Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Concurso de pintadas "Romanis eunt domus"

20070510100403-matasanos.jpg

Hahaha... !!!

Chega a este sacro-sitio un novo concurso!

Un concurso moito máis ambicioso que os que levamos feitos até o de agora!

Un concurso no que o obxectivo non é outro que sinxelamente disfrutar do que as mentes doentes da nosa patria mundial inexistente nos teñen dado!

I Concurso de pintadas "Romanis eunt domus"

De que vai o concurso? Explícovos:

O roio é que justaría de que lle fosedes fasendo fotojarsías ás diferentes pintadas que vos chamen máis a atensión polo mundo adiante. Refírome a esas jrandes frases, movidas subversivas (como aquela pintada que había nun muriño de pedra en Muros que poñía "Pirolo"), declarasións de intensións ou o que vos veña en jana (admitimos debuxos pseudopornográficos).

É disir, queremos frases, palabros ou o que sexa!

Quero que nos sorprendades! Ou que aljén faja unha recompilasión de cántas veses se pode atopar aljén a palabra "Puta" pintada nunha mesma rúa! Déixoo nas vosas mans!

Bases do tema:

1.- As fotojarsías mandaránse á direcsión de correo: fotojarsias@hotmail.com

2.- As fotos mandaranse acompañadas dunha pequena explicasión, por exemplo, de ónde se atopou a pintada ou o que se supón que lle estaba pasando ao autor/a pola cabesa nese momento.

3.- Cada persoa poderá mandar até un máximo de tressentas fotojarsías.

4.- Despois publicaremos todas as fotos enviadas no blog, para que votedes cada unha votándoa con cada comentario, é disir, cada comentario posto no artigo correspondente a cada foto, será contabilisado como un voto. Ala!

5.- O praso de enviasión de fotojarsías rematará cando remate o mes de xuño. Douvos marxe porque este concurso implica unha maior tocada de pelotas.

6.- A partir de aí coljaranse as fotos e poderanse votar até o día 15 de xullo.

7.- O premio será aljo que atope por o meu cuarto. Con sorte unha camiseta vella, un disco ou un libro.

A que estades ajardando!

Xa vos quero ver buscando o peor do peor!

Quero ver exemplos de mentes corruptas!

Como o da foto, atopada no antijuo sentro médico de Muros.

Eu quero imaxinar que foi feito por unha vella resentida porque lle deron tarde a ves para as resetas!

Ajá!

10/05/2007 10:04

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]