Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2007.

02/02/2007

Tientos (Hora Zulú)

20070202092934-grass.jpg

cuando te canses de putearme dame un tiento
pa ver si aprendí a respirar sin recordarte
cuando te canses de vivir matándome yo me haré el tonto
igual de pronto te da el punto por odiarme

cuando te canses de llamarme pa decirme
"¿qué tal, niño? ¿qué haces mañana por la tarde?"
cuando te canses de venir a buscarme para joderme
vas a verme defenderme con alardes

que siempre estuve demasiado de tu parte
no vi tus faltas, sólo me interesó amarte
vivir pa ti fue mi tormento y ahora ha llegao mi momento
ya no quiero ni acordarme de besarte

cuando te olvides de que puedes recordarme
cuando te enteres que yo vivo pa olvidarte
que tú fuiste mi droga chunga y por bastardo y por cobarde
me enganchaste y me costó tanto dejarte

tú tienes bien cosido tu disfraz
no sabes de lo que yo soy capaz
que tuve tiempo antes de echarme atrás
pero no fui capaz de ser mi capataz

y yo fui, vi, vencí
y por el camino no me convencí
te vi a contá pa ti, pa mí
que sólo una cosa yo quiero a morir

cuando te des cuenta verás que no trae cuenta darme tientos
que por mucho que intentes cambiar conozco el sentimiento
estuve atento al juego y siempre estuve al tanto
de que era mu pronto
pa llorarte tan pa dentro y ser tan tonto

y reconozco que yo morí en el intento
pero no vi la moraleja de tus cuentos
y ahora me sabe a mierda tó, soy supaztrella de mi show
tengo montao el pollo

así que marchate pal norte
no quiero verte
no voy de mártir
y mi deporte no es herirte

no seré quién te conforte
no es por joderte
respeta mi arte-flow
que vuelve pa contradecirte

tú tienes bien cosido tu disfraz
no sabes de lo que yo soy capaz
que tuve tiempo antes de echarme atrás
pero no fui capaz de ser mi capataz

que yo fui, vi, vencí
y por el camino no me convencí
te vi a contá pa ti, pa mí
que yo a ti te quise mejor que tú a mí

02/02/2007 09:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 3 comentarios.

Amo a este home e o seu baixo fictisio

20070202093116-roque.jpg

estaba escribindo catro pallas mentais dando mostras do meu lírico gusto onanista e din en pensar que molaría que roque tivese un baixo de catro cordas afinado en re, polo menos, para tocar e faser algo semellante a ikusi arte inda que molaría que a félix lle rascase máis a voz que ao de berri txarrak que por momentos chega a ser demasiado meloso pero non vou criticalo porque realmente eles xa teñen andado moito máis que nós a nivel musical e supoño que monetario pero quizáis non teñan as cousas tan claro no que se refire aos botellóns pois sabemos que ás once da noite pecha a gasolineira e hai que ir polos xeos inda que inda nos queda o recurso de ir pedir aos bares e despois prometer que iremos tomar algo inda que finalmente ou non vaiamos ou vaiamos a montarlla como o día que roque, o tipo do baixo, rebentou un nokia dos vellos contra o teito e toleabamos cunha camareira á que lle mudamos o nome porque outra cousa non pero para nomes inventados nós somos do que non hai inda que para cousas que non hai poderiamos falar do noso grupo musical que só existe na miña mente e na de alguén máis así que xa me empezo a cansar e penso en montar un grupo eu so, é dicir, poñerme na miña habitación a grabarme peidos ou cousas así e direi que é música experimental inda que xa me dirá meu pai pa qué hostias mercamos a jitarra eléctrica e eu pensarei que por moito que diga calqueira nós xa sabemos cómo van os botellóns e oxalá roque tivese un baixo e un ampli canijo para ir dándolle uns toques.

roque, a ver se para entroido temos un baixista con baixo.

amén.

02/02/2007 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

En Plan 41

20070202093204-amor.jpg

Hahaha...

En plan mi primer amor!

02/02/2007 09:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Á ceavoga

as mellores conas están por chegar

o mariñeiro conversaba
nun ton un tanto ferinte
coa camareira
de aquela taberniña

a camareira xa estaba de volta de todo
e era algo gordecha
pero non tanto como para arrincar
a graxa
metela nun porro
e fumarse as súas chichas
nun longo verán

estaba gorda

até aí de acordo

pero o mariñeiro falaba
por falar
como se debería falar sempre
e dicía cousas
que caían en vasos de cervexa

as mellores conas
serán horizontais

preto da escea
atopeime cun señor maior
que arrecendía a señor maior

é dicir

arrecendía un pouco a morte
e outro pouco a doenzas

o señor maior fitaba
o seu café
confiado na súa morte
ou na súa doenza
e escoitaba tamén a conversa

ou o monólogo

a camareira lembraba
os seus tempos no instituto
os cigarros
as primeiras masturbacións
que lle aplicou o seu mozo aquel
a chaqueta que sempre levaba a clase

o mariñeiro seguía

as conas que están por chegar
son como verdadeiras bocas
femininas

marchei

o sol comezaba a saír
e eu tamén comezaba
a estar tranquilo

02/02/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Sábado sanguento

20070202093439-mis-fotos-139.jpg

onde non alcanza a luz
a nosa historia fina
a un ritmo tan lento
que permite ser analisada
e ser acompañada
nesta ceremonia
dalgún tipo de aperitivo

a túa man roza
tan docemente
a miña man
no que se entende
que é un intento porque
a miña caía polo seu propio peso

pero a miña man non caerá nesta noite

téñoa cravada ao peito e ao corazón

o desgaste non ten senso comigo

xa cheguei desgastado de máis
pulido e brillante
como un oso que nunca existirá

pero tras tremendo proceso
o baleiro é tan enorme e inmenso
que as espirais da desesperación
e da barbarie
sinálanme sabedoras
de que teñen o traballo feito

sabedoras de que irei pola miña propia
carencia
de vontade
a parar ao seu
seo

será o comezo da volta
á fin

unha dramatización tan esperpéntica
que a progresión
une noite e día na mesma noite
e no mesmo eco

sen voz
sen voto

son moi fácil de manter á marxe
son breve e sorprarme é un exercicio de rutina
non son nin un número

algo que lembrarás
cando nin te lembres do meu apelido

lémbrao e grávao na nuca
lema
parís

grávao con coitelos
e con lume

baseado nunha historia real

pero só por esta vez

22 de decembro de 1997

ti estabas durmindo

non eras

por iso estou calmo

02/02/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 5 comentarios.

05/02/2007

Juan Larrea 1 - Samo 0

20070205112248-juanlarrea.jpg

Pois acabo de saír do exame de Cuestións do XX, tras uns 40 minutos de infructuosa divajasión poética.

Total, que nada, que me como a caca.

Ah!

Viva Anatoli!

Viva a Superbowl!

Viva Lema!

05/02/2007 11:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

En Plan 42

En plan así...

05/02/2007 11:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Para fusos, fusas e semifusas

boas

quería un café con leite

como o quere?

a que se refire?

claro
non nos quedan tazas
nin vasos nin padiolas

é dicir

quéreo nunha chave da casa
ou nun parafuso?

non entendo

a ver

só quero un café con leite

non terá algo de máis xeito
onde botalo?

non

pois
non sei

bótemo
nunha chave da casa

agora mesmo
cabaleiro

aquí ten

pero esta chave
é destas planas
que parecen un insignificante
intento
por acariñar un futuro sinxelo

cando dixo chave da casa
pensaba nunha chave
tipo tradicional carlista

asco de xente

05/02/2007 11:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

5 dólares (Bukoswki)

20070205112720-fot-buk03.jpg

estou morrendo de tristura e de alcol
díxome diante da botella
na tarde dun xoves mol
nun cuarto dun hotel vello preto da estación de tren.

Eu, seguiu, traicioneime a min mesmo coa
fe, enganeime a min mesmo co amor
estafeime a min mesmo co sexo.

a botella é condenadamente leal, dicía el,
a botella non mente.

córtase a carne como se cortan as rosas
morren os homes como morren os cans
morre o amor como morren os cans,
dicía.

mira, Ronny, dixen eu,
déixame 5 dólares.

o amor necesita demasiados coidados, dicía.
o odio ten conta de si mesmo.

5 dólares non máis, Ronny.

o odio contén a verdade, a beleza é unha fachada.

devólvochos nunha semana.

ponte do lado da espiña
ponte do lado da botella
ponte do lado das voces dos vellos nos cuartos dos hoteis.

Hai un par de días que non probo unha comida decente,
Ronny.

ponte do lado da risa e do horror da morte.
mantente lonxe da graxa.
adelgaza, prepárate.

algo no bandullo non me viría mal,
Ronny.

morrer só é preparado e prevenido,
ese é o truco.

Escoita, Ronny-

ese pranto maxestuoso que escoitas
non vai ser para
nós.

supoño que non, Ronny.

as mentiras dos séculos, as mentiras do amor,
as mentiras de Sócrates e de Blake e de Cristo
serán as túas compañeiras de cama e as túas campas
nunha morte que nunca ha de rematar.

Ronny, devolvéronme os meus poemas do
New York Quarterly.

por iso eles choran,
sen saber...

por iso hai tanto barullo aquí, dixen eu,
meu deus merda.

05/02/2007 11:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Media hora de retraso.-.-.mental

cando bebo adoito ser bastan
te parvo

e dígoo por todas esas cousas que digo
e fixen
sabedes
o das mensaxes
o de cantar e bailar
e ser un home sen nome estipulado

e as mesas de contrachapado
opinan algo sobre iso

os patadóns no medio
opinan algo sobre iso

non te definas e a liberdade

05/02/2007 11:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

12/02/2007

Sandra, filóloga a escala

20070212143051-orejeras.jpg

Amijos e amijas da filoloxía en horario adulto, hoxe temos a jran fortuna de contar con nós cunha rapasa de lei: Sandra. Ola, Sandra, benvida a este sitio. Que tal o levas?

Pues bien, estoy hasta las narices de los exámenes, cuando realmente no es para estar hasta las narices... así que no sé, estoy inactiva, inquieta y contenta. Sí, bastante contenta. Y además después de cuatro años de paraguas por el culo por fin me haces la entrevista así que guay, jejejeejejeje.

Sandriña, pouquiño a pouco xa estamos en cuarto. Como valoras o teu paso por esta carreira? Que sabor de boca che vai deixar?

Jooo, cuando se acabe me dejará mal sabor de boca porque en realidad me da va a dar mucha pena... pero bueno por lo demás genial, ya sabes que me encanta la carrera y que lo paso genial y además ha habido momentos de todo un poco en estos cuatro años: en plan broker es idiota (cualquier momento), en plan apruebo latín (viva), en plan estrenamos nuestro primer corto (camino y yo intentamos mear en los wateres de tios, tú vomitas tortilla y cerveza en el aparcamiento y mucho más), en plan raquel superpedo dice "daros un besitoo" (tú no estabas, luego hubo besitos varios), en plan heridas (y ahora cicatrz en la rodilla por beber sin haber cenado), en plan celebrando ser mujer en la biblio (jejejejeje) y más y lo que nos queda. Eso sí, en cuanto a conocimiento, he de decir que ahora tengo un poco de cacao y que quizá algunas cosas que sabía antes de entrar en la carrera ahora ya no las tengo claras y yo soy de las que digo "andé" en vez de "anduve" y me quedo tan ancha porque ahora tengo otra concepción de la lengua y deberían regularizarse ciertos verbos. Lo mejor de la carrera: algunos libros, algunos profes, nuestros cortos y vosotros.

Seica que cando remates vaste meter en terser siclo. Explícanos un pouco de qué vai o tema.

Bueno, pues es algo así como que no lo tengo claro claro pero vamos que son dos años, haces la tesina y las asignaturas son con trabajos (no con exámenes) y se supone que te especializas en algo al elegirlas. Yo desde luego tiro pa literatura porque lengua.... en fin, y no sé. Luego en el segundo año si tienes una beca de doctorado te puedes ir de estancia algún sitio que te lo pagan. Y nada tendré que aclararme y decidirme sobre todas estas cosas importantes que conlleva el tercer ciclo y que ahora no sé muy bien cómo afrontar (todo se andará). Lo bueno: no me pongo a opositar según acabo la carrera, sigo con algo que me gusta (porque a mí me mola), raquel también lo hace y además nos veremos con ion y contigo (o hay más probabilidades así) por los pasillos.

A día de hoxe andas de bolseira pola facultade adiante. En que consiste a túa labor na bolsa esa?

Puesssss, ahora mismo estoy escaneando, limpiando y retocando relaciones de sucesos del XVII, esto es, que digitalizo y preparo para que posteriormente se cuelguen en una biblioteca digital lo que fueron los primeros periódicos o soportes de noticias. son unas especies de noticias, muchas en verso, sobre temas variados: ha nacido un niño con dos cabezas, un hombre ha matado a su mujer, se murió el rey pepito, se ha visto una nave voladora por encima de no sé qué sitio... vamos, como ahora. En la beca lo paso bien y además me ha hecho ver que tras la carrera hay otras cosas que aguantar una clase llena de mocosos hormonados a los que no les importa un huevo qué es un encablagamiento abrupto.

De todos os libros que lemos dende que empesamos, con cal te quedas e cal mandas ao lume?

Tío, vaya preguntas me haces, si ya sabes que yo soy muy complaciente con los libros (salvo Bajo hielos eternos o como se llamase que se me atragantó y como no me iba a examinar de él pues pase de él, pero vamos que un día de estossss, en veranooo o así lo leoo). A ver, Samuel, como ya sabrás soy una apasionada de La Regenta pero me molaron muchísimos más, por no decir casi todos (Cárcel de amor, Lo prohibido, Los pazos de Ulloa, La muerte de Artemio Cruz, El señor presidente. El perro del hortelano...). Así que me quedo con la mayoría y a la hoguera pues.... pfffffffffff La tabla de Flandes me decepcionó, El Quijote es una obra maestra y todo lo que queráis pero no, no, no me gusta, tampoco uno de Valle-Inclán... bueno ese que leímos con Fidel. Y eso.

Dende que nos coñesemos, cantas veses me dixeches "A ver, Samuel..." con ese ton ameasante tan característico?

Tantas como tú a mí "A ver, Sandra", "A ver, Sandriña" y más amenazante si cabe "Sandraa" (hay una grabación que lo confirma, aunque te contengas). Por no hablar de tus caras desesperadas (o desesperantes) o las mías escandalizdas (pero no escandalizantes). Pero Samuel si no no sería lo mismo. Es así. Tampoco me enfado de verdad jamás asi que... Además a veces te mereces que te ande "a ver, Samuel, ¿tienes prisa?" o cosas similares, jejejejejeje.

É verdade que os teus órjanos máis que órjanos son orjanillos?

¿Qué clase de pregunta me haces? A ver, Samuel, podría decirte mil cosas con respecto al tamaño pero sólo te diré: el tamaño no es lo que importa, los mejores perfumes se guardan en frascos pequeños y no sería la misma con órganos más grandes (me sobresaldrían por todas partes...jejejeje). ¿Todavía no has dejado de sorprenderte conmigo, tío? Así soy: pequeniña (aunque yo creo que no es pa tanto, pero al lado de tí y de tu cabeza...).

Por que os da nosa clase non ajuantan un día de festa e sempre quedamos sos polo Orsán adiante?

Pfffff, pues no sé, será una broma que nos gasta el destino (es una prueba que te respaldará la próxima vez que no quieras bajar), no sé. Es que ya se verá en la casa rural si se piran pa su casa o qué coño hacen (o ni beben ni nada). Es que somos la fiesta padre, samuel, ya se vió la fiesta que nos armamos cuando nos quedamos solos. No, a ver, bien en el sentido de que lo paso guay contigo pero los demás tienen un Cero en compañerismo de juergas. La próxima vez a ver si al menos nos equiparamos en nivel de ebriedad, tú llevas zapatos o algo, no nos encontramos a fiti, a mí no intenta seducirme un melómano y esas cosas.

Ajora a parte da entrevista na que che poño unha serie de palabras e ti pos o primeiro que se che pase por esa pequena cabesiña túa:

Galdós: forever
Apuntes: aprovechaos (lo sois, no os incito)
Aditamentos: cortos (... y más cosas)
Agobio: samuel (bus)
Croqueta: ruleta de la fortuna (también hambre)

En fin, até acá o noso tempo, querida compatriota filóloga. Jrasias por o teu tempo, dios cho paje cun fillo cura. Unha aperta forte! Vémonos!

Samuel, gracias, a tí. Un (pequeño) beso.

12/02/2007 14:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 2 comentarios.

Hammond

borracho no mediodía
de abril
e os soños entran

marcas o tempo que
non me gusta o teu
pelo
curto

mañá
con siloxismos

12/02/2007 14:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Miénteme (Los Suaves)

20070212143407-enplan.jpg

¡Miénteme!
Ahora ya no quiero ni verte.
Olvidarte es creer en la vida.
Olvidarte es ganarle a la muerte.

La vida te va apuntando
los pecados en secreto.

12/02/2007 14:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Eccema

o cuarto
está branco
gris e marrón
por igual

o cheiro
entra por cada
anaquiño de pel

ela segue
encima da taza
do cagadoiro
apretando os dentes
e paréceme tan bonita

teño unha erección
e mírome no
único anaco de espello
no que podería facelo

o tempo esqueceuse
deste cuarto

alguén abre a porta
e entra o son
da música

soa auga escorrendo
e levándose un anaco
desa muller tan bonita

pagareille

e pedirei
unha caña

mañá teño que entregar
un traballo de obstreticia
e chove tanto
no meu eccema

12/02/2007 14:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Os exames roubáronnos a inosensia

20070212143604-jovenes-20examen-20de-20admision.jpg

Xa había que non deixaba pejada por estes lares tan lamentables. É o que ten o período menstrual de exames. Hoxe teño o de "Cuestións da literatura española: séculos XVIII e XIX".

Teremos cuestións como: "E?" e "Um?".

Desexádeme sorte cos dedos dos pés crusados e os pelos do narís encrespados.

Pois estas semanas van pasando sen pena ni gloria. Bueno, minto. Con Pena si, que o outro día fómoslle en cas Diego a afumarnos coa cosiña de ferro.

Pero quería disir que estes días pasáronseme lendo, aporreando a jitarra (Roque, aforra e píllate un puto baixo), escribindo poucas pallas e xojando ao PcFrance 5.0 (que manda carallo...).

E nada, que un xa vai tendo janiñas de que cheje o entroido, e iso que sempre fun un anti-entroido de la vida. Que até lle pejei ao meu mellor amijo en Ordes porque me manchou o estuche cun cacharro de espuma artifisial, en quinto de EXB. Quién te ha visto y quién te ve, Samuel!

E falando de entroido, disfrases e demáis troula, quero faser aquí mensión espesial á fijura de Inés. Por que? Pois porque esta rapasa, tras jañar os 132 euros da porra, vainos a pajar un botellón en plan amistá. Tres hurras por Inés!

Ah! A semana pasado fun ao xeonllólogo, que era xeonllóloga, e xa me dixo que me van quitar o menisco. E ajora teño que ir faser da orde de oito millóns de probas: unha análise de sangue, un electro (doméstico?), unha placa (dental?) e unha proba co anestesista. Vamos, que só lles falta meterme o dedo polo cu e pedirme que dija 33. Un coñaso.

E nada. Espero que a operasión non me pille nas datas do Extremúsika, ao que xa teño unhas janas da hostia de irlle. Que por serto, e falando da operasión, fíxeronme asinar o típico papel de "se-nos-morres-no-quirófano-a-nós-non-nos-chores" no que pon que esta técnica ten "un mínimo porcentaje de mortalidad" (en plan tranquilo, majete) e despois pon que unha das complicasións máis habituais para este tipo de intervensións é a: "Algodistrofia simpático-refleja". Algodistrofia?! Que é? Que se che distrofia algo, pero non non se sabe o qué? Que pode ser calqueira cousa pero que vai ser simpática? En plan que me vai saír a cara de Mickey Mouse na punta do pito? En fin...

Pois nada, creo que xa vos rompín a cabesa a jodelo, así que les dejo por hoy. E lembrade que o praso de votasións continúa aberto en canal, así que sejide votando, enerjúmenos!

O praso finalisará o xoves cando me pase polo blog, xa porei un comentario de peche das votasións. A partir de ese comentario non se contarán os votos.

Dios, que pesado son...

Déixovos estar. Veña lo.

Aúpa Oleguer! Viva Juan Bou y palante! Gora Sartaguda!

12/02/2007 14:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

15/02/2007

Xa temos jañador!

20070215094813-juank.jpg

Cun total de 8 votos o jañador do I Concurso de sobradas "Ao descabelle" é a sobrada nº 6, e sejunda queda a nº9.

Aberto o sobre da plica vemos que autor de tremenda lindesa é o rapás da fotojarsía! Juan Carlos I de Laxeiras.

Noraboa ao premiado, e que saiba que o acto de entreja do premio se realisará sen previo aviso, pero que se realisará, porque aquí outra cousa non, pero cumprimos, ostia!

Ao resto de partisipantes moitas jrasias por teren colaborado coas súas turbocaralladas e que saiban que sen eles isto non tería o pouco chiste que ten. Tamén ajradeso ás almas caritativas que cos seus votos animaron o cotarro.

E ajora a ver qué se me ocurre para faser outro concurso.

Permanescan atentos (pero non moito, que tamén hai que faser vida coa familia).

15/02/2007 09:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 1 comentario.

A bote pronto

20070215095006-berrise9.jpg

Así a bote pronto podería recomendar ao persoal skatalítico que por acá se pasa que, se lle apetese ou dá a jana, se pase pola web dos Skalariak, pois están a realisar unha enquisa para saber qué temas meterán no seu futuro disco en directo. Iso si é democrasia! Ou respecto aos sejidores! Ou visión comersial!

Tamén, así a bote pronto, se me antolla o comunicar a vuesas mersedes que o venres 9 de marso estarán os Berri Txarrak en Compostela. E, non sei vós, pero a min faríame moito irlle ao tema. Así que os que se animen a ir a tremendo cotarro que mo comuniquen. Se non xa vos romperei a cabesa a todos pa irlle.

15/02/2007 09:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Algunha deusa

na parede de cociña
hai un prato que brilla
onde vivimos ti máis eu
e soan
todos as almas consumidas
de esta noite
e máis guapa que todas

estás aí

ámote como te amarei mañá
e como te amarei
facendo que te amo

15/02/2007 09:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Maradona

20070215095243-grafico-maradona.jpg

moita xente
non entende
aos que temos a maradona
por algo tan grande

e din

drogadicto

e colgado
e tal

e fálanche de pelé
de di stefano
incluso de zidane

só admitiría
a alguén
que
en contraposición
me falase de
romario

pero é unha grandeza constante

é a derrota
da ilusión

maradona é o barrio
o comunismo da coca-cola
unha ovella gris
unha figura
autodeformada

maradona
muhamed alí
o vietcong enteiro

aí está a fonte da felicidade

fidel castro
bicando a andy warhol

e bob marley en bañador

todo iso

o gol contra inglaterra
é o puto david de miguel anxo
visto xusto no momento da creación

un intre nada máis
pero

que queredes que vos diga?

se dá noxo o tempo
no que nos tocou
estar vivos

15/02/2007 09:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Nu-cal-dei-ro-do-li-xo

paseaba coa súa condea
polo paseo marítimo
recén inaugurado

un bo orzamento
e moito granito

tamén bancos de deseño
que é a forma
na que se chama
aos bancos sumamente
incómodos

paseaba coa súa condea
e sinalouse dende lonxe

atopou nun caldeiro
do lixo
un apuntamento sobre si mesma
e encheuse
de refugallos
a alma enteira

mudou a roupa interior ao chegar
ao seu cuarto
e ceou como adoitaba

15/02/2007 09:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Falar por falar

fun doar sangue
e déronme un bolígrafo

agora só queda
atopar alguén
que
ao darlle un bolígrafo
me dea sangue

15/02/2007 10:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Sorprendente forma de comezar o día ou de cómo o estudo incrementa a incapacidade para saltar cacas na rúa

20070215100443-afoto.jpg

hoxe non é o día
das magníficas
ocurrencias

teño a pirola
chea de pus
e púxenlle un
anaquiño de limón
do limoeiro da horta

golpeeina
cun dicionario xerais
e fíxenlle uns cortes
cun desparafusador
vello

escribinlle o nome
de algunha posible
fichaxe do valladolid
co coitelo de cortar o pan

amputeime os dedos dos pés
e metinmos
polo cu
mentres cantaba
algo do grandísimo
frankie sinatra

matei á miña familia
quiteilles o sangue
púxeno nunha palangana

chamei á miña moza

boteille o sangue por riba
e despois dinlle co pito nos ollos

encántanme
os novos telediarios da galega

15/02/2007 10:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

22/02/2007

Dedicatoria (Leopoldo María Panero)

20070222095048-mis-fotos-078.jpg

Más allá de donde
aún se esconde la vida, queda
un reino, queda cultivar
como un rey su agonía,
hacer florecer como un reino
la sucia flor de la agonía:
yo que todo lo prostituí, aún puedo
prostituir mi muerte y hacer
de mi cadáver el último poema.

22/02/2007 09:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Periodismo

aquel policía
entrou no salón
con moitos periodistas
detrás

eu mercara unha pistola
e estaba sentado
sobre a alfombra

o policía
semellaba máis nervioso
que os periodistas

mateino
e os periodistas
entrevistáronme
despois

é a primeira vez que mata
policías?

perdoade
antes de nada
e por non ser mal anfitrión

queredes tomar algo
amigos da prensa?

teño un surtido
cuétara

si?

pois collédeo

está aí

no caixón que está preto
do pé esquerdo
do policía

22/02/2007 09:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Skalariak en conserto

20070222101550-skalariak.jpg

Como podedes comprobar neste sitio os pibes de Skalariak virán a Compostela este mes de marso.

Así que: este sábado imos a Betagarri, o día 9 de marso a Berri Txarrak e o día 24 de marso a Skalariak.

Agus, ajora non tes escusa!

22/02/2007 10:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Entroido/1

20070222093106-img-0702.jpg

Jran cúmulo humanoide: La niña de Shrek, Loli Álvarez, Bob Marley, a bestia, Cruela de Vil e Chaplin.

22/02/2007 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Entroido/2

20070222093215-img-0629.jpg

O amor. Recreasión dun frechaso.

Cupido e a bestia.

22/02/2007 09:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Entroido/3

20070222093302-img-0581.jpg

Mami, qué será lo que tiene el negro...?

22/02/2007 09:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Entroido/4

20070222093346-img-0580.jpg

Sí, bueno, de acuerdo...

22/02/2007 09:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Entroido/5

20070222093444-img-0579.jpg

Loli Álvarez, ou cómo se pode morrer de asco en 0'5.

22/02/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Entroido/6

20070222093553-20070221105041-vaiatropa.jpg

O jrupo. Vaia panda de individuos.

Pseudo-Osama incluído.

22/02/2007 09:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

E o sábado...

20070222094312-betagarri-klein.jpg

Conserto de Betagarri na Sala Capitol en Compostela!

Vai ser jrandioso poder escoitar isto, que deu lujar a jrandesas como esta!

Enorme!

22/02/2007 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Rajada, un pouco de todos contra todos

20070222094733-nuclear-explosion-20foto-0.jpg

Xa había tempo que non deixaba pisadas na secsión de esbardalle, así que hoxe voume permitir un mini luxo e vou despotricar a nivel de quinto curso sobre unhas cantas cousas que penso que non molan.

Non mola o puto concurso de comparsas que se orjanisa en Muros, e dijo por qué:

-Porque non cortan a estrada e nin desvían o tráfico polo relleno, o que é aljo bastante fuleiro, porque era bastante triste que mentres pasaban as diferentes comparsas houbese aljún guiri metido na súa caravana véndose abordado por tremendo pelotón multidisciplinar.

-Porque o que se entende en Muros por sistema de megafonía é moi similar ao que entendo eu por sistema de distorsión e emisión sonora de volume variable.

-Porque as coplillas que se emiten por parte das comparsas son unha forsada continua da lírica.

E listo.

Outro tema.

Os partidos da Champions en Antena 3 apestan dun xeito inequívoco. Os comentaristas paresen os típicos lamecús que parese que leron un manual de "Triunfar no mundillo periodístico para tontos". E teñen a jrasia no sentro do cu. Pero bueno, apestan ijual que o resto da cadea. Salvo polos Simpsons. De aí a mítica expresión "De Antena 3 só safan os Simpsons".

Novo cambio de tema.

Rebéntanme os profes que pensan que só temos as súas asignaturas. O mítico caso de profe supercontento que pensa que o que el (ou ela, iso dá o mesmo, xa sabedes) ensina é vital para ser mellor persoa, mexar colonia e faser o pino cunha man, e non se dan conta de que somos personillas que tamén queremos faser vida, que temos máis intereses, relasións interpersoais de diferente índole... A ver, en serio. Non se dan conta que se fan que aljén coma min se vexa sobrepasado vou acabar por pedir papas de todo e faser a mítica de "como-non-me-vai-dar-na-volta-paso-de-todo-e-vou-vela-tele-ou-vou-tomar-unhas-cañichuelas"?

En fin.

Esta foi a sesión de esbardalle de hoxe.

Asco de persoa que son.

22/02/2007 09:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 4 comentarios.

Tres pares de collóns son seis collóns

font vella é alcol
sweet home chicago é alcol
tovaric é alcol
prusia é alcol
dreamer é alcol
vibración é alcol
athens é alcol
tremer é alcol

like this!

doce calor
de tarde na praia
déixame quedar
deste xeito tan repousado
e ousado

re re re
mi mi
re re re

unha braga
na boca
e un sorriso enorme

22/02/2007 09:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

23/02/2007

No one knows (Queens of the Stone Age)

Heaven smiles above me
What a gift there below
But no one knows

A gift that you give to me
No one knows

23/02/2007 10:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 6 comentarios.

Samo campión!

20070223103240-11d19feb07.jpg

Aprobei todo o de febreiro.

Rejalan a carreira.

Matrícula = Título

Non me mereso a sorte que teño.

Saúde!

23/02/2007 10:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

26/02/2007

Decembro

decembro
e o verbo ser
perpetúan unha sospeita
na que se me confunden
os silencios
verdes

chegará decembro
e unha vinganza

complícase
un dos nosos
recordos que fotografamos
como
o animal salvaxe no que
me transformei

26/02/2007 10:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Lorena (Calamaro)

20070226103355-epsn0840.jpg

Bajo la luna
camino
esquivando
charcos,
lagunas,
ríos
y mares.

Y no quiero volver a verte
nunca
triste...
sola...

(...)

No dejes que tu ángel
te abandone.

No existe el odio.
No existe el recuerdo.

Hoy es hoy
y siempre será hoy.

26/02/2007 10:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Moito mellor

el tiña dezasete
e ela dezasete
e ás veces aqueles ollos
esquecen as cariñas que pasan
núas
por diante

e ninguén
sabe
xa o xeito
no que se ama

26/02/2007 10:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

I Concurso de Nomes de Pelis Porno "Ou fodemos ou morremos todos"

20070226104044-sexo.jpg

Tras o cristo situasional, orjanisativo e de contido do I Concurso de Sobradas "Ao descabelle" (do cal en breves días se fará entraja do premio ao jañador) cheja á nosa web amija un novo concurso cantidá de estúpido froito dunha idea estúpida que tiven cando ía no tren:

I Concurso de Nomes de Pelis Porno "Ou fodemos ou morremos todos"

O mundo do porno en Jalisia está sumamente parado, é disir, descoñeso se realmente existe unha soa longametraxe porno en galego. Para ir creando unha situasión favorable ao floresemento desta industria na nosa terra, propoñemos desde este sacrílego sitio que colaboredes mandándonos posibles títulos para esas pelis, que reflictan a diferensia evidente entre a pronojrafía feita dende acá ao do resto do mundo do folleteo.

Así que as rejras serán as que van a continuasión:

1.- Os títulos das pelis han de ser orixinais, non tradusións de outros títulos de pelis porno e han de ser en galego. Aljúns exemplos poderían ser: "Con Dorotea josando na batea" ou "Creo que a fodín subido no chimpín".

2.- Cada persoa pode enviar tantos títulos ao concurso como se lle antolle.

3.- A diresión á que debedes mandar isto é: fodemostodos@hotmail.com

4.- O praso para a presentasión dos títulos rematará o 19 de marso. Ese día coljaránse na páxina os títulos escollidos para entrar na fase final. A partir de aí abriráse un praso para as votasións, que se realisará en forma de comentarios no artijo onde estean postos os títulos. O praso de votasións rematará o día 30 de marso.

5.- Os votos emitidos dende o anonimato non se sumarán.

6.- Só se poderá votar un título en cada comentario. Os comentarios con dous ou máis votos serán nulos.

7.- Cada persoa poderá votar tres millóns de veses.

8.- O jañador ou jañadora levará un premio sorpresa que fará las delisias de los mayores de la casa.

Así que xa sabedes, ide pensando os vosos títulos e non deixedes de partisipar e de disirlle a todo cristo que o faja.

Contamos con vós!

26/02/2007 10:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 5 comentarios.

27/02/2007

A sorte

tras centos de anos
camiñando en balde
e de balde
por fin
acadou o cumio do monte
nunha bela tarde de outono

alí estaba a nai creadora
negra como unha portada
de cátedra
e falou deste xeito

a túa sorte merece
unha oportunidade

escoitou unha trompeta

e voltou ao comezo dos seus
días

27/02/2007 14:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Cristos mentais

20070227142320-paranoia.jpg

Hai un tempo xa coljei neste sacrílego espasio algúns dos grandes resbalóns mentais que se puiden ir escoitando. Como o mundo non cesa de dar á lus frasoides e máis frasoides, vinme na obriga de traer novamente até acá esas jrandes idas de olla.

Aí van!

-Eso é que che jode a garganta: saír de fóra pa dentro. (Aljén perdeuse ese capítulo de Barrio Sésamo)

-A dividisión da entrada. (A dividisión, ese sitio)

-Porque Manolo vai no huevito e non sabe ler e se pon: "Carretera, peligro de muerte"... Alá vai el! (Manolo, o huevito e as jrandes señalisasións das estradas galegas)

-Falaba cos flaires do convento. (Novas ordes relixiosas)

-Por as miñas veas sólo corre nécora. (Ánxela e os atracóns)

-Atráeme o sudor! Ai, non! As cousas juarras! (Non sei qué será peor)

-Si foras muller e che deran por o cu eras puta a tope. (Machada)

-¿Aún no sabes nada de mi coño y me estás preguntando por el pijama? (Perdoa, teño cada cousa...)

-A min paréseme ben ter a rejla. (Super-declarasión)

-¿Me dejas beber algo con algo? (Javi y lo indefinido)

-Él es la pirola de Samuel. (Non sei quén era el, nin quero sabelo)

-Tengo el escote sólo en el pecho. (Cantidá de escote)

-Uno más uno son siete... El Fran Perea no fue a gramática. (E ti que dabas en matemáticas)

-Oh, flores funestas de abril! Mi cerebro en un barril! (Soy poeta porque me peta)

-O mítico das pelis: poner "el periódico" ensima da lámpara. (Ánxela e o sine, un capítulo perdido da historia)

-Imagínate a un leñador de Alaska con un skijama de Mickey Donald. (Fusión perfecta de Mickey Mouse e o pato Donald)

-Ganó el perro de Wiskas. (non será o jato?)

-Vou ir a Barselona unha semana a pajos jastos. (Miriam e as viaxes fraudulentas)

-La polla es algo tan divertido. Si yo fuera tío me pasaría el día jugando con ella. (Pero non eres un tío, lémbrao)

-Como vai o partido?
-Sero, sero.
-Quen marcou? (A lóxica dá ijual)

-E lo a nejriña? Fai de Batman Catwoman. (Se de Batman fai Catwoman, de que fai a nejriña?)

-¿Sabes qué a veces los nombres tienen edificios? (Pois non, a verdade)

-Hoxe durmín ben, tiven o soniño ben. Desperteime ás 4 da mañán... (O día que durmas mal...)

-En América veñen chinos con japoneses e cásanse os uns cos outros e de aí ven a mongolidá. (A mongolidá, ese mal)

-¿Qué es una interpolación?
-Es un cacho que hay en el libro que no es del discurso mismo. (Marta respondendo a unha erasmus e causándolle un trauma ao mesmo tempo)

-Eso es whisky con vodka con coca-cola. ¿Eso es un detalle de pureza? (O brasileiro, Joao, menudo crack)

-¡Qué hijos de puta sois con el pasado compuesto! (Xa, somos crueles)

-Ten pilas de electricidad. (Por favor, cantas clases de pilas coñeses?)

-É como se hai un contrato de felación. Un contrato ten que ter unha firma, non unha polla. (Raúl e os contratos)

-¿Cuánto nos queda?
-Treinta segundos.
-¡Caray! Ese reloj debe ser suizo.
-No, es de competición.
-...
-Sí, corre mucho. (Marta sentando cátedra)

27/02/2007 14:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Melrose place

en cuatro
están botando melrose place

todas as mulleres de esa serie
son mulleres que saen na televisión
e pensan que elas mesmas saen na televisión
algo así
como unha visión a distancia
e tamén pensan
que cando están borrachas e orgullosas
o seu sería
montar no lombo dalgún animal
do cretácico
berrando capitais de provincia

27/02/2007 14:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

28/02/2007

Agora

confórmaste coa

baila mentres

gocemos de

escoitemos a

e entendámonos
e non sexamos malos
querámonos sen golpes
no lombo
e cun máis que consecuente
espectáculo
vital

non renuncies a vivir
agora que vives

28/02/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Don't drag me down (Social Distortion)

Ignorance like a gun in hand, reach out to the promised land
Your history books are full of lies, media-blitz gonna dry your eyes
Have you ever been afraid, and felt society try to keep you down?
I begin to watch things change see them turn around

Turn around, they'll try to keep you down
Turn around, Turn around
Don't drag me down

28/02/2007 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.



Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]