Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




10 discos

20071127162206-musica.jpg

Este bloguiño, secsión de caralladas musicopedagóxicas, comprásese en presentar unha lista do que o autor pensa que son, por un ou outro motivo, os 10 mellores discos ou discos fundamentais do musiqueo en xeral.

Para a elaborasión desta lista non me parei moito a pensar, o cal se poderá observar unha ves que vos poñades a mirala. Son conssiente de antemán que ides botar en falta moitos discos e moitos grupos, mais para gustos colores e todo iso. De todos xeitos, procurarei explicar, na medida do posible, as causas das miñas elecsións.

Imos aló:

1.-Betagarri "Zuzenena": Xa só co comezo do disco, cun Boom egin eta krash brutal, xa vos podedes facer á idea de por qué este disco está nesta lista. Ademáis de por a descarga de ska tremenda que se ve na versión Baldin bada ou nos seus temas Verde ou Soldaduzka, para rematar co Revolution Mix. Quizáis de Betagarri puidese ter escollido o seu último traballo até a data, o Hamaika Gara, mais penso que este disco é un disco redondo.

2.-System of a Down "System of a Down": A primeira vez que escoitas este disco de comezo a fin dáste conta de que acabas de entrar en contacto cunha obra de arte en todos os sensos da palabra. Gustarache ou odiaralo, pero non vas quedar indiferente. Un disco ao que non lle sobra nada, ben trabado, que demostra que os que o fixeron están como putas calderetas e caña da boa. ("Caña da boa", que asco de comentarios poño)

3.-Andrés Calamaro "Honestidad Brutal": Un doble disco que tiña que existir para completar a educación emocional de calquera individuo. Ninguén que non tivese a súa época con este disco, non é persoa.

4.-Manu Chao e Fermín Muguruza "Radio Bemba Sound System Jai Alai Katumbi Express": Sei que o seu sería que á hora de coller un disco de Manu Chao, collese o mítico directo de toda a vida. Mais penso que este directo pirata do 2003 é incluso mellor, pois a colaboración de Fermín no mesmo (con, por exemplo, o mítico Sarri Sarri dos Kortatu), así como algúns dos temas non presentes no directo oficial (como, por exemplo, El hoyo ou Mi vida, nunha tremenda versión) fan de este directo un auténtico espectáculo.

5.-Los Muertos de Cristo "Bienvenidos al infierno": Sigo coa dinámica de poñer directos nesta lista, máis penso que este, pese a ser un directo dun grupo, digamos, máis humilde, ten unha produción que me deixou asustado. A grabación é unha auténtica pasada, pois consigue transmitir todo o que se pretende. Só con que escoitesedes a de En el corredor de este disco, xa entenderiades por qué o escollín.

6.-Banda Bassotti "Un altro giorno d'amore": si, non me canso de poñer directos. Por que este? Porque de todos os de Banda Bassotti, este é, claramente, o que demostra quén son os Banda Bassotti. Ska against racism, Mockba'993 ou All are equal for the law son todo o que unha cansión ten que ser.

7.-Millencolin "Life on a plate": Punk acelerado algo pastelero, toques ska e tres temas que son eixos para min: Bullion, Friends'til the end e Buzzer. Sobre todo este último tema é unha canción á cal volver de cando en cando, para repasar o tema. Tremendo disco.

8.-Rage Against The Machine "Live at the Grand Olympic Auditorium": Esta foi unha difícil elección, porque dubidei entre o The battle of Los Angeles, o R.A.T.M. e o Evil Empire. Mais penso que finalmente foi unha elección correcta. Unha boa selección de temas vellos e de algunha que outra versión boísima. A ver se volven!!!

9.-Los Suaves "¿Hay alguien ahí?": Seguimos cos directos. Recoñezo que dubidei se meter o Víspera de todos los santos, pero penso que non podían quedar fóra Dulce Castigo(posiblemente a mellor canción de rock que se fixo neste estado) ou a tremenda Viajando al fin de la noche en directo. Este disco é rock, sinxelamente. E que Yosi descanse en paz.

10.-Habeas Corpus "A las cosas por su nombre": Este disco e todo o que supuxo no seu momento é demasiado. Se se escoita atentamente a canción A las cosas por su nombre, que dá título ao disco, penso que queda xustificada a súa inclusión aquí.

En fin, até aquí a miña lista. Quedan fóra grupazos e discazos. Gustaría ter metido a Skalariak (non me decidín por ningún disco), Hora Zulú (máis do mesmo), Turbonegro (O Apocalypse Dudes ségueme parecendo do mellor que escoitei nunca), Gluecifer (o Tender is the savage), S.A., Metallica (dubidei entre o ...And justice for all e o Master of Puppets até último momento) e moitos máis. Pero en próximas ocasións seguirei completando isto.

De momento, invito a Diego,Xuko, Ion, Alba, Sara, Leiro, Patuki, Txa, W. Sobchak e a Ak 77 a que fagan o mesmo.

Saúde!

27/11/2007 16:22

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: grandisimo sínfona metacarpiana

pues me quedo con el ocho y con andrés, aunque lo que mas me gusta de el es "el cantante", el resto me parece panfleteo calimochil escasamente pedagógico para lo bueno y para lo malo.

¿Cuando vas a poner alguna compilación de esas de escritos tuyos?

yo la espero con ansias

Fecha: 27/11/2007 21:49.



Autor: Damandarina o la mujer del agujero

Me acordé. El canon de Pachelbel, igual tú si que no te acuerdas (magosto pasa factura), pero te dejo este enlace que va perfect para esta entrada tuya:
http://youtube.com/watch?v=rnv_wDWwD7c

Fecha: 27/11/2007 23:57.



Autor: desaparecida en combate sin combatir

1.si, sigo viva, pero tengo mogollón de historias que hacer y no doy a basto
2.parece mentira que conozca a todos los grupos que mencionas (lo digo por mi cultura cutre-musical) y que me gusten la mayoría de ellos...

Fecha: 29/11/2007 10:29.



Autor: sarita

xa o fixeeeennn

eres un flipado.

lo peor de todo es que comento algunas cosas de manera igual de flipada que tú ¬¬

todo es culpa de la filología

Fecha: 29/11/2007 14:24.


gravatar.com
Autor: W. Sobchak

feito esta! xq son persoa, e por que soy todo corazón y eso me hace mal... soy muy sensible a la belleza!

Fecha: 29/11/2007 22:14.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]