erro
tendo ao erro
estou agardando por min
porque pase algo
pero non pasa
por cada vez
que escriba a palabra
non
gritarei o nome de deus
dá igual que pase
algo
porque eu vou seguir agardando
porque é o mellor para todos
falleille a moita xente
xa
gustaría de falar con alguén en concreto
nesta tarde de calor
tocar algunha clase de campaíña
e falar
non quero escoitar
non
agora tócame falar
a miña quenda
caníbal
pero as mans non me son abondo
para pedir perdón
arrepentirme é respirar
arrepentirme non é suficiente
confío en que todo se amañará
porque coñezo a esencia
porque estiven por alí mergullado
e porque creo
nun veredicto
inxusto
no que serei perdoado
porque o sinto