Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2007.

Canto o meu canto antigo

con cada mentira
máis lene o canto ía
máis doce o canto era
e canto máis doce o canto era
a era do canto
finaba ao seu redor

03/01/2007 10:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

O 2006 xa fixo catapum!

20070103105251-200612262235-1-inter17ab.jpg

E este ano promete ser movido.

Que tal a fin de ano? Moita festa?

Escoitade Berri Txarrak e non blasfemedes nos cuartos de baño porque non cunde.

Hai frío e tal e cual.

Pero dicide palabras máxicas potentes... CHIHUAHUA!

Ska!

03/01/2007 10:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Respecto do correo do CONCURSO

20070103105508-nencreix1.gif

Acaban de notificarme que teño unha "denuncia" por o nome do correo.

Algo así me mandaron:

Fomos notificados sobre, denuncias graves em seu profile, algumas delas como PEDOFILIA.
Você, tem 2 dias uteis para entrar e abrir o link a baixo para cancelar a evocação e o
pedido de cancelamento do seu orkut para cancelar a evocaçao clice no link abaixo
logo em seguida va em executar e pronto (...)

Euquisei... Flipo!

03/01/2007 10:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 4 comentarios.

Doenzas

a flebite
da que se aqueixaba a puta
coa que te erguiches
onte
intitulou
esta xornada

03/01/2007 10:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Camarada (Hora Zulú)

20070103110031-bb.jpg

se te acaba el tiempo para contarme en esta vida
todas y cada una de las veces
que me has mentido

no puedo negarte que no le veo salida
pero ni me he planteado el darme por vencido

y luego me vendrás llorando
porque no te quiero

es lo que tiene la vida del arrepentido

(...)

y ahora quiero echar de menos todas tus mentiras
todos aquellos "te quiero" no me sirvieron de nada
quiero no mezclarme con el aire que respiras

(...)

no sé cómo pude vivir tan ilusionado
nunca fui consciente de dónde estaba metido
y ahora me despierto
viejo
solo y desgastado
te has llevado de mi vida
todo lo que has querido

y no haré de mi pena un drama para que te enteres
no llegarán de mi boca
llantos para tu oído
no pretendo ni siquiera saber
si aún me quieres

03/01/2007 11:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Fajo CHAS y aparesco a tu lado

20070108144714-no6.jpg

Jrandiosidades das noites loureanas.

Váljame deus.

Saúde!

08/01/2007 14:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Tú y yo en la fiesta... Tema prinsipal da desfeita antropolóxica destas vacasións

20070108143015-asul.jpg

De volta xa na estraña e infinita realidade da facultade, supoño que cómpre faser resume do que nos deixaron estas "festas" entre peito e costas.

Pois deixaron resacas incesantes, nécoras desfeitas, envoltorios de pizzas no caldeiro branco de tapa retráctil, unha versión de Luna Rossa bastante curiosa, sacos de cancións de Berri Txarrak, blasfemias en cuartos de baño, cristos situasionais incribles, xenreira da que dá justo ter, voraces poemas de Leopoldo María Panero, un poema de Bukowski tocado por S.A., miles de cabróns de ir ás menos e faser renunsios a fodelos cando repartes e che sae un puto as de merda e inda que as cartas estean vistas e revistas (reeeviiistaaas del corazón), paseos e frío, seas por acá e acolá, autocortes de pelo do máis estraño, persoas que cometen o erro de entrar no sírculo lamentable de destrucsión que son eu e a miña existensia, arrepentimentos varios lamarde curiosos, convensimento de tirar para adiante cos "Kenodí?!" si ou si, que se teño pouco pelo e moita cabesa e cuspo na empanada e son patético...

Euquisei.

Cousas así deixaron as festas.

E a vós que vos quedou de sabor de boca?

Ajardo que esteades todos ben, sans e ben mantidos.

Saúde!

E un saúdo e todo o ánimo do mundo a meu primo Domingos!

08/01/2007 14:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Labirinto escuro

a diario
veño en ser
un presidario
de todo o que non é
o meu silencio

rachan cadeas
e sae fume negro que cubre a cidade

como un monarca
branco e frío
sen fogar

sangue que ferve
sol que mata
silencio que se queixa
de ser o que é
de ser o meu silencio
de que o comese nalgún intre

o proceso dixestivo tórnase revelador
traga traga
disocia
aproveita a enerxía
chúchalla
e caga duro
todo o que xa non será

na nosa pequena vida
no noso grande corazón

08/01/2007 14:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Lema is a punk-rocker

20070109090720-lema.jpg

Punk!
Punk!
Punk-rocker!

Lema is a punk-rocker!

Aforcádevos!

09/01/2007 09:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Gasoil entre Santiago e Coruña

quedan tres cuartos de hora

a estación de tren está a menos de dez minutos

un
dous
tres

unha bolsa do eroski
un mando de loitas ou conquistas
frangullas de ídolos do porvir

catro
cinco
seis

parquet
fiestra
bombona laranxa como toda bombona de xeito

sete
oito
nove

un toque
miras
outro toque
sorpresa
non respondes
total

dez
once
doce

unha manifestación
unha guerra
unha mentira

trece
trece
trece
catorce
quince

o saldo chega
o verde chega
o arrecendo non chega
apetrena

dezaseis
dezasete
dezaoito

unha trompeta
dúas trompetas
un trombón
un saxo

dezanove
vinte
vinte e pico

azul brando
azul con pegada do feito
desfeito no azul

vinte e pico
trinta
trinta e pico

dirección a cargo dun ruso
produción a cargo dun galego
realización a cargo dun cubano

trinta e pico
corenta
corenta e pouco

hermetismo
costelas marcadas xa preto de seren hebreas
o son é outro
un piano
unha muller

corenta e pico
cincuenta
cincuenta e pico

colle outro tren

le algo

pensa en ti

e en quen non está

09/01/2007 09:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

El suplicio (Leopoldo María Panero)

20070110101140-suplicio.jpg

La fiebre se parece a Dios.
La locura: la última oración.
Largo tiempo he bebido de un extraño cáliz
hecho de alcohol y heces
y vi en la marea de la copa los peces
atrozmente blancos del sueño.
Y al levantar la copa, digo
a Dios, te ofrezco este suplicio
y esta hostia nacida de la sangre
que de todos los ojos mana
como ordenándome beber, como ordenándome morir
para que cuando al fin sea nadie
sea igual a Dios.

10/01/2007 10:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Na rúa da lagoa

erro

tendo ao erro

estou agardando por min
porque pase algo
pero non pasa
por cada vez
que escriba a palabra
non
gritarei o nome de deus

dá igual que pase
algo
porque eu vou seguir agardando
porque é o mellor para todos

falleille a moita xente
xa

gustaría de falar con alguén en concreto
nesta tarde de calor
tocar algunha clase de campaíña
e falar

non quero escoitar
non

agora tócame falar

a miña quenda
caníbal

pero as mans non me son abondo
para pedir perdón

arrepentirme é respirar
arrepentirme non é suficiente

confío en que todo se amañará
porque coñezo a esencia
porque estiven por alí mergullado
e porque creo

nun veredicto

inxusto

no que serei perdoado

porque o sinto

10/01/2007 10:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Convención

a saúde quedou orientada
cara a porta número cero

o medo matou tres sentidos
e un punto cardinal
sen peito e sen ánimo

os máis vellos
contivéronse
e a historia fíxosenos
un cubata
sen xeos

os anos
unha convención
o amor
unha convención
a raiba
unha convención
a música
unha convención

cantamos

10/01/2007 10:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Pequena homanaxe ás mañás de Nadal

20070111141925-batista-20campione-203.jpg

Un guiño a Agus e Pena.

Batista! Más Batista que nunca!

11/01/2007 14:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

O vianda e a súa fauna

20070111143342-dibujo.jpg

Minguita is in the house!

11/01/2007 14:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Felís 2007 de parte...

20070111143548-dibujo.jpg

da pandilla máis juapa de Muros??!!

Hahahahaha... Que machadas!

Saúde!

11/01/2007 14:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Esta é a idea

20070111143813-dibujo.jpg

11/01/2007 14:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

En Plan 39

20070112094449-devolution.jpg

En plan volvo a non ter puto xeito e a vida é como unha espesie de vingansa continua contra todo e sijo dándolle que falar ao fíjado mentres peiteo os pétalos que quedaron por aí siscados no xardín da miña auto-represión magnífica e non me dá por outro lado máis que por ler cantidade de movidas que se me esqueserán calqueira día porque calqueira día podes foderte como ben dixeron os meus nun día que supoño de jran inspirasión e non como un día como o de hoxe non que en lujar de inspirasión teño unha fame de comer senoiras que nos podedes imaxinar manada de insensatos que estades lendo isto perdendo un tempo presioso das vosas vidas que de sejuro non recuperaredes xamáis.

Nese plan estou.

E coljei moitas pallas mentais porque quero e me peta e dáme a gana e así podedes investijar un pouco de qué vai o conto da boa pipa e se queres que che conte o conto da boa pipa vaste dar cun canto nos dentes e non cun conto e con tanto conto vólvome tan e tan tonto que o digo cun rintintín tan tambaleante que eu que sei.

12/01/2007 09:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

O nome de Teté Delgado non responde a realidade algunha e agora quero botar de menos o de tragar sen cuspir

maldicións de ósos eclépticos
estalidos mergullados na
fronte alternativa da maldición
crítica fariñenta da razón
alugada á pureza na que afoga
a maldición
coidado coidado
frangullas universais e grises metais
por nacer
a alma
as cacolas
a bisutería
a uralita e máis todos nós

12/01/2007 09:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Saír, beber e tontear

morreron dous nenos
que nunca nacerán

unha neniña
e un neno

12/01/2007 09:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Poema sen forma de útero

un pelo duns
2'74 centímetros

o resto arrincáchelos
nun xesto brutal

feito que aproveitei
para che meter a
man esquerda
dentro
e deixar
un aroma
en ela
que sairía
2'74 lavados
despois

12/01/2007 09:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Semana negra

agarreina
coas mans
tanto coa dereita
como coa outra
agarreina
ben forte
e mireina
de fronte
sen esquivar
ningunha cor
expliqueille
o que ía
facer
cos ollos
expliqueillo
así
e collina
e metina rápido
dentro
tiven que
abrir
moito a boca
até o punto
ese
no que comeza
a doer
a mandíbula
pero soporteino
e metina dentro
e
antes de
que me dese
tempo
a arrepentirme
tragueina

e agora
levo
todo esa semana
sen ti
metida polo corpo
adiante

desaparece
e dilúese en min

e os ollos
van cheos de bágoas
de felicidade

e a miña boquiña
só precisa á túa

que non remate
nunca
e as semanas
nunca máis
sexan negras

12/01/2007 09:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Sección de contabilidade

deus escribe sempre
con maiúsculas e os nenos tamén
len as maiúsculas
se lles ten conta

os parénteses
cacarexan almas sen gheada

o mar que viches chegar
e a temática por tratares
é unha conta sen referir anteriormente

quedan moitas fotocopias
quedan moitas endoscopias
quedan moitas copias
quedan moitas coiteladas
no teus beizos que o inverno non perdoou

cobras por adiantado
cobras velenosas

escánceres
dirás

mais non

máis non

antes de que me esqueza
e quede sen nome propio
tomareille o pulso
a centos de datos bancarios

12/01/2007 09:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Guerra

estaba rematando
o seu café
estremadamente
quente
cando
dende o fondo
da taza
saltou un interrogante
que se lle chantou na fronte
e dende aquela
tatexa
ao falar da guerra

12/01/2007 09:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Decepción

a habitación
está patas arriba

a vida
está
patas abaixo
e corre e fuxe
de aquí

un vaso de calimocho
un gran vaso de calimocho

alí quedou todo

un pode
sorprenderse
do que cabe alí

sácame de aquí

da vida

non creo
nos nosos silencios
non creo
na música
que o inundou todo
non creo
en cousas nas que haxa que crer

achegueime
á víctima
e puxen os dedos
nas feridas

iso é no que creo

na dor
na dor
e na dor enorme
destes días so
no meu leito
de toxos

unha gran responsabilidade
unha gran patada
e todo quedou tirado
polo chan
entre vasos de tubo
rotos
unha entrada
a un concerto
rota
e unha idea da vida

12/01/2007 09:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Música

comecei
cun ese
rematei
cun ele

agora
remato
cun o
e penso
en algo
que remata
en i
tónico
e un claro
ton interrogante

12/01/2007 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Enterro

cheguei á beira do abismo
disposto a manterme
nela
e saíuseme o ombreiro
do sitio
facendo que tocaba a batería
ao escoitar
unha canción
de música
con instrumentos e tal

12/01/2007 09:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Piedra contra tijera (S.A.)

Los que gestionan la percepción
sólo les dan la palabra a sus amos.
Sumisos a la mano que les paga,
a unos dan voz y a los otros los callan.
¡Mercenarios! ¡Mal nacidos!
A nadie engañáis, ya sois conocidos.
Todos sabemos quién es vuestro dueño.

Barato les sale usar a sus siervos
para que echen mas leña al fuego,
para que quemen en la hoguera
a los infieles a su régimen.

Quieren cortarnos la lengua
para que nadie nos pueda escuchar,
para que sólo se oiga su mensaje
y nadie pueda dudar.

¡Tijera contra papel!
¡Piedra contra tijera!

15/01/2007 10:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Vou falar de que se pode falar de felicidade

porque si
porque vai pasando a vida
e nada vai mal

e escoitei dulce castigo en directo
e máis mockba'993
dúas veces
e tamén escoitei
a manu chao
e hora zulú

a habeas corpus tamén

e vin xogar a djalma
a zidane
a romario
e vin ao depor gañar unha liga
e vin o centenariazo alí

amei e fun amado

e os amigos déronme unha aperta
e chorei nos seus ombreiros

e renunciei ao catolicismo
e estudo algo que me gusta

e os meus pais están sempre aí
e a miña irmá
só podería ser a miña irmá
e é a muller da miña vida

e vin ao pp saír do goberno
e as tropas irse de irak
e a fraga marchar

vin o gol de galleti
a diego falar con deus nunha cama
e tamén falei con félix de facer un grupo

e estaba alí cando marcamos
o primeiro gol
na nosa historia
no fútbol praia

estiven na casa abandoada da zona vella
fun ao avante con roque
cantei santo grial
con raúl e agus

bañeime en pelotas
e despois bailei un pogo con eles
fixemos dúas curtametraxes que son
un puto escándalo polo que sexa
gañamos unha copa de oleiros
ao dorneda
que estaban cantidade de confiados

lin a hakim bey
a bukowski
a panero

fun dos que aprobei latín
e morfoloxía

corteime o pelo eu mesmo
e dixen case sempre o que quixen dicir
polo simple pracer de dicir iso nese momento

alba fixo lectura de todo isto
e non lle obriguei e un día deume unha aperta
nun concerto
e case nos dan de hostias
pero todo parou diante de nós
se non
preguntádelle a agus

estiven en cuenca

dinlle a man a fabiano

estiven preto do
árbol flor

coincidiume a canción que quería escoitar
no aleatorio
do mp3

lin o quijote
e fortunata y jacinta
e encantoume todo

bajo hielos eternos
pasoumo leiro
e encantoume tamén

bailei dun xeito estraño
polas beirarrúas

vin padre de familia
pulp fiction
a vida de brian
os novos

fixemos o
ojete parrokial
e démosllo a casimiro

superei os malos tempos sempre
e escoitei metallica
system
betagarri
calamaro
millencolin
skalariak

nas festas do carme de muros
fun a louro

escribín cantidade de tolerías
e foron xusto o que me petou e
escribín o que me deu a puta gaña de escribir

e non sei cómo foi
que foi todo

nin o quero saber

15/01/2007 10:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

Himno a la Corona de España (Leopoldo María Panero)

20070115101513-juan-carlos-franco-heredero.jpg

(Para su Majestad el Rey Don Juan Carlos)

Sólo un payaso soy de una cuerda pendiente
ante aquel que la luz vino a traer a España
e hizo que el sol ardiera en la mano más pura.
En la pradera los ciervos arden como recuerdos
y acuden los pastores a olvidar sus deseos
y el Rey, nívea la frente, deja caer su mano
y una perla me ofrece, que aire la disuelva
porque blanca y perfecta, mucho mejor que el viento
es la Corona de España, perseguida tan sólo
por el ladrar del viento en la llanura insomne
donde Don Juan solloza por su perdida figura.

15/01/2007 10:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

A dor caerá sempre en saco roto

a miña alma
cando fala de amor
con alguén
é a kale borroka
toda
e o orgullo
de gañar cando se dá todo por perdido

a miña alma
cando fala de amor e todo iso
é o ing-a casa da churra
remontando unha eliminatoria de champions
ao son de kortatu

15/01/2007 10:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ei! Que pasa, maderfaquer?

20070115161127-caca.jpg

Ei, lembro aos individuos e individuas de este mundo que o praso para se presentar ao I Concurso de sobradas "Ao descabelle" finalisa o vindeiro 25 de xaneiro. Non deixedes de mandar as vosas sobradas ao correo aodescabelle@hotmail.com

Animádevos, machiños e machiñas!

As bases sijen estando neste sitio.

Veña, lo!

15/01/2007 16:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Ajobiados e asociados

20070115163346-tn-cansancio.jpg

Sei, amijos, que estes son tempos de relativos ajobios. Sobre todos para os que andamos nisto das universidades, os créditos e os traballiños que hai que faser a toda costa.

Sei, de boa fe, que toca bastante a moral esta época e que nos lembramos de aqueles días de novembro e por aí na que a andabamos rascando polo mundo adiante vivindo a la buena de dios.

Sei, amijos, que ás veses o ajobio nos supera (a min o primeiro) e que ás veses non somos persoas.

Pero, amijolos e amijolas da vida lisensiosa, non desfalesades.

Escoitade ISTO mentres vos relaxades.

E sorride un pouco, hostia!

15/01/2007 16:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Aínda non mo creo

o mellor
é que teño toda a vida para suicidarme
salvo que morra antes de que o programa
se cumpra
cos seus puntos
e subpuntos

así é o xeito no que me comunico
unha verdadeira merda
así que unha apocalipse unipersoal
tórnase precisa

17/01/2007 15:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Pasión de Cristo 2 (Padre de Familia)

17/01/2007 15:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Dístico do cautivo, boh!

20070117154608-gongora.jpg

luis de góngora y argote
marica el que no bote

17/01/2007 15:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Boa xeira de resultados patéticos

dicía que rexeitaba
entender
o arrecendo dun preservativo

non quería asimilalo
e
el díxolle con cariño
preto do seu pescociño
de galega morena

se non che gusta este
arrecendo
fai como que dá igual
e cando che dea igual
avísame
mentres
vou á sala

e el foi á sala

había unha play
das de antes
das vellas
das do mando sen vibración
algo gris
e xogou

eran cantidade
de polígonos

ela non entendía nada de iso
e tampouco entendeu
o arrecendo de aquel
preservativo
que tiña na man
e que miraba con xesto preocupado

17/01/2007 15:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 40

En plan libre.

18/01/2007 09:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Cociña xermicida interestelar

desinfectei o universo
por non requentar o prebe

18/01/2007 10:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

O estraño mundo do pogo

18/01/2007 10:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O que os alcólicos chaman un momento de intranquilidade

só lle fará
dano
a devastación

o resto
será unha deficiencia
mais non lle restará
nin un segundo
de sono

garda
centos de paxaros
amarelos na boca
que agardan
na disciplina
permanente
unha orde

non había
máis que iso
e tardou tempo en entendelo

19/01/2007 09:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Fusil

fusil

fusil

fusil

fusil

se abandoas

fusil

tambor

fusil

fusil

treme o mundo

fusil

treme o mundo

sen salvación

fusil

o mar come todo

fusil

bomba

fusil

baixo a vosa responsabilidade

fusil

fusil

córtate a cara

fusil

rebentou a lúa

rebentou a terra

rebentou a felicidade

rebentou o fusil

fusil

fusil

19/01/2007 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Alcol

Everyday jump

El puto amo

San Fermín

Odio a telefónica

Collendo a directa

Motos e alcol, non.

Sección de lencería

El niño borracho

Policía

Droga

19/01/2007 10:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Aquí non pejamos nin con escupe

20070122183345-t047dh12.jpg

Así é, amigos e amigas da parafernalia circense nas mañás de domingo.

"Aquí non pejamos nin con escupe". Grandiosa Inés.

Pois esta finde andivemos mergullados polas terras coruñesas fasendo así coma quen e tamén tal e cal.

Pero, en lujar de resumir ou explicar o conto, vou coljar uns cantos titulares:

-A porra: se non jaña aljén para a próxima xornada, inmólome. (E sabedes que o fajo, léase "sea en Rogelita")
-Nécoras e pan con pajitas, Ferrán Adriá está tremendo baixo a cama.
-Agus, ou a incontinensia no baile.
-Alaridos por a mañá? Será Samuel.
-Ruidos na porta? Será Samuel.
-Ruidos na porta? Samuel traería a aljén ao piso.
-Sandriña, sempre quedamos ti máis eu! Estes son un fraude!
-A camareira do Cazuza defendendo á pincha: "No se admiten peticiones". Eu: "Que dis? Desde cando?". Resposta: "Desde hace un rato". Eu: "Vámonos de aquí".
-Unha tía chivouse de min no Cazuza. Benvidos a cuarto de EXB.
-Javi: "Voy a hacer chupitos raros, al azar". Grandioso.
-Erasmistas: fraude. Fue el álcol.

En fin, rapasolos e rapasolas, que a vida vai así, que ninguén atopa ao outro xamáis, que os vertedoiros énchense, os hospitais énchense, os manicominos énchense e non hai posibilidade.

Saúde, pas e Bukowski!

22/01/2007 18:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Getz

o getz é o mellor coche
dos últimos trece anos
e dígoo sen medo ao home do saco
nin á santa compaña
nin a ningún outro disco dos suaves
e a verdade
é que poida que o sexa porque ás veces
leva dentro unha besta
destas que morden
durmen
ou deixan de durmir
e chegan normalmente tarde
pero ao mellor o coche
ten algo que ver en que pense
todo isto
e que
poidamos concluír
felizmente
que o mellor coche
dos últimos trece anos
é o getz

22/01/2007 18:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

Inés, sosióloga galáctica

20070123090031-mis-fotos-278.jpg

Amijos e amijas da sicodelia fantasiosa, retomamos novamente esta secsión de Prejuntos e Respostos para asercarnos á fijura de Inés. Ola, Inés, e benvida a esta tu casa. Que tal vai a vida?

Hola samooo e demáis!!pois moi ben!non teño queixa de ningún tipo, todo o contrario, estou nun gran momento, destes nos que te sintes ben e punto, nos que a vida sonríe modestamente.

Este ano rematas a túa carreira, sosioloxía. Con que sabor de boca che deixou o teu paso por ela? Sínteste mellor persoa?

Bufff!!non mo recordes...xa se acabou o conto...Deixoume moi bo sabor de boca, un montón de inquietudes e moitas curiosidades. No, en serio, esta carreira está moi guay, aínda que o futuro sexa difuso e o aprendido quede como un bago recordo. En canto a si me sinto millor persoa... fóra coñas, pois sí! haber, non millor en plan "son a ostia", pero sí que aprendes moitas cousas que son útiles para o día a día e para comprender as cousas da vida e ás persoas. Quizáis me sinto máis racional (que raro sonou eso...). Sei que nesta carreira formeime moito como persoa e eso reconfórtame. Creo que non o ía conseguir igual noutro sitio.

Ultimamente falabas de que ijual che daba por dar clase na asignatura esta de Educasión para la siudadanía (ou aljo así). É verdade que se che están gangrenando os dedos do crusados que os tes para que o PSOE non saia do poder e esa asignatura se vaia a paseo?

Jeje!Por suposto!! Non me vou a meter aquí en política, pero todos sabemos que se non é un, é outro, non hai moitas alternativas de goberno, e entre o malo e o peor, eu perfiro o malo. Ademáis, fai falta un toque de optimismo e ilusión neste país, que damos peniña, e quen millor que Zapatero pa iso...? De todas formas, creo que esa asignatura vai ir adiante igual, pase o que pase nas elecsións, pero estou toda jodida porque rumoréase que terán preferensia para dala os de historia! É increíble!! Quen millor que os sociólogos para falar da sociedade e dos seus valores!!!! inxustiza!!!

Ajora en serio, como afrontas o teu futuro post-carreira?

Por incrible que pareza, rodéame un gran optimismo!teño moitos plans distintos que me dan alento. Estou aí cos de clase barallando a opción de abrir unha empresa de recursos humanos propia, ésta é a que máis me mola, porque temos moita ambición neste posible proyecto e porque estamos moi compenetrados, moi bo rollo. Por outro lado, penso nesa opción de dar clase. Tamén está o partido que fundarei algún día con Agus para liderar a presidensia do goberno muradán (Agus, sabes que podemos gañar!). E máis opcións das que paso de raiar agora, e senón sempre me quedará opositar... Bueno, a toda esta sarta de alegrías añadídelle un dedo señalador de meu pai dicíndo:

-Ti máis eu verémonos as caras cando remates para o ano!
-Pa, acabo este ano...
-(Bufido, man na cabesa!)Pois verémonos as caras!!!

Sejundo se rumorea polo barrio chino estás choiando nunha espesie de ETT. Que fas e canto cobras ao minuto?

Ala samoooo!!que desfasao andas!! que xa non estou alí!(esto é ridículo porque xa o falamos e xa o sabes pero bueno...)jeje!! pois sí, estiven nunha empresa de recursos humanos que funciona como unha ETT facendo prácticas, pero deixeino por dignidade. A xente non se dá conta de que ten que invertir no capital humano!!! Nós levaremos o país no futuro vindeiro!! E adícanse a fustrar os soños dos novos reclutas becarios que van cheos de ilusión a aprender cómo funciona o mundo para o cal se están preparando! Antes de que conseguiran que volvese a casa desfeita por odiar a labor que me vai dar de comer, funme.

Noutro orde de cousas, formas parte de ese amajo de jrupo musical, os Kenodí?, que só existe na mente dos seus membros. Como ves o asunto?

Véxoo parado, pero non vos preocupedes chicos! sempre que o Kenodí permaneza nas nosas mentes, seguirá vivo! En serio, eu véxoo viable, só me falta coller confianza ca guitarra para botalo pa diante (pola miña parte, claro). Algún día...

Fe e Pau non se animan, Lutxi non dá o paso... Para cando a voda?

Jeje!! Aquí todo o mundo se pasa a bola... Ó final ha de casar primeiro quen menos nos esperamos, é o típico. Calquera se casa vendo as ganas de boda que tedes!! a ver quen presta a súa boda para que levedes a cabo o voso gran desfase!!!Nada deso!!

Se foses unha árbore, que pensarías dos cans que se asercan a mexar, que pousan a pata, pero que despois non mexan?

Pensaría que é un can deses que moito falan pero que do que din, nin a metade... un deses cans perdidos que pensan que teñen que ser dunha maneira para ser millor can e caerlle ben a tódolos cans do pueblo, e que nesa búsqueda de personalidade cagan no conto e por todo o paseo, por non ter unha mente propia, con ideas propias e con rasgos propios. Son unha copia barata daquelo que admiran e que queren chegar a ser. Un can de verdade, SE QUERE MEXAR MEXA!!!e non anda por aí fasendo coma quen...

Se ETA che secuestrase agora que están na tregua, que lles pedirías aos teus secuestradores: chocolate branco ou chocolate normal?

Que putada de pregunta... Se ETA me secuestrase agora que xa NON están na tregua, pensaría serenamente en todas aquelas cousas e persoas que me fan feliz na vida, e non tería medo, e sería forte, e sentiríame ben, porque se ETA me secuestrase significaría que formo parte do que para eles é un estorbo, alguén que está perturbando o camiño do terrorismo. Por suposto pediríalle chocolate normal, porque votaría de menos as cousas cotidianas da vida, as cousas de andar por casa, non estaría o conto para esquisiteces.

Un banco está ocupado por un padre y un hijo. El padre lleva un pasamontañas y el hijo otro. Van a atracar el banco?

Está claro!!de feito xa o están atracando, non? é como cando din: o exército "tal" acaba de ocupar a zona norte de "tal sitio". Xa están alí, xa teñen a zona controlada e abasallada, non? O tema está en saber se conseguirán sacar o botín, porque claro, de momento só o teñen ocupado, pero para que sexa un atraco teñen que marxar sen que os collan, non? E iso xa non depende deles senón da competensia da sejuridá que se encarje de collelos, non? Pero as intensións son claras, non?

Ajora a mítica e mística secsión na que poño unhas palabras e ti pos o primeiro que se che pase por o bulbo raquítico. Veña:

Negrita: Resaca de la muerte
Oftalmólogo: A boca que alimento
Sinusite: noxenta parte de min.
Asubío: algo que intento unha e outra vez e que acabarei por conseguir
Baldosa: cosiña

Bueno, até acá chejou o noso tempo por hoxe. Jrasias por a túa pasiensia e a túa colaborasión desinteresada. Unha aperta forte! Vémonos!

Veña lo, gracias a ti tamén polo mesmo motivo. Menuda raiadura!

22/01/2007 18:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 1 comentario.

Un adeus e infinitas benvidas

20070122183903-libre.jpg

a baixada cae rápido

velocidade é algo sumiso
á razón no que o silencio
é un chap chap
chapotear da choiva

e non hai dono
e non hai dona

e non hai rachiñas
para requentar
esta morte
nin reanimar esta vida

baixo calmo
e orgulloso
camiño da amizade
e non da sumisión

custou chantar as unllas
na roña que quedara
nas pálpebras
pero
unha vez tirada

baixo

velozmente

por esta rúa

cara a amizade

e nada máis

adeus

e máis nada

creo que soa
sputnik monroe
e chove

22/01/2007 18:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Canción triste que se chama canción triste

non estou adestrado para a traición
nin para a traizón

nin no maior do meus delirios

saltarei con razón para saltar
saltarei de ledicia
no campo negro

levarei todo o que escoitei ao meu terreo
lavarei todo o que escoitei coa miña ledicia

subireinos
neste ano

23/01/2007 15:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Domesticado sen estrume

por riba do metro oitenta
todo son mentiras

23/01/2007 15:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Últimos días!

20070123155757-merda-accord.jpg

Lembrade que o praso para mandar turbosobradas para o concurso Aodescaballe finalisa este 25 de xaneiro.

Así que non vos liedes con parvadas e mandade xa as vosas sobradas a aodescabelle@hotmail.com

Lembrade que as bases seguen estando acá.

23/01/2007 15:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 2 comentarios.

Como tú (Anatoli)

24/01/2007 11:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 3 comentarios.

Estraños na noite

alguén entrou no meu cuarto
mentres
durmía
e desbloqueoume o teclado
do móbil
pero non me dixo nada sobre
a vida ou a morte

24/01/2007 11:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Non quero nada de ti (Heredeiros da Crus)

20070126113939-image009.jpg

Dis por aí
que ando eu borracho coma un can,
que son un desjrasiado,
que me portei moi mal.

E ahora, mala perra,
me volves a chamar.
Me contas catro contos
pra volverme a liar.

Non quero que me mires
cando me vexas pasar
andando pola calle,
sentado naljún bar.

Si che pasa a ti
aljo paresido
Ai, filla de puta!
ben o tiñas meresido.

Non quero nada de ti.
Non quero nada de ti.
Nin o rosario
de tu puta madre!

26/01/2007 11:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Co arrecendo de algunha zona púbica

sei
por qué me odias
pero todo acontece
por algún motivo
e todo o mundo
quere agocharse
cando se disparan
as pistolas
ao aire

26/01/2007 11:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Comentarios no fondo

estes quen son?

aquel é félix
o irmán de xamy
o outro é fillo de luchy
ao resto non os coñeso

pois non valen pa tomar polo cu

en la variedad está el gusto
meu

esta cansión está dedicada
a todas as putas vellas
que nos joden as pachangas na praia
un
dous
tres
putaaAAA...

mimá
imos a outro sitio

26/01/2007 11:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Mal trato

á miña muller
non lle pego aleatoriamente
nin é un feito arbitrario
no que un consenso interno é imposible

á miña muller
pégolle
e pégaselle
seguindo un recente e inesperado
cálculo aritmético
que determina con precisión
o número de hostias que levará
esta noite

a hora queda en mans
dun aparello diseñado
por unha compañeira de traballo

o aparello custoume
cincocentos euros
cando o seu prezo de mercado
sería duns seiscentos

así que penso que
á hora de maltratar non só
son aforrador e metódico
se non
unha bonita
excepción

26/01/2007 11:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Todo o mundo semella feliz

o río está feito
de ouro

un ouro que non naceu

un nacemento que non foi

uns feitos que verdes
marchan
polo camiño da vinganza

vingándose sempre
do que volve tolo

tolemias
graves
como un ton grave

grave falta
de rabuñadas
no peito
e na felicidade

sábado, 22 de abril de 2006, 22:18:21

non tomei nota
e foi sempre
sempre
o mesmo

berreino en juan flórez
e berrareino sempre
e ninguén está matando máis
tempo que eu agora mesmo

pensaba que
era distinto

sábado, 22 de abril de 2006, 22:18:21

esa hora
ese segundo
ese minuto

fun un puto mongol
pelexo e non vou a ningures
fago dedo ao mundo enteiro
cunha xenreira
impropia dun escoitador
vocacional
de ska
e dis adeus

o río
será de outro
de outro ouro

e dirá adeus cada
pinga verdecenta
que nel vai

bye bye

vai a pinguiña

let it die

a pinguiña vai

dóeme a matriz
dóenme os folios
e o bloc bloc bloc
e todo
e caluga
e a testa dóeme da dor

sábado, 22 de abril de 2006, 22:18:21
sábado, 22 de abril de 2006, 22:18:21

maldito o día e a hora
e agora
engulín o reloxo
manténdome firme
aos tombos

e digo
agus
e digo
diego
e félix
e tamén digo todos vós
sabédelo

o resto é cuspe
cachiños de area
apegados
á pel branca
que dá igual

recordade o tempo
dos reis ácratas

recordade o tempo
do cu frío
e o tempo da verdade tamén

sábado, 22 de abril de 2006, 22:18:21

non hai forza
hai moral
como para dicir todo isto

moral marxista
stalin
lenin
castro
mao
quique setién

e todo iso

e cando vas gañando estarei contigo
e cando o sol pegue forte
estou na túa sombra
e son o teu mellor amigo
ou iso pretendín
como un novo tren
descarrilado
e cando os tempos malos chegan

sobrei

sobrada tremenda esta

e funme
e chove sempre

peguei cada pinga de esa
choiva
inmensa
e fixen un río de ouro
que se vai

arrecende a min mesmo
e non queres probar
un groliño

valentía
dun covarde
que arde
na harmonía
desta tarde
da agonía
lindísima

26/01/2007 11:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Matanza

20070126114306-merda2.jpg

unha resurrección
no poema
adoitaría ser unha promesa incondicional
mais hoxe non falecerá
aquí
este canto

os berros cos que
dis queixarte do teu
hipotético xiro
vital
é o teu descenso
e o teu descenso maxestuoso

aínda queda lírica
por esnifar nas veas limpas
da incredulidade fervorosa

a fervenza non existe
o sol non existe
o bucolismo caeu na conta
e deuse conta
e marchou onte

fuxes
e súas un po negro
no que escribes
unha lenda futura
sen motivo mortuorio

lémbrate
pois
das noites
do vodka

cuspe sangue
porque es unha loita
ao mellor de catro
e vas dentro dunha cabeza
agochada na terra verde sempre

consume os sentidos
e rómpete o peito vibrando
tendo os movementos
do cume da paranoia estrema

aspas
certeiras
e remata a vida

hoxe morres
lonxe de ningún fogar
lonxe de calqueira sombra
lonxe da actividade desordeada
que alumea entre os insectos
e as desilusións

é un roubo
e es feliz

26/01/2007 11:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

A votar!

20070126115316--41134962-181205boli6.jpg

Bueno, rapasolos, xa finou o praso e xa temos as sobradas candidatas ao triunfo do I Concurso de Sobradas "Ao descabelle".

Ajora só vos resta votar cos vosos comentarios á vosa favorita.

Lembrade que os comentarios anónimos non se terán en conta, aínda que podedes votar todas as veses que vos veñan en jana, porque si. Total...

Veña, ho. Votade e fasede que aljún dos partisipantes se faja co ansiado título e co premio sorpresa!

Aí van:

1.- Teño a leite picada, voume correr na boca da puta da mosa deste e vouna caducar.

2.- Vouche dar unha lambetada de cu a cona e de cona a cu que non vas saber se estás caghando ou te estás correndo.

3.- "Pezqueñines no gracias" Sé que no suena mal, pero es distinto si se lo dice una tia a un tio en ciertas circunstancias. No hará falta más nota aclaratoria, digo yo.

4.- -¿Viste pesadilla antes de navidad?
-No, por que? ¿y tú?
-Sí, yo la tengo delante.

5.- -Me siento más hombre con la perilla
-Dime que eres un hombre si tienes pelos en los huevos y no eres virgen.

6.- Situasión: Puje de Senta Comba Bindita.
Moso e mosa dialojan a porta do chirinjito:
- Anastasioooo!!!!Mira que tas bo que che comiría todo o requesonsiño coma se fora yojure!!!
- Hai miña pardela!!!Co juapiña que es e con esas cousiñas que me dis, eu cumiache a conacha coma se fora o bacalau de nuite boa!!!!!

Y se pusieron a haser el acto sexual ensima de una bosta tan jrande coma el piche del prestige...

7.- ...mira que é fea... é peor que pejarlle a un pai un día de festa para que non che deixe salir...

8.- Dos ex-novios, sentados en clase, separados por un tercero. El mítico ex-novio resentido no para de hablar en clase, por lo que la mítica ex-novia-solo-quiero-ser-amigos decide gritarle unas tres veces que se calle. El mítico ex-novio-paso-de-ti, no le hace ni puto caso. Al acabar la clase, ella se acerca a él y le dice: "no te enfades porque te mandara callar, lo decía por los que estaban a tu lado", a lo que él responde susurrandole al oido: "es que la ausencia de tus mamadas me provoca sordera".

9.- Si queres que che enjorden as tetas pasate papel hijiénico entre elas.
Levas fasendoo toda a vida entre as cachas e mira o pandeiraso que jastas!

Xa está. Alá. Ajora a votardes, compañeiros e compañeiras da sicodelia do fin dos días.

Eu nas próximas xornadas non andarei moito por acá, pero iso.

Saúde, pas e sobradas!

26/01/2007 11:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 35 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]