
os bicos non son nada
o odio gaña tranquilamente ao quérote meu amor
ríndeste ao sexo solitario
á música en doses individuais
na economía como na vida
nunca serás ninguén
tes bolígrafos de publicidade
camisetas con marcas que son publicidade
consumes publicidade da propia publicidade
os coches están feitos en cadeas estúpidas
as pizzas están precociñadas
chatear deforma todo e ti pensas que as cousas
son como ti quererías que fosen
os porros saben distinto de como arrecenden
a cervexa sabe mellor do que pensabas
a muller da túa vida só será alguén que
sempre estivo aí
as mulleres poñen maquillaxe
os homes esbardallan
os nenos engánchanse ao que sexa
os vellos critican todo iso e apestan a vello
vomitar non engana nunca
en todas as canles botan o mesmo
case toda a xente é racista
se tes cona é probable que sexas machista
ou que defendas un feminismo de pastel
só deberiamos ter dous pares de zapatos
non cambiaremos máis de móbil
non lle pediremos nada a un músico
os recordos non son obxectos
as mochilas empréganse para levar cousas
as modas pasan
as mulleres pasan
os amores pesan
os homes pesan
os nenos son parvos dende que son nenos
o cinema é máis noxento que a vida
esperar é un incentivo para suicidarse
a política non fai nada que non sexa por ela mesma
o euro é dar diñeiro aos ricos
a meteoroloxía non se aproxima
a cobertura é un eufemismo
deberiamos ler máis cousas que queiramos ler
abortar rebéntache o corpo
a relixión para os mortos
a relixión para parvos
os deuses para os mortos e os parvos
crede en vós mortos
bebede de todo a todas horas
renunciade aos grandes éxitos da industria musical
fuxide das estreas cinematográficas
regalade anacos da vosa propia pel
non teremos mascotas
non temeremos ás multas
non choraremos por amores perdidos
o amor son os amigos
as bandeiras son de tea
a roupa está feita de tea
non defendas ningunha patria
aprende a escoitar e a non escoitar
renuncia ao bo
méxate enriba
cúspete na palma da man
lambe o máis sagrado que teñas
e mata o mito sempre
non creremos na sorte nin no destino
pensaremos emocións
no lugar de fillos teremos crías de araña
falaremos en balde
queimaremos a nosa herdanza e o voso patrimonio
nos cumpreanos acenderemos as candeas
mais non as apagaremos xamáis
a sesta non é rendible
o almorzo merece un cuarto de hora
deberíase comer so
a uralita ten que voltar
a cosmética é un invento da prostitución
aburrámonos todos xuntos
miremos raro ás vellas
non combinedes as cores dos mobles
os ácaros non poden con ninguén
a botánica é aburrida
a raiba é pasaxeira case sempre
ou sempre debería selo
o ouro e o chumbo son metais
faremos o amor no altar
as miradas son himnos apátridas
non queda nada sagrado
nunca o houbo
non está máis triste aquel que chora
come moita froita e busca a túa
rompe un mando da televisión
ponte a mesa a ti mesmo para ti
os folios en branco son un insulto
arrincaremos todos os botóns vermellos
depilaremos os dentes
guindaremos homofóbicos ao lume
non se pon o sol nas cidades
a túa canción preferida non debería ser unha puta balada
as baterías esgótanse sempre
a metrosexualidade colinda coa asexualidade
renuncia a triunfar
pídelle un autógrafo a un terrorista
fai o contrario do revés patas arriba
organiza o teu propio paraíso fiscal
fumemos a nosa caspa
falar de un mesmo é falar mal de un mesmo
dá todo por perdido
vende camisetas con fotos do teu ano
finxe o teu nacemento
dille aos teus que os queres
se é que os queres
amamantar un rinoceronte será místico
acode á ópera cun litro de mocho
e pide outra
o pogo será baile rexional de todas as rexións
os presidentes levarán moño
e non mandarán nada a ninguén
confía nos amantes
non no amor
ama persoas
nunca ao propio amor
non digas moito a palabra amor
non te afeites as cellas
busca o teu metro cadrado amarelo
emborráchate e enorgullécete
dille o que pensas
e arrepíntete
non lle deas a ninguén o queira de ti
ou pertenceráslle
a diarrea é xusta
cásate só coa quinta persoa que cho pida
pero abandóaa ao cuarto de hora
as venéreas van ben
xa hai demasiadas cousas con coca cola
queremos un sagrario con ollos de obispos
ninguén é o noso dono
morde eucaliptos
os chaveiros son unha ciencia por estudar
os indios americanos non facían o indio
a kale borroka ilumina a noite escura
as fiestras son condutos ao exterior de fóra
grámpate as orellas ao maxilar inferior
só lle importamos ás nosas familias
fidel castro chegou a ser máis vello que hitler
rompe co teu mozo con rimas
bebe zume de leituga
escaiólate a lingua e berra nomes de mulleres
ameacemos aos nosos veciños con notas en ramos de margaridas
galicia e galiza poderían ser sitios distintos
escribamos co cóbado os nosos desexos na area mollada
os furados serán efímeros
deixemos todo
paremos
vaiámonos lonxe de nós mesmos
sexamos o resto do mundo
engrandezamos a nosa lenda
sexamos todo aquilo que queiramos non ser
Autor: a que nunca che comenta por aquelo de jardar distansias...
arghhhhhhhhhhh
samu esa cansión antes de ser cantada por ub40, jrupo que descoñeso casi, foi cantada por un dos jrandes para min ( deses que fan que a vida sea moi moi shhhh shhhh ). indignasión¡¡
pero claro, vas de wai.
pq la vida es wai.
o título deste poema é calamariano. no sabe distinguir el amor de cualquier sentimiento. media verónica. media verónica no yotube.eres infinitamente previsible. ainsssssss
Fecha: 04/05/2007 22:34.
Autor: eu
lamentando que o tempo se consume e o demáis non conta.......Quedánme poucos caminos e ainda que poda parecerte un desatino
Non quixera eu morrer sen ter........
Fecha: 05/05/2007 13:58.