![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2007. Artigo que se titula "Menuda caca está feito o mundo e quei me farto de pensalo sen disir nada máis"Para a semana revivirá este puto sitio. E teño gañas de disir moitas cousas. En xeral. Englobando. Oré, oré, oré, oré, oré, oré, oré, orá... Ao loro. Indometacíname. Aos tombos![]() Volve pouco a pouco este blog a coller folgos. Folga xeral. Raquetaso vén, raquetaso vai. Supoño que debo interpretar que o verán rematou, aínda que desta que fun eu o que rematou co verán. Como foi? Pois para un amante dos cristos, como finalmente semella que son eu, pois penso que moi ben. Resumilo agora sería o que tocaría. Ou poñer algúns titulares ao vello modo. E, o que molaría, sería mandar unhas cantas indirectas a unhas cantas persoas, porque o público é o que quere. El pueblo quiere drogas. Stradivarius roubounos a unha grande. Resóame na cabeza o gran "Son como botoncitos". Roque é un crack. No maratón saín cun moratón. Descubrín Muros repartindo bolsas e Beni é un crack. A festa da Fraga? Festa nacional. Que días aqueles... Los días del todo o nada. Fermín Muguruza gañoume. E os cantantes rock fan cousas tipo patio de colexio. E está ben. Os Suiss son o mellor grupo da Península. O Armadillo éo todo. E andamos ás voltas con todo dios. Pero estou a mil jodidas millas de que calquera movida signifique algo. E a xente pensa que algunhas cousas me afectan máis do que realmente me afectan. Este segue sendo o meu manual vital. E, sobre todo, Betagarri seguen tendo razón en TODO o que DIN. Saio do verán moito máis enterado de máis cousas, moito máis derrotado, con moitos máis problemas de pipí para abaixo, coñecín cantidades incribles de persoas incribles e teño a certeza de que queda moito por coñecer. E ben. Porque fixemos o baile do chuso con Lutxi, porque Cachiñas xa é unha intitusión, porque hai quen mastica de todo... Porque, visto o visto, hai xente ao noso redor que seguirá levando hostias. Porque xa todo está fatal. Porque sei quén é quén non é. Por todo. E tamén escribín, escribín a nivel de sexto grao, pero non sei qué facer con todo o escrito. Igual me prostitúo. (Un pouco máis) E, de súpeto, Oleiros. En próximas entradas irei clarexándome, mandando indirectas que considere oportunes, colgando algunha palla, algunha cansión ou escrito que considere conveniente para entender toda a merda esta... Saúde, pas e ska! Deshidroséome![]() O que tiña no pé agora téñoo na man. E tamén unha pequena reación alérxica na cadeira. Os médicos do mundo enteiro ínflanme a Rupafin e embadúrnanme en Batmen. Batmen!... Pararararararara... Batmen! Anacos de verán![]() Churrascada en cas Glo. Chejando ás mil e poñéndonos a cantar as do Xabarín a jrito pelado diante da tele. Penso que foi o día, tamén, que consajramos o Armadillo dentro do Xeixo. E si, temos moitas cansións de pandilla, porque, realmente, somos moi cantaríns (ou moi cantantes), pero penso que esta é unha delas. E ao jrande. (Sóame que Félix dixo unha jrandesa sobre esta cansión este sábado pasado, pero agora mesmo non a lembro. Ajradesería se aljén acheja a informasión referida) Troppo vuoto (Persiana Jones)![]() Pensi che i soldi possano darti tutto quello che non hai Troppo vuoto non riesci a capire Ti senti furbo realizzato, ignorante come sei Troppo vuoto non riesci a capire Últimos días para votar![]() Xa está chejando ao seu fin o praso de votasión no Concurso de pintadas "Romanis eunt domus". Así que xa sabedes. Pasádevos por AQUÍ e votade ás vosas preferidas cos vosos comentarios. Lumeee! Ollo![]() Unha cousiña, antes de seguir, dirixida ás persoas que me din que a ver se colgo algo "decente" para ler, algunha "palla". Estou nun momento de dúbida total. Teño cousas escritas de hai tempo, que realmente non me molan moito como para colgar. Así que non sei qué facer con elas. Teño cousas escritas deste verán, pero que penso que forman unha variopinta unidade indivisible e que me gustaría presentar en bloque. Así que igual lle busco o xeito para poñer todo nun pdf ou similar nalgún sitio que mo permita para que quen queira poida baixalo. Ou igual creo un blog paralelo para poñelas todas de ramplón. Ou igual creo un arquivo e, quen mo pida, pásollo. Ou igual invítovos de un en un á miña casa e déixovos lelo. Ou igual as vou poñendo unha tras unha neste blog, pero para isto terei que reformar un pouco o sistema de edición dos artigos. Un puto cristo. De momento ando algo desestabilisado porque cheguei esta semana a Oleiros e pasan os días e non dou feito nada, teño todo un pouco patas arriba. A ver se me poño tamén co proxecto Ojete na rede. A ver se me poño cachondo mirando as páxinas amarelas. A ver to en ca nal. A ver goña pérdesecan dome nosoa gardas. Ala. Por hoxe xa vai. Unha recomendasión![]() Para os que non sexades de vos mover moito por o tema de internet, recomendo que vos pasedes por AQUÍ e por AQUÍ. Tremendas grandiosidades. O meu concurso, ao lado disto, é unha cacola. E sen estar ao lado disto, tamén. (A foto que poño é un exemplo do que vos podedes atopar. "O Rei do Cubata"... Desayunos?) En Plan 61![]() En plan Tonino Carotone. Ideario descriptivo deste momento vital. Non ten desperdicio. Tomade os apuntamentos correspondentes. Clint, tesme abandoado![]() Xa nin lembro cándo foi a última ves que te pasaches por aquí, amigo Clint, mais debes saber que sempre estiveches na nosa memoria. E agora que toca? Baixarlle a Muros a finde? Dis ti? Pois para alí que nos imos. E despois? Despois Maradona dirá. Clint, coida de min, meu! Clint, térmame o tema un momento que non dou feito! Clint, I fought the law! Antes de que se me pase...![]() Felisidades, toleirona! Amadriñe un muradán desterrado![]() De volta xa da fin de semana. Que raro se pasa na fin de semanaaa...! Resóame The Locos, Portis Head, Tote, Hora Zulú... E tamén unha de Jabón Blue que non entendo por qué a escoito, non entendo cara quén a mando... Con Glo agardei a Luchi. Fixemos botellón. Bañeime, como un vendido, novamente con Agus e Roque. Coa esencia ben apretada entre os dentes (de allo). A dúbida é boa. Isto debe ser en 3-D. Un espellismo do deserto. Amadriñe un puto muradán desterrado e concédalle aquilo que pida. Hoxe montei nun Cal Pita. Ao vello modo. (Ion, por certo, vinte nun paso de sebra... Supoño que acabarías de saír do choio. Hai que quedarlle.) Hoxe montei nun Cal Pita. Ao vello modo. Pero con un semi-bolso enorme e cos ollos medio húmidos de ver até ónde cheguei. Regalo a miña vida. Montrove-Oleiros é como unha filosofía de vida do despelote emosional. Como cando corres en xirolas e vanche as pelotiñas e pito botando de arriba para abaixo. De arriba para abaixo. Pero non de arriva. Arriva é o que eran antes os Finisterres. Arriba e abaixo. Onte vin anacos de El indomable Will Hunting e, ademáis de lembrar cando Gonzo arrasou na casa rural, tiven tempo para emosionarme de xeito tan patético antes de baixar a que me collese Agus que me vin dentro de esa espiral de barbarie parsial na que se está convertindo a travesía e tal e cal... A habitasión queda jrande ás veses. Ultimamente, canto cando estou en cama. E é tan patético. Rula case me morde e enténdoo. Vai todo tan a voleo, ao tuntún, ao chou, que sei que mañá podería estar facendo calquera cousa e sendo algo totalmente distinto a isto e ao revés do que semella normal. O meu medo non se pode notar. Vivo como un peixe. Debo superar as barreiras. Non vexo as fronteiras. Non quero facer o que podo. Creo que me pasou algo ultimamente. Creo que sinto distinto as cousas. E non podo dar o que me gustaría dar. E chego a casa e teño unha carta. E un órgano vital. Son o peor e non me treme o pulso ao ver que boto todo pola borda por querer facer de min un paiaso industrial. Un derrotado consciente. Estou so. No quiere nada de mí (Jabón Blue)![]() No puedo querer que me quieras, No quiere nada de mí. Camión![]() Un rapás perde o último autobús para volver a casa e comesa a raiarse por ver cómo fai. Deside faser dedo, pero o tipo é moi curtado e dubídao un rato. Finalmente deside poñerse a ello. Ao cabo dun rato páralle un camión e o tipo sube. Durante un rato larjo o rapás vaise comendo a olla pensando en qué disir, pensando en cómo empesar a conversa. Teme disir aljo inapropiado que moleste ao camioneiro. O rapás cómese a cabesa durante un bo cacho de tempo. Que qué podo disir, que se dijo así pode mosquearse, que e se non lle apetese falar diso, que ijual lle molesta que vaia todo o tempo calado... Finalmente opta por disir aljo neutral e solta: -Pois si... -Pois non. Baixa do camión.
Diarreas mentais do persoal![]() Xa ven sendo costume neste sitio o e ir poñendo as machadas verbais da peña que me circunvala. Lembro que xa aljúns casos anteriores como ESTE, ESTE OUTRO ou AQUEL. Pero hoxe volvemos con aljunhas novas, recollidas nas últimas datas. Aí van: -Os militares, os siviles e a ijlesia... E despois que hai máis?... Os homes-morsa. (Lema nun monólogo-ida-de-olla-sideral) -Collen o semen das vacas. (A pequena en plena confusión sexual) -Sabes o da jerra? -Mamá, replantearon Montelouro? (Lema e as novas técnicas agrícolas) -Pareses Jasoil... -Eu se tivera un bote chamaríalle Finiblú. (Fe e a industria naval). -Ciento euros veinte noche, ciento euros veinte noche... Ciento euros veinte noche? Ciento euros veinte noche! (El soíño) -Agus, estás ben? -Jo, Lutxi, descubrín unhas carretillas guays. (Descubrimentos da hostia) -Por justo mola, pero por necesidade non mola un carallo. (A clave) -Samu, eres raro. Fostes de cifras toda a letra. (E eu son o raro?) -No le dije no fuiste, le dije non fostes. (Máis claro, ajua) -Sálenlle ósos, superartificial... -A gravedá do balón é costa abaixo. (María mirando ilusionada o balón de voley) -Os virus das jripes malignas están enserrados en laboratorios. (A vesiña da miña avoa meténdolle o medo no corpo a medio Muíño do Vento) -Que riesgo, me acabo de correr. (Riscos sen asumir) -E lojo os coches sen motor teñen que levar a L? (Cochaso sen motor) Por los ceniceros (Hora Zulú)![]() De dar tantos bandazos me ha parecido ver un arte De no saber qué hacer, entré otra vez en este ostracismo, Salí de las fronteras, del que siento por mi pueblo, Ponle dos velas al patrono de los increibles Que ahora ha cambiado mi suerte En Plan 62![]() Estou en plan Si si si no no no, en plan Resistiré como un Loco, en plan caderno vermello do verán, en plan baqueta de Berri Txarrak, en plan Guzmán de Alfarache colgado polas pelotas nun edificio sen ascensor de xeito, en plan chamada sen querer, en plan Peixe mutante, en plan tarde ou cedo, en plan refacer-remake-remexido-recalcitranteESTÚPIDO, en plan apágaronse as Estrella Galicia (e necesítoas, por sumisas), en plan caderno vermello do verán, en plan Correndo solo, en plan Agarra la onda, en plan Benvinguts al paradís, en plan Strangers, en plan simpa, en plan Ska Cubano!, en plan Oleiros-Sada-Montrove-Coruña-Muros-Muíño do Vento, en plan Sande, en plan Romero Donallo, en plan roquista e nines, en plan denso, en plan desconcentrado, en plan Beneath the remains, en plan contrato, en plan paisaxe con ferraganchos, en plan té moro, en plan calor de ordenata, en plan púa, en plan Kenodí?!, en plan CAP, en plan voume ir a ningures, en plan Coñito de Oro, en plan pocha-das-boas-é-dicir-das-de-agora, en plan decepcionado, en plan sen xeito, en plan Ni de ellos ni de ellas como un tipo calquera, en plan "el Karma!", en plan No me mires, en plan Camarada, en plan 61, en plan 59, en plan 56, en plan 53, 52, 47!, 42 (claro), 39, 36?, en plan 34, en plan 34, en plan 34, en plan 34, en plan 34, EN PLAN 34 hostia!, en plan que raio tantísimo e tantérrimo que só me sinto cómodo desbardallando aquí en lugar de afrontar as "depresións" que outros quixesen... En plan... A dúbida é boa? Niño de ratos![]() Pois si. Recomendo ao persoal que se pase por ESTE SITIO e que vexa o fato de parvos/as que seguen a estar soltos polo mundo adiante. Saben do que están a falar? Aquí vale todo ou que? Monolingües fascistoides que nos falan de bilingüismo. Bilingüismo é no que vivimos nós por culpa de imbéciles coma vós. Que mal pronto me entrou... Ai... Toleo!![]() O puto editor do Blogia, tanto o básico como o avanzado, fai o que lle peta co interliñado e deixa o que quería colgar dun xeito amorfo e carente de xeito. Así que para colgar o de verán non sei qué hostias faser. Se a alguén se lle ocurre unha solusión a un problema tan cutre, que mo dija. Non dou atopado unha páxina onde poida deixar un arquivo para descarregalo. O emule non me semella xeito. Agardo as vosas propostas cos ollos apegados ao monitor e saíndo de cando en cando ás carreiras para faser un pis. State of mind (Mad Caddies)I feel the heat, the fire that burns I feel the weight of the world sometimes I’m talkin bout the right state of Fit for the worst, I can’t catch my breath We walk alone through this strange life I’m talkin bout the right state of I feel the weight of the world sometimes I’m talkin bout the right state of Totalmente case a medias nunha porcentaxe do 30%![]() Xa atopei os suficientes sitios como para colgar a merda escrita en verán. Graciñas a todas as que colaboraron coa "investijasión" internética. Para a semana, ajardo, coljarei o definitivo en varias localisasións, por se aljunha dá fallo, para que o poidades baixar e comprobar o lamentable estado do meu serebro. Serebros destruídos. A ver se son quen de montar un PDF xeitoso. Hahaha... Tanto roio, e todo o que escribín non vale unha merda! Yeah! Mensaje de esperanza (Rajoy)
Gora Mariano Askatu! Está rematando o tempo para votar, armadillos/as![]() Lembro á panda de insensatos e desjrasiadas que se pasan por este sitio que mañá, xusto mañá, remata o praso para votar ás fotojarsías presentadas ao Concurso de pintadas "Romanis eunt domus". Así que xa estades mandando os vosos últimos comentarios para consejir faser deste un verdadeiro concurso fraude no que todo quede manipulado por unha despiadada mente nun impulso final. A que ajardas? Veña! Pásate por ACÁ e vota as túas fotos preferidas comentándoas. Ou vota as túas propias fotos para consejir acadar o título de jañadorísimo. Ou rense. Veña, rapasolos e rapasolas! Ide pola sombra! Saúde, pas e pintadas fuleiras! En Plan 63![]() En plan ao carallo. Métome unha dose de Ska en vea e xa non escoito nada das parvadas que me din. Mañá báixase a Muros. A bailar pogo sobre o cadáver de algún poeta para conas por educar. Pero mirade que hai peña estúpida... Non sabedes de qué falades. E mentres está o Ska. Infame Ska. Ottobre vedrá! Aúpa SKA! |
Archivos
TemasEnlaces
|