Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Declarasións da conselleira de cultura

20071227140644-bugallo.jpg

Conselleira de cultura: A ver, eu tamén me pillaría os discos, pero, hostia, están carísimos! Se me pillo tres ao mes xa me van uns 60 euracos ao peido! E que vou faser, lo? Así tamén escoito máis música e vou a máis consertos, non? Veña, xente, a baixarse música de balde, caguena!

Ante tremendas declarasións, esta páxina vese na obriga de recomendar algúns sitios para disfrutar de balde de grandiosidades musicais.

En primeiro termo, pásadevos polo myspace dos Razzia onde podedes escoitar algúns dos seus temas e ver diversas caralladas. Así mesmo, recomendo que vos pasedes por AQUÍ, pois podedes descarregarvos a súa maqueta do 2007. Pardiez!

En segundo termo (termo do café-imos-á-praia-calienta-el-sol-chiribiribí-porrompompó), recomendo enraresidamente esta páxina. En ela podedes baixarvos trillóns de discos de ska, reggae, rocksteady, oi!, punk, rock e así. En serio, é demasiado o que vos podedes atopar aí. Dedicádelle un momento da vosa vida.

E en terseiro lugar, recomendo novamente os space dos Süiss pois xa hai outra cansión da súa maqueta para escoitar. Así mesmo, fajo un chamamento popular a todo cristo a que vaia este sábado ao Poso do Cachón a velos. A entrada é gratuíta (non hai que pajar nada, polo tanto) e o conserto dará comeso ás dose ou así. Antes ou así haberá sesión Rock (non sei de qué vai iso) e supoño que haberá cantina para os que queiran beberse todo. E así xa colaborades cos da Asosiasión a Praia do Castelo. O conserto será dentro do Poso do Cachón, non fóra como en verán, así que non pasaremos frío e se chove só nos mollaremos cando botemos unha carreira até a porta e cando saiamos. Cando saiamos estaremos bastante borrachos e daranos ijual.

A cultura está ao servisio do pobo, hostia! Cultura para todos! Para todos todo! Cada galego é un poeta até que se demostre o contrario!

27/12/2007 14:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sarita

pero en plan bien

Fecha: 27/12/2007 15:31.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]