![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Aos tombos![]() Volve pouco a pouco este blog a coller folgos. Folga xeral. Raquetaso vén, raquetaso vai. Supoño que debo interpretar que o verán rematou, aínda que desta que fun eu o que rematou co verán. Como foi? Pois para un amante dos cristos, como finalmente semella que son eu, pois penso que moi ben. Resumilo agora sería o que tocaría. Ou poñer algúns titulares ao vello modo. E, o que molaría, sería mandar unhas cantas indirectas a unhas cantas persoas, porque o público é o que quere. El pueblo quiere drogas. Stradivarius roubounos a unha grande. Resóame na cabeza o gran "Son como botoncitos". Roque é un crack. No maratón saín cun moratón. Descubrín Muros repartindo bolsas e Beni é un crack. A festa da Fraga? Festa nacional. Que días aqueles... Los días del todo o nada. Fermín Muguruza gañoume. E os cantantes rock fan cousas tipo patio de colexio. E está ben. Os Suiss son o mellor grupo da Península. O Armadillo éo todo. E andamos ás voltas con todo dios. Pero estou a mil jodidas millas de que calquera movida signifique algo. E a xente pensa que algunhas cousas me afectan máis do que realmente me afectan. Este segue sendo o meu manual vital. E, sobre todo, Betagarri seguen tendo razón en TODO o que DIN. Saio do verán moito máis enterado de máis cousas, moito máis derrotado, con moitos máis problemas de pipí para abaixo, coñecín cantidades incribles de persoas incribles e teño a certeza de que queda moito por coñecer. E ben. Porque fixemos o baile do chuso con Lutxi, porque Cachiñas xa é unha intitusión, porque hai quen mastica de todo... Porque, visto o visto, hai xente ao noso redor que seguirá levando hostias. Porque xa todo está fatal. Porque sei quén é quén non é. Por todo. E tamén escribín, escribín a nivel de sexto grao, pero non sei qué facer con todo o escrito. Igual me prostitúo. (Un pouco máis) E, de súpeto, Oleiros. En próximas entradas irei clarexándome, mandando indirectas que considere oportunes, colgando algunha palla, algunha cansión ou escrito que considere conveniente para entender toda a merda esta... Saúde, pas e ska! Comentarios » Ir a formulario
jojo
eu quédome co oré oré. coas novas correntes de pensamento. rokista e samuelista. y todas las demás también. sin rodeos. es un sentimiento no puedo parar oré oré oré Fecha: 20/08/2007 22:20.
Desta vez saberei canto suman dous mais dous¿?¿?¿? jajaja espero ke vaia desta!
Magnífica foto! non se como o fixeches pero en blanco e negro aínda ganas mais!o tempo dirá pero gusatríame facer algo de fotografía. Notase que Agosto está agonizando, os blogs tornan melacólicos por estes días,agora un dase conta de que ese Sol que presenciaba as pachangas da plaia xa non é o mesmo, está débil.. é cando comeza a frustación persoal de porqué todo ten que pasar tan apresa, ese puñetero reloxo que non regala nin un "insignificnate" segundo!. De todos xeitos, ainda que todos comecemos a sentir ese preludio otoñal, se o tempo acompaña, aínda se lle pode gañar unha batalla a ese noxento reloxo e votar unhas pachaguiñas na plaia as que eu me apunto, agora que lle estaba collendo o punto non podo deixalo! jajaja ;-) Fecha: 22/08/2007 19:30. |
Archivos
TemasEnlaces
|