Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.

Come on everybody, bocadillos de nosilla!

20060502172502-os-catro.jpg

Pois aquí estamos de volta. Vivos pero rebentados.

Foron estes uns días de moitas, moitas risas. Creo que temos sincuenta mil millóns de anécdotas, coñas e trapalladas que contar, así que os que teñades a desjrasia de ter que convivir con nós en directo teredes que ir ajuantando unha tempada na que só andaremos contando parvadas de Albasete.

Que poido disir? A viaxe de ida foi insoportable, o camping un descontrol, o resinto moi ben (salvo polo po) e a viaxe e volta ben ata o atasco que collemos á altura de Coruña.

Pero, como ben sabedes, non son moi dado aos resumes, así que vou coljar un quilo de titulares, cada un máis jrasioso que o anterior (isto é unha cutretécnica publisitaria):

-"Pipas!", "Cochos!". Jrandes jritos da historia. Fasendo notar a prosedensia muradana.
-"Pimpampum! Bocadillos de atún!", "Come on everybody! Bocadillos de nosilla!". Jrandes cánticos da historia. O prosedensia muradana tórnase evidente.
-Alonso - Leganés, Equis.
-Betis - Balompié, Uno.
-Twister Choc, el helado de tu vecino.
-Menorfélix, nova compañía heladera.
-Duchas a 2 euros e saíamos suando!
-Julián Hernández, Siniestro Total: "El incesto es bueno porque refuerza los lazos familiares".
-Julián Hernández, Siniestro Total: "Freud tenía razón. Nietzsche, no. Dios ha muerto pero resucita en cualquier momento, así que al lorito".
-Vendedor punkie con neno no colo: "Vendo niño!".
-O orjanisador da viaxe, contando drajóns polo autobús adiante.
-O orjanisador da viaxe, un Dvd de Led Zeppelin raiado durante horas de viaxe.
-Agus: "El desayuno es una parte esencial en la vida del humanoide".
-coidado! Mosquitoide na tenda!
-RHCP, RATM e SOAD todo nunha cansión. Huecco móntao ben.
-Con Nach de cháchara de risas.
-A Lírico só lle preocupa que lle tire a birra?
-Yosi dos Suaves, un home feito polvo que polo menos tocou "Dulce castigo".
-Habeas e o pogo máis animal da historia.
-Banda Bassotti do mellor.
-Berri Txarrak saíronse... e consejín a baqueta que lansou o batería!
-Félix tras prejuntar todo o prejuntable sobre os bocadillos e a neniña inosente prejuntarlle que bocata quería: "Pues... no.".
-No Viña rejalan camisetas.
-A fiera: bótalle plátanos que ela os come.
-O hall, unha utopía.
-Os "piquetes" de Félix.
-Agus desquisiando á neniña inosente: "¿Qué es el vino?". A nena flipa e faise un silensio duns sejundos, e Ajgus prejunta: "Es botella, tetrabrik...?".
-Enorme o punkie das diferentes secsións de limosna con páxina web.
-Picho, o pive ao que lle molaban todas as pelis que nos molaban a nós.
-Félix: "Nunca te fies dunha muller que ten os dentes nejros".
-Unha tenda voando a 30 metros de altura, os tornados son incribles en Villarrobledo.

Eu qui sei. Hai millóns de tolerías que contar, millóns de movidas que iremos lembrando segundo se lle antolle á memoria.

Pero, en resume, foi unha viaxe inesquesible.

Xa irei coljando aljunhas fotojarsías da viaxe. (No resinto non deixaban meter cámara).

Veña lo!

Saúde, pas e... Pipas!

02/05/2006 17:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

O home polo

20060503090402-home-polo.jpg

Este individuo estaba disfrasado de polo o luns pola mañá ás 10.

Dedicábase a jritar, cantar, cacarexar e descojonarse.

O home polo.

Un dos moitos personaxes do Viña que proba que as drojas non son moi boas que dijamos.

03/05/2006 09:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Catorce

a histeria
en mans de cincocentos
mortos
ensanguentados e podres

hoxe quero morrer
neste mundo

non coñecín a ninguén
e todos falades por min
os coros
da miña saída
serán encoros
repletos de sal e cravos

a ferruxe
non existe

non hai dor

merda
nos vasos capilares
da miña mente
doente

voume abrir o ventre
e ver o xeito
no que as anguías
grises
escorren por entre as miñas pernas
trabando todo o que poidan

non vou estar sempre aquí
e pode que a lucidez
só estea por esta vez

o camiño

o camiño
é negro
e o verbo ser
mátame por dentro
non quero

se morres hoxe voume
arrepentir
toda a miña vida
de isto que sinto agora
e que todos sabemos
que é un cancro en expansión

entendes
a utilidade
e a verborrea
de todas as veces
vermellas

acabarei isto
e non berrarei

outro escrito

e o lume

03/05/2006 09:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 26

20060503092130-sinusoide.gif

Pois en plan inestable, supoño.

En plan fluctuante.

03/05/2006 09:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

ING, the best of

A campaña 05/06 toca á súa fin. E para os amantes do futebol de bo justo deixo aquí un pouco do mellor do puto ING, ese conxunto de desalmados.

Calqueira paresido coa realidá é absurdo.

03/05/2006 11:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

O Hall e a Besta

20060503171156-bestahall.jpg

Este é o Hall da tenda onde habitaba a temible besta "Come bananas". Un ser ao que se lle lansabas plátanos para espertalo, sinxelamente comía un tras outro.

O Hall tiña como prinsipal característica non manterse en pé máis de quinse sejundos.

E a besta... Que podo disir? Un mito do Viña.

03/05/2006 17:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

B.S.O. - O fodido fodedor de fodidas fodedumes - Dispoñible en VHS

non me vexo
hoxe

non me vexo
porque
non son quen
de verme
do verme
que son

convexo
me vexo
sen verme
e sen vermes

hoxe vexo
vexo
hoxe
xeo
de onte
e onte o verme
no xeo
déixase
facer ao xeito dos grandes
portadores
de cera e lume

disturbado
e gardado á dereita de deus
dándolle polo cu á virxe
e ao neno
polo prezo
de un

hoxe non o vexo
pero o verme
xa
lle
entrou

polo cu

á virxe

e ao neno

que debería ser un mesías

e cando rematei

chamei a fraga
touriño
quintana
aznar
deus
zapateritotitotitotictoc tic toc

concertamos hoxe unha cita
pero non me vexo
e non verme
rodéame de vermes

e digo
boh
mimá
aí anda

dáme dúas de
dez
céntimos
e unha guitarra
que non me vexo
hoxe
e son un verme
sen verme

cando sexa un verbo
serei irregular
e acharei algún paradigma
por entre os cristais
de cacharros
que esvararon ao escoitar
ao reloxo
falar de disturbios
intravenosos

velenosos

ou ao verme
cheo
de vermes

04/05/2006 09:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Changing of the guards (Bob Dylan)

20060504092213-bob-dylan-oldies.jpg

Peace will come
With tranquility and splendor on the wheels of fire
But will bring us no reward when her false idols fall
And cruel death surrenders with its pale ghost retreating
Between the King and the Queen of Swords.

04/05/2006 09:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Cinzas

prohibida a honra
prohibida a elegancia
prohibida a dor

e agora que aquí
entraches
dende un estranxeiro de pan de millo
fasme rir
e fasme odiar

canto a miña canción
canto a miña canción
canto a miña canción
que fala do dereito
á insumisión
do dereito
ao alzamento en armas
que fala dun corazón dividido
e inconstitucional
dun corazón que só se lembra
de que é un corazón
cada vez que latexa
e se para
recrearse
no meu propio
sangue
noxento

nesta noite
quero ver
paredes
artísticas
co meu sangue
desequilibrada
e cando disto falo
falo
do meu sangue

04/05/2006 09:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

E a vida vai pasando

20060508140849-gc013-passing-20time-small.jpg

Pois esta finde pasou coma outra máis. Coas súas movidas, cos seus roios salientables que paso a resumir rapida e celerosamente:

-Luchi: "Eu son coma Pena en home". Confusión total.
-Raúl deixa "Kenodí?" entre bágoas e complasensia.
-Rocco cambia á batera.
-Juanca, a fichaxe incrible.
-Pacolas, que lo vengan a ver, que lo vengan a ver...
-Superconversa entre Pena, Agus máis eu. O símil das botellas e o balón o peor en anos.

E eu qui sei.

Máis turbocaralladas, supoño. Pero paso.

Saúde, compatriotas!

08/05/2006 14:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Sensatez grosa

teño ao meu fillo morto entre os brazos
e a miña adición
á nicotina
faime pedir un cigarro
ao morto da miña beira
que accede
e sorrío
compracido

o mellor da morte
é perder
o medo
á morte

non me engano

enfróntome a todo
co peito
cheo de aire
e fume de tabaco rubio

08/05/2006 14:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Bulls on parade (R. A. T. M.)

20060508141940-ratm-evilempire.jpg

Weapons not food, not homes, not shoes
Not need, just feed the war cannibal animal
I walk tha corner to tha rubble that used to be a library
Line up to tha mind cemetery now
What we don’t know keeps tha contracts alive an movin’
They don’t gotta burn tha books they just remove ’em
While arms warehouses fill as quick as tha cells
Rally round tha family, pockets full of shells

Rally round tha family! With a pocket full of shells
They rally round tha family! With a pocket full of shells
They rally round tha family! With a pocket full of shells
They rally round tha family! With a pocket full of shells

Bulls on parade

Come wit it now!
Come wit it now!
Bulls on parade!
Bulls on parade!
Bulls on parade!
Bulls on parade!
Bulls on parade!

08/05/2006 14:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Poder es tener (Habeas Corpus)

20060508145023-money-trust295.jpg

El nuevo integrismo no reza a otro dios
que no sea el poder que le otorga el dinero.

08/05/2006 14:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Esta canción vai dedicada

para que ninguén conte
nada
para que non teña que ter conversa
algunha

ás persoas que me teñen fallado
ás persoas que molestan
ás persoas que falan na miña ausencia
da miña ausencia

dito noutras palabras
non quero máis cousas desas

o pasado foi unha merda
e volvería só para destruílo
até que os oídos
me pitasen
por causa
de centos de estalidos

non quero falar
non quero considerar
non quero meditalo

era moito máis sinxelo
pero fixéchelo difícil

e o tempo do salmón que escollía o camiño difícil
rematou

a base de sangue
a base de lume

por segunda vez
por esta vez
non che vou deixar

e voute deixar

08/05/2006 15:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Adiós (Rivetto)

20060510113047--leia-20and-20chewbacca.jpg

xamáis a volverei a tocar,xamais a sentirei vibrar... pero a miña persoa mais non pode obrar..." dulces sueños" querida miña, nunca mais xe volverei escoitar...os meus oídos non xe volverán apreciar nunca mais. adeus princesas de madeira, miñas cadeas por fin se han de soltar, as miñas cadeas agora son a miña liberdade.....unha mala besta no meu lugar ha de estar.....sorte amigos..moita sorte

09/05/2006 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Os meus tolos Hay 2 comentarios.

Un rapaz que existiu durante un curto espazo de tempo

o rapaz que está baixo a sombra da árbore
fai coma quen.

pero non tal.

non me aquela nada.

09/05/2006 11:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Para os incrédulos/as

Para os que non crían a historia da tenda voadora.

Aí a tendes!

Aúpa o Viña!

09/05/2006 13:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Para pensar en sonetos hai que ir a outro sitio

xuntei a tres borrachos
para te agardar ás portas
do purgatorio
e meterche o verbo ser
entre cella e cella.

e funme cos tres borrachos,
moi cheo do teu sangue,
argallar algunha revolta.

10/05/2006 11:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Cousas

20060510113852-joseenriquerodo.jpg

Hoxe, pasando o rato un pouco, púxenme a mirar os comentarios que tiña siscados polo blog. Sorprendinme ao ver comentarios de peña que nin se me pasaría pola cabesa (ou cabesón) que puidese perder o seu tempo fuchicando por aquí. Vin un comentario de un tal Javi nun texto de Hora Zulú, de Santera (que non consijo entrar no seu blog), un comentario anónimo dunha tal "Ghaldrupeira"... E cousas así.

Non sei. Son cousas.

Supoño que é curioso. Poñer todas estas caralladas aquí sen ser realmente conssiente de que a xente pase a súa mirada por riba.

En fin. Que estou choiando en Hispanoamericana pasando a limpo os apuntamentos tomados na biblioteca e andaba aburrido.

Saúde! E non deixedes de comentar.

A foto é de José Enrique Rodó, autor de "Ariel", o libro do que estivemos tomando referensias e tal na biblio. Emosionante semella o choio, non si?

10/05/2006 11:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

El niño soldado (Ska-P)

20060510114754-child-in-war.jpg

Fui a nacer donde no hay nada
tras esa linea que separa el bien del mal.
Mi tierra se llama Miseria
y no conozco la palabra libertad.

10/05/2006 11:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Calquera tempo pasado...

20060510115550-foto-dj1.jpg

Bueno... ao mellor calquera non.

Pero, nalgúns aspectos, hai cousas do pasado que dende logo son mellores.

O que temos que ajuantar no presente...

10/05/2006 11:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Léxico do desentendemento

20060510155319-foto-olvido3.jpg

Sorprendente adx. Que produce sorpresa por suceder en contra do esperado ou por que sae do normal. Foi unha aparición sorprendente, non contabamos con eles. SIN. insospeitable, insospeitado. Foi unha noticia sorprendente. Unha curación sorprendente. Ten unha voz sorprendente. CF. milagroso.

Ofensa s.f. Acción e efecto de ofender ou ofenderse. A miúdo recorría á ofensa para desprestixialo. Xamais perdoará esa ofensa. SIN. agravio. ANT. desagravio.CF. afronta, aldraxe, insulto, inxuria, ultraxe.

Amizade s.f. 1. Sentimento de afecto e confianza entre amigos. Entre eles hai unha fonda amizade. ANT. indisposición, inimizade. 2. Amigo. OBS. Neste sentido, úsase máis en plural. Ten moitas amizades polo mundo adiante. u Tamén se di amistade.

Nada indef. 1. Ningunha cousa. Non me traias nada. SIN. ren. ANT. algo, todo. // adv. 2. En ningunha cantidade ou moi pouco. Non fala nada. ANT. algo, todo. Aínda non hai nada que andaba por aí. // s.m. 3. A non existencia. Provir do nada.

Decepción s.f. Sentimento ou impresión que se ten cando algo é contrario ou non é como se esperaba. Levou unha decepción ó non gañar. SIN. chasco (fam.), desencanto, desengano, desilusión.

Canción s.f. Composición xeralmente en verso, á que se lle pon música para ser cantada. Canción popular. Canción de amor. SIN. cantar, cantiga.

10/05/2006 15:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Mortes

e se este é o derradeiro momento
só quero pasarche a miña man
fría
pola nuca
e achegarme
para che dicir
que sempre te
quererei.

10/05/2006 15:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Coa besta, con pipas e coa mellor empresa fabricante de xeados da historia

20060512102307-vinha.jpg

cando saiba italiano
será a hostia
cantarei berrando
coas veas do pescozo infladas
os ollos rebentados en sangue bolchevique
un corpo branco
nunha camisa negra
un recordo teu
berros na tarde
suor
e saúdos dende preto
como un partisano
como o teu irmán
como o voso irmán
o irmán que vos falta
por ter
un irmán con pasaxes
a Moscova
tan espectaculares
que o inferno é unha familia cristiá
e non haberá quen nos pare
nunca
e a cervexa será de mazá
a familia dará chourizos ennegrecidos
os touros manifestaránse
percutindo no aire
a vestimenta
a que ti digas
durmiremos no aire
a trinta metros
limpos e empapados e sen un euro máis para
limparnos
pogos e máis pogos
identidades sen papeis
perdidos coma sempre
quinielas vitais
leite como compañeira para durmir
frío
galos na mañá
e mil cousas máis
que se penso nelas
río
emociónome
e volvo mil veces alí
a saltar
e rir

con vós

12/05/2006 10:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Clint, que lo?

20060512102935-clinteastwood.jpg

Clint, onde andas metido? Xa hai que non sei de ti, meu.

Que lo? Baixámoslle este finde? Veña, home, anímate. Ímoslle ata Muros a despexar un pouco a cabesa, inda que sijamos en proseso estudiantil severo.

Veño, Clint.

Se ves isto, dáme un toque.

Cólloche na túa casa.

(Ai... Que juapísimo estás, chico)

12/05/2006 10:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O marisco

20060515182707-marisco-n1.jpg

De volta xa de outro gran finde.

Dúas perlas que nos deixou, poucas pero enormes:

-Eu a Miriam falando do precio das entradas de Calamaro: "Viches? 25, 30, 35." Miriam: "Tantos días?".
-Eu a Nu falando do xeonllo: "Miña prima di que pode ser o menisco". "¿El marisco?".

En fin. Pa cousas así case que mellor quedar na casa, hehe...

Saúde, compatriotas!

15/05/2006 18:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Un non só un punto

non vou traballar para ti
nunca máis
non vou
non quero
negándome constantemente
cun padal ateigado de ferruxe
e asubiando cancións de guerra

vou entrometerme
nas consoantes de cada pub
no que pouses
graxas
e grazas
e normativismos positivos

palabras cargadas en canóns
palabras que son poucas palabras
palabras nas mans suorosas
palabras serbias
palabras en camisa de manga curta
palabras sen lentes e sen seren como o ceo

ninguén é quen
non me vexo quen
así
como
de quenquén

quei toleas
quei dis
quei morres
quei te
queixas

se saes a rúa
as gaivotas cagan enriba túa
se saes á rúa
as gaivotas pasan preto e cheiran a desconfianza
se saes á rúa
as gaivotas mírante mal
así
coma
quen

cando alguén morra
e vaias no seu sitio
non pretendas mandar de máis
e negarlle a xente de ben
facer
e que facer
chegue para comer

batendo contra o teu orgullo
cun pao con cravos
con cravos
con cravos negros
con cravos que berran e falan de ti

e o de sempre
que se rir
que se chorar
que se aburrirse
que se miran por entre as contras
que se medo
que se medo
que se medo
que eu que sei

15/05/2006 18:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Renegades of funk (R.A.T.M.)

20060516101603-anon-black-power-olympic-medalists.jpg

From a different solar system many many galaxies away
We are the force of another creation
A new musical revelation
And we're on this musical mission to help the others listen
And groove from land to land singin' electronic chants like
Zulu nation
Revelations
Destroy our nations
Destroy our nations
Destroy our nations
Destroy our nations
Destroy our nations
Destroy our nations

Now renegades are the people with their own philosophies
They change the course of history
Everyday people like you and me
We're the renegades we're the people
With our own philosophies
We change the course of history
Everyday people like you and me
C'mon
We're the renegades of funk
We're the renegades of funk
We're the renegades of funk
We're the renegades of funk

16/05/2006 10:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

O nacemento natural

como unha dualidade
e antes de me esquecer

todo o que me queda
é unha doenza

teño que dicir o que teño que
dicir

tocando a fin con estes mesmos dedos
tocando o fracaso
coa lingua

na historia da humanidade
non queda un apartado para nós
o noso recordo non existirá
nin os nosos nomes
o tempo das grandezas
pasou
somos un monte de merda
verde
e marrón
moscas
moscóns
verdes
e marróns
brillantes

novas fronteiras
artellamos
entre os nosos intestinos
cheos de merda
verde
e marrón
o máis longo da histeria
come come come come come
come
opio

chamada desligada é o meu apelido
chamada desligada é o meu fogar frío
no inverno
ráiate comigo
séntate

pensamento bo
o que está morto
labov non ten razón
cristo non ten razón
felipe non ten razón

dous bombos
pratos
guitarra
guitarra
distorsión
xusta

os pensamentos mortos
reverbéranse
ao ritmo
dos pensamentos
camiño da morte

antes de me esquecer
do mundo e de que son un home porque ti o digas

aceitar
chamada desligada
criar mensagem

alemaña amarela
dinamarca verde
inglaterra púrpura
l.a. negra
méxico negro

a historia de nada
uns morcegos na auga
unha pantasma no mar

teño unha guerra
baixo a pel
que corre dun lado a outro
unha guerra
cun so bando
un bando convencido da victoria
sobrado vai
por debaixo
da pel

teño unha guerra
baixo a pel

xirias
enchoupadas

cabaceiras sen dono
cabaceiras
sen cabeza
sen cabos
atados
sen fin na terra esta

si
matámolos

teño unha guerra
unha dualidade
antes de me esquecer

16/05/2006 10:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Accésit

20060516150146-podium-20cadets.jpg

Accésit s.m. Recompensa inferior ó premio, que se concede nun concurso.

Inferior, amigos e amigas. Iso é. Sejundón. Como toda a vida.

De todos xeitos, estou maso contento. E jrasias a todos os que me apoiaron nesta historia.

16/05/2006 15:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 14 comentarios.

Sijo vivo, ou aljo así

20060522180159-mano-negra-2-nb.jpg

Canto tempo, amigos e amigas da granxa de Maggie. Que lo? Que vos contades?

Por acá as cousas máis ou menos ben: a finde paseina por Muros, por variar; a semana pasada foi así algo intensa e na actualidade o agobio vai en aumento (como ten que ser, todo sexa dito).

Titulares deste último periodo, no cal apenas din sinais de vida:
-Amplis e caixa, a tolemia.
-A tolemia de amplis e caixas leva a Félix a disir aljo como: "Xa me dirás de cantos amplis teño que pillar o watio".
-Djalminha? Non. Agora é Pena o das lambrettas!
-Os espellos nos baños femininos poden ser considerados fassistas.
-No Xeixo puxeron Skalariak. Creo que xa vin todo o que tiña que ver.
-A chaqueta de Ginés: Samu é un pesado.
-Juanca e a "Laxeirinha", futebol de salón.
-Fe, a raiba do pabillón.
-Desmantélasenos o equipo.
-Lucía, Sandra e Raquel. Rapasolos, estade atentos á estrea do corto! (Pártome).

Bueno, moinantes, vou faser coma quen que choio ou aljo e ir dándolle aos currelos que teño pendientes por aí.

Ajardo que todo vos vaia ben. Sonvos así de bo tío.

Ala!

Saúde, pas e Mano Negra!

22/05/2006 18:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

La tormenta (KOP)

20060522180445-earth.gif

Cuando amaine la tormenta,
cuando la lluvia y el fuego dejen en paz la tierra otra vez,
el mundo, este mundo, ya no será un mundo
sino algo mejor

22/05/2006 18:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

O novo programa do partido

son tan parvos.

falo de política.

e dos que pensan en política aínda.

son tan parvos.

ou diríalles incluso algo como
papahostias.

algo que non puidesen traducir
nos seus diarios
de tirada nacional.

destes que hai nesa nación
á que hai que rendir culto.

como a tantas outras.

a nación da unidade.
a nación do diñeiro.
a nación da imaxe.
a nación do cálate, paspón.
a nación que non entende outras formas de ser.
a nación do aquí mandamos nós.
a nación dos que axeonllados asimilan xenreira.

non botarei de menos ningunha nación
cando as queimemos entre todos
e bailemos vendo as carumas
fuxir.

vamos fuxir,
como as carumas
das nosas nacións.

22/05/2006 18:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 27

20060523102111-pesimismo.jpg

Estou en plan pesimista.

Depre.

Asimilando.

23/05/2006 10:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

L.O.D.O. (Sugarless)

20060523102454-sugar01.jpg

A fuego lento voy amontando pensamientos
y desordeno las variables espacio-tiempo.

Abro las branquias, inhalo arena del desierto.
Eres el único pasajero en el
Laberinto Oscuro Del Odio
sin salida en cualquier dirección.

23/05/2006 10:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

As quatro estações do ano: outono, primavera e inverno

e se o verán se persoa na infinidade
da miña tristura,
a felicidade fará del algo case tan perfecto
coma ti.

se o verán traba cada segundo sen a túa luz
de anxo,
de seguro atopará
á escuridade chorando ás nosas costas.

se o verán sinala o espazo
co que o teu corpo castiga á miña alma,
sumiso
camiñarei
apalpando a túa sombra feiticeira.

se o verán chega á beira
do mar
bautizado co teu nome de anxo,
sorrirá.

se o verán chega á beira
do meu amor,
sorrirá por séculos
con bágoas nos ollos
luminosos.

e se o verán chega á beira
da sombra na que se nos confunde
porque somos un,
axeonllareime ante ti,
ante o meu anxo,
e queréreite
sempre.

23/05/2006 10:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Zu atrapatu arte (Kortatu)

20060523182118-f-kortatu1h.jpg

Ata atraparte.
Un xove morre por sobredose,
atracos, un atentado terrorista.
Todo, todo,
está nos periódicos
ata que te atrape
a ti tamén.
Ti, maldito burgués
nunca vas entender nada.
Para ti o que aconteza
na rúa
sempre son problemas
dos demáis.

23/05/2006 18:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Machada anti-freaky (Joey Tribbiani)

20060524102558-6987-512.jpg

El amor entre dos freakys es una cosa tan rara como frágil.

24/05/2006 10:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Cruce de cables

o dito sempre ten unha razón
menos onde a amizade
fixo xa o seu sitio

non o entendes?

24/05/2006 10:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Policía

xa son un máis
un máis
a verdade
é que si

alá foi o tempo
alá
alá é grande

só deus sabe
que non é

de aí vén a fame
de aí vén o home
de aí o irmán
de aí
a esquizofrenia
ou a doutrina do ataque

por norma a dor
por convinción a dor
por esquecer
sufrirei anos e anos
por ti
camiñarei longa noite

sempre xamáis
o pulso á dereita de deus
tres balas á esquerda do meu pulso
unha barricada diante de deus
deus entre lume
morto de medo
sen ollos
e sen roupa

dignidade
dentro dun pogo
dignidade
dramática
dignidade
ficticia

canóns
negros
armas policiais
policías na casa
policías na rúa
policía no peito
policía
ferramenta poderosa
do poderoso
do odio
do medo aos de abaixo

nova de última hora
conectamos en directo
nova presidenta
policías á rúa en manifestación
motivos do medo
medo á primeira medida
da presidenta
cada policía
banco de probas
de menciñas
coitelos
fouces
policías para a investigación
por decreto
policías para avanzar
cientificamente

rapa de policías
policías sen cabelo
como monos do espazo
listos para seren sacrificados
por unha causa maior

na entrada do centro
de investigacións
está ben claro

a pintada da porta
reza entre sorrisos
e orgullo

poña un policía na súa vida
e logo
quítella

27/05/2006 17:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Galeguismo

"Unha terra, un pobo, unha fala"...

Por que non " Unha terra, un pobo, un falo"?

No sincretismo galeguista pérdense séculos de tenrura sexual falocéntrica que non entende de patrias.

28/05/2006 16:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Total...

20060530094322-ross.jpg

Creo que vou deixar isto durante unha tempada. Cheguei a un punto no que xa estou totalmente desanimado respecto de todo o que é o blog.

Entre que me dá a sensasión de que isto non o le nin cristo (o que é lóxico e que realmente nunca me importou, pero agora si) e que o que poño dá lástima...

Non sei. Prefiro parar durante unha tempada.

Tomarme un descanso, ao máis puro estilo Ross.

No fondo non sei nin por qué poño isto.

Total...

30/05/2006 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 7 comentarios.

Por tres persoas...

20060531024432-fraude.jpg

...que me acaban de animar. Sijo.

Balaso do Calibre 84.

Felisidades Roque, xa de paso!

Menudo fraude son!

31/05/2006 02:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Calibre 84

estructúranse as pálpebras
en sindicatos que chaman a atención
de cristo

estructúranse as pálpebras
noutra morea de palabras
como pálpebras
que nunca direi ao oído
ao chan
ao alcol
ao afogar mil cincocentas veces en ti

sentimentalismo duns poucos
en moreas de estructuras
contra
liñas curvas azuis
que pola noite
cedo
cuspen e cuspen
e entenden de quizais
e tal vez

medo de estar sen vós

medo de quedarme sen alguén
ao que chegue tarde para lle dicir
o que quería

medo de quedarme sen alguén
que precise dun pouco desta sal
pero que continúe sendo sempre así

medo de quedarme sen alguén
que coa máquina do cancro
me faga unha camisa vermella

medo de quedarme sen alguén
a quen tirar
centos de cravos vexetais comunistoides

medo de quedarme sen alguén
que con aires do sur
compoña noites no norte

medo de quedarme sen alguén
que tocándome o ombreiro
me toque a puta alma

medo de quedarme sen alguén
co que pousarme na beira do mar
e entendernos

medo de quedarme sen alguén
que bote a alma nun cadrado
e deixe a súa sinatura

medo de quedarme sen alguén
que me fale da forza
e que me mande á miña puta casa

medo de quedarme sen alguén
con grandes persoeiros en botellas
de a litro

medo de quedarme sen alguén
co que subir ben alto
e ver as cousas dende alí

medo de quedarme sen alguén
que se tire dende un oitavo
ao son do derradeiro compás

medo de quedarme sen alguén
que non se leve ben coa altura
e ben coa grandeza do apoio

medo de quedarme sen alguén
que só viviría ben
onde vive porque está tolo

medo de quedarme sen alguén
que me bautice
con algún cacharro sen nome

medo de quedarme sen alguén
co que botar unhas canastras
e uns recordos

medo de quedarme sen alguén
que me deixe
romperlle a guitarra

medo de quedarme algún día sen vós

amigos

amigas

porque sen vós
só me queda o medo

31/05/2006 02:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

O político perfecto (Caracusto)

20060531194522-politic.005.jpg

Como estudiante de políticas teño que dicir... que sería o peor político do mundo. ¿ Por que? Porque se algo aprendín nestes anos de festa e atracóns de chapatoria varios, é que a política nunca solucionara nada VERDADEIRAMENTE importante,e falo en termos de supervivencia e dos grandes problemas da humanidade.

Dime unha política do Goberno e direiche o pouco que me importa.

E certo que a política soluciona problemas de pequena índole, que está ben que se solucionen. Pero quitarlle a piruleta a un neno para evitar a súa caries, para darlle despois unha paliza e deixalo morto, é un pouco tontería,¿non? Pois benvidos o bonito mundo da política.

O problema é que quitarlle a piruleta o neno é algo bo que non implica riscos, pero intentar evitar que lle dean a paliza fai que seguramente cha dean a ti.

Non se pode ir pola vida jodentote a ti para salvar o resto, é bonito pero desaconsellable:
- donar tódolos cartos do Estado para o desenvolvemento dos países do terceiro mundo é bonito pero desaconsellable, é un suicidio político é a ruina para o teu país.

Por eso cando escoito que xente loita pola independencia da súa nación e pola defensa da súa cultura digo: eu tamén o apoio, é unha boa causa, pero é un luxo que nos podemos permitir os nenos ricos, a unha persoa do terceiro mundo dalle o mesmo MORRER que MORIR, dalle o mesmo que maten os seus PAIS que a SUS PADRES: todo é ijual de horrible. Mentras nos nos entretemos co Estatut, a autodeterminación do País Vasco, a defensa da nosa cultura, o matrimonio homosexual ( cousas que quero deixar claro que eu apoio), morren millons de persoas de fame, por enfermedades con cura, por guerras inxustas e imperialistas.

A política é a sacarina do café despois de comer un cacho de touciño, é a tirita a unha ferida de bala, é o "podemos seguir sendo amigos", é a merda cantante e danzante do mundo.

En definitiva. os grandes logros da humanidade non se consiguen cá politica, entón a decisión esta nas nosas mans, decidide se votar para mellorar as cousas na nosa minuscula xaula, ou pasar de todo por soñar que algún dia saldremos voando moi lonxe dela. Mellorando a xaula ou non, ¡seguiremos soñando que é o que nos queda!

31/05/2006 19:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Os meus tolos Hay 2 comentarios.

Diferente

a túa vida
fina
regrabable

a miña vida
tivo
erro de redundancia cíclica
e está gardada entre o lixo
e papeis con nomes sen versar

31/05/2006 19:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]