Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Meme das 8 cousas

Ante a invitasión realisada por parte do irmán AK-77 véxome na nesesidá intempestiva de realisar un meme. O tema, sejunda el explica, évos así:


-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.

-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.

-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.

-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post “O meme das 8 cousas”.


Pois o meu meme fará referensia en cada punto a un tema distinto. Aí vos vai:

1.-Cómo coidar un cactus: Aos cactus, sobre todo, hai que lerlles poesía gongoriana, explicarlles cómo foi a última final do Mundial e o que lle dixo Materazzi a Zidane.

2.-Momento no que tes que correr para coller o bus: Correr a por o bus é de covardes, así que só se debe facer cando xa tes perdida a esperanza e a ilusión. Se consigues que se che caia o portafolios ou a sudadera que levabas colgada do ombreiro, posiblemente teñas fillos cun retraso tan evidente que até os cegos da ONCE o sinalarán pola rúa. Co cal, queda demostrado, que os cegos están guay. Pillade un cego, porcos e porcas!

3.-Seme: O seme é un líquido que sae do pene, normalmente, erecto. O olor non se corresponde coa sensasión e o lugar onde caia é a clave do tema. Preferible boca allea a pano de papel.

4.-Cancións que saltan en momentos inoportunos: Este é un concepto un tanto estraño. As cancións, realmente, soen agocharse detrás dos cascos do mp3 ou dos altifalantes do pub de turno para acometer o seu ataque ante o beneplácito de neuronas que non entenden de desvaríos emocionais. As cancións que significan algo de súpeto, merecen a pena. E que viva S.A. e o Xeixo cheo de mulleres pretéritas.

5.-Distintos tipos de tortilla: Hoxe comín tortilla e a tortilla non é santo da miña devoción. Prefíroa, claramente, sen cebola e sen historias. Sen historiografía medieval. A tortilla, por si soa, non poderá nunca solicitar unha bolsa e, polo tanto, será excluída de certos ambientes académicos. Pobre tortilla. Que morra a tortilla e que vivan os Dalkys do palo!

6.-Frases de Pulp Fiction: Todo freaky que se prece a si mesmo nun 83% debe saberse a práctica totalidade do guión de Pulp Fiction e ser capaz de empregalo na súa vida cotiá. Así, se preguntas a hora pola rúa e che responden, debes dicir aquilo de: "Eres un hijo de puta muy listo". Asimesmo, cando intimes cunha dama-doncela deberás mirarlle o embigo e soltarlle a de: "Si tuvieses una barriga le daría puñetazos". Hai outro nivel, que é o de saberse o texto da dobraxe en galego, pero non contemplo esa posibilidade a niveis sans.

7.-A xente que fuma: A xente que fuma (tabaco) adoita montar un ritual co plastiquiño que cobre a caixiña. Estudosos de todo o mundo están a estudar as relacións entre estas actitudes e o desarrolo intelectual-emosional destas persoas. Os resultados, incriblemente, indican que o Supermartes é mellor que non o emitan.

8.-Ver esceas de sexo na tele con teus pais ao lado: Momento clave do adolescente. Tes que facer que pasas de todo e, a poder ser, facer como que pasas de todo. Pero estas ao lado das persoas que foderon para que ti estiveses aí, de feito, fixeron algo parecido ao que fan na peli que estás vendo... Este momento vital é tremendamente angustioso. Mestura total de pracer visual, desconcerto sicolóxico e onanismo confuso. O sexo visto, sempre en solitario ou con parella seminúa/núa ao carón. O porno mola e debería estar máis asimilado socialmente como un ben cultural.


Até aquí o meu meme. Agora vou invitar a unha serie de persoas a que o fagan nos seus respectivos blogues: Xuko, Sara, Alba, Ion, Roke, Juanca, CCCP, Txomin e Miguel.

Non metín a peña que ten fotologs, porque non podo meter a invitasión como comentario, e blogs que teñen os comentarios limitados.

On egin!

07/11/2007 15:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: txomin

Que gran honor!!!!
xDDD yo a mis cactus no les leo poesia gongoriana, igual tengo que empezar a hacerlo

Fecha: 07/11/2007 17:00.


gravatar.com
Autor: W. Sobchak

poderoso meme o teu!!.. "pero no empecemos a chuparnos las pollas todavía"

PD: lin noutro blogue que seica tes un equipo de futebol. Animadesvos a meterlhe umha chosca a un equipo da terceira idade??

Fecha: 08/11/2007 08:53.


gravatar.com
Autor: W. Sobchak

e que xa o fixera!! (bastante mais aburrido)
http://cccp.blogaliza.org/2007/10/31/o-meme-dos-8/

Polo que dis do futebol guay (pero acotamos o numero de birras que seguro que ganhades) Mais temos que decidir formato (futebol-7 ou sala) e onde (santiago, muros, terreo neutral)

Fecha: 08/11/2007 11:48.


gravatar.com
Autor: ak

plas plas plas plas
xa sabia eu que te superarias
o do supermartes brutal

Fecha: 08/11/2007 13:23.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]