Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




O que dixen e ninguén escoitou

herba en mal tempo
entroido de fondo
nas pedriñas da alma enloitada
e ámote como unha nuca
prohibida

ámote
dentro nas vísceras
enloitadas e cun cancro tolo
de amor

conexión fagocitante de
equivocacións razonadas
máis cinco serpes sentidas
alí no azul

escribín esta loita
nas cinzas que deixan

un óso cambiante
de fronte libertaria

ámote
dentro nas vísceras
no corpo baleiro
coa sangue voando en puntos
vermellos
ao teu redor

ámote na morte
contigo
e na morte

ámote
sen a consciencia
de quen chegou á oitava canción
e sen cincocentos ananos
de ás negras
e ás negras
e ás negras
e cincocentas ideas mal
estudadas

e ámote
dende a facada
na vea intolerante de ti

ámote
e baleiro o meu corpo
onda o teu

lene

suave

ámote
con cariño
homicida

con homicida
pretensión de heroicidade
e coa mirada triste
do neno
que aínda ves en min

e crearei todo o combustible
que precisemos
neste abandono

ámote
na miña e na túa morte
na mesma morte

mellor que a soidade
nosa da fartura homicida e na raiba
e na nación homicida
e na felicidade enteira
e tamén

agora

todo se foi
co último trebón

e ámote

06/03/2007 14:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: franc3s

ya estás enlazado!
acabamos de publicar letras de canciones nuevas, pasate a leerlas y ya nos dirás que te parecen!

Fecha: 06/03/2007 23:52.



Autor: criatura

olé tus huevos! hehe
moi bonito

Fecha: 07/03/2007 01:24.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.