Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




A que si?

20071004131050-rios.jpg

A que tamén te preguntas por que sigue existindo este blog?

Roberto Ríos tamén se fai a mesma cuestión.

Roberto Ríos era, basicamente, calvo. E xogou no Bilbao F.C. e no Sevilla Balompié Bético.

A semana pasada, nun pequeno pero amplo piso dúplex, Roberto Ríos levou á súa muller até o éxtase máis estremo ao ensinarlle algo que levaba anos ocultando.

Roberto Ríos tiña o seu pulmón esquerdo metido dentro dunha pequena caixa amarela que mercara no Senegal.

Senegal é un país e tamén ten unha capital.

Roberto Ríos pregúntase como é que sigue existindo este blog pero a Roberto Ríos patínalle a memoria.

A Roberto Ríos patínalle a memoria pero gústalle moito a expresión "patinar a memoria".

A filla menor de Roberto practica patinaxe artístico e dá voltas no aire. Non moitas, pero ao mellor si.

A filla menor de Roberto tense fixado en Carlos, o primoxénito do matrimonio entre Susana Marcos e Ignacio Monterroso. Con "tense fixado" querémonos referir a que a filla menor de Roberto, á que chamaremos Catuxa, aínda que o seu nome sexa Francisca, se sinte lixeiramente atraída por el.

O matrimonio Marcos-Monterroso está, fundamentalmente, cuberto de merda.

Catuxa sábeo, e de aí as súas dúbidas sobre a capacidade reprodutora de Carlos, aínda que o excremento matrimonial no que se ten convertido a unión entre Susana e Ignacio (Nacho para os amigos e achegados) non debería ter que ver con este aspecto, nin coas novas interpretacións da Poética aristotélica.

Roberto Ríos e a súa muller non saben nada sobre o estraño namoramento no que está sumida a súa filla e, senembargo, pensan invertir nunha preciosa posesión terreal ao sur do estado luso.

En resume, Roberto Ríos é calvo e non lle gustan as tortillas con cebola. Pero, amigos e amigas, a quen lle gustan hoxe en día?

04/10/2007 13:10

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Xuko

Miiiima, moitisimo Roberto Ríos

Fecha: 04/10/2007 13:37.



Autor: Cristina (Lugo)

xa dicía eu que Roberto Ríos era un gran sabio do século XXI e ninguén me cría...
SAN FROILÁN!!!

saúdos e alcol en abundancia!

Fecha: 05/10/2007 01:22.


gravatar.com
Autor: W. Sobchak

a tortilla ou leva cebola ou non é tortilla...

Fecha: 05/10/2007 21:01.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]