
En plan raro, porque vexo que este final de curso vai de cu e, de súpeto, antes de chegar á curva coa que soñei hai uns días, chegoume o arrecendo que era habitual nas festas do carme de hai anos, cando eramos inocentes e era todo moito máis sinxelo que a día de hoxe, e aínda que teña a sensación de que todo o que pasa nos días actuais da miña vida dá igual, eu só quero ir a area maior e loitar coas ondas que cheguen e sentirme derrotado mil veces con elas e recoñecerlle ao mar a súa gran labor como elemento lírico.