Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2006.

Homenaxe ao Neopreno

20061002185439-neopreno.jpg

Raúl mercou este traxe de neopreno para adestrar o kárate baixo a auga.

É verdade.

Non digo nada máis.

02/10/2006 18:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Volta ás andadas

20061002095451-subirbenalto.jpg

Benvidos de novo a este puto blog de merda!

Benvidas a este espasio sen puto xeito que hai ben tempo que debería ter desaparesido!

Tras o mítico descanso veraniejo no que non piso moito o blog, volta o curso e con el renase novamente pira.blogia.com para faser da vosa estansia na terra aljo moito menos interesante.

Mesma mente doente, mesmas turbocaralladas cósmicas, mesma esquisofrenia.

Humildade. Pouco arte. Irrealidade. Tolemia. Liberdade. Vómito por dentro dos ollos.

Para os que teñan paciencia. Para os que lles pete. Para min por riba de todo. Por onanismo visual.

Hakim Bey. Banda Bassotti. Quique Romero. Escordaduras. Crema de Orujo.

Por terrorismo.
Por tolear.
Por rir.
Por pensar.
Porque quero.

Saúde, pas e xeonllos de manteiga!

02/10/2006 09:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Un recollepelotas de pelotas

20061002095628-recollepelotas.jpg

Aquí vemos a Ajus lusindo a camiseta dos Tabeiróns Caralludos, sen combinar un carallo co seu pantalón Joma que destaca as súas canilliñas lamarde xeitosiñas.

Así mesmo, vemos como os tenis de fubito Umbro fan que destaquen as medias modelo "Colleunas miña nai vía encarjo meu para xojar co puto ING".

Oh, lalá!

02/10/2006 09:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Santa Esmarelda

paso as noites
enteiras
saíndo de cubos
de lixo inorgánico
agardando atoparme
con
esmarelda
villalobos

e é o peor

02/10/2006 09:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Puta coladeira

20061002095902-putacoladeira.jpg

Veña, Samu! Dous minutos antes e case chejas!

02/10/2006 09:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Ei! Hai un Félix baixo a miña toalla!

20061002095946-fenaarea.jpg

Chega o tempo de recoller o froito da semente prantada.

Así nasen os Félixes, nenos e nenas.

02/10/2006 09:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Eres un@ más (Ska-p)

20061002100130-logonuevo.gif

No quiero ser el socio de un banquero.
No quiero ser el socio de la policía.
No quiero ser el socio del clero.
No quiero ser el socio de tus jerarquías.

Compañero, voy a vomitar.
Somos socios de un gremio militar.
¡Fuera de aquí! No quiero colaborar
con esta mierda de sociedad.

02/10/2006 10:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Meteoroloxía de andar por casa

estendín a man até tocar o
A
do antisiclón
e empesou a chover

02/10/2006 10:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

O incrible mundo da informática

20061002100352-pena.jpg

Pena: "Así que estos son los discos de los que tanto habla la gente... aaa...".

Esétera, esétera...

02/10/2006 10:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

mafia e CIA

metinme na cabeza
do que escribiu
mockba '993
e trastoquei tantas neuronas
que o raro
e que seguise tendo
os mesmos andares

02/10/2006 18:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ti estabas pensando o mesmo e non o negues

era pola mañá
e abrín os ollos un pouco
e unha neurona pousóuseme
no cóbado
e preguntoume se
os do IRA
saben qué é a ira

qué te parece si los hablamos
mientras compartimos un desayuno?

04/10/2006 12:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Puta coladeira 2

20061004124658-putacoladeira2.jpg

Félix pensa: "Joder, por aforrar catro pesos e pajarlle a un porteiro, poñen a este... Váljame...".

Samu pensa: "Ummff...!".

04/10/2006 12:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

O verán é divertido, tíos!

20061004124751-aquellasjuergas.jpg

Yeah, yeah, yeah!

Puto festón!

04/10/2006 12:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Esta é a idea

cheguei a porto do son
falando portugués
e volvín falando castelán
coincidín cun francés que me falou en inglés
e agora nos bares poñen menos tapas que antes

encántame o polbo á feira

04/10/2006 12:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Pebbles

20061004125201-pebbles.jpg

Só falta o Bam-Bam!

04/10/2006 12:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Camiño da heroína

falei en futuro coa puta
da existencia na que se sinten orgullosos
os centos de toxos
nos que durmo
e cheguei a estraña e
por tanto
linda conclusión
de que non farei nada ben
nunca

05/10/2006 14:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Más gas (Sugarless)

20061005143559-masfront.jpg

Mira.
No vas a esperar toda tu vida a que te llueva,
a que te salven en esta jaula.
Deja esa mochila de recuerdos
que ya no vale nada.
¡Huye y coge sólo tu guitarra!

05/10/2006 14:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Miradas que din todo

20061005143720-miradas.jpg

Luchi desconfía de Pena ajora que el ten o seu jorriño praieiro.

Normal.

05/10/2006 14:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Fraude

20061006140222-areamaior.jpg

son máis de Romero
que de Zidane

son máis de Arriva
que de Castromil

son máis de pintura de dedos
que de unllas pintadas

son máis de ETA
que do PP

son máis de Fortunata
que da Regenta

son máis de céntimo
que de billete

son máis de rir
que de berrar

son máis de berrar
que de cantar

son máis de tinto
que de branco

son máis do momento
que de unha hora

son máis da Churra
que do Xeixo

son máis de Félix
que de Deus

son máis de Bloc de notas
que de Word

son máis raro
que cabezón

son máis cabezón
que o resto

son máis de Banda Bassotti
que dos Beatles

son máis de morrer
que de matar

son máis do ING
que do Depor

son máis de Estrella
que de Coca-Cola

son máis de lavar
que de secar

son máis de praia
que da vida

son máis do primeiro de System
que de outro de System

son máis de fusil
que de bomba

son máis de dicir
que de escoitar

son máis de Pena
que de España

son máis de Winamp
que de televisión

son máis de chan
que de ceo

son máis de Al Qaeda
que do Opus

son máis de escribir
que de policía

son máis de vogais
que de números pares

son máis de Carvideo
que de Jesús da Meca

son máis de trompeta
que de orquestra sinfónica

son máis de facer sen pensar
que de pensar sen facer

son máis de roubar
que de visitar

son máis de facer o parvo
que de facer caldeiradas

son máis de Eristoff
que de Nietzsche

son máis de espadas
que de corazóns

son máis de cabalo
que de raíña

son máis de querer ser
que de ser

son máis de pensar en ser
que de ser

son máis de non ser
que de ser

son máis de estar
que de subir

son máis de bicar con lingua
que de protocolo

son máis de medo
que de horóscopo

son máis de tarxeta
que de gol

son máis un perdido
que un estudante

son máis un pasaxeiro
que un habitante

son máis de Stalin
que de Fraga

son máis de resaca
que de borracheira

son máis de Nesquik
que do demo

son máis egoísta
que vós

son máis egocéntrico
que vós

son máis de equivocarme
que vós

son peor que vós

son o que non merece nada

son o que sempre fallará

06/10/2006 14:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 8 comentarios.

Coa do Porrón

20061010101952-coadoporron.jpg

Seica o Porrón pechou, unha mágoa.

En homenaxe a aquel antro deixo unha fotojarsía destes individuos coa vella que estaba alí defendendo a súa bandeira Carlista.

Viva o Porrón e como lle dixo o jran personaxe aquel día: "Gora ETA militar".

Jrandes turbocaralladas.

10/10/2006 10:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Siudá do Vaticano, subcampións

20061010102145-vaticano.jpg

Agus matou o porco e consejiu que Varo fose con el a última hora. O conto é que quedaron de subcampión no Mundial de Rebumbios e levaronse unhas peliñas lamarde xeitosas pa casa.

Habemus caracustus!

10/10/2006 10:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Cumprindo coa miña parte

pum

rebenteime un tímpano
doe
pero ao mellor non é esa a dor que debería experimentar

voume rebentar o outro

por comparar

pum

si
en efecto

10/10/2006 10:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Voy por la vida...

20061010141358-connu.jpg

Mañana me marcho
Voy por la vida
Te quiero a mi lado

Mañá ímoslle a Compostela a ver ao persoal de abordo e a sairlle. Avante alá vou!

Xa vou tendo falta de ver á miña mosiña linda.

Saúde, pas e arteriosclerose infecsiosa!

10/10/2006 14:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Sepultura

arranqueime un pulmón
cos dentes
brancos e vermellos
e a enxivas
estouparon
ao pronunciar
calqueira
fódete
morre
apodrece
e alá fun polo campo verde
abaixo
aos saltiños
como nun filme
de debuxos
desanimados

10/10/2006 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Maneiras e maneiras de mirar un sedé

20061010094523-maneirasemaneiras.jpg

Ajustín, Ajustín. Xira o sedé e non te xires ti, home.

10/10/2006 09:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Cousas que foden o mundo

20061010094622-tom-of-finland-small.jpg

Hai ben tempo que non visito esta secsión da páxina, a secsión de Esbardalle, na que adoitaba carjar contra aquilo que me tocase a moral nun momento dado.

E hoxe, en ves de realisar unha rajada consentrada nun único tema, vou coller e tirar contra esas caralladas que fan que a vida dea un pouco máis de asco do que xa dá de por si. Vouno ir poñendo por puntos por simple vajansia.

Estas son as cousas que fan da vida aljo un pouco peor:

1.- Os profes que dan a primeira clase do curso. Tíos! Prima non data! Non ven que con sinxelamente faser iso xa imos coller a asinatura a mala cara? Con simplemente pasar de dar a primeira clase xa poderiamos deixar que nos porculisasen.

2.- Os putos carjadores dos móbiles! Sijo soñando cun mundo no que todos os móbiles se carjen cun mesmo tip de carjador.

3.- Os de Arriva empapáronme a maleta o venres. Púxena no sitio das maletas e ao chejar a Muros saquei un macuto anajado con cantidades incribles de roupa interior e exterior afectadas por esa mesma humidade estrema. Arg...

4.- Aínda non existe un canal no que boten "Padre de Familia" 24 horas ao día os 7 días da semana.

5.- O pasado 28 de setembro por fin me chejou o momento de ir ao traumatólogo a que me mirase o xeonllo. Tras tremenda espera dime o tipo que teño que ir a que me fajan unha resonansia e danme ves para o 27 de abril de 2007. E unha ves que ma fajan terei que ir a mediados de maio outra ves ao traumatólogo a que me dija que me van faser. E despois Andrada e Valerón queixanse do tempo de recuperasión! Dios! Vendo o meu xeonllo! Puta sejuridá sosial!

6.- A remodelasión da parte de atrás do Xeixo. A vida nocturna e tasiturna xa non é o mesmo.

7.- Roque copioume a barba de ful. Hahaha...

8.- Os putos periodistas de dereitas e de esquerdas que fan de todo unha puta confrontasión entre "dereita" e "esquerda".

Boh! Menuda merda de artijo que acabo de faser.

Caca.

10/10/2006 09:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Acojone total

20061010094805-acojonetotal.jpg

Esta imaxe reflicte á perfecsión o xeito no que me comportei como porteiro no Mundial de Rebumbios.

Obsérvese o xesto de acojone que acado antes de que Felipe lanse o penalti.

Jrandes momentos do futebolito.

10/10/2006 09:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Terminar chamada

bloc
bloc
blecua
bloqueo
bloc bloc
bloc
blasfemia
femia
vertixe
castigo
alma
améndoa
trece días
e fin

10/10/2006 09:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Don Vito y la revuelta en el frenopático (Kortatu)

20061010095004-asamblea.jpg

Revuelta en el frenopático!

Revuelta en el frenopático.
El hombre del tiempo ahorcado
por haber informado
granizos, rayos, truenos
y viento huracanado

La asamblea de majaras se ha reunido.
La asamblea de majaras ha decidido.
La asamblea de majaras se ha reunido.
La asamblea de majaras ha decidido...
Mañana, sol!

El hombre del tiempo les plantó cara:
"Mañana hará el tiempo que a mí me de la gana".
Revuelta en el frenopático.
El hombre del tiempo ahorcado
y todo por haber jugado al telediario
y todo por haber jugado al telediario.

La asamblea de majaras se ha reunido.
La asamblea de majaras ha decidido.
La asamblea de majaras se ha reunido.
La asamblea de majaras ha decidido...
Mañana, sol y buen tiempo!

10/10/2006 09:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Mimá, o que se atopa un

20061010095327-ke-guebos.gif

Pois isto é unha carallada que fixen hai algún tempo e que xa nin lembraba. Pois aí vola deixo para o voso desfrute total ou parsial.

Que movidas...

10/10/2006 09:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

A historia que xamáis debería ter contado a estas horas

serei unha vítima
fareime crer unha vítima
o coche achégase
cun sorriso estúpido
e eu comezo a recrearme
no meu vitimismo
escribirei entón a historia
de todo o que non serei
ao ser unha nova vítima

terei fodido e ben fodido
a milleiros de curas
e obispos
como un acto de violación
sobre todo o catolicismo
e todas as cruces
que atopo polos camiños
e me fan pensar na tortura

terei alugado o estómago
a algún animal preparado para a lactancia
e decorareino ao meu santo antollo
demente
con pintura de dedos
e pintura
de dedas

terei formado parte de cincocentos grupos musicais
en calidade de colaborador ou
terrorista invitado
realizando algún que outro solo
co meu rifle de asalto

non creo que faga nin haxa tanta humanidade
como para
parar
todo o que non serei xamáis
e todo o que non veredes nunca
porque
agora
ao ser eu unha nova vítima
enfundareime ese saco de orgullo
do que ten unha causa
e pasearei polas rúas
coa mirada perdida
e ríxida

I like it
you like it

como os viaxeiros do mar
como os antergos mortos
como os fillos mortos
como a morte mesma

legalizando o legal mil veces
comendo o que xa se comeu
bebendo novamente o bebido
escoitando o que se oiu

matarei o cristianismo todo
matarei o islam e máis todo o que non me detiven a escoitar

espertaremos sos
e soará skalariak
espertaremos sos
e soará banda bassotti
espertaremos sos
e soará sepultura
espertaremos sos
e quizáis soe betagarri

boh
total
non
non ho
ai
non
para

pon os aquabats
e vaite

10/10/2006 09:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Famiglia cristiana (Banda Bassotti)

20061010101019-040415bassotti9311.jpg

Famiglia cristiana
Solo un'ora a settimana
signori e generali
Nella casa del Signore
sul banco del prete Lasciano i loro peccati
Torture e sangue
Non si lavano coi voti

Padrone cattolico quanti soldi dà
Fuori dalla sua chiesa fà la carità
Hai cinque kilometri per tornare giù
cercando in Plaza de Mayo Qualcuno che non torna più

10/10/2006 10:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Cigaro (S.O.A.D.)

20061016120703-050423-systemofadown-hdv2.hmedium.jpg

My shit stinks much better than yours,
My shit stinks right down through the floor.
With a feeling so pure,
It's got you coming back for more.

16/10/2006 12:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

En Plan 30

20061016121258-langrans.jpg

En plan queda pouco ska...

16/10/2006 12:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

Accesit, 2ª parte

20061016104725-wpod4.jpg

Grandes mails para un luns pola mañá:

"A Asociación Xuvenil "A Curuxa", como organizadora do I Premio Literario "Un golpe de dados" desexa comunicarche que fuches galardoado cun accesit na categoría de verso en galego pola obra Sempre berrarei. Como xa sabes, unha selección dos textos que presentaches será publicada no próximo número da revista cultural MILANA.

Asimesmo, desexamos invitarte ao acto de entrega dos premios, que terá lugar o luns 16 de outubro ás 17:00, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía (Campus da Zapateira), onde se che entregará un lote de libros como premio."

Segundón de por vida!

16/10/2006 10:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Pai noso que estás entre a merda que cagamos

quedei sen deuses
e agora
só me queda
xogar
ao follow the Q
e ver que Agus
para ver un céntimo
ten que pegar a fronte
á mesa

amén

16/10/2006 10:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Jesús!

20061016105018-jesusescristo.jpg

Es Cristo!

16/10/2006 10:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Nadie alrededor (Jefe de la M)

20061016105217-02.jpg

Acumulo experiencia.
Sueño despierto.
Cada día me siento un poco más inexperto
que el anterior.
Aprendo a sintetizar confusión,
a comprenderme cuando no hay nadie a mi alrededor.

16/10/2006 10:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Que mala idea levas no corpo...

20061016105313-malasideas.jpg

Hai mentes nas que é mellor non entrar, rapasolos.

16/10/2006 10:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Non quero que o porvir deixe de ser o que el queira que sexa

foi até a fiestra
e competiu
co que perseguiu cada un
dos meus pecados

non ten razóns
quere fuxir nesta noite
a pedra vertébrase como debería de facer
esta noite
érguese novamente
negro e palestina vencerá
érguese
dáse conta
percátase
pero non para
grolo
grolo
mirada
golpe no lombo
lembranza de cando
aquel
día
de cando
xa sabes
bueno
xa me entendes
ou non
grolo
non me entendes
dereita
eles
e vai cara eles
menuda merda de cidade
o próximo
fin de semana
quedo en casa
e voume tirar
ao son
do meu último latexo
aínda que tras tanto
tempo
xa sexa
un veterano da kale borroka
renuncia
renuncia ao seu posto
baleira as cuncas dos ollos
e substitúe tremendas
esferas
por o obxecto dalgún furto
lindo
alguén canta unha canción
que non ten música
nin letra
e sorpréndese de tan
formidable léxico
no medio de semexante tronada
funesto
inaguantable
repulsivo
sen cervexa
nun enterro
sen cervexa
no seu enterro
camiña cara eles
pon boa
cara
estou ben
imos xa
veña
esquerda
esquerda
e hai máis pedra mollada
pero os cristais
xa son de intercambio
desventurado
entretense coa mirada
dunha rapaza
e créalle unha biografía
aleatoria
muller por ser
dous ou tres
amores de para sempre
que fixeron de
ela
un corazón horrible
que nunca recoñecerá
o atractivo
dun atentado suicida
e ségueos
xa están dentro
el queda fóra
novamente no chan
inspira
treme
inspira
treme outra vez
para
levanta o resultado dalgún crime
e endurece a súa alma
bota de menos
e laméntase
arrepíntese
métese unha hostia
dáse coa cabeza na parede
e xa non queda lugar para a lírica

apareceu ao día seguinte
coas veas cortadas
e cun sorriso
de satisfacción
que entederon moi poucos

16/10/2006 10:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Asistensia médica

20061016110726-assistensimedica.jpg

Campionato de Rebumbios, lo importante es su salú y la de los que lo acompañan.

Enfermeiros de andar por casa.

Arg...

16/10/2006 11:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Jrandes testimonios dun tempo pasado

20061016110943-mierda-.gif

Unha idea. Unha animasión. Unha enfermidade sicolóxica evidente.

2001. Odisea na lama.

16/10/2006 11:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Cando o capitalismo entra no blog pola porta de atrás e se amolan as esceas de tensión

de súpeto
ante os seus ollos
e tras escoitar novamente
o laio entrando pola fiestra
viron un desconto do 13%
nunha merda moi rara que non servía para nada

16/10/2006 11:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Descanse en pas

Un recordo dende acá a un jran profe.

X.A. Fernández Roca.

18/10/2006 16:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Un premio para quen a adiviñe

tragueime o teclado
e coas primeiras
letras que caguei
escribín
unha palabra moi bonita

18/10/2006 16:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Non morrerá

20061018162257-sanpedro.jpg

meu sol
dime algo

non ves que permanezo
agardando
algún tipo de sinal?

algo que non me dixeses

non ves que montei en cólera
co meu presente
no que non estás
e volto mil veces
até alí
onde só ese faroliño
nos entende
e sabe de comezos
de apertas
e de algún
vals?

todos os días
es ti

todos os días
es ti
quen
me fai estar ben
ou estar mal

ben
porque
es

mal
porque non estás

son éstas
cousas sinxelas
sen metáforas
e sen moita volta
porque
contigo é sinxelo

empalagoso
até dicir basta

supermozal
sempre

o dedo ao que te agarrar
cando veña a onda mala

mira
melón

aínda que non che gusten
os nomes
e aínda que só ti
saibas
o xeito no que se fan
agora
os cadrados

e xúroche ante
deus
e a puta que o fixo
que hei de coller
todos os vasos que queiras
aínda que non queden

que hei de recrear
a dúas rapaciñas
para que toquen o piano para nós

e loitarei
toda a vida por isto
até que se me escape
a escápula

matriculareiche polo universo
adiante
en galaxias
estrelas
e outras cousiñas
sumerxidas na escuridade

conectareime a ti
para cantar
e queimar
margaridas aos teus pés

xogarei toda a vida
ao xadrez
para ter un monte de lóxica
mentres ti miras
o universo
dende o balcón
e ves de qué cor
cho pintei
hai uns días

e serei eu
unicamente
o axente capaz de te deter
pero que non lerá os teus
dereitos

meu sol

dime algo

dime que estás
aquí ao meu lado
pasándome a man polo ombreiro
e que é verdade

seica te necesito

miña mosiña linda

18/10/2006 16:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

tragu bat hartzetik nator

ao mellor
xa me chego
e improvisarei na versión
en directo

non durmín
en toda a noite
pero tranquilo

zure izena badakit

e cando queiras
estarei alí

18/10/2006 16:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Momentasos

20061018163058-connu.jpg

-Coge un vaso.

-Quedan?

-No, pero cógelo.

18/10/2006 16:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Matádeme

20061019141730-penapeson.jpg

A foto non ten relasión aljunha co título nin con nada.

Pero, en serio, levo dende as 8 enserrado nunha aula escoitando falar sobre literatura... e si... pode que mole...

Pero hoxe non. Estou canso.

Pena, jrasias por o teu pesón.

19/10/2006 14:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Rabiaaa!!!

20061019151527-arabiadeagus.jpg

Cando Agus se transforma en Chendo e di:

-Issshhh...

19/10/2006 15:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Sapatillas

non sabía
cómo
pero tiña unha sapatilla
ensima da cama

mirou estrañado
o seu reflexo
nun chaveiro brillante
que tiña coljado
por aí adiante

pensou en que hoxe
en día
as sapatillas
quisáis xa teñan
tomado demasiadas desisións
e

aínda que as sapatillas non teñan bandeira

pode que este fose
o momento correcto
de empesar
a orjanisarse
en contra
das sapatillas

xuntou a todo un exérsito
de homes
e mulleres
armados
dispostos a comprender o presente
e a conquistar o futuro

pero ao pouco tempo
sentiron nostalxia
de calquera merda
e caeron na conta
de que as sapatillas

xa

tiñan

moito

camiño

andado

19/10/2006 15:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Ciudadano pesado strikes again

tatuouse
unhas iniciais
no brazo
esquerdo
e logo duns meses
arrincounas
e cuspiunas no lavabo

o cal se atascou

chamou
a un técnico
e o teléfono
encharcouse de sangue
antes de que caese
ao chan
e escribise

(empreguen a sangue como pintura de dedos
e entederán isto)

na alfombra recén comprada
un xuramento
que nunca cumpriría

o técnico
tardou cinco minutos en desatascar
o lavabo

cobroulle unha hora de traballo
máis o desprazamento

tardou en darse conta
de que estaba morto
máis da conta

o técnico tivo unha boa
erección
esa mesma noite
mentres se fodía
a unha puta morena
e regordecha

a puta levaba unha
falda curta

19/10/2006 15:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

As borrascas non me deterán

20061020113711-itborr.jpg

Porque eu este finde báixolle a Muros.

Quedades en aviso, e se chove... Póquer?!

Baixo a Muros. Como se fose como un día calquera.

Paz e amor.

20/10/2006 11:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Xogamos sen cambio

dende que a parte
de atrás
do xeixo
é tan
pero tan
pequena
os meus oídos
discuten co meu gusto
sobre como tratar con tacto
todo aquilo
que vin algunha noite
e que semella un castigo

20/10/2006 11:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A violasión, acto 1º

20061020113921-tocametio.jpg

Agus, crueis intensións tes, meu.

Rocco, estáte ao loro.

20/10/2006 11:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

1854-1900

oh, grande Serguéi!
oh, grande neurólogo
sen trazos entre fonemas!
oh, gran Serguéi Serguéievich!
oh, Korsakov!

inmiscuído na túa verdade
alterada a memoria por fin
fixadas xa só unhas lembranzas
perdido e desorientado
confabulando por decreto

o alcolismo
fixo de min
todo o que algún día pensaches

oh, Korsakov!
oh, grande Serguéi!

oi! oi! oi!

20/10/2006 11:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Por que? Póquer si

20061023144226-cards-1024.jpg

Para que non saiba, ajora estamos envisiados no incrible mundo do póquer. Con cantidade de variantes e turbocaralladas: follow the Q, Oklahoma (este nome púxose un pouco ao vulto), numérico-jugado ou o kamikase.

Pois entre que vemos o peor de cada un, farolasos cósmicos, Ajustín pejando o narís á mesa, Nuria rajándose antes de empesar, Glo indo a muerte cun trío ou Paula cos Chisconsejos... Pois entre que pasa todo iso, este sábado fomos testículos de primeira man dunha jrande machada para todo o mundo do póquer a nivel internasional.

O conto é que Fe, cando lle tocaba de descubrir a xojada, mostrounos as cartas disindo, con todos os seus collóns:

-Teño un póquer de ases e parellas.

Y ajo y agua.

23/10/2006 14:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

La tormenta

non existe
o pasado
non existe
non hai nada
non hai bos días
nin hai nacións
nin diarios pola mañá
non hai móbiles
nin tarifas
nin descontos
non hai amigos
nin hai cervexa
nin putas
nin cus podres
de seren penetrados
con pirolas de goma
non hai discursos sociais
non hai campañas
non hai plantexamentos
non hai metal
non hai tarxetas
de crédito
nin de descrédito
non hai choio
non hai amores
non hai dor
non hai roupa
nin pelo no bandullo
non hai beirarrúas
ao carón
da historia
non hai loita
non hai paz
nin hai violacións
non hai dereitos
non hai épocas
non hai almanaques
non hai industria
nin lume
nin un mundo

só hai algo mellor

23/10/2006 14:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Imaxes dun verán

20061023144550-gloefenabeira.jpg

Glo e Fe por Area Maior.

23/10/2006 14:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Veleno negro

arranqueime
unha vértebra

chanteima
no
sitio
da moa
do xuízo
final

e pronunciei o teu nome

23/10/2006 14:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Pepita Jiménez (Juan Valera)

20061023144811-20050416elpbabnar-4-i-lbw.jpg

Cada vez que se encuentran nuestras miradas se lanzan en ellas nuestras almas, y en los rayos que se cruzan se me figura que se unen y compenetran. Allí se descubren mil inefables misterios de amor, allí se comunican sentimientos que por otro medio no llegarían a saberse, y se citan poesías que no caben en lengua humana, y se cantan canciones que no hay voz que exprese ni acordada cítara que module.

23/10/2006 14:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

A Coruña-Santiago-Noia-Muros

20061023144937-connurinha.jpg

penso
en ti
y que si
te quiero más que las pesetas
que si me gustas desde segundo

qué bonito
y qué asco

e sijo
pensando en ti
nas janas estrañas
que teño
de que me craves a túa man
dereita no brazo esquerdo
para pronto
alcansar
o meu pulmón esquerdo
faser contacto co dereito

deterte por un intre
dar paso atrás

ir até o meu corasón

e atoparte
no que será aljo moi raro
atoparte
dijo
a ti mesma
alí enserrada
no meu corasón
que

senembarjo

non terá deixado
de latexar
nin un puto intre
jrasias á túa forsa
de anxo
incrible

miña nai
querida

o que podo chejar
a pensar ao lonjo
do día
tan só
porque nunha tarde de verán aparesiches por
alí
diante

porque unha noite de setembro
todo cobrou sentido

ao mellor non é tan só por iso

ao mellor
é que ten que ser así

tes un moso da hostia
e xunto os dediños da man dereita
e doulles un biquiño
na punta
e empréjoos
pa darme biquiños a min mesmo

pero
en serio
mola un lote

fálache
de que quere
que lle craves
o braso dereito
no seu propio corpo
como unha nova forma de unión
sen vinculasión directa co matrimonio nin nada

deste amor
brutal
desmesurado
de coller
e subir ao sol
con cara de felisidá
meterlle unha chantada a tremendo astro
volver
ao teu carón
axeonllarse
cuspir o arrincado ao chan
e
cantar
cos brasos abertos

chanaaaaaaan!

que tolerías
podo chejar a disir
ao cabo do día

si

pero é que é o que quero

entrar na túa mente
por intre
ver un soño pasaxeiro
unha imaxe inconssiente
carente
de sentido
máis alá da túa mente
calcala en papel sebola
para voltar ao meu estado
natural
e debuxala
cun coitelo de serra
na miña pel
para que cando a vexas
dijas

pero tú...
alma candida...

e listo
e imos ver
aljo na tele
un sandwich
e un bote de nestea

escravo
dominado
deste amor
inmenso
e encantado
da vida

tú haces que la vida
se me vuelva de colores
e que ás veses
sexa capás
de rirme
simplemente
do felís que ando
dende que entraches na miña vida

quérote
e xa o sabes

(o teu moso está tolo
e pode que se lle vaia a pinsa
pero non ten mal fondo)

23/10/2006 14:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Disque o papón mata osos borrachos

20061023150444-juan-carlos-franco-heredero.jpg

A nova é que, segundo semella, o rei de todos los españoles foi a Rusia dar un raite e que os de alí lle preparon unha casería.

Se isto non fose sufisiente, e para fasilitarlle o tema ao meu, pois resulta que lle puxeron a tiro "un oso amaestrado, totalmente manso e emborrachado previamente con abundantes cantidades de vodka e mel".

Podedes mirar isto que vos dijo por aí diante. Eu déixovos este enlase para que miredes, clicade nel e vía.

Como disían os desaparesidos Ska-p:

"El rey
saltando por encima de la ley.
Simpático holgazán"

Amén.

A foto é para que sijamos lembrando que puxo ao tipiño onde está, xa postos.

23/10/2006 15:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 4 comentarios.

Ajajá!

20061024095408-quedatecodetalle.jpg

Ollo ao piollo, rapasolos!

Que foi de Pena este fin de semana?

Ninguén o sabe!

Aseptamos todo tipo de devaneos e propostas sobre cál puido ser o seu finde. Ti que cres?

Eu, sinseramente, que foi introdusido nunha mafia turcochipriota de pochas clandestinas e quere ir assendendo no orjanijrama da orjanisasión. Que ambisioso é o noso Pena!

Pena, no te olvidamos, tío!

24/10/2006 09:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Filoloxía ás veces ten as súas cousas

20061024095837-cd-betagarri.jpg

Cousas que, mirando pola foto que antes coljei de Pena, metinme polo carpetamen adiante.

E cál foi a miña sorpresa ao mirar que na carpeta orixinalmente titulada como "Mi Música" atopeime coa... discografía de Betagarri!

Quen carallo se baixa a discografía ou a mete no ordenata dunha facultade como a nosa? Como é que xusto me meto eu, a quen lle justa tanto esa música, nel? E un plan de aljén para faserme disfrutar a niveis descoñesidos até o momento? Será o comeso dunha nova era na que todos os ordenatas do mundo terán ska para que cando cheje eu poida meter os cascos e darlle lume ao asunto?

En fin. Que acá estou lamardeben escoitando o Arnasu Hartu!

24/10/2006 09:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Sen absolución por parte do altísimo

coronel
sei que será en van
procurar o pico do monte
non o alcanzaremos antes do solpor

amigo
permítame que lle chame amigo
quizáis agora
entre as dúbidas
só debamos facer caso ás certezas
e mirar só o cume do monte
e ir cara el
acadar ese cume é o obxectivo
desta intervención
e vostede
amigo
sábeo

por favor
coronel
non me chame amigo

e o soldado pasou a ser un home
e estomballouse na herba verde
asubiando unha bonita canción
xa sen armas
xa sen xenreira
xa en tranquilidade

24/10/2006 10:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Dedicado a Ion

20061024100511-bebeto.jpg

BEBETO ES DIOS!!!

Grandes pintadas de clase, grandes momentos en Hispanoamericana.

Algo que non entederá ninguén máis que nós porque somos gilipollas.

24/10/2006 10:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Direicho mil veces e seguirá sendo así

20061024100627-nomarinheiro.jpg

chove
e hai algo de retraso
sobre o horario previsto

imos a inglaterra
e temos un coche

dóeche o brazo

douche no brazo

no brazo que che doe
e quéixaste
como faría unha raíña
que descoñece
o seu título
e o seu territorio inmenso

o tren non chega
e son feliz
neste tempo que chegou da man
de algún maquinista
ou de calquera cousa

o tempiño
ese no que me remexo
como na camiña

gústame a túa pel

a pel que contén
tanta grandeza de anxo
dourado

o tren chegará
e irei
calmo
con trece sorrisos
a cazar
algún anaquiño de ledicia
máis
para poñelo aos teus pés

o tren non chega
e tes frío
e eu so gustaría de poder apretar
os dentes
e con iso darche toda a calor
que queres

como cada día

como un día calqueira

como un día
normal
no que o
natural
e querer darche todo
mil veces

a ti

para ti

son o tío
máis empalagoso
do mundo
e ti
es a mellor

24/10/2006 10:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A vella garda xa non me agarda, señor garda

afórrame o tempo
e colabora con nós
no acolchado deste cuarto
por iso da esquizofrenia

putos espellos silenciosos
de merda

25/10/2006 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Frontier Psychiatrist (The Avalanches)

That boy needs therapy, psychosomatic,
That boy needs therapy, purely psychosomatic
That boy needs therapy
Lie down on the couch! what does that mean?
Youre a nut! youre crazy in the coconut!
What does that mean? that boy needs therapy
Im gonna kill you, that boy needs therapy
Ranagazoo, lets have it to you
On the count of three
That, that, that, that, that boy.. boy needs therapy
He was white as a sheet
And he also made false teeth

25/10/2006 09:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Barroco anal

subido hei quedar
no cume deste segundo

subido hei xermolar
ante roubos de mar

hei de convencer
ao destino
de que ten razón

e vou asasinar
a cada neno en
cueiro
e comerlle
as gónadas
por pura impotencia

a felicidade será un momento

o lume
un momento

25/10/2006 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Indicasións

20061027042226-ist2-195612-where-is-the-right-way.jpg

Dinme conta de que sempre que me prejuntan unha direcsión, é disir, cómo ir a aljún sitio, sempre fajo-dijo o mesmo. Aí vai o esquema do meu comportamento mongol:

Sendo P a persoa que me prejunta, sendo S a miña propia persoa, sendo L o lujar polo que son prejuntado o roio sería:

P: Perdoa, para ir a L...?

S: L...? + /respirasión de ajobio/ + indicasión pobre de índole aproximativa.

A "indicasión pobre de índole aproximativa" consiste en dar indicasións que deixen á persoa máis ou menos serca do sitio en cuestión.

Exemplo real:

P: Perdona, cómo voy al centro cultural de Montrove?

S: Montrove...? Bufff... Pois vas por aí abaixo todo recto ata que encontres un semáforo e debería ser iso.

Tal cual. Non sei a qué lle chaman o sentro cultural de Montrove, pero eu mandeino ao Teleclub.

Ajá!

27/10/2006 04:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Comezo do camiño

20061027042449-junkie.jpg

O día que me deron o accésit os de "A Curuxa" e me dixeron que tiña que ler algo do que tiña presentado, só me deu por ler "Camiño da heroína".

A primeira vez que lin un texto meu así en público.

E lin "Camiño da heroína".

Era o seu.

27/10/2006 04:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 31

20061027042803-8436007071002.jpg

En plan Baldin Bada!!!

Levo todo o verán escoitando ésta canción (a versión de Betagarri) e cando por fin consigo saber de qué vai a letra... todo cobra un incrible e novo sentido.

Baldin Bada, meus!

27/10/2006 04:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Baldin Bada (Betagarri)

Adiante os directores das películas.
Adiante os dirixentes da academia.
Adiante os cans de distinto colar.
Medide ben a pouca vida que vos queda.

Quero vivir se se pode.
síntome mal.
Quero chorar e non podo.
Quero berrar e está prohibido.
Quero amar e non me deixan.
Quero loitar, pero é necesario.
Quixese morrer, pero neste mesmo intre.

27/10/2006 04:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Parada de autobús

estaba agardando
o autobús

ao seu carón
había
a clásica
señora maior galega
de pelo cardado
en perruquería
con nome de muller

a muller do pelo
cardado pensaba no autobús

chegaría xa
porque xa era a hora
tería que chegar xa
e voume subir rápido
non vaia ser que marche
e voulle facer un sinal
ao conductor
para que me vexa
non vaia ser o demo
e pase de longo

ela estaba agardando o
autobús
e o son do seu
aparello
reproductor
de música
non daba máis
e soaba os estrondos
das trompetas
trombón
e saxo
a máis non dar

pensaba en sexo
en seme
en sentimentos
en amizades
pensaba no xeito
en que as pizzas
lle quedaran ennegrecidas
aquel día
pensaba na súa propia
cona
tocouna un intre
mirou de lado
pensou en qué pensaría
a muller do pelo cardado

o autobús non daba chegado

miraba o seu calzado
e escoitaba música

tiña marcas nas costelas
de caer ao chan
e a resaca semellaba
lembrarllo cada tanto

a clásica muller do pelo cardado
pensou no seu neto
emigrado
e no autobús
en qué ao mellor
agora
cos anos
non vería ben
o cartaz

tiña marcas en varias costelas
eran negras e
violetas
violentas

o autobús
non chegaba
e pode que nunca chegase
xa

as dúas mulleres
miráronse
sen querer
non fixeron aceno ningún

a muller do pelo cardado
xa non podía
máis coas tres bulsas
que levaba
pero non quería pousalas no
chan
mollado
chof chof chof

e a rapaza
mirou os baixos do pantalón
mollados
chof chof chof

chegar a casa
xa

pero o autobús non daba chegado

fixo como que chovía
pero non

non choveu

a rapaza
pensou novamente
en seme
en pirolas tesas
en pallas
en chupar pirolas
en corridas na cara
en promesas de comportamento
que nunca chegarían
en mezclar ron con ron e con ron
pensou que o ceo estaba gris
e que tiña frío

a muller do pelo estremadamente
cardado
necesitaría terapia ou non
pero estaremos tolos

o autobús
ao mellor xa era un soño

a rapaza
estaba tan orgullosa
como o primeiro día

a muller do pelo cardado
seguiu cos seus pensamentos de muller
de pelo
cardado

a rapaza pensou
no mozo
de onte
ou no de antonte
que quizais fosen o mesmo
ou non

alguén
cruzou un momento pola escea
pero non é interesante

a muller do pelo cardado nin se fixou
e iso
xa é moito
para unha muller
co pelo estremadisimamente
cardado

o autobús
é un pesadelo

a rapaza
ten seme entre as pálpebras
ten aínda seme na cona
ten seme nos recordos
e entre os dentes

ten os dentes de seu pai
e as pernas de súa nai
e asubía nas noites de treboada

o autobús non existe
esta parada non existe

a muller do pelo cardado
está aí sempre

a rapaza recolle
a súa equipaxe
e volta
a casa

a muller do pelo cardado xa non
sabe
qué facer

nunca dubidara
da súa compañeira de parada

quizais sexa
xa o momento
de que as mulleres de pelo
cardado
tan clásicas como as propias paradas
de autobús
comecen a pensar
en seme
en pirolas tesas
en conas abertas
en abortar
en cambiar de móbil
e na ledicia
que sinte unha rapaza
cando está de resaca

27/10/2006 04:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Stewie contra Bin Laden (Padre de Familia)

Ten que ser e ten que ser.

Enorme.

27/10/2006 07:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Encántame non saber qué pasará se me dá a tolemia e pensar que todo se pode foder en menos do que dura un partido de copa do rei

dixen adeus
á choiva
ás noites de facer dedo
ao frío da noite fría
e
a estar deitado na herba fría
dos terreos fríos

despedinme
das bágoas
repugnantes
de quen non sabe
o qué pensa

marchei por
entre
a esencia
da galaxia
incomprensible
da ledicia
cos ollos
apagados
e tensos

saudei
ao amencer
e a un tabán estraño
que me miraba
como
dicindo

vingareime

27/10/2006 08:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Duckpond (Millencolin)

Everybody is leaving, from this town and from me
They've got the burning flame, they sure achieve their aim
You know that's tough for me to see
Oh, how I wish I could do the same as them and go
Just pack my bags and good-bye
Get out fast or fade away real slow
'Cause what you see is what you get right here
Where a change is nowhere near
What you see is what you get from me
In this duckpond leave me be

Pretend my life is perfect, like the faces on TV
Yeah, that's the only way to face another day
Try to deny the misery
But those are the way of looney's, and like a clown
Yeah, I do act
No matter where I could be or would like to go
I'm stuck here, that's a fact
I'm too weak, I'm down on my knees
Too feeble for something new
Feels like there's nothing I can do
Keep on laughing 'bout me
Keep on doing your own
But someday I will be that one
Be that one
Yeah someday I will be that one...

27/10/2006 08:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Vodafone le informa que...

20061030025622-pobre-maos.jpg

Dende que puxen o límite

LIMITE -> linde

de consumo de Vodafone non hai mes no que quede incomunicado unha semana antes de cumprir o praso.

Ata o domingo son un desmobilisado de la vida.

Alabaré, alabaré, alaparé, alapared, a la pared, niños, A LA PARED, malditos!

30/10/2006 02:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Perdido/a

ti xa tiñas a túa
propia
desorde antes
da miña chegada

máis madeira
para os teus lumes
máis lume
para a túa felicidade

nalgún sitio
entre o sacro silencio
da alma de quen nunca será
e a repugnancia
intermitente
das miradas que os antergos
se encargan de lembrarnos

desorde

non sabes cómo me sinto

non o sentirei nunca máis

xamáis

a miña desorde
de paxaros amarelos
verdes
azuis
e comunistas

30/10/2006 02:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Aos de Compostela

20061030025931-santiago-de-compostela.jpg

Este venres selébrase por aí a Intercampus (ou cómo queira que sexa o nome), e o tema é que a Nu e a min fainos irlle.

A prejunta é: Vai ir aljén máis? Fe? Agus? Pau? Os/as de Coruña anímanse?

Disídeme, vale?

Unha aperta forte e farturenta!

30/10/2006 02:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

El hijo de la Inés (Marea)

Mi madriguera tiene 4000 ventanas
para salir corriendo si me vienen ganas.
Correr
y que amanezca si va a amanecer.

30/10/2006 03:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Viño tinto

20061030032224-boccali.jpg

unha cervexa
para almorzar
e entre horas
unha cervexa
antes da comida unha cervexiña
fría
acompañou o guiso cun par
de cervexas
cando ía tomar o café
preferiu unha cervexa
cervexa e máis un bocata
de nocilla
para merendar
antes da cea
unha cervexa ben tirada
e na cea mesma
na propia cea
na cea que tanto levaba agardando
tomou un
bo vaso
de cervexa

30/10/2006 03:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Ranking del dolor

Coa gacela Thompson de por medio.

Amén.

30/10/2006 07:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Arg...

20061030073659-diskette.jpg

Tiña acá o disquete para coljar algunhas turbopallas mentais, algunhas fotiñas e roios empalagosos nos que falo do moito que quero á miña mosiña... e o disquete chafou.

Nuria, sabes que te quero, verdade?

Pois iso.

Mañá voltaremos.

Bicos a Nuria e saúdos ao resto!

30/10/2006 07:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

A message to you Rudy (The Specials)

Stop your foolin' around
Time you straightened right out
Better think of your future
Or else you'll wind up in jail
Rudy a message to you
Rudy a message to you


30/10/2006 07:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]