
Tarde aburrida.
Facendo horarios e almanaques dos míticos que fago para apuntar o que me acordo de apuntar e que despois nunca miro.
Escoitando música coa que raiarse un pouco.
Mandando indirectas que non chegan e sorrindo pola ineficacia de tanta grandeza.
Tarde feliz despois de recibir UNHA CHAMADA que quita do medio todo o que non merece a pena.
Os segundos pasan 5 veces máis despacio que de costume e a boca sábeme a améndoa.
A tatuaxe lémbrame cada pouco L'estaca chantada na nuca.
Hostia, agárrame da nuca e arrástrame.
Branco e negro.