Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.

Nazi muerto (Gérmenes)

20060601102345-d-nazi.jpg

Contra la igualdad del color,
contra la violencia sin razón,
contra esos cerebros obstruídos
por el miedo y la opresión,
contra la pobreza mundial,
contra la riqueza sin igualdad.
Nazi bueno es el que está muerto.
Hay mucha mierda en tu ciudad.

01/06/2006 10:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Capitalismo ao asecho

20060601102742-zara7.jpg

O outro día todos, os que quixemos, puidemos ler na páxina de Fe un artículo, maso asertado, sobre o que supón Nike como mulitinasional da explotasión. E alí deixeille un comentario un pouco dessentrado, pero que pensei que tiña aljo de xeito.

Na Vos de Jalisia de onte puiden atoparme co sejinte titular: "Un municipio entero de Portugal cose zapatos a 50 céntimos el par".

Na localidade de Felgueiras, ao norte do estado vesiño, hai uns 50000 habitantes sensados. Nela a tradisión na confecsión de calsado vén de vello. Pero un tempo a esta parte, a forte competensia asiática fai que se vexan na obrija de ter que ajuantar a presión de jrandes multinasionais como Kikers, Inditex, Pikolinos ou Adolfo Domínguez.

E isto, que podería ser visto como unha explotasión por parte da xente de Felgueiras, é considerado case como aljo caído do seo.

Unha familia pode ter unha renta mensual de 350 euros. E cando se di familia inclúense a menores dándolle ao choio.

E falo de Portujal. Porque cando se fala de explotasión e das miserias do capitalismo semella que sempre nos temos que ir a tomar por saco (Vietnam, Taiwan...), onde por suposto isto se vén dando dende hai moito tempo, de xeito realmente asqueroso.

A nós pódenos ir dándonos ijual, porque inda pensamos que inda non chejou ata as nosas putas casas de benmantidos. Pero chejará.

Non sei, recomendo que busquedes informasión sobre todo isto, porque me explico realmente mal.

E non veñamos ajora botándolles a culpa aos chinos, porque ultimamente fálase dos chinos así en xeral como se con iso se diluísen as culpabilidades.

Pensade en nomes máis normais. Do roio "Amansio Orteja"... Ou así...

Puagh...!

01/06/2006 10:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Obedecerás cando te vaias

uns centos de credos

uns miserables
pensamentos
dogmáticos

desprazarse
social
social

estética
rebentada
asociada coa nada

na miña mirada
non hai métrica
o amor non rima
a retórica non vai por dentro
a gramática
non a fixemos nós
conducta porque o dixo alguén
por debaixo
pasando por debaixo

cravo no aire
un credo

dáme papel
dáme frío
dáme metal
dáme todo
dáme o que levas entre as veas

nin un paso
sen deixar de mirarme
entre o fume

no tempo desta
época
unha década é un minuto
os séculos
fan de anos
os segundos respiran días
e a semana
vaise entre os dedos da noite

01/06/2006 10:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Gora beherak (Betagarri)

20060601131445-betag03.jpg

Gora beherak izaten dira
Zure esku dago aurreratzea
Gora beherak izaten dira
Ez zaitez galdu ibilbidean
Ez zara bakarra ibilbidean

01/06/2006 13:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Superior (Gentlemen)

20060601133413-783.jpg

I know jah love it is superior
your devil complex inferior oh yes
worshipping material
bowing to your silver and gold (repeat)

somebody tell me
cause i really got to know
I read a lot of history
but tings nuh really show no no
why dem drop the bombs ina arabia
why the children bawl and suffer ina africa
leaders of the world just fighting for superpower
but judgement ago fall upon dem head like rain shower


01/06/2006 13:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

¡Cómo es la chica del Batzoki, mi amor!

20060605182915-betagarri-logo-sw.highlight.jpg

Uooo!!! Ella llevaba unos pololos de encaje, una blusa blanca...

Xa estou de volta por estas terras despois dunha finde do máis espectacular.

Ajardo que os sejintes titulares sirvan de pista aos que por alí andivemos e que sexan o sufisientemente crípticos para os que non se inmiscuiron en semellantes prosesos deformativos permanesan ao marxe deste proseso comunicativo:

-ING, ao fin janamos un puto partido!
-La polisía te está extorsionando: Historia do fuxitivo.
-Cheja o Mundial e cheja... a super PORRA!
-Resemos unha orasión pola alma de Glo.
-Javi grandioso: "Las pipas molan porque al día siguiente salen igual que entraron".
-Pau e Fe, a parella churrasqueadora do momento.
-A fauna loureana tamén sae. Léase "Había un eriso no pinar".
-Calor a jodela, por serto. Despois chejará o verán e choverá.
-Lutxi sorprendeu a todos cun xeonllo escordado.

E euquisei.

Saúde, pas e amor!

E saúdos a todos os que foron o dominjo a praia e non avisaron!

05/06/2006 18:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Ska

Espero que cando morra
canda min só veñan infinitas toneladas de ska

05/06/2006 18:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Korsakov (Boikot)

20060605184256-capitalismo.jpg

Más de un siglo de lucha comunista
y de resistencia que acaba aquí.
Si en Moscú reina el capitalista
el pueblo cubano debe resistir.

Y ahora que tenemos democracia,
reina la mafia. El dólar está aquí.
Y ahora que tenemos democracia,
hambre y miseria. ¿De qué nos sirve así?

05/06/2006 18:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Poema longo que fala de alcol e outras cousas e que ten algunhas mensaxes subliminais para xente que nunca lerá isto pero que gustei de poñer porque me semellou interesante

acaba a mensaxe
mira cara adiante
sorrí
probablemente
deus entre as rodas da súa vida
érguese
alcol
de súpeto o alcol
non pode andar
e vai con cada golpe de mar
alalás do fondo da ría
non quere
doce
pensa en calquera
cousa
un neno
coa faciana pintada
de vermello
nunha bolsa do lixo
do lixo de verdade
cara ningures
fai o indio coa mirada
fai un indio
créao
ponlle séculos de historia entre cella e cella
e fai un indio
e maltrátao
e xa ten un indio
o banco é de madeira
e o seu peito é de madeira
a madeira vén das árbores
cristo é unha árbore
deus é unha árbore
o lume entende de ateísmo
o lume xermola
nas súas mans
quere falar con alguén
menudos
quere falar con alguén
moita gomina
gomina de máis
quere falar con alguén
ten un seis e nada máis
mira estrañado
chamada perdida
descártao
inda que non o quixese facer
quizáis gustase de dicir algo
pero mellor non
as horas son outras
canto cristal
as horas son outras
é dicir
non son horas
sae
un saúdo
evidencias
evidencias
pero dá o mesmo
sae
pedras
canto cristal
di o padal inseguro
canto cristal
di
dúas luces rápidas
dúas luces describindo
a súa maxia de silencio e tumulto amarelo
montelouro
montelouro
montelouro
o seu pai
é montelouro
sinálao
para que el o lembre tamén
de cando en cando
canso repousado relaxado recostado aburrido
a lírica do coche bomba enténdese nesta noite
a retórica da mutilación vai paseniño
sabe que un día voltarán moitas cousas
e gustarálle potenciar
a tolemia
quere volver atrás
vaise
rube por o que pensa é o tempo
rube no tempo
está enriba do tempo
e volve atrás
cun coitelo entre os dentes
e lume nas súas mans
e destroza o pasado
cada un dos sinais que alí quedaron
fai dedo
pero abúrrese
e vaise
séntase
pasa alguén
a deda está fría
será polo frío
ou polos calcetíns
alcol
dous postes de ferro que non son espellos nin nada
séntase outra vez no mesmo sitio
descártase
cae da convocatoria
pon os seus dedos dentro dos ollos
antes de esquecerse de todo
alguén sabe o seu nome
nada máis
por iso
só por iso
quere saltarse todo
como un mamífero branco e negro
e non sabe con quen
é de coiro
o asento é de coiro
de súpeto está en cama
montelouro
montelouro
montelouro
fala con ninguén
fala con trozos de guiso
con anaquiños de xeado
fala nunha lingua para a que ninguén foi aprendido
chamada desligada ou desmotivada
só ten un seis
e o oito viste longo loito
foi feito para coller todo o nerviosismo
que leva dentro a noite
pero non o vai facer
mañá será un mellor día
para o arrepentimento
ou para
pararse
e deterse
e fuxir

06/06/2006 12:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Farto de milongas

gustaría de ter un monte de nenos
amplificados
con un pouco de delay
falar italiano
como un wah-wah
pero pode que hoxe estea
drive
ou
more drive

DAD sempre
porque as milicias van máis rectas deste xeito

falar nunha poesía de poesía
falar de rock and roll nunha canción
berrar ska
dicir que iso é un corrido
anunciar unha muiñeira
cando é gol cantar o gol
chamarlle toureiro a un toureiro
chamarlle puta a alguén
dicir o nome dunha nación ou e algo que nos dixeron
que era unha nación

a poesía combativa
dáme rock and roll
ska
o corrido de lucio
a muiñeira de niñodaguia
premio premio ta ta ta ta
asasino covarde
nunca
gora al-andalus lliure

07/06/2006 09:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Dígovos a verdade

20060612112418-astromedia.jpg

Hoxe vin a unha FEMINAM sentada nunha SELLAM porque tiña SOMNUM...

Sejiremos informando do proseso estudiantil-examinatorio.

Déixovos unhas cantas pallas para vos entreter. Que co de que teño exames de luns en luns teño isto abandoado.

Saúde, pas e palatalisasións a tutiplén!

12/06/2006 11:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Tus ganas de ganar (Hora Zulú)

20060612112655-06grande.jpg

Pueden pasar sobre ti los años
y darte cuenta de que te haces daño
con tanto engaño,
con tanta idea,
con tantos sueños.
Tú desde antaño
te criaste en mundo extraño.
Tus puños
no pudieron hacerte de nada dueño.
La vida no tardo en mostrar las uñas
y arañarte en lo mas jondo de las entrañas, niño.
Y ahora, en tu otoño
tú te jiñas
en cuanto el dolor te hizo un guiño.
Ve y les cuentas que te apañas
con un poco de cariño.

Que te valen las estrellas como techo
y que de na vale en la vida andarse fuerte y sacar pecho,
que no hay na como sentirte satisfecho
y tu dicha es sacar provecho
de aquel pasado que has visto,
de aquel camino que has hecho.
Ve y les cuentas que te supo el mundo a mierda
y que no importa en esta vida cuanto ganes o cuanto pierdas
y que recuerdas haber andao sobre la cuerda
y que la noche es una puta
y que la vida es una cerda.

Se te esta acabando el tiempo
y vas empezando a pensar que ya estas solo.
Has quemao to tus recuerdos buscando otra oportunidá.
Pronto te vas a dar cuenta que todo es mentira.
Pronto te vas a plantear seriamente
lo poco que ha sido tu vida.

12/06/2006 11:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Algo que quedará mellor se morro

metín a agus nunha lata
hai tempo
baleireina esta noite
nunha cunca verde
púxena no micro
e agora púxeno no sofá
a ver qué me conta
algo do avante
ou dun quinito
mira a bata que usa
ofréceme galletas
pero son miñas porque
estou na miña casa
pero válenme o mesmo
inda que non sexan iguais
hai uns anos collín a félix
e gardeino nun envase
estraño
de plástico
e conxeleino
e alí quedou
hoxe saqueino
está ao sol
xa esperta
e xa tolea
félix tolea un lote
está organizando algo
a saber
non me lembro ben pero
creo que foi
hai tempo
que collín a diego e
púxeno nunha bulsa
sabedes
nunha bolsa
metino alí
e pecheina
fíxenlle un lazo así
destes
e gardeino
e hoxe rompín o lazo
que sempre é máis sinxelo
que desfacelo
e agora está sentado na banqueta
fálame de vinte mil movidas
risas
miña nai
creo que foi
pois
supoño
que foi hai tempo
que pena andaba despistado
e gardeino nunha caixiña
azul e marrón
leveino ao trasteiro
alí quedou
hoxe saqueino
está calado
pero de súpeto
salta cunha tolada
non sei a quén vai fichar o depor
nin el tampouco
pero tolea
tolea sen xeito
da forma na que se debe tolear
digo eu
inda que
inda que nada
dá igual
xa é tarde
e estes andan toleando
xa contarei o resto do asunto
algún día
destes
dentro dun tempo
cando xa haxa tempo de por medio
ou ao mellor non
porque ao mellor non volto máis
porque estou morto
e isto ten un significado
máis transcendente
de súpeto
así
polas boas
ou
mellor dito
polas fodidas

12/06/2006 11:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Chamádeo como queirades, pero é así

hai veces que penso en cómo era
a miña vida
antes de ti
e non son quen
xa
de me imaxinar
sen te querer

supoño que antes de ti
sinxelamente
eu non era
ou
non mo explico

creo que xa te quería
antes de te coñecer
antes de que apareceses

quérote dende sempre
dende o meu primeiro momento

e coñecerte
só me axudou
a descubrilo

12/06/2006 11:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

En Plan 28

20060613103656-65trri.jpg

En plan... aljén ten un ampli de sobra?

12/06/2006 21:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Cousas/os

Teño internet jratis en casa de modo descontinuo.

É disir, aljún vesiño debe ter internet cun chirimbolo de cousas inalámbricas de que vai polo aire o da informasión, e, de cando en cando, no ordenata de meu pai podo fedellar a través do interespasio.

Así que iso.

Pero non me deixa poñer fotos e así.

A cabalo rejalado, aguas mil.

12/06/2006 21:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Transformáronme en algo inmundo... e mellorei

escribín os nomes de todas
as persoas que me quedan
por traicionar
e subliñei os que me facían coña
os nomes
e nada
organiceinos en folios con numeriños e así
e grampeinos
con delicadeza
cando rematei
mirei a obra
orgulloso
e brindei
coa miña esquizofrenia
por todo o que se me pasa pola cabeza
nas noites de estudo

escribo isto para non voltarme máis tolo
aínda
cando noto que
non queda sombra no chan
que pisas
porque o sol estalou en mil lúas

13/06/2006 10:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Mockba '993 (Banda Bassotti)

20060613102349-030511banda5301.jpg

Sopra le città della gloriosa stella rossa dell'oriente
non risplende più il sole che scaldava la povera gente
sta cambiando l'aria il vento dell'ovest non si fermerà
fino a quando guerra odio e sfruttamento si respirerà

Dalle montagne fino al mare calpesteranno
l'uomo i piedi della proprietà
Quando tu vedrai la fame entrare nelle case della gente
e ti accorgerai di te al freddo non gliene importa niente
mafia et CIA polvere di stelle vite prenderà
cacheranno soldi sopra la tua pelle i cani dello zar

Quale giustizia e libertà costruiranno sulla fame e la povertà
Ottobre vedrà volare bassi gli avvoltoi dell'occidente
facce di operai al muro insieme all'uguaglianza tra la gente
tra le cannonate e l'asfalto rosso Ilijc partirà
andrà per il mondo cercherà il suo amore Solidarietà

Sopra il fumo e le macerie un corvo bianco indosserà la camicia nera

Mosca '993, signor padrone mi ricorderò di te...

Come un partigiano Tovaric non si arrende
col martello in mano Tovaric si difende
scenderà la notte con lo sfruttamento sopra le città
ma la nostra idea si alzerà ogni giorno e camminerà
tra chi mangia polvere e sudore tra chi resiste tra chi non dimenticherà

Mosca '993 signor padrone mi ricorderò di te

13/06/2006 10:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

A todos os que andades de exames

20060613103107-torcida.jpg

Ánimo rapasolos e rapasolas! Que xa queda menos, ostia!

Veña! Que en cuestión de días xa todo pasou! Ajora é o último esforso!

Mirade a toda a xente que tendes detrás apoiando!

Isto vai para todos! Para os de selectividade tamén!

Nu, vas arrasar, seino!

13/06/2006 10:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Benvido ao masoquismo, mono amelio

atando a dureza
de cada un do risos
nos que non andas por aí

o novo show da drogodepencia

comprei unha pistola
gris
con nome de dama de alterne
coa que alternar
opinións sobre un anticristo famento

sen título
sen propiedades
sen reino
sen princesas virxinais
polas que ofrecerse ao demo

no prato de sopa
afúndense cinco notas
de saxo de trombón de trompeta
de mentiras
dun falso amor

de seguido
a noite

información
relixión
oposición
telón
voz a media voz
para mentir novamente

o novo show

méteme a man
entre o esfínter
e as miñas gañas de morrer
e baila ao son
que marquen os meus ollos

13/06/2006 10:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Un exame menos

20060613132506-anagramaifgp-2.jpg

Un destes exames raros. Nos que o profesor non pisa a aula e demáis.

Pero xa sabes o que din.

Exame feito, Samuel felís.

Sejiremos informando.

13/06/2006 13:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

De ramplón

o ceo é máis profundo que un soño
e non acaño

14/06/2006 18:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 5 comentarios.

Un corvo bianco indosserà una camicia nera!

20060619093015-mockba2-03.jpg

Mockba nove nove tre!

En breve farei o exame de Lite Hispanoamericana, pero antes vouvos coljar aljunhas turbomovidas para vos ter entretidos durante unha tempada, porque até a semana non voltarei por acá.

Estas semanas están a ser do máis intenso. Tras o conserto do venres (incrible) e a posterior saída por Compostela, disir que esta semana tamén promete: hoxe teño que voltar ao fisioterapeuta (é disir, ao sentro de fisioterapia de Ana e Jules) a que me fedellen no xeonllo, porque non se me dá posto de xeito; mañá tiraranme outra moa do xuisio, co cal a perda de xuisio pola miña parte sije o seu ritmo habitual; o xoves o conserto de Calamaro, que teño unhas janiñas tolas de que cheje e, no medio de todo isto, prepararme para os dous exames da semana que vén e ir encaixando os resultados das asinaturas que vaian saíndo á lus como parruliños fendendo os seus jueviños.

En fin, familia, que agardo que vos vaia moi ben a todos, aos que esteades a estudar, traballando ou, sinxelamente, fasendo o cadelo.

E a faser o ben, que para catro vesiños que somos...

Saúde, pas, amor e felisidá da boa!

(Recomendasión para unha felisidá de pastel: baixádevos a cansión "Out of time man", a versión de Maximum Kouette.)

19/06/2006 09:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 29

20060619093058-momento.jpg

Estou en plan dáme un 27 de xuño e fuximos, da man.

19/06/2006 09:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

Mi propia trampa (Calamaro)

20060619093151-calamaro.jpg

Prefiero solamente un beso tuyo
antes que el amor de mil mujeres.
Es el beso que nunca te di
cuando mis alas se quemaron y caí.

19/06/2006 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Dispárame con pureza

nesta cárcere
hai dous cans marróns
no corredor
moscas moscas moscas
hai dous cans no corredor
un cristal pasa nun segundo plano
tras parafusos ou pintura
voei con esta cárcere a costas
subín tan alto que choquei con
san pedro
dinlle no lombo
pediu a baixa
está vendo o paraguay-sicilia
pola catro
para guay
san pedro
e cando voltei da miña viaxe
interdisciplinar
contei as fabas que van
do nordeste ao chan
e entendín
por qué
hai dous cans
no corredor

19/06/2006 09:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Hoxe máis que nunca

imaxinei a miña morte
e
non vai ser cousa bonita
non
porque non poderei reflexionar sobre a mesma
no momento da miña morte
poñede cincocentos espellos ao meu redor
quero verme morto
se no funeral non berrades
algún
chibiró
vou montar o pogo máis estúpido
e máis macabro
no meu nicho
skatalítico
non quero unha cruz
non quero a un cristo
e menos a unha virxe
non
poñede unha foto de
eu que sei
a máis estúpida que se vos pase pola cabeza
e poñédea no meu nicho
a de joseba etxebarría
ou a do pianista de camela
toleade
e ide despois a verme se non tendes que facer
e pensade
mimá
que tontería
eu creo que o vou levar ben
porque realmente
co cadelo que son
non se notará moito o cambio
o de estar morto
digo
virá
un recordo
destes
de
pois morreu
si
disque
vou ver o partido do elche
e listo
iso será o que lembremos os uns dos outros
a vida
só vale porque é vida
o resto non paga a pena
a morte non debería ser dor
a morte debería ser recordo
ou algo en relación paradigmática
e enigmática
co recordo e todo iso
non vou ir ao ceo
inda que haxa ceo
inda que me leve unha sorpresa e exista un tal deus
e me diga
como hitler tampouco fostes
pois para o ceo
direi
non home
non digo de ir para o inferno
tampouco
pero
eu que sei
non tendes outro sitio
algo intermedio
para os que non nos vaia o tema de que nos torturen eternamente
nin nos vaia
o de estar rodeados de curas
peña do opus
de monxas
e toda esa parafernalia aborrecible
e a ver que saco en claro
non sei
se resucito xa vos contarei
inda que para o caso que me facedes
fixo que só vos quedades
cunha idea
así
xeral

19/06/2006 09:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Jrandiosidades nos exames

20060619113024-christ-walking-on-water.jpg

Cando un pon nun exame algo coma "las atrocidades cometidas por los cristianos invasores", estamos a falar de Jrandiosidades nos exames, amijos.

En fin, a vida sije o seu curso.

Saúde!

19/06/2006 11:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Para os lorettamartianos

Para que vexades de que vai o asunto.

19/06/2006 11:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Super rad (The Aquabats)

20060619114513-aquabats.jpg

I had a small friend,
Who had a fat friend
Who had a big friend
Who gave birth to many friends
With our flashlights to the sky
We waited for them to land.

I got two tall friends
Who know my small friend
Who seem to have a problem with you
They got roman candles
Bottle rockets for the vandals
Who covered our lockers in glue.

We're on our way here we go
We're gonna take over
Set it off one last time
Here we come again.

We were strangers
And we were pilgrims
Role models of the family man
Pioneers and patriarchs
Patriots and matriarchs
Staking out the promised land

Our little army
We were commandos
Gorillas with decoder rings
We felt some opposition
From some villains
Who were wishin'
They could be cadets and kings.

All systems go!
Soon the world will know
The fury of attack
Feel the wrath of
The super rad
The super rad
Super rad!

And if we die
before the battle's through
tell our mom's, tell our dads
That we were super rad!

All systems go
As we step into the Octagon
Feel the wrath of mission code name:
applesauce applesauce applesauce

Super Rad!

19/06/2006 11:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Vértigo

a acción ten unha doble representación
entre os teus recordos
e os teus recordos

e só quen perdeu o vicio
do silencio e da distancia
entenderá o bo sabor
da patria queimada

todos os elementos líricos
contidos na túa mirada
cando te aburres ou cando te
aburres

nun último asalto á corte
á corte
nun ilexítimo e esplendoroso
asalto á corte

o día que remate con todo isto
collerei pulos e forza
collerei
coma quen di
collerei chupe
e soltareinas
todas
a golpe de vértigo

vértigo
nos petos orfos de nostalxia
ou de cousas máis normais

mira cómo xira
esta estrela verde

se fose todo o que quero ser
seguramente dubidaría do que quero ser
e sería
novamente
o que son

vértigo

coller todo o que conseguín

fodelo

e voltar a pelexar
por estar acá
novamente

vértigo

no bosque hai criaturas
e a escuridade
non fala do que queres escoitar

19/06/2006 11:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

O prólogo sería

falo de morte
porque non sei o qué é

de que vai?

faime unha síntese
rápida
que me marcha o bus

22/06/2006 10:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ás mulleres da terra toda

xogas coa túa soidade
de estar soa
enredaste nela e perdeste
na multitude abarcable da nada
na inefabilidade
do todo
sínteste comprendida
e bailas e inventas acordes
máis alá da gravidade
da súa actividade sen nome

22/06/2006 10:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A vida é pechada, a vida é sinxela

dentro deste latexo
vai unha guerra
unha guerra de antes
de cando todo era
ir de aquí
até aquí
sen pasar por alá
pero agora
cada latexo
ten peaxes
ten costas arriba
ten arrós antropófagos
ten costumes de mal home
e xa asusta
o non ver que esta guerra
ten sangue desa
da de sempre
da vermella
caías de xeonllos
e sangabas polos xeonllos
estouraban oito veas
e as arterias
compoñían unha canción a cambio
de cervexa
pode que sexa un veleno
vogais
vogais
vogais
imperfecto de ocasións
imperfecto no brillo da dor
imperfecto
polo mundo adiante vou
sen moverme da velocidade
e da ferocidade
do folio en branco
porque estou
lonxe de casa
sempre
non teño casa
non teño fogar
non quero parar
e estou inmóbil
na noite

22/06/2006 10:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Kenodiada

pode pasar mil cristos
e pode ir mal
fatal
podes matar un planeta
podo ser mongol
por poder
poden pasar as de dios
pero pensa que o que importa
permanese intacto

GORA NADA!

22/06/2006 10:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Welcome home-Sanitarium (Metallica)

20060622105152-b00008yjgc.09.lzzzzzzz.jpg

Welcome to where time stands still
No one leaves and no one will
Moon is full never seems to change
Just labeled mentally deranged
Dream the same thing every night
I see our freedom in my sight
No locked doors no window bared
No things to make my brain see scared
Sleep my friend and you will see
That dreem is my reality
They keep me locked up in this cage
Can they see tha´s why my brain sais rage
Sanatarium live me be
Sanatarium just live me alone

22/06/2006 10:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 3 comentarios.

Quisiera ser (Los de Marras)

20060626112809-montelouro.jpg

Ojalá yo pueda ser el filtro
que te haga ver
los colores que se esconden
detrás del amanecer
para que cada mañana
tu sonrisa me haga andar
encajando las patadas
que la vida nos va a dar

26/06/2006 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Virá así

erguinme esta mañá
vestinme
ou algo como poñerme roupa por riba
do corpo
e alá fun
abrín a porta
sen moito convencemento
abrín a porta
e abandoei a miña vida
e mateime

26/06/2006 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Automedicación

tragueime a túa sombra
confiando no seu
efecto
analséxico
e soa metallica

26/06/2006 09:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Familia!!!

20060627151041-louro15.jpg

Rematou o curso!

Parese que foi onte cando chejabamos a prinsipio de curso, todos inosentes, a descubrir un mundo novo carjado de semioloxías varias, palatalisasións, naufraxios, xenerativismos diversos, buenos amores, garcilasismos que non viñan a conto, mariñeiros de Rianxo... E vinte mil cousas máis... E xa pasou todo!

En fin.

Rapasolos e rapasolas, ajora a disfrutar do verán, na medida do posible.

E como dixo o jran mestre... con sentidiño!

27/06/2006 15:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]