o cuarto
está branco
gris e marrón
por igual
o cheiro
entra por cada
anaquiño de pel
ela segue
encima da taza
do cagadoiro
apretando os dentes
e paréceme tan bonita
teño unha erección
e mírome no
único anaco de espello
no que podería facelo
o tempo esqueceuse
deste cuarto
alguén abre a porta
e entra o son
da música
soa auga escorrendo
e levándose un anaco
desa muller tan bonita
pagareille
e pedirei
unha caña
mañá teño que entregar
un traballo de obstreticia
e chove tanto
no meu eccema