Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Entrada estúpida na que non digo gran cousa pero na que falo algo do Top Gear

20071008203243-326.jpg

Despois de Lite Medieval Galego-Portuguesa II paso á biblioteca a ler algo do libro da autoescola.

E chego a casa e penso que ao mellor cando conduza teño tamén 3 turbos que debería saber empregar.

Cando empregaría os turbos?

Supoño que para chegar rápido a un sitio ao que quixese ir ou para falar un pouco máis a modo.

Ao modo desacostumado.

O Top Gear encheu horas e horas da miña vida preadolescente. Uns 30 créditos de Top Gear teño eu, rapaces.

...

Hoxe dinme conta de que, segundo Piaget, eu debería estar nun estadio anterior. No estado preoperacional.

Por puto egocéntrico.

E tamén teño o pelo moi despeiteado, segundo me din os meus compañeiros, pero eu teño o pelo enriba da cabeza e os pés preto do chan e tamén tocando o chan.
...

Alguén se me está colando na vida. Alguén que non agardaba para nada. E iso que hoxe comín coello que tiña folliñas de especias por arriba como as que lle bota a miña avoa. A mesma que me bautizou co nome de Samo.

Miña avoa é unha crack e métese co meu avó.

A cafetaría da facultade xa é un restaurante. Pegou o estirón. Fíxose a si mesma.

A día e hoxe só me interesa ter unha conversa con unha persoa. Pero non quero ter unha conversa porque seguro que se merece unha conversa mellor que a que pode ter comigo, que penso con seseos e gheada pero ás veces escribo normativo, ou semellante.

Esta noite voume botar a correr pola rúa para ver se os gatos lamben as miñas feridas negras e vounos espantar asubiando unha canción de guerra.

...

Non quero comer améndoas e gústanme tanto que as vou comer porque me encanta comelas.

...

Un día explicareille a alguén o que é o ska.

Mentres tanto, o Top Gear manténse no recordo e xa hai tempo que non lle achico e que bebo Bon Yourt, que é como os de Eroski lle chaman ao Dan’up.

Cando xogamos ao Top Gear de novo, xente?

08/10/2007 20:32

Comentarios » Ir a formulario


Autor: anxeliña

pode haber aljo mais mitico que o Top Gear?
é escoitar a cansion e recordar as tardes dos dous achicando como posesos e nos que ti non te moves se non os arboles miticos dos lados e tamen as pedras nas que eu me quedaba atascada.
e pode haber aljo mais mitico que eu movendo o mando como se fose o volante pensando que asi vai ir mellor?
Aupa Top Gear!
e si...tes un pelaso que no no ajuantas!

Fecha: 08/10/2007 20:49.



Autor: Anónimo

top gear eh?yo soy de los sims. mi récord está en 7 horas pegada al ordenador.
la humanidad entera debería hablar latín. o bable quizás, o sánscrito.
probé el bon yogur (es el de la facultad, no?). buah, es mucho más grande. el conejo no lo habrán cazado en los alrededores de la facultad?umm..

Fecha: 08/10/2007 21:05.



Autor: the lyons king

joé, me había puesto este nombre y no me apareció en el 1º!grr

Fecha: 08/10/2007 21:06.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]