![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Inés, sosióloga galáctica![]() Amijos e amijas da sicodelia fantasiosa, retomamos novamente esta secsión de Prejuntos e Respostos para asercarnos á fijura de Inés. Ola, Inés, e benvida a esta tu casa. Que tal vai a vida? Hola samooo e demáis!!pois moi ben!non teño queixa de ningún tipo, todo o contrario, estou nun gran momento, destes nos que te sintes ben e punto, nos que a vida sonríe modestamente. Este ano rematas a túa carreira, sosioloxía. Con que sabor de boca che deixou o teu paso por ela? Sínteste mellor persoa? Bufff!!non mo recordes...xa se acabou o conto...Deixoume moi bo sabor de boca, un montón de inquietudes e moitas curiosidades. No, en serio, esta carreira está moi guay, aínda que o futuro sexa difuso e o aprendido quede como un bago recordo. En canto a si me sinto millor persoa... fóra coñas, pois sí! haber, non millor en plan "son a ostia", pero sí que aprendes moitas cousas que son útiles para o día a día e para comprender as cousas da vida e ás persoas. Quizáis me sinto máis racional (que raro sonou eso...). Sei que nesta carreira formeime moito como persoa e eso reconfórtame. Creo que non o ía conseguir igual noutro sitio. Ultimamente falabas de que ijual che daba por dar clase na asignatura esta de Educasión para la siudadanía (ou aljo así). É verdade que se che están gangrenando os dedos do crusados que os tes para que o PSOE non saia do poder e esa asignatura se vaia a paseo? Jeje!Por suposto!! Non me vou a meter aquí en política, pero todos sabemos que se non é un, é outro, non hai moitas alternativas de goberno, e entre o malo e o peor, eu perfiro o malo. Ademáis, fai falta un toque de optimismo e ilusión neste país, que damos peniña, e quen millor que Zapatero pa iso...? De todas formas, creo que esa asignatura vai ir adiante igual, pase o que pase nas elecsións, pero estou toda jodida porque rumoréase que terán preferensia para dala os de historia! É increíble!! Quen millor que os sociólogos para falar da sociedade e dos seus valores!!!! inxustiza!!! Ajora en serio, como afrontas o teu futuro post-carreira? Por incrible que pareza, rodéame un gran optimismo!teño moitos plans distintos que me dan alento. Estou aí cos de clase barallando a opción de abrir unha empresa de recursos humanos propia, ésta é a que máis me mola, porque temos moita ambición neste posible proyecto e porque estamos moi compenetrados, moi bo rollo. Por outro lado, penso nesa opción de dar clase. Tamén está o partido que fundarei algún día con Agus para liderar a presidensia do goberno muradán (Agus, sabes que podemos gañar!). E máis opcións das que paso de raiar agora, e senón sempre me quedará opositar... Bueno, a toda esta sarta de alegrías añadídelle un dedo señalador de meu pai dicíndo: Ala samoooo!!que desfasao andas!! que xa non estou alí!(esto é ridículo porque xa o falamos e xa o sabes pero bueno...)jeje!! pois sí, estiven nunha empresa de recursos humanos que funciona como unha ETT facendo prácticas, pero deixeino por dignidade. A xente non se dá conta de que ten que invertir no capital humano!!! Nós levaremos o país no futuro vindeiro!! E adícanse a fustrar os soños dos novos reclutas becarios que van cheos de ilusión a aprender cómo funciona o mundo para o cal se están preparando! Antes de que conseguiran que volvese a casa desfeita por odiar a labor que me vai dar de comer, funme. Noutro orde de cousas, formas parte de ese amajo de jrupo musical, os Kenodí?, que só existe na mente dos seus membros. Como ves o asunto? Véxoo parado, pero non vos preocupedes chicos! sempre que o Kenodí permaneza nas nosas mentes, seguirá vivo! En serio, eu véxoo viable, só me falta coller confianza ca guitarra para botalo pa diante (pola miña parte, claro). Algún día... Fe e Pau non se animan, Lutxi non dá o paso... Para cando a voda? Jeje!! Aquí todo o mundo se pasa a bola... Ó final ha de casar primeiro quen menos nos esperamos, é o típico. Calquera se casa vendo as ganas de boda que tedes!! a ver quen presta a súa boda para que levedes a cabo o voso gran desfase!!!Nada deso!! Se foses unha árbore, que pensarías dos cans que se asercan a mexar, que pousan a pata, pero que despois non mexan? Pensaría que é un can deses que moito falan pero que do que din, nin a metade... un deses cans perdidos que pensan que teñen que ser dunha maneira para ser millor can e caerlle ben a tódolos cans do pueblo, e que nesa búsqueda de personalidade cagan no conto e por todo o paseo, por non ter unha mente propia, con ideas propias e con rasgos propios. Son unha copia barata daquelo que admiran e que queren chegar a ser. Un can de verdade, SE QUERE MEXAR MEXA!!!e non anda por aí fasendo coma quen... Se ETA che secuestrase agora que están na tregua, que lles pedirías aos teus secuestradores: chocolate branco ou chocolate normal? Que putada de pregunta... Se ETA me secuestrase agora que xa NON están na tregua, pensaría serenamente en todas aquelas cousas e persoas que me fan feliz na vida, e non tería medo, e sería forte, e sentiríame ben, porque se ETA me secuestrase significaría que formo parte do que para eles é un estorbo, alguén que está perturbando o camiño do terrorismo. Por suposto pediríalle chocolate normal, porque votaría de menos as cousas cotidianas da vida, as cousas de andar por casa, non estaría o conto para esquisiteces. Un banco está ocupado por un padre y un hijo. El padre lleva un pasamontañas y el hijo otro. Van a atracar el banco? Está claro!!de feito xa o están atracando, non? é como cando din: o exército "tal" acaba de ocupar a zona norte de "tal sitio". Xa están alí, xa teñen a zona controlada e abasallada, non? O tema está en saber se conseguirán sacar o botín, porque claro, de momento só o teñen ocupado, pero para que sexa un atraco teñen que marxar sen que os collan, non? E iso xa non depende deles senón da competensia da sejuridá que se encarje de collelos, non? Pero as intensións son claras, non? Ajora a mítica e mística secsión na que poño unhas palabras e ti pos o primeiro que se che pase por o bulbo raquítico. Veña: Negrita: Resaca de la muerte Bueno, até acá chejou o noso tempo por hoxe. Jrasias por a túa pasiensia e a túa colaborasión desinteresada. Unha aperta forte! Vémonos! Veña lo, gracias a ti tamén polo mesmo motivo. Menuda raiadura! Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|