Amo as primeiras flores que aparecen en primavera, cando os ceos se volven azuis.
Acostarme en verán cando as estrelas están a punto de se apagaren, cando a luz comeza a intuírse ao lonxe.
Os domindos chuviosos de outono, mirar as follas caer dende a fiestra da miña habitación. Gústame a tranquilidade que a neve trae consigo, como se se detivese o tempo.
E ti... sempre te penso, no caer das follas, nas flores, en todas. No apagarse das estrelas, en cada pinga de chuvia, en todas.
Pasar as horas mirando cara arriba, intentando entender a forma das nubes, todas teñen un significado se se busca.
Pasaría horas tumbado en calquera parte, cos ollos pechados, mentres o vento cante.
E ti... sempre te penso, no caer das follas, nas flores, en todas. No apagarse das estrelas, en cada pinga de chuvia, en todas. Nas brancas folerpas, na nube máis difícil, nas flores, en todas, no apagarse das estrelas, en todas.