Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2006.

Día de contrastes

20060202135223-color-contrast-01.jpg

Ola, amijitos e amijitas da pedofilia nas súas variantes portorriqueñas (guiño a Ion, aúpa Puerto Rico)!!!

Despois dunha semana, ou así, enclaustrado en casa fasendo coma quen que estudaba aquí estou, coa barbiña de estudar (un clásico universitario) e cun par de novas de pésimo rejusto:
-En Sosiolinjüística 1 teño un sobre. Alabín-alabán!
-En Gramática (exame que tiven hoxe e que maltratei a base de mal filolóxico) a tipa parese ser qu di que todos imos ter sobre... Todos? Todos non! Ao pareser "Samuel es el único que estáentre el notable y el sobresaliente... y no sé qué voy a hacer con él". Pero inda así, estou aprobado. De pinga.
-Lite V, o traballo que fixen foi un merdolo modelo cabalo barbanzón e teño que ir coa parte de poesía cansioneril ao exame. Para os non entendidos: iso é malo.

E nada máis.

Só disir que me quedan 3 exames e que a ver se todo isto pasa dunha puta ves. (Jran comentario).

Ala, saúde! (A foto é unha subnormalada para ir en acordo co resto)

02/02/2006 13:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Veráns por vir

os brillos no que se di
son silencios
e son verdes.

O gran paso por dar
está aínda por comprender.
O gran paso por dar
son catro palabras
que xa escoitaches e que direi
cando xa todo dea
igual.
O gran paso por dar
quizáis non sexa tan grande
e ao mellor nin sequera
é un paso
e é unha alegría
ben razonada.

Hai máis razóns nunha das túas palabras
que en milleiros de brillos silenciosos e verdes.

O gran paso por dar
tinguirá a crueldade
de serenidade e aire.
O gran paso por dar
entre o branco.
O gran paso por dar
só o escoitaremos nós
e será música.

Cando falar de cousas menores non garda senso.

E nos amamos.

02/02/2006 13:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Soamente se o pensas

Unha nova ciencia
pode ser un trauma máis
cando xa todo tende a ser un trauma máis.

A feira abre as súas portas
e mantén cada corolario
dictado dende as nubes.

Unha nova ciencia para entender
cada dedo anárquico
co que me sinalas
dende milleiros de aspectos
e matices.

A feira abre as súas portas
e mantén orgullosa
o seu novo teorema
co que pretende
dictar sentencia.

A amizade é de sal.

O amor é de sal.

A dor é de sal.

O sal dicta teoremas.

E nós tomamos notas,
pero non entendemos nin a nosa letra.

03/02/2006 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Español coloquial, chorbo

Teño exame en 20 minutos e estou eu so na aulanet coljando unha palla mental.

Se suspendo recordádeme que me corte os juebos (con B).

Desexádeme sorte ou aljo.

03/02/2006 09:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Español coloquial, pavo

20060203115715-929656.jpg

Pois xa saín. Escribinlle a jodelo, pero queda demostrado que é unha asignatura á que non fasía puta falta ir a clase. Porque estudiase ou non estudiase ía faselo mesmo.

Así que fun sabio e rasqueime as bólas.

E ajora a chapar para o do luns... que esa vai ser boa!!!

03/02/2006 11:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Imperdoable ou imperdoábel

sinceramente
e poñendo o corazón ensanguentado
sobre calquera papel que fale
do que sinto
agardo que tras esta tormenta
a amizade remova cinzas
e especule en contra de milleiros de rarezas
que non prestan.

sinceramente
e porque se lembro algo
son as apertas sentidas
e o entendemento.

sinceramente,
pero con tranquilidade
de recén morto.

sinceramente.

hoxe é o día máis triste da miña vida.

06/02/2006 13:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 8 comentarios.

Baleiro

benvida sexa,
novamente,
esta chamada.

pretiño do máis insano
e alonxado de milleiros de estrelas
todo se volve realidade
porque así o decidiu alguén.

pode ser que todo o que precise
un ladrón
sexa mirar atrás e saber que o sol segue
inmutable

para el.

a xente non sabe que cando falo do que falo,
sinxelamente,
falo do que falo.

as beirarrúas non estaban onte
para camiñar nós.
o ceo non se plantexou
en ningún despacho relamido.
a area na que choras
non sabe nada de bioloxía
e, senembargo, existe.
as follas que tinguen de miseria
a túa alma
terán nomes con poucas vogais e mirarás
dun xeito estraño os seus determinantes.
as pedras nas que te apoias
prepararon pola mañá guións e parénteses
e algún tema relacionado coa retórica máis cheirenta.

viaxei ao sol cos petos baleiros
e a alma baleira
e o sorriso baleiro.

09/02/2006 12:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Fin (Artigo de merda)

20060209120804-ska.gif

Rematei os exames.

Piro mañá pa Muros unha temporadiña.

Agora algo de ska!

Saúde!

09/02/2006 12:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

ING

Enorme testimonio futbolístico.

09/02/2006 12:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Quixese ser Romero

20060220095254-240632-mediumsquare.jpg

Boas, amijos e amijas dos discos a 60 r.p.m., xa estou de votla na facultade dando asquiño. Vin sedo apra ir ao da beca de colaborasión e resulta que o tipo non está no seu despaccio.

Bueno, cóntovos o porqué da fotaso de Romero. Pois porque resulta que son un tipo maso irrejular.. porq ue? Porque un non pode quitar 3 sobres e palmar unha. Non é rejular. Quixese ser como Romero e faser todo ijual, inda que fosen aprobados raspados e jañados de xeito humillante nos despaccios.

Deixando isto ao marxe, disir que este periodo vacasional entre Muros e Compostela resultou do máis caralludo. Aí vos deixo aljúns dos titulares destas datas, ajardando, coma sempre, a vosa colaborasión activa para a aportasión de demáis turbocaralladas.

-Carlos Jrandioso: "Hoy no follas".
-Pena pre-sopa: "Si me encuentras una cuchara de arreglo las patillas".
-Puta conversa na Churra polos disfrases 1: Juanca quere ser muller.
-Puta conversa na Churra polos disfrases 2: Glo, culo veo, culo quiero.
-Puta conversa na Churra polos disfrases 3: Pau e as jalletas prínsipe.
-Puta conversa na Churra polos disfrases 4: Fe, ata disfrasado pensa en faser nejosio.
-Puta conversa na Churra polos disfrases 5: Todos ata os juevos dos meus chistes.
-Mércores en Compostela: Molladuras duras e chantadas ginebraicas.
-Gasteiz: Destronsa-cuellos.
-"Oh, Mami! Oh, Papi! Soy un tío Chachi!".
-ING, a miseria futbolística.
-Raúl en transe co Proevolution: "Eu son Sarabia Audí".
-Os sexuítas, a conjrejasión sexual que todos ajardabamos.

E así. Ajardo as vosas colaborasión, amijos e amijas da pissifilia.

Romero Selecsión! (de Emiratos Árabes Unidos)

20/02/2006 09:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Probaremos unhas vacacións no purgatorio este ano

de que cor pode ser un rostro
que baile contra da sensatez?

nada di o que se escoita máis alá dos muros.
nada di o que treme entre as pálpebras
pretendendo ser.
nada di un xesto de amizade.

se dous anos
non chegan
para asimilar toda estructura
amosada pola dor
quizáis en tres anos
a dor continúe
desestructurada
e sexa gris.

a ocupación rematará.
a morte finará.
heroes e honra e terrorismo
correndo polas rúas
dunha parcela universal
por entender.

a relatividade pode non ser tal.
a relatividade intúela a escuras.
a relatividade non ten cor,
nin arrecende.

pode que deus fose unha puta.
e pode que ninguén tivese un peso.
e pode que deus emigrase.
e que agora estea onde só sabe deus que está.

tes mil deuses e non o sabes.
tes mil deuses e non o sabes.
tes milleiros de deuses que te afogan
e te foden ben fondo
e non o sabes.

20/02/2006 09:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Capitalismo silencioso

na paz do exterminio
e no descanso xenocida.

sons e ringleiras de melodías
estremecendo
perversións xenocidas.

caídas infernais
que riman constantemente
con xenocidios desmotivados.

colleremos un soño
e desvirgaremos inocencias
con xenocidios desmotivados.

deixa a túa imaxe enriba da mesa
e camúflate cun gramo,
pero o xenocidio non vai contigo.

percepcións superficiais
como ideario de milleiros de potenciais
xenocidas.

neste autobús non hai bágoas,
nin lembranzas, nin series preferidas.

só restan dúas paradas
e ao xenocidio só lle faltas
ti.

20/02/2006 10:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ninguén que se drogue fala de droga empregando a palabra droga

nesta proba
valoraráse todo tipo
de condición infrahumana.

a violación en tres actos.

clases particulares de masoquismo,
preguntar aquí.

pedofilia como forma de vida.
vida perdida polos estudos
e o cristianismo.

café e non sangue.
café en lugar de sangue.
café nas veas infladas dos ollos.

se ti me dis "mátame",
cuspo nas mans e deixo todo.

café nas mans e nos collóns.
café pinta paredes.
café e licor.

estupefacientes deficientes
en mans
de rapaciños
de prescolar.

o astigmatismo por decreto
como política exterior.

xenocidio duns poucos
ou atentar contra
o sol que cega.

café entre as unllas.
café chimpando do embigo mentres berramos.
café para matricularse neste ciclo menstrual.

a mí me daban dos
patadas en los cojones.

o día da festa baixaremos
descalzados
polo asfalto cheo de chatolas
cheirentas e chamicentas
a bailar un chachachá.

café, café, café...

só precisamos dar positivo
para ler entre párrafo e párrafo.

22/02/2006 14:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 7 comentarios.

Killing in the name (R.A.T.M.)

20060222181747-ratm.jpg

Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Fuck you, I won't do what you tell me!
Motherfucker!
Uggh!

22/02/2006 18:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 7 comentarios.

Me habéis jodido un cuatrimestre de puta madre

20060222182750-diehard.jpg

Arrggg...

Maldita filología, maldita facultad! Odio Cervantes!

Si, vale.

Son conssiente de que ultimamente só coljo pallas mentais (e, por serto, todas de moi dubidoso justo-calidade-semen-dicsionario-werder-bremen). Ante esta situasión só podo pedir perdón aos milleiros de fans meus e de Madonna por esta defraudasión activa e ultraxante taxantemente.

Así que, sejundo lo dispuesto, fajo unhas promesas electorais de carácter inválido:

-A partir de ajora irei limitando o coljamento de pallas. Iremos limitando o onanismo literario.

-Voltarei a esta sitio con aljunha que outra entrevista de carácter lúdico-festivo.

-Os afisionados ás Sitas a sejas estarán de noraboa porque irei coljando aljunha que outra turbocarallada na secsión de Sitas. Sabedes que se queredes que colje calquera cousa aquí só ma tendes que mandar ao meu correo dostrónico.

-E, na mesma liña que estas caralladas que acabod e disir, irei poñendo merdas sejundo me dea na volta. E se non, mentres tanto, pasádevos polas güebs amijas de Diego, Juanca, o Señor Lobo e a dos de Muros.

Ala, a coidarse.

John McClane, save us!

22/02/2006 18:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

STOP criminalisasión

20060223142752-freedom-expression.jpg

Amigos e amigas deste sitio, hoxe un acontesemento paralisou a vida en Filoloxía.

Moitas veses teño recomendado que visitasedes a páxina de "Señor Lobo", pois ben, o autor da sitada web vén de ser denunsiado por un profesor desta mesma facultade por un artigo publicado por el na mesma, por danos á súa imaxe e non sei qué ostias máis.

Vaia a onde vaia todo iso, sexan cales sexan as consecuensias (a primeira é que xa ten que ir aos xulgados e non sei qué caralladas máis e que xa se deu de baixa a súa web) que saibades todos que este rapás, ao que lle teño un cariño, un apresio e un respecto moi jrande, ten todo o meu apoio neste contensioso (ou cómo ostias se dija).

A conclusión que saquei, así a bote pronto, é que aos de arriba non lles justa nin que se lles tusa e que a nós só nos vai quedando o cuspir na súa sombra.

Total... que a liberdade de expresión acaba de levar outra patada nos collóns.

Que se supón que temos que faser agora?

Responder?

Sejiremos informando.

23/02/2006 14:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Tristeza

a día de hoxe só quero recoller
a todos os meus amigos nunha aperta
e irme do mundo.

24/02/2006 10:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Busque aos individuos

20060224101941-minguita2.jpg

E jane un crusifixo.

Mimá, canto tempo... Joder...

Unha xerasión de xente boa.

Puto catolisismo.

24/02/2006 10:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 9 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]