
á memoria de David
non estás na miña memoria verdadeira
nin faciana
nin voz
nin xeitos
non estás en ningures
estás nas verbas
nunha memoria áceda
que amosa todo o que finalmente
non foi
terías a miña idade
sempre
posiblemente seriamos colegas
aínda
e falariamos de que o depor apesta
de que juan rodríguez é un sicario dunha
especie de mafia andaluza
e de que de guzman é un pit-bull
e quedariamos para botar un cabrón
ou un póquer
e contaríasme cousas
dalgunha tía chunga
que che dixo non sei qué hostias
e ririámonos sendo uns nazis nun banco
pasariache cedés
que tardarías en devolver e
daríame igual
explicaríasme o qué pensas
do café con leite
ou do té
e de qué non che fan nada
e eu contaríache o de cando estudei para o exame
de latín
non virías ao viña
pero cansaríaste
como todos
de escoitar as nosas putas anécdotas
non sei qué sería
non estás na memoria verdadeira
supoño que estás en algo mellor
en algo
do que non se fala todos os días
porque é algo moi bonito