Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Á ceavoga

as mellores conas están por chegar

o mariñeiro conversaba
nun ton un tanto ferinte
coa camareira
de aquela taberniña

a camareira xa estaba de volta de todo
e era algo gordecha
pero non tanto como para arrincar
a graxa
metela nun porro
e fumarse as súas chichas
nun longo verán

estaba gorda

até aí de acordo

pero o mariñeiro falaba
por falar
como se debería falar sempre
e dicía cousas
que caían en vasos de cervexa

as mellores conas
serán horizontais

preto da escea
atopeime cun señor maior
que arrecendía a señor maior

é dicir

arrecendía un pouco a morte
e outro pouco a doenzas

o señor maior fitaba
o seu café
confiado na súa morte
ou na súa doenza
e escoitaba tamén a conversa

ou o monólogo

a camareira lembraba
os seus tempos no instituto
os cigarros
as primeiras masturbacións
que lle aplicou o seu mozo aquel
a chaqueta que sempre levaba a clase

o mariñeiro seguía

as conas que están por chegar
son como verdadeiras bocas
femininas

marchei

o sol comezaba a saír
e eu tamén comezaba
a estar tranquilo

02/02/2007 09:34

Comentarios » Ir a formulario


Autor: criatura

pasate por te acuerdas cuando?....4

Fecha: 02/02/2007 16:40.



Autor: criatura

ah! puxen a kenodi de enlace, non che importa non?
é por faser aljo de publisidá.........jajaja

Fecha: 02/02/2007 17:14.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]