
e sentiráste so,
seguramente.

Os segredos nunca foron tal.

10/01/2006 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Lonely Day (System of a Down)

20060110101457-system3.jpg

And if you go, I wanna go with you
And if you die, I wanna die with you

Take your hand and walk away

10/01/2006 10:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 3 comentarios.

Na dinámica que acostumo

Miriam, que lo?

Non terás un sitiño o venres nese cochiño???

"Cochiño" da palabra "coche", non da palabra "cocho".

Ajardo resposta nesta mesma web.

Saúdos!

10/01/2006 10:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Mundo blog

Recolecta estraña dunha movida que me aconteseu hai relativamente pouco a propósito deste sitio.

José Dosil (síntoo pero non sabía que existías ata que che vin con Juanca en findano ou aljo así) descojonouse no meu jeto por ter este sitio. Foi un momento estraño porque cando me comentou aljo, non me prejuntedes o qué, Juanca descarallábase ao seu lado disindo movidas como : "si, si, si... moito se ri coas movidas que pos".

Inda a día de hoxe non sei cómo tomalo.

Canta peña pasa por acá?

Un día haberiades de ir deixando o voso nome e un saúdo sinxelamente pa ir calculando a canta peña cheja.

Pero pedirvos isto e acabar todos poñendo coñas tipo "Ola, Samu, son Jotajota" ou "son o semáforo do vianda" sería todo un.

Pero iso, anímovos a ir deixando rastro do voso paso por acá.

Por serto, subiron as bombonas a 12 euros, e Pena ten que andar pedindo polas rúas (verdade, Miriam?).

Saúdos e saúdas a todos e todas.

11/01/2006 15:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

El sistema (Eduardo Galeano)

20060111151720-capitalismo-asesino.jpg

Los funcionarios no funcionan.

Los políticos hablan pero no dicen.

Los votantes votan pero no eligen.

Los medios de información desinforman.

Los centros de enseñanza enseñan a ignorar.

Los jueces condenan a las víctimas.

Los militares están en guerra contra sus compatriotas.

Los policías no combaten los crímenes, porque están ocupados en cometerlos.

Las bancarrotas se socializan, las ganancias se privatizan.

Es mas libre el dinero que la gente.

La gente esta al servicio de las cosas.

Tiempo de los camaleones: nadie ha enseñado tanto a la humanidad como estos humildes animalitos.

Se considera culto a quien bien oculta, se rinde culto a la cultura del disfraz.

Se habla el doble lenguaje de los artistas del disimulo. Doble lenguaje, doble contabilidad, doble moral: una moral para decir, otra moral para hacer.

La moral para hacer se llama realismo.

La ley de la realidad es la ley del poder. Para que la realidad no sea irreal, nos dicen los que mandan, la moral ha de ser inmoral.

Quien no se hace el vivo, va muerto. Estás obligado a ser jodedor o jodido, mentidor o mentido.

Tiempo del qué me importa, del qué le vas a hacer, del no te metas, del sálvese quien pueda.

Tiempo de los tramposos: la producción no rinde, el trabajo no vale.

En el Río de la Plata, llamamos bobo al corazón. Y no porque se enamora: lo llamamos bobo por lo mucho que trabaja.

11/01/2006 15:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Rápido

Mañá debut ING.

Agora descanso de Lite VI.

Non me dan beca normal.

Déronme beca departamental.

Luchi nunca me acordo de ti nos resumes, son o peor.

Arrrggg...

13/01/2006 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Palabras (Caracusto)

Palabras sen sonido que retumban nos oídos, como frechas sen destino e sen orixe...

...non hai xa nin indios nin vaqueros neste mundo...

as risas das bruxas cobíxanse nas paredes das lendas esquencidas e humilladas, como escravos despedidos e abandoados pola súa inutilidade, a evolución pide perdón por non facer nada e a tortura da nosa existencia proclama unha morte digna.

Palabras sordas sen sonido sen sentido, cobrando vida como cobras cobrando o prezo mais alto a nosa ignorancia, non coñecemos o que nos rodea, senon mounstros superfluos que vagan pola nosa mente anunciando a nosa intelixencia como políticos embusteros. As preguntas que noutrora nos atormentaban agora teñen respostas fáciles que calman a sede da alma, non me gusta o mundo no que escribo porque xa non hai papeis puros onde plasmar a nosa ignorancia.

infelicidade asumida, pensamento suicida, a morte respira...

circulos concentrícos separanse a vez que se diluen no reflexo impuro da nosa existencia...o vento oubea... unha palabra escrita fai anos cobra sentido nunha mente temblorosa e os teus ollos seguen torturandome...

Palabras sen sonido, sen orden, sen sentido, así de mal escribo... pois a miña pluma segue a dirección dunha veleta con vento tolo, e así calmase a miña dor. As follas dun libro caen co vento do outono e as lágrimas dun pensamento crean riadas de imaxinación. O egoismo álzase sobre todas as cousas, a vida é corta e hai que disfrutala por riba de todo, por riba de todos...

carpe diem, a corda que apreta os pescozos de miles de persoas impedido a entrada nos pulmóns de aire impuro, quizais deba ser así...

como un berro dun árbore...¡berro eu! afogado pola tristeza da chuvia, fabricando lamentos o peinar o vento. Quizais non teña sentido falar sen ser oído, pero as palabras máis lindas son as que nadie escoitou, as que tan só o eco pudo pronunciar algunha vez e que as paredes de caseróns abandoados gardan na súa memoria. Falar por falar, escribir por liberar, chorar por chorar...

Palabras sordas, non mortas, silenciosas, sinceiras, oscuras,que curan feridas vendidas a Satanas,curas non son quen de calmar a dor desta posesión infernal, marginal,virginal, barrocos versos de sangue fresca ,¡pintoresca vida!¿fría?¡non!cálida... pero tamén pálida como a morte máis gótica.

doús nenos perseguen o vento...

Son só silencios, son só suspiros, son só sonatas sen ningún sentido...

Son só abrazos de letras, son só misterios, son só... ¡palabras!

13/01/2006 09:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Os meus tolos No hay comentarios. Comentar.

Trebóns

Amijos e amijas da choiva a niveis superjerreiros, este finde choveu a jodelo, polo menos o saábdo in the night, in the night, en la nocheee...

O ING destaca na primeira xornada como un firme candidato ao penúltimo posto, superando así as espectativas de anos anteriores.

O sábado palmamos 0-5 (non 5-0). Pero demos mostras da nosa capasidá orjanisativa en defensa e que somos un equipo que sufre un ataque indiscriminado por parte do colexio de árbitros.

E pola noite fómoslle a casa de Ginés a ver "Be cool" e achicar al viejo modo.

En fin, jrandes findes.

Titulares? Yo pasho...

Saúde, camaradas e camarados!

16/01/2006 09:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Pode conter resíduos das três diferentes classes

cando saias por esa porta
non te esquezas
de levarte a bolsa do eroski
que leva lixo,
carne crúa
e un pouco de min.

o lixo foise xuntando como se xunta o lixo.

a carne crúa é o meu pulmón esquerdo,
que se fartou do meu corazón.

de min só vai algo máis de lixo.

16/01/2006 09:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Tente adivinhar as palavras em falta

a desesperación de milleiros de anxos
adoita entrar unha corchea por detrás
da miña desesperación
e semella o eco
da miña morada mortuoria.

16/01/2006 09:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Pode que este non sexa o momento

Pode que este non sexa o momento
ou pode,
sinxelamente,
que para isto non haxa momentos.

Pode que arrepentirme sexa algún tipo de arte
ou pode
que o sangue que me escorre entre as pálpebras
sexan bágoas.

Pode que a vida non dea máis oportunidades
ou pode que a vida sexa a propia oportunidade
e que eu só intente medir a altura
que me separa
do chan.

Pode que isto só sexan palabras
pero sabemos que non.

Pode que hai un ano estivese no mesmo sitio,
pero as cores serán sempre outras.

Ou pode que non.

E que todo isto sexa perder o tempo.

Porque o que importa é só aquilo que é.

O resto pode que sexa invención.

17/01/2006 13:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

De Vietnam a Xamaica

as nubes alíñanse en perfección
como un exército
sorrinte
agardando que dende a túa fiestra
comece algunha clase de baile.

na noite
gritaremos forte.
na noite
saltaremos uns por riba dos outros.
na noite
as bágoas e as risas marcarán o mesmo ritmo.
na noite
a calor levaráse mellor.

e cando na noite
os coches nos adianten pola dereita,
alí estarei eu
ao teu lado.

quen o di?

dígocho eu,
irmán.

17/01/2006 13:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Puta esquisofrenia

20060117154648-esquizofrenia.gif

Ao final este finde non baixo a Muros. Estou ata os límites de choios que faser, de libros que ler, de movidas que comesar a chapar, etc.

Fatal.

Puta universidade e puta merda todo, xa.

Aúpa o verán, cona!

17/01/2006 15:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Boh!

Na, paso.

Este finde creo que vou baixar a Muros e listo. O ajobio foi esta semana con tanto choio e tal... pero despois só teño que ler libros, e iso fájoo en Muros como o fajo aquí.

Miriam, ás 8 e aljo onde sempre?

Saúde, irmáns e irmás!

Aúpa ING!

18/01/2006 09:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Casa mollada

a miña casa non é miña
e está mollada.

mollada por dentro
que é máis incrible que o contrario.

non está mollada coas miñas bágoas ou algunha carallada así.

está mollada porque aquí,
que eu saiba,
chove.

19/01/2006 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Bob Dylan

se quixeses estar triste
sería sinxelo.

porque xa vai indo todo.

entre os teus peitos alguén debuxou unha estrela vermella
que insistes en rabuñar con toda a túa alma.

pero perder o tempo niso
non é o teu.

e agora escoitas algo de bob dylan.

19/01/2006 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

O mar non ten esa cor

maybe life is like to sink this journey.

a muller do tempo téntao.
quere enganarme.
porque pensa que vivo
en Cáceres e non leo
e escoito
as baldosas rachar pensando en baldosas rachar.
e agora vírase con medo
porque na súa mentira
síntese núa.
por que pensará que nesta noite
húmida
vou chegar a crer que o mar do que me fala
é desa cor?

o mar ese do que me fala
vouno coller
e vouno afinar en re.

19/01/2006 09:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

ING, o orjullo dun pobo

20060119095120-ing-logo.gif

Miriam baixa mañá a sair a Compostela e baixarei en bus ou aljo así.

Miriam, consíjesme un deses colares que consijes ti a modo de trofeos de casa? Ummm... Hehehe...

Xojamos contra o Soleiro, a ver cántos nos caen.

Veña, xa vos contarei.

Marcho!

Ska!

19/01/2006 09:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

A vida é moito felís...

Adicado a todos os que ese día estabamos alí.

Vai por vós!

19/01/2006 14:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Aña e curne

20060123143319-tronsando.jpg

Si, señores e señoras... Os meus amijos máis eu somos aña e curne. Esta expresión foi lansada por aljún personaxe ebrio na noite loureana, aljén alleo ao noso jrupeto, pero tomámola como nosa, porque así o sentimos.

O finde estivo ben.

O venres vimos unha peli en cas Agus: "Lee mis labios". Nu idignábase cada dous por tres coas perradas que lle fasían á prota, e Agus e Pena insistían en buscar erotismo por todos lados. En fin...

O partido... pois perdemos. Xojamos como o cu. Nótase que ao vir Félix baixamos o ritmo e tal (Hehehe...). Pero bueno. 3-1 e pa casa. E por serto, xa fun expulsado por primeira ves, tardei dous partidos. (Na foto podedes ver cómo quedou o tipiño). En fin... O peor foi ducharnos despois en ajua fría en ir en plan comando ata casa.

E o sábado á noite... Que queredes que vos dija? Pillamos unha tranca maso simpática. A máis simpática, para o meu limitado entender, foi a de Fe e o seu momento jrandioso de meter a cabesa entre as varillas do futbolín mentres xojabamos... A de Inés foi menos simpática.

E así. O que creades que queda por sitar, desídemo.

(Mimá... Non puxen titulares... Que vai ser de nós???!!!)

23/01/2006 14:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

La cultura (Kortatu)

20060124093057-torture.jpg

Uno cree que aprender es importante
y se convierte en un jodido intelectual
que trata de serlo más que los demás
uno se pasa años y años
con la nariz metida entre los libros
mientras el mundo se escapa frente a uno.

Revilla viejo cerdo
vamos a entromparnos
nos han estado jodiendo vivos
durante muchos años.
Revilla viejo cerdo
nos vamos a entrompar
que la cultura es tortura
no nos vamos a engañar.

24/01/2006 09:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Rajada cutre

20060124100447-329383.jpg

Que lles den polo cu aos de Antena 3 que sempre andan poñendo os capítulos vellos dos Simpson.

Por que non empesan poñendo dende a sejunda ou terseira temporada?

E por serto, en Cuatro van empesar a poñer un vello programa de quita y nipón.

Arrggg...

24/01/2006 10:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 8 comentarios.

Pena, óptico a domisilio

20060126164929-penoli.jpg

Voltando a un apartado que estaba un tanto esquesido ultimamente, hoxe imos ter o praser de contar coa presensia de Antonio Pena, o fillo de Minguita do sentro médico, na secsión de "Prejuntos e Respostos". E, para empesar, unha prejunta fasiliña... Ke lo?

...na lo

Antes de nada, justaríame felisitarche porque resientemente acabas de obter o título de Diplomado en Óptica Cuántica. Como se sinte ajora un que pode fardar entre jafudos e choscóns?

na simplemente a nota aparese e estas aprovado,de repente eres diplomado e nn pasa na to sije ijual.E q nesta faculta nn lle teñen respeto a nadie

E ajora que tes tan ansiado e inmeresido jalardón, cales son os teus próximos obxectivos no mundo estudiantil e/ou laboral? Fálanos do que fas ajora en Compostela, ademáis de masarte a Glen Orson sempre que a ocasión o permite.

Antes de na puntualisar q eu nn son de Glen Orson senn q son de McKain.Polo resto sejirei fasendo as do oido e empesarei cas praticas ai polo 1 de febreiro

Pasando ajora a outro plano da túa vida persoal de ti mesmo a través do teu corpo, como afrontas esta temporada no peor equipo da lija das estrelas do pabellón de Kiko? Que papel pensas xojar no equipo? Cales son obxectivos este ano? Como valoras as novas incorporasións?

De 1 en 1 q aora q son diplomao nn tou pa pensar moito.A temporada empesa con ilusión coma todas,o noso obxetivo e mellorar a posición do ano pasao pero bexo q temos clase e calidade polo q nn renunciamos a na.O meu p'apel no equipo parese claro,e xojar cando se pode e jritarlle os arbitros primeiro,lo empeso con Juank,despois con Ajus e o final akbolle rompendo acabesa a tos.

Tocando ajora un tema un tanto incómodo para moitos e morboso para outras, imos permetirnos o lujo de prejuntarche pola túa vida sentimental. Que tal te sintes?

Ben

Ajora en serio, hai aljunha cachuli por aí? E que nunca soltas nada... para nosotros eres como un libro serrado a cal e canto jrejoriano.

Esta e unha entevista profesional,sobre a miña vida privada nn falo(se nn ai cheq polo medio)pero comento q nn ai nadie serio

Bueno, é por todos coñesido a túa denominasión de origen como yonki do futbolín do Xeixo... Que hai de serto neses rumores que din que durante a semana practicas en casa emprejando como varilla o teu jrifo monomando? Esta isto en relasión directa coa túa vida sentimental como indican os informes dos que dispoñemos?

Sen comentarios

Bueno, xa non teño puta idea de que prejuntarche así que pasarei á mítica parte na que cada un ten que deixar libre, cual pajarito en ajosto, a súa mente e poñer o primeiro que se lle pase pola cabesa ás sejintes palabras ou sintagmas preposisionais:

Francesa: ...
ING: banda de patio,pero son as risas,pasoo juai
Comentalista: so se me ocurre un:MICHEL
Ed Harris: Glen Orson e papa aljo raro pero e asi
Javi Fuego: A jran estafa do veran,cando tos estabamos convensidos de cque viña unha estrela de repente diluiuse sen mais
Athens 2004: esta deixo q a comentes ti q xe deu mais xojo a ti q a min

Para rematar, non podía pasar esta ocasión de realisar esta entrevista sen faserche unha prejunta obrijada... Pena, de que te riis?

De q o comentalista do partido do ING do sabado falaba de Ed Harris mentres xojava o Atenas ca francesa e con Javi fuego

En fin, isto toca ao seu fin, amijito. Jrasiñas polo teu tempo e dedicasión pasiva a este evento pseudoavariado. Vai pola sombra e vémonos pronto. Unha aperta forte e sentida!

26/01/2006 16:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 4 comentarios.

Guerreiro

dáme dúas horas.

dáme unha pedra.

e dáme unha razón.

non preciso máis nada
para me esquecer de ti.

26/01/2006 16:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]