Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Agárrame da nuca e arrástrame - versión en branco e negro

insolente
penétrasme con sorriso
sen límite moral

e controlo
e desequilibro
e estrágome

e caio no teu
negro

e caio no teu
branco

fun o branco de todo isto

e agora serei o teu negro
erecto

funámbulo eremita en ti

insolente
agóchaste con aborrecemento
de presbítero nómade

instruído
e corroído nun goberno
branco e negro
no que o teu sorriso
é fume leriante

paraíso do acromatismo
daltónico e edénico por igual

cinco mil e oito embustes
de epílogos conversos
contigo

dignataria de acerto glacial
dun pobo
alcolizado

agardo
novamente
que o meu ritmo non se altere

limo nas pálpebras
nos ollos
no seme
no sorriso
na mente
na mente
e na doenza que goberna
dende un branco e negro constante
e distante

e teño a sensación
de que non estou vivo


non son ninguén

24/04/2007 17:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.