
moita xente
non entende
aos que temos a maradona
por algo tan grande
e din
drogadicto
e colgado
e tal
e fálanche de pelé
de di stefano
incluso de zidane
só admitiría
a alguén
que
en contraposición
me falase de
romario
pero é unha grandeza constante
é a derrota
da ilusión
maradona é o barrio
o comunismo da coca-cola
unha ovella gris
unha figura
autodeformada
maradona
muhamed alí
o vietcong enteiro
aí está a fonte da felicidade
fidel castro
bicando a andy warhol
e bob marley en bañador
todo iso
o gol contra inglaterra
é o puto david de miguel anxo
visto xusto no momento da creación
un intre nada máis
pero
que queredes que vos diga?
se dá noxo o tempo
no que nos tocou
estar vivos