a dama monroe morreu
e nun saco de albóndegas
agarda o corazón
de elvis
voltaxe matricial
semifusas bolcheviques
alambiques bolcheviques
bolcheviques a piques
de entender a súa
enorme chanza
monroe morreu
nos asentos impares dos arriva
monroe morreu
sen bombas de palenque
monroe morreu
cando non saltou o automático
monroe morreu
na terra chá atlántica da confunsión bendita
aquilo era unha coladeira
o amor era un balín
nitramón
en vea