Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.

Hippiéame

20060301181833-peace-war.jpg

Benaventurado aquel hippie que reformule os prinsipios básicos do movemento hippie. A autocrítica constante como forma de projreso.

Ajora en serio. Lamentable a miña posta en essea o sábado noite. Mea culpa. Recoñeso un tras un os meus erros constantes nesa noite.

Pero que os árbores do destroso jitarril non impidan que vexamos o frondoso bosque da fin de semana muradana. Aí vos van aljúns dos titulares máis cutrillentos que pasaron por esta puta web de merda:

-ING 3 - Os de Abelleira 4. Nunca unha derrota lle soubo tan mal ao equipo con máis partidos perdidos da historia.
-O Hippie-Grunge bautisa os fubolíns con jitarras.
-O Hippie-Bautista guinda cacharros en fasianas.
-O Hippie-Paspón tira o seu disfrás ao chan porque si, porque lle peta e porque lle dá a jana.
-Estes tres Hippies reúnense nun so: O Hippie-Chungo.
-"Vámosvos comer as ensías". Ameasas da ostia botando a pachanga en baño.
-Agus, o defensa asasino. Etxeba víctima do seu ataque.
-A nai de Pena de marcha, ou a equivalensia a un corte dixestivo a nivel sair de farra.
-Dominjo: resaquísima.
-Luns na Churra, Roque lendo o do móbil e pa casa.
-O límite de jasto de Vodafone non é tal. Fodéronme ben fodido. Porca miseria.

E listo. E vós que tal?

Saúde, pas, amor e odio!

01/03/2006 18:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Binomios por esculpir

aínda que as miñas ás xa viñesen rotas
e aínda que non sexa todo o que quixeses que fose,
hoxe son un gran home
e un heroe na tempestade.

orgulloso e arrepentido
no mesmo golpe de mar.

01/03/2006 18:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

As herbas que se desfán

xa me río moi pouco.

non sei discernir
e os pensamentos escorren polo lombo
e rabuñan no peito.

quedou algo escrito
de onte
e o tempo consúmese ao carón
da parede na que aínda continúa
a sombra
do que xa non será.

ninguén timbra na porta.
non hai unha aperta.
non medran recordos entre o branco
dos teus peitos.
non se agarda máis nada
na nada.

ás veces as palabras
pronúncianse de dúas formas
e son lindas.

pero o lindo queda atrás.

cinco coiteladas na alma
e no futuro.

nos meus soños teño visto
aneis de herba nos dedos da nostalxia
e fun feliz.

02/03/2006 11:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

As quatro estações do ano: verão, outono e inverno

cando a primavera se confunda
e baile entre o teu cabelo,
arrecendos a anxo baixarán dende o meu amor.

cando a primavera se afirme a cada paso,
o infinito rendiráse aos teus pés
e sorrirá.

cando a primavera aliñe todos os astros
que inda non viron a luz da túa alma enorme,
correremos por riba de todos eles
e o tempo esqueceráse de todo.

cando a primavera estea aquí,
sentareina nun ombreiro mentres te miro
e bicareite.

cando a primavera estea aquí,
o later e o tremer será todo un.

cando a primavera estea aquí,
ti
comigo
e a felicidade.

03/03/2006 10:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Desertor (Lamatumbá)

20060303102323-lamatumba-2.jpg

sou desertor,
en canto a terra arde
mandan os cobardes
apagar o sol
sou desertor
não é brincadeira
so sirvo á bandeira
deste meu amor

03/03/2006 10:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

O ave Fénix

20060303103208-fenix.jpg

Coñesín o ave Fénix e toda a súa merda mitolóxica a través da serie Os cabaleiros do Sodíaco (enorme paranoia). O tema é que esta renasía das súas sinsas ao palmar.

E así é o que está a pasar co noso jran amijo o Señor Lobo.

Lonja vida ao Lobo (que en breve, a iso das onse, estará nos tribunais... en fin...)

03/03/2006 10:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O que importa das cousas

coa man chantada na terra
sinto o ritmo
dunha pena que late por min,
dun soño que versa
e se encabalga
valerosamente
na paz da dupla vencedora.

non cambiará nada.
non mudará nin a mínima expresión da faciana
da burguesía estranguladora
nin do mando capataz.

as batallas quedaron lonxe.
as escapadas déixanse ir ao alento de deus.

os remuíños entenden as trampas explosivas.
os remuíños entenden delitos e ofensas.

aquí quedamos nós.
os que apoiamos a candidatura do sol
para ser
sol.

06/03/2006 11:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Salsa Rosa

20060306113006-sowetto.jpg

Boas, amijos e amijas das propajanda de Dodotis (en galego "Dodote")!

Que vos contades?

Eu cóntovos que veño de pasar un finde bastante curioso por Muros abaixo. Que por que? Veña, aí vos van uns cantos titulares:

-ING: o maior despropósito futbolístico en anos. 7-1 contra os do Bar Muelle. Somos unha braja! E para o ano só vai haber unha división... Vai ser fodido, irmáns.
-Sábado noite, 30 minutos de Churra.
-Temos nova pareja del año! Saúdo dende aquí aos namorados! Aúpa comando Fogareiro! Aúpa Comando Axesta! Hehehe... En serio, guay.
-Sosiolingüística, a miña loita contra sinco follas.

E xa.

Mimá...

Que escándalo de resume!

E bueno, perdón pola foto aos afectados, é en plan sanote, sabedes que vos quero ben e que me alejro un montonaso.

06/03/2006 11:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 9 comentarios.

No habrá viento suficiente (Hora Zulú)

20060307104214-dscf0266.jpg

Y no habrá levante,
no habrá poniente,
no habrá viento suficiente,
pa' que lo pongas tú como escusa
cuando me tengas enfrente.

07/03/2006 10:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Sen ti, longo camiño

escoiteino onte na radio.

ou ao mellor soñeino.

ou ao mellor estáseme a ocorrer
agora.

pero o conto é que te boto de menos.

07/03/2006 10:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Fotolog ao carallo

20060307105049-bye.jpg

Bueno, onte din por concluida a miña etapa no fotolog. Xa viña sendo moi patética a miña aportasión ao devandito sitio, así que dimitín.

Na foto podemos ver ao responsable do servidor de esflog despedíndome.

De ajora en diante as fotos que considere oportunas estarán neste sacrosanto sitio.

Saúde, pas e cacahuetes da Churra!

07/03/2006 10:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Tempo de promesas

pode que haxa máis palabras
das que che levo ditas
e sei que han quedar perdidas
e esquecidas,
pero así está feito este camiño.

o escrito non vale de nada.
a historia de cada un xa está prostituída.

como cando remata un catrimestre
e as promesas
quedaron en nada.
a historia de cada un
xa nin lembra as promesas
de antes de durmir.

hai máis razóns nalgunhas das palabras
das que che levo ditas
que na miña propia historia
ou na de cada un.

a historia de cada un quedou hai uns cantos anos
estancada.

as promesas de antes de durmir
enguedéllanse nun eco escuro
que nunca entederás.

porque as promesas estaban feitas
sen milleiros de cores.

no tempo das promesas
os campos eran rectilíneos
e a area era area.

no tempo das promesas
a memoria era un miligramo
e a orde era dictatorial.

no tempo das promesas
a música luxada da radio
e as películas eran historias
nas que crer ou non.

no tempo das promesas
a relixión pechaba os cancelos
e a policía perseguía aos malos.

no tempo das promesas
as bandeiras non eran de amor
e os caldeiros ían mudos ao traballo.

no tempo das promesas
a guerra era pola paz
e os soldados ían de verde baixo as túas mans.

no tempo das promesas
os berros daban risa
e os risos eran sinxelos.

no tempo das promesas
a resaca era unha veciña
e as trompetas saían pola rúa.

no tempo das promesas
o amencer era unha parte do día
e os sábados apetrenaban a asfalto mollado.

no tempo das promesas
a amabilidade era incuestionada
e a evasión non tiña tonalidades de victoria.

no tempo das promesas
os cultismos agachábanse tras a parede
e a xustiza era de millo.

no tempo das promesas
os cuarteis eran edificios
e máis de tres podería ser catro.

no tempo das promesas
non era o que son agora
e vivir non era só vivir.

pero o tempo das promesas
xa foi
e agora só quero existir
día tras día
para vela
e ser feliz
novamente
mil anos.

maite nauzu?

bai, maite zaitut.

07/03/2006 10:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Este artijo titúlase: Raúl, compra unha batería

20060308142933-das-20hier-20sauber-2072.jpg

Si, amijo Raúl, a ver se te pos dunha ves a ello e mercas unha puta batería.

E non nos saljas coa coña e vaias e pilles unha batería de cosiña ou unha batería po móbil.

Co que te jastas en videoxojos freakys, revistas freakys, ropita de Pull & Bear e así, a estas horas xa tiñas unha batería que nin o de Metallica con doble bombo e toda a ostia.

Veña, Raúl, confiamos en que a túa capasidá como estudante de Asministrasión e Diresión de Empresas che poida servir para aforrar esas pelillas que sabes que podes ter por aí, ajochadas baixo o colchón.

Mira ao freaky da foto, como che insita a mercar unha... Non se che fai a boca ajua... Arrrggg...

E se non a mercas, a ver se aljún día invitas a aljo, rata.

(Aiii... quedei a justo... O próximo artijo titularáse "Roque, compra polo menos un cable para o baixo")

08/03/2006 14:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Mass-circus-media (A Matraca Perversa)

20060310122517-947.jpg

Non vaia ser que
se che dea por pensar.

Sé bien pensante!
Sé bien hablante!
Autómatas estereotipo-alienante!

Mass circus! Mass media!

Tiveches un mal día?
Nós podemos darche
o que necesitas.
Farsa, mentira,
manipulación informativa.
Nós somos os amos,
pero ti tes o mando.
A pasalo ben!

10/03/2006 12:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Vete pa tu casa

20060310122712-ska.jpg

Bueno, esta semana na facultade toca ao seu fin. Así que agora toca pirar pa Muros a dar o todo polo todo.

Mañá penúltimo partido da lija de futebol-sala. A ver cántos nos caen (sexamos realistas, é disir, da real sosiedá).

E nada.

Pero antes de pirar e deixarvos medrar polos terreos deste e outros hemisferios, quixese faser un chamamento á xente toda. Chamaremos a este chamamento "O chamamento de Samu pa ver ónde ten as cousas". Alá vai:

A ver, ho! Teño non sei cántos sedés repartidos pola terra toda Fajo dende acá un chamamento a todos os que me teñan un sedé, deuvedé ou similares (caracolas con pasas, por exemplo) que me dijan que mos teñen. Non pido devolusións nin nada, pero máis que nada pa saber onde teño as cousas. Por exemplo, dous discos e un deuvedé de Habeas, discos de banda bassotti (un sei que mo ten roque, pero o "altra faccia dell impero" non sei onde anda). E como esas, máis movidas. Desídemo nos comentarios e vía.

Veña, confío na vosa boa fe e na vosa boa pau. (chiste que só pillarán os máis achejados).

A culpa xa é miña.

Veña, a pasalo ben!

E lembrade o refrán turco-boliviano: "Os pratos combinados con palitos de marisco sen quitar o plástico poden ser perxudisiais para todo o mundo".

10/03/2006 12:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Fume negro

fume negro cubre a cidade.

alternancia vocálica
entre as ringleiras deste exército
da compaixón
e outras cousas que rematan
en paixón.

fume negro cubre a praia.

coa fin da guerra,
o fraude será evidente
e seguiremos adiante,
compañeiro,
e a nosa bandeira chegará alto.

fume negro.

a pacificación
é o meu odio
o meu odio
o meu odio
o meu odio
o meu odio.

á paz só se chega pola camiño da paz.

fume negro cubre a paz.

desta boca sae fume negro
que cubre todos os feitos
nos que algún día confiei.

10/03/2006 12:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Esloveno, es lo bueno

20060313103140-slovenia-map.gif

Xa o disía a cansión do Xabarín: "Que ben se pasa na fin de semana". Profetas en horario infantil indusindo ao falcatruísmo altruísta.

Paranoias e paraoutes aparte, paso a coljar os titulares e os suplentes desta fin de semana en terras porteñas. Ás machadas non lles poño o autor por respecto á familia e aos achejados:

-Félix, eu e un ajedrés na Churra: como vivir dos erros do rival.
-Os de carnota 9 - Nós 0. Pero nas primeiras partes arrasamos, a modo de conclusión.
-"Tes a boca chea de ascos".
-"Cando teu abuelo empesou a andar nos barcos noruejos, quitáronme o suisidio". Que duro.
-"El día uno es un uno".
-"Pues imagínate con el alcohol".
-Imos ao Viñarock en coche de aluguer, e todos acojonados co camiño de volta.
-"¿Sois de la televisión gallega o sois policías?".
-No parto poñía: "Pobre niño subnormal".
-Con Miriam indo pa Muros: Perdidos na niebla.

E así, meus.

Falta aljo, Roque reclamo a túa colaborasión para as machadas. De feito vouche convocar para crear unha secsión dedicada en exclusiva a coljalas, porque merese a pena.

E tamén a colaborasión activa do resto pa poñer as vosas opinións do finde. Que tamén lembro que houbo quedada dos do insti, que tal vos foi?!

Veña, meus.

Saúde, pas, amor e cacahuetes do bar das Perechas!

13/03/2006 10:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Corre

e xa todo queda dentro das miñas mans
como unha doce noite
na que un forte corazón deixa
de enredar e purificar angustias alleas.

é unha triste sorte
a do viaxante na choiva.

e cando o vento cesa
volta a casa o viaxante na choiva
e é unha mágoa.

pode que sexa un peso
na fraternidade
que conformamos coa historia
e pode que só entremos de lado.

os cans que oubearán no teu derradeiro día
non están por nacer
e non teñen nome.

para o viaxante na choiva
a guerra non rematará.

frades e máis pedriñas baixo os pés.
nenos e máis pedriñas baixo os pés.
obsesións e máis pedriñas baixo os pés.

a choiva só é auga
e a tristura é outra cousa.

13/03/2006 10:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ajustín, o Caracusto infernal

20060313142314-agus.jpg

Ajustín, por fin contamos contijo neste espasio interestelar de dubidoso justo. Antes de comesar con prejuntas de máis calado, rompamos o xeo para faserlle uns cacharriños cunha prejunta inosente. Que lo?, meu?

Kenody? Pois nada, un cabeson despertoume a toques pola mañan jodendome o meu dereito como individuo de pasar a mañan do luns durmindo e desperdisiando a miña vida.

Ajora tocando outros temas e tocándonos a nós mesmos... Como vai este ano a vida por Compostela? É disir, cando dará de si o fijadiño ese?

Pois xa me apuntei na lista de trasplantes que xa o di meu pai:¿ quen ten medo habendo hospitais? Aparte, eu empesarei a acojonarme cando se lle joda a Juanca, pero por aora levame 5 anos de ventaxa. Ohh! Merda! Non me estaba tocando perdón.

Entre os que che coñesemos é ben sabido que andabas niso de sacar o carnet de condusir, por que non te conformas co carnet de identidade, que xa che costou deus e axuda que os teus pais che recoñesesen como fillo seu? É disir, que tal che vai co asunto do carnet de condusir por puntos suspensivos?

O dos meus pais e unha putada, non deberías recordarma, vale? Ti ríete, pero e que estou quitando o carnet de turismo ( osea de vacasións, pa ir a albacete a montala) e o de conducsión temeraria en mulo de carja,¡ que nunca se sabe! E o último e moi xungo, que os mulos son tercos e querenme montar todo o tempo e así non hai quen dea marcha atrás nen nada.

Noutro orde de cousas, por exemplo "ucsaos", este ano estás de novo nas filas e nas columnas do ING, esa chapusa futbolística. Como valoras o transcurso desta tempada?

1 de cada dez expertos no tema futbolistico e alcolistico pensa que o ING practica un futbol presiosista de moitos quilates, lastima que ese experto sea Jota Jota que me confundiu con un polisía secreto ou no seu defecto con un reporteiro da tvg. Aora en serio, ninguen pode dudar que somos o equipo máis rejular da lija, osea , todos xojan ben ou moi ben, e nos xojamos rejular ou mal sendo xenerosos.

Pasando ajora a un terreno enlamado e enajenado, voume permitir o lujo innesesario de che prejuntar pola túa vida amorosa e amatoria. Como che vai nesas terras? Tu corasonsito de caracusto ten xa unha dona? Ou andas na mítica de "en tempo de jerra todos os furados son trinchera"?

Eu estou máis ben no de:" estou máis saído que un porteiro en fora de xojo". aora en serio, estou nunha etapa sen meta e como ti dis sen dona, osea nunha etapa-metadona.

Non podería deixar pasar este momento sen che prejuntar por ese jran proxecto que ajora anda aparcado en dobre fila cual Ford Orion do 93... Como ves o asunto do "Ojete Parrokial"?

Vexo que como o seu nome indica vai de cu, pero cada semana o ler a Hoja Parroquial voume quentando e cando estalle vou faser un ojete do tamaño da guia de telefonos.QUE SE PREPAREN!! jajajajaja Que hai na tele?

Como a miña imaxinasión non dá máis de si, vou pasar á coñesida como "secsión sunormal de prejuntas estúpidas", isto é, a parte da entrevista na que che poño unha serie de palabras ao tuntún e ti tes que me poñer o primeiro que se che pase polo serebelo ou bulbo raquítico:

Dalkys de fresa: Uhhmmm! Ricos!
Gasteiz: entramos alí cun colchón, ja!ja!
Cuneta: Dicese de la cuna pequeña
Parkinson: Cando estas desesperado por que non encontras sitio onde aparcar.
Sarabia Audí: pro evolutión soccer 2
Cocán: Queee?

Ajora, nun plano máis transsendental ou interdental, vouche pedir que te definas a ti mesmo en 3 palabras, 2 animais, 7’8 ferramentas de bricolaxe e 6 cansións de Britney Spears:

Son como o xobes, salo os mércores.

Bueno, meu, ata aquí o noso tempo por hoxe. Moitas jrasias por ter perdido uns valiosos momentos da túa vida que non poderás recuperar xamáis. Unha aperta forte!

DIK

13/03/2006 14:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 3 comentarios.

Nunca libre

o silencio non só ten un sentido.

o silencio que chega da beira
do que non quere oir
doe máis
e fai máis dano
e non se soporta
e non se entende.

as tentacións
non son nada co que poidamos traballar
e ti máis eu
explotamos en terroríficas ocasións
por chegar.

nas tardes da túa vida
escapóuseche algún
anaco de ti.

déitasme
nun leito
de formigas.

se aparecese agora
tería mérito
e a deserción sería un deber
nas ringleiras
deste exército uniformado
para o combate.

os bicos especializáronse
arbitrariamente.

o movemento das
mans
cando escoitas música
da que se fixo para ti.

non controlar o que se é.

guitarras desordenadas.
guitarras desordenadas.
guitarras desordenadas.

o silencio non só terá un sentido,
pero o que chega dende a outra beira
a min
dóeme máis.

13/03/2006 18:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Estamos de estrea

20060314154654-4302.jpg

Cando xa este weblog leva no aire cousa de ano e medio estreamos sistema de cuenteo fassista.

Ao acto de jala viñeron os de sempre, entre eles o jran Clint acompañado por unha señorita de cuestionable sobriedade que parese ser que atopou por Jodai abaixo.

En declarasións a esta web Clint asmitiu:

-Por 5 euros á hora non atopei nada mellor. Pero déixate de leria e faille un cacharriño.

E así foi, porque o acto de presentasión do "Contador Fassista" foi unha auténtica orxía de alcol, achiques ao Super Mario Kart e risas varias.

En fin. Sejide pasándovos por acá, Clint faríao.

Saúde, pas e chipitas da máquina da facultade!

14/03/2006 15:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Novecentas noventa e nove veces

podería dicir mil veces
milleiros e milleiros.

e podería dicir que a túa boca
é milleiros de veces
o meu desexo.

podería milleiros de veces
querer poder dicilo.

e entre milleiros de milleiros,
milleiros de desexos
de ti.

14/03/2006 15:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Centro comercial (Lendakaris muertos)

20060315193445-lendakarismuertos.jpg

Izquierda!
Tú no eres de izquierdas!
Derecha!
Tampoco de derechas!

De centro!
Tú eres de centro!
Comercial!
Del centro comercial!

Anormal!

Me han dicho que de casa te has cambiado.
Ya no vives en el acosado.
Te has ido a vivir al centro comercial.
Anormal! Anormal! Al centro comercial!

Y ahora tienes jeta de tarjeta.
Eres un ente autosuficiente.
En pijama y zapatillas por el centro comercial.

Y eres del centro comercial!
Uoooooo...!!!

Tienes las neuronas caducadas.
Tus principios están en las rebajas.
Vives lamiendo tapas caducadas de yogur.
Te ha tocado un viaje a Soria a visitar el Carrefour.

15/03/2006 19:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Escapando cara adiante

voume pegar un tiro
por puro vicio lírico.

15/03/2006 19:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Desexo a morte

20060316133605-manuel-acosta0505.jpg

Estou no descanso de comentario lingüístico.

Levo dende as 8:30 ajuantando as clases máis coñaso da miña historia. Estou ao borde do colapso neuronal profundo.

Pejádeme un tiro na nuca e fasede de min un afortunado.

Saúde!

16/03/2006 13:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Borrascas, tocádesme o carallo

20060317101708-borrasca.jpg

Xa estou ata as bólas de tanta borrasca, tanto vendaval e tanta merda que non presta.

Ostia!

Non sei cántos fins de semana van nos que chove despois dunha semana sen chuvascos nin nada. Que pasa? É por joder? Estou sejuro que o finde que non me dea por baixar a Muros vai faser un tempo que nin dios.

Porca miseria!

En fin, rapasolas e rapasolos, que o pasedes ben. Eu intentareino, entre molladura e molladura.

saúde, pas e chuvasqueiros amarelos!

17/03/2006 10:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Non hai guerra

vou soar
como unha canción
de guerra
entre os muros
e os desconcertos
da calma
da volta
a casa.

vou fantasear
un día menos
con días
nos que a lúa
deixe de ser
unha lúa
sen guerra.

vou mutilar
a luz
e bailar
longo tempo
no seu enterro.

vou apretar
o cristal
contra o teu lombo
e escribir nel
calqueira lema
publicitario
que lembres.

vou fuxir
e deixar
no meu leito
o meu futuro
vomitando
o meu presente.

17/03/2006 10:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Último set

20060317102642-alt-flash.gif

Despois dun caótico e lamentable periplo esta temporada polas pistas de Muros e Esteiro chejamos mañá ao que será o noso último partido da lija.

Xojamos cos de Torea, que xa nos janaron na primeira volta.

Pero que saibades que a nós o que levamos de temporada dános polo cu, que os partidos que xojamos ata ajora foron en plan preparasión (somos así de sobrados).

Con isto que quero disir? Que mañá ides poder ver por fin o verdadeiro potensial futbolístico do puto ING!

Si, amijos e amijas da pedofilia en horario infantil. Mañá imos dar o todo polo todo.

Preparádevos.

(vainos caer un choscón, só faltaría...)

17/03/2006 10:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Se isto o tivese escrito en éuscaro ao mellor non o entendía

presumir de que detrás do espello
non fina un universo por entender.

esquecer cada un dos raios de tristura
cos que a tolemia ateiga rincóns inhóspitos do teu ser.

agardar durante unha vida rachada
que as cousas vaian pasando ao redor de un mesmo.

voltar ao pasado onde aínda non estabas
e maldicir todo ese tempo sen ti, constantemente,
como un acto de xenreira cara a vida e a puta que a fixo.

20/03/2006 12:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ao exilio de cabesa- estánnos vixiando

20060320130233-dibujo.jpg

En vista da fama que Ion máis eu nos estamos a labrar nesta facultade e que as "amisades" afloran debaixo de calquera pedra (ou elemento baldosil), creo que en próximas datas teremos que ir pensando en rematar a carreira noutros confíns.

Cando o contador aumentaba tan rápido, eu pensaba: "Mimá, os colegas abúrrense a jodelo e pásanse o día pr acá".

Pero resulta que esta páxina, para alejría e desacougo meu, é visitada por xente que nin me imaxinaría.En plan ben.

En fin.

Felisidá.

Mañá xa porei o resumo do finde que agora non me dá na volta.

20/03/2006 13:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Borrasqueado da meteoroloxía

20060321093442-itborr.jpg

Rapasolos e rapasolas de este e outros hemisferios, saúdovos dende a complasensia deste martes.

Onte, coas coñas e coas conas, non me deu na volta de coljar neste amado sitio os diferentes titulares que adoito poñer a modo de resume do fin de semana.

Como vos sei uns ansiosos da informasiónde carácter tontoide aí vos van uns cantos:

-ING 0 - Os de Torea 7.
-David de Risos, porteiro-dianteiro ao modo do Chavo del Ocho.
-No banquillo estaban os aprendises de Aba Naguila.
-Fe vai ensaiando para o Piña-Rock.
-Ginés, vendo a uns tipos faserse uns cacharros: "¿Pero estos? ¡Se van a poner todos sobrios!".
-José Juan e o roscón: supertapa nocturna.

E ajora, o apartado para Rocco:

-Rocco, o home do que se fixo unha lenda.
-Rocco chama a Agus pa disir "Fillos de puta" e coljar.
-Rocco colle mecheros, corre pola rúa e aljén lle berra "Ladrón". Conclusión?
-Rocco: ás 12 do día repartindo periódicos no Obelisco.
-Rocco e o movemento hippie.
-Rocco debe un bote.
-Rocco e a técnica "Xa é moi tarde".

En fin. Poderiamos sejir, pero a miña recoñesida públicamente superdevosión por Rocco non me permite sejir fasendo leña da árbore caída.

Falta aljún comentario? Si? Ti cres? Pois a que ajardas? Dinos a todos aqueles titulares da túa fin de semana e entra directamente nun sorteo de aljo.

(Sorteo= Teo cun hábito de monxa)

(Chiste malo)

(Aúpa Teo!)

21/03/2006 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Ale (Skalariak)

20060321093613-derrame-rock-2005-skalariak-1.jpg

Sin mi ilusión voy.
Pensar que no la sigo.
Sentir que la he perdido.

Un canto rendido.
Creer que no la tengo
en la noche que ha caído.

No hay corazón, no,
que pueda igualar
lo que hizo ella.

Oscuro el camino.

Sueño en vida,
luz herida,
al despertar solo.

21/03/2006 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Macrocajallón

20060322192712-bodejon.jpg

Había ben tempo que non colgaba nada na secsión transversal "Esbardalle", pero creo que por fin chegou o momento de pendurar polo siberdespasio aljunhas paranoias infructuosas que abarquen unha temática que non interese a nin dios.

Ao mellor tocaría falar da trejua de E.T.A., do estatut, da jerra, do tabaco ou do macro-botellón...

Pois non.

Quero disir... si.

Quería falar acá sobre a proposta a modo de "convocatoria-rumorolóxica" que se está a faser pa montar un macrobotellón no Curro da Prasa en Muros o 7 de abril (inda que hai peña que di que é o 8).

Ante esta movida eu plantexo unhas cantas prejuntas de índole aventurada:

1.-Se se fai no Curro, que porsentaxe de vellas/os van andar mirando a todo o persoal en plan "mira o fillo de..."? E canta xente non deixará de ir por isto?

2.-A quen se lle ocorreu o do Curro? En serio, non o dijo porque me parese en plan mal, se non porque os ten ben postos (sexa home ou muller). Eu penso que sería aljún munipa pa ternos xa a man.

3.-Cando o tema vai rematando a onde se vai a ir? Aos pubetos de Muros? Á máquina de Domi a pillar chaskis ou así? Ou vai ir todo o pueblo borracho en plan "pelotón alcolisado" ata Louro?

4.-(A mítica prejunta que se hai que faser en Muros á hora de faser botellón) Se chove onde nos metemos? Na porta do ayuntamiento? Na porta de Vilela? Polos soportales adiante?


Como vedes, as miñas cuestións son bastante estúpidas e nin siquera fai falla que teñan resposta.

Pero ajora, por fomentar a partisipasión siudadana vou permitirme o luxo de propoñer (que ninjén me faja puto caso) aljunhas caralladas xa postos a faser macrobotellón:

1.-Nos pantaláns. Por masoquismo natatorio.

2.-No sementerio. Por crear mal ambiente.

3.-Na porta do Arela. Por ver qué pasa.

4.-En Manoli. Porque sería fásil de encher e se che entra a fame...

5.-No parque de madeira de diante da Axesta. Polo carácter lúdico do sitio.

6.-Nunha batea. O que sería unha variante máis fodida da primeira proposta.

7.-Na rotonda da Tremenda. Por crear tensión.

8.-Onde se poñen os de Tráfico a faser o control, en San Fransisco. Por faser un descontrol de alcolemia.

9.-No campo de futebol de Miraflores. Para baixar a Muros polo noso propio peso (a rolos).


En fin, xente, que me aburría e me puxen a divajar.

Que vos parese toda esta movida?

22/03/2006 19:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 2 comentarios.

Cuando nada vale nada (S.A.)

20060322192946-sa.jpg

De rodillas estás, rodeado de ropa sucia.
La mano que tienes extendida
nunca para de temblar,
no para de temblar, de frío, de cansancio,
y algo más.
Las sombras se vuelven alimañas
y cuesta tanto
cuesta distinguir la realidad
cuando la vida no vale nada
cuando nada vale nada ya.

22/03/2006 19:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Terrorismo poético (Hakim Bey)

20060323135136-taz2.jpg

Bailes inverosímiles en caixeiros automáticos. Espectáculos pirotécnicos non autorizados. Land-art, obras terrestres (earth-works) como estraños artefactos alieníxenas chantados nos parques naturais. Invada casas mais, en vez de roubar, deixe obxectos poético-terroristas. Secuestre a alguén e fágao feliz.

Escolla a alguén para o caso e convénzao de que é o herdeiro dunha inmensa, inútil e incríbel fortuna -poñamos 5000 hectáreas de Antártida, ou dun vello elefante de circo, ou dun orfanato en Bombai, ou dunha colección de manuscritos alquímicos-. Despois decataranse de que por uns momentos creran en algo extraordinario, e quizais sexan levados, como resultado, á busca dunha forma máis intensa de existencia. Instale placas conmemorativas de metal en lugares, públicos ou privados, nos que vostede experimentara unha revelación ou tivera unha experiencia sexual particularmente satisfactoria, etc.

Vaia espido coma un signo.

Convoque unha folga na súa escola ou lugar de traballo so as bases de que non satisfán as súas necesidades de indolencia e beleza espiritual.

A arte do graffiti emprestou certa gracia aos feos subterráneos do metro e aos ríxidos monumentos públicos; o TP tamén pode ser creado para espacios públicos: poemas rabiscados nos lavabos do xulgado, pequenos fetiches abandonados en parques e restaurantes, arte en fotocopias (xerox-art) baixo os limpa-vidros dos coches aparcados, Consignas en Grandes Caracteres pegadas polas paredes dos patios de recreo, cartas anónimas enviadas a destinatarios aleatorios ou coñecidos (fraude postal), retransmisións de radio piratas, cemento fresco...

A reacción ou o choque estético provocados polo TP na audiencia debe ser polo menos tan forte coma a axitación propia do terror -noxo penetrante, excitación sexual, temor supersticioso, anguria dadaísta, unha ruptura intuitiva de súpeto- non importa se o TP vai dirixido a unha soa ou a moitas persoas, non importa se vai "asinado" ou é anónimo, se non muda a vida de alguén (alén do artista), entón terá fallado.

O TP é un acto nun Teatro da Crueldade que non ten nin escenario, nin butacas, nin localidades, nin paredes. A fin de que funcione a tope, o TP debe desvencellarse categoricamente de toda estructura convencional do consumo de arte (galerías, publicacións, media). Incluso as tácticas de guerrilla situacionistas de teatro na rúa resultan hoxe demasiado coñecidas e previsíbeis.

Unha seducción exquisita -conducida non só pola causa da mutua satisfacción senón tamén como acto consciente nunha vida deliberadamente fermosa- pode ser o TP definitivo. O terrorista P compórtase como un estafador que non ten como obxectivo o diñeiro senón o CAMBIO.

Non faga TP para outros artistas, fágao para xente que non repare (polo menos no momento) en que o que fixo é arte. Evite as categorías artísticas recoñecíbeis, evite a política, non quede a discutir, non sexa sentimental; sexa implacábel, arrisque, practique o vandalismo só no que debe ser desfigurado, faga algo que os nenos poidan lembrar toda a vida -mais non sexa espontáneo a menos que estea posuído pola musa do TP-.

Vístase. Espalle un nome falso. Sexa lendario. O mellor TP está contra a lei, mais non se deixe coller. Arte como crime; crime coma arte.

23/03/2006 13:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Anti definición

o día que poida
poñer un pé nunha realidade
e o outro pé
noutra realidade
estarei aquí
no presente
agora.

e aquí non quero morrer.

fame e miseria e cousas que non entendo.

aínda que os rusos falen en ruso
falan de tantas tonterías coma nós.

ningún dogma
ningunha fe
ningún pensamento
ningunha idea
ningunha constitución
ningún estado
ningunha filosofía
ningún tratado
ningunha relixión
ningún posicionamento
salvou unha soa vida.

así que eu seguirei so.

e aquí non quero morrer.

23/03/2006 13:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Descubrimento

Ou polo menos pa min.

Acabo de atopar unha páxina onde están todos o videos imaxinables e por imaxinar.

Poño aljúns exemplos que me fliparon: Mastodon, Slipknot, Metallica, Disturbed, The Skatalites, Sepultura, Habeas Corpus, Def Con Dos, Manu Chao...

En fin.

Iso.

Deixo a direcsión posta en enlases pa que vos matedes a buscar caralladas.

Saúde e pasade un bo finde.

24/03/2006 13:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Snif, snif... Iso é o embrague

20060327144353-acabouse.jpg

Boas, amigos e amigas das gramáticas rumanas. Aquí estou de volta tras un fin de semana do máis movido. Entre coches que se quedan mortos no medio da autoestrada Coruña- Carballo e viaxes de volta en plan "todo polos pelos" a finde resultou do máis edificante.

Aí vos colgo algúns dos titulares que agardo que vos enchan de felicidade ou de atrocidade:
-"Snif, snif... Iso é o embrague". O da grúa é un crack.
-Acabouse a festa, o Ford Fiesta.
-"Miriam, le isto en baixo..." Aljo que Miriam nunca entenderá.
-Félix cantarín xojando ás cartas: "Indochiiinaaa...".
-Inés quere mercar San Fransisco?
-Viaxe de volta, cristo de ajobios con final semi-felís.
-Juanca non vén ao Viñarock. Nada será o mesmo.
-O da Opel de Louro, un crack. Super-detalle o dos caramelos.
-Raúl o geme cada día peor. "No Viñarock hai viño, hai rock... pero faltan tías! Tiña que ser "Viñarock tías". Sen palabras.

En fin. Finde curioso este.

Paula en Londres, Pena quedou en Compostela e Lutxi creo que foi a xojar a Vijo.

Xa nada é como era. (¿?¿?¿?).

Veña, lo.

Saúde, pas e, agora máis que nunca, crema de orujo da Churra!

27/03/2006 14:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 11 comentarios.

Ska against racism (Banda Bassotti)

20060327145446-noracism.jpg

Di che colore è
la rabbia che scorre
dentro le vene?
Un rosso sangue che
ad ogni battito
griderà sempre più forte
AGAINST RACISM SKA
contro il razzismo

27/03/2006 14:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Fraquearei cando te vaias

o meu corazón
é unha pedriña negra
e tende a facer dano
nas noites de orballo.

28/03/2006 10:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Martian girl (The Aquabats)

20060329183046-iaquabats.jpg

Martian girl from planet v
Will you marry me?
Wo wo wo wo wo
She came from outer space
She came to see
If earth was good
Wo wo wo wo
She got distracted at the supermarket
In the meat department
Wo wo wo wo wo
She's looking at me
She's looking hungry
Think she's gonna eat me!
Wo wo wo wo wo


She's not a bird
She's not a plane
She's got green blood
Pumping through her veins.
Saw a light in the sky
And then i found her
Now i'm having my own close encounter
She smiled at me as she fixed her hair
And then she kissed me
Right then and there
I started bleeding,
That's the weirdest part
'cuz this alien's teeth were razor sharp!

29/03/2006 18:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Anxeliña... Chapeau!

20060330121603-chapeau.jpg

Amigos e amigas da gacela Thompson, hoxe é cumpreanos da miña irmá.

A rapasa faivos hoxe uns 15 anasos. E anda pola Fransia adiante.

E que podo disir de semexante individua. Pois que pode ser a persoa coa que máis berro de todo o puto planeta, que é a tipa coa que máis rápido paso de estar de risas a cabreado (e viseversa). Tamén podo disir, que inda que está a atravesar unha época modelo "idade do pavo prolonjada total", é unha persoa da ostia, cun bo fondo caralludo.

E nada.

Ánxela, alá onde esteas, felís cumpreanos!

Qúeroche unha lotada, xa o sabes.

30/03/2006 12:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Surgimento de distúrbios como a paranóia que abrilhanta quando a cerveja corre

hoxe non quero falar de nada
e non pretendo ser
como un libro nin
nada.

quero ir rápido
entre cervexa e cervexa
e non chamarlle
cervexa á cervexa
e só tomarlle outra
que é o que toca.

e non quero explicarme
cando penso en cervexa
pensando no que é
a cervexa
e o que me pasa
polas mans se tomo unha cervexa
ou se o frío
me di algo de min.

paso.

sinxelamente.

e vou tomar
unha cervexa.

agora mesmo
e coa cervexa
mirándose entusiasmada
non hai sintaxe
e os gramáticos
manteñen a súa pelexa
baixo o branco e tenro
da cervexa.

saúdan dende alí.

hoxe creo que che vou
alugar un anaco de estómago
dese que tes aí preto do embigo
e vou alternar
lendas e tonterías de borracho
coa parede
ou con alguén
sen pito.

se me explota a boca esta noite
pode que sexa porque non é de noite
nalgún sitio do planeta
e que en hindú cervexa
sinxelamente
sexa viño amarelo ou un
bip bop bip bop bip bop...

vouche explotar todos os grans
da cara
e facerme unha mousse
de pus.

poreille unha guinda vermella
preto do centro
e bautizareina como
no século XV.

e todo isto
sen soltar a cervexa
porque as cousas envoltas en cristal
merecen un respecto
ou iso din polo baixiño
as propias cervexas
nas reunións sindicais.

aínda lembran,
din,
as manifestacións lúdicas
en contra do sionismo homicida.

compromiso palestino
do outro lado
do alcolímetro.

o malo
é que isto chegue tan cedo.

ou que non sexa algo que che interese.

a miña man saltou do seu
recipiente
e entrou en contacto
co meu tacto.

embarrareime con papel clásico.
descomporeime con lume clásico.
desartellareime con parafusos clásicos.
rachareime con aire clásico.

insurrección católica.
sionismo gay.
fascismo infantil.
nacionalismo intelixente.

cinco.
catro.
dous.
tres.

lembrando o
bip bop bip bop bip bop...

duro, firme e ríxido.

sen lembrar nada do que fixen
e sen querer lembrar
todo o que deixei a medio facer.

adrede.

e a cervexa mantense
á expectativa.

sociolecto estraño
o da cervexa.

voume presentar a rei.
opositarei a rei.
levantarei o dedo cando pregunten por un rei.
serei un rei electo.

amigo dos nenos
e da cervexa.

buscas a sobredose
párrafo tras verso
e non atopas
máis que párrafos
e cousas parecidas a versos.

e tras todo isto
camiñarei igual que onte.

e terei medo.

30/03/2006 12:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Love & hate (Mano Negra)

20060331095749-mano-negra.jpg

I love your lips
And I love your legs
I love your eyes
Baby you got style
I love your clothes
And I love your smile
I love you, I love you
I love you while
You don't even look at me
And I go crazy

For all the women
That I never had
Of Love & Hate

I hate the boys
Walkin' by your side
I hate my dreams
They're not satisfied
I hate me, babe,
For being too shy
I hate you while
You don't even look at me
And I go crazy

You neighbour's sweetheart
You magazin girl
You striptease bird
From the underworld
You sweet sixteen
You little dames
You late thirties
Sweet japaneses
Ornella Muti
Si jolie mademoiselle
Vous etes ma folie
Vous etes si belles

I love your body
Baby you got style
You fly so high
When you're passin' by
It makes me laugh
And it makes me cry
Makes me want to die
When there's no reason why

For all the women
That I never had
I sing my song
Of Love & Hate
Sing my song

31/03/2006 09:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]