Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Mari (Reixa)

mari mari

quero que falemos coa boca chea
quero que non queiras que o fagamos sen querer
quero que o fagamos máis audiovisual
en versión orixinal con subtítulos

ámame mentres se producen adulterios
nos probadores dos grandes almacéns
non son rico pero nunca serei dentista
porque o teu amor non vale nada
senón vale para masticar

mari mari

ámame con turismo caribe
ámame con euforia bursátil
ámame con silencio siderúrxico
ámame e chámame a longa distancia

mari mari

quero que me cures un catarro mal curado
empastes gratis na "seguridá social"
estase mellor dentro que fóra
o que máis me gusta é que te chames mari, mari

ámame mentres se abren as caixas dos bancos
que son de apertura retardada
enchufa tódolos electrodomésticos
e vamos pasear de espaldas marcha atrás

mari mari

ámame con rabia saudita
ámame con língua fakir
ámame con boca pantera
ámame con alegría diésel

13/04/2007 10:49

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]