![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Tú y yo en la fiesta... Tema prinsipal da desfeita antropolóxica destas vacasións![]() De volta xa na estraña e infinita realidade da facultade, supoño que cómpre faser resume do que nos deixaron estas "festas" entre peito e costas. Pois deixaron resacas incesantes, nécoras desfeitas, envoltorios de pizzas no caldeiro branco de tapa retráctil, unha versión de Luna Rossa bastante curiosa, sacos de cancións de Berri Txarrak, blasfemias en cuartos de baño, cristos situasionais incribles, xenreira da que dá justo ter, voraces poemas de Leopoldo María Panero, un poema de Bukowski tocado por S.A., miles de cabróns de ir ás menos e faser renunsios a fodelos cando repartes e che sae un puto as de merda e inda que as cartas estean vistas e revistas (reeeviiistaaas del corazón), paseos e frío, seas por acá e acolá, autocortes de pelo do máis estraño, persoas que cometen o erro de entrar no sírculo lamentable de destrucsión que son eu e a miña existensia, arrepentimentos varios lamarde curiosos, convensimento de tirar para adiante cos "Kenodí?!" si ou si, que se teño pouco pelo e moita cabesa e cuspo na empanada e son patético... Euquisei. Cousas así deixaron as festas. E a vós que vos quedou de sabor de boca? Ajardo que esteades todos ben, sans e ben mantidos. Saúde! E un saúdo e todo o ánimo do mundo a meu primo Domingos! 08/01/2007 14:30 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|