Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Sábado sanguento

20070202093439-mis-fotos-139.jpg

onde non alcanza a luz
a nosa historia fina
a un ritmo tan lento
que permite ser analisada
e ser acompañada
nesta ceremonia
dalgún tipo de aperitivo

a túa man roza
tan docemente
a miña man
no que se entende
que é un intento porque
a miña caía polo seu propio peso

pero a miña man non caerá nesta noite

téñoa cravada ao peito e ao corazón

o desgaste non ten senso comigo

xa cheguei desgastado de máis
pulido e brillante
como un oso que nunca existirá

pero tras tremendo proceso
o baleiro é tan enorme e inmenso
que as espirais da desesperación
e da barbarie
sinálanme sabedoras
de que teñen o traballo feito

sabedoras de que irei pola miña propia
carencia
de vontade
a parar ao seu
seo

será o comezo da volta
á fin

unha dramatización tan esperpéntica
que a progresión
une noite e día na mesma noite
e no mesmo eco

sen voz
sen voto

son moi fácil de manter á marxe
son breve e sorprarme é un exercicio de rutina
non son nin un número

algo que lembrarás
cando nin te lembres do meu apelido

lémbrao e grávao na nuca
lema
parís

grávao con coitelos
e con lume

baseado nunha historia real

pero só por esta vez

22 de decembro de 1997

ti estabas durmindo

non eras

por iso estou calmo

02/02/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Samo

Escrito o sábado, 22 de abril de 2006, 22:18:21.

Para explicar cousas de "todo o mundo semella feliz", porque semella que non todo o mundo o entende.

Ás veces leo cousas escritas de hai tempo e asústome de certa capacidade de anticipación, de predicción... Casualidades ou non, son grandezas.

Lendo este texto e parándose a pensar un único segundo, un entende iso que din os mestres de Historia cando din que "hai que coñecer a historia para que non se volva a repetir".

Dedicado a todos e todas aqueles que sei que me queren.

Non dedicado a todos e todas aqueles aos que lles importei, importo e importarei unha merda.

A existencia de uns e outros fai da vida algo incriblemente feliz.

Aos primeiros, unha aperta!

Aos outros. Nada.


"Hay cosas que sólo se dicen
con silencio
y yo callándome te las digo"

(Dulce castigo- Los Suaves)

Fecha: 02/02/2007 09:35.



Autor: Xuko

é para probar o da web, eu xa sabes de kales son jeje

Fecha: 02/02/2007 12:46.



Autor: AnXeLa

xa sabes o que penso...fixeches ben.unha aperta.

Fecha: 02/02/2007 12:58.



Autor: criatura

chas dice: muack!

Fecha: 02/02/2007 16:38.



Autor: pepiña

eu que che quero prefiro jardar silensio tamén.
tudia!

Fecha: 05/02/2007 13:41.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]