Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2007.

02/03/2007

Jarque e dez máis

hai un home na radio
berrando

pero berrando como se lle berraría a un fillo

polo feito de que o deportivo
colleu o campo
ao contrario do que acostumaba

e penso que eu non me poría así
por algo así
así que reláxome
e fago así
coma quen

revolveuse unha espada e contiven unha bágoa

balón para o espanyol
que quere meter un gol

02/03/2007 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Aflisquisplosquis

20070302094015-goiko.jpg

Pois este segundo cuatrimestre semella que vai prometer.

Polo de agora xa teño clases destas de "tes-que-firmar-ou-vas-suspender" de martes a venres, co cal as opcións de saír entre semana vense reducidas a cero, ou case cero. Ademáis semella que vou ter que facer bastantes choios destes de "cinco-folios-non-son-abondo-tráeme-vinte-folios-jrapados-con-portada-e-bibliografía". En fin.

Do resto... pois así-así.

Meu avó, e isto díjoo porque tarde ou temprano os que vos pasades por acá, que sodes do sírculo de amizades, vos iredes enterando, tivo un acsidente no seu semi-coche (mercou un destes de sen carnet). Pero non foi jrave, só amolou un pouco as costelas. París resiste!

Onte fun ao hospital faser un mogollón de probas. E maso ben. Ajora teño ke agardar para ir ao anestesista a finais de mes, que sejundo os resultados xa me dirá. Supoño que será para escoller a anestesia: ou tixolaso na cabesa ou a primeira parte da Regenta.

E na, este finde a ver se vou a Compostela, que teño a uns cuantos enerjúmenos.

Ah! Non deixedes de partisipar no concurso! Que xa van chejando cousas e o tema promete!

Ajardo que vos vaia a todos guay (son así de enrollado).

Saúde, pas e ska!


(A foto é de Goikoetxea e non ten nada que ver con nada)

02/03/2007 09:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Abre los ojos (Los Muertos de Cristo)

20070302094109-muertos.jpg

¡Qué contento está el obrero!
¡Se acabó la explotación!
Sus hijos van a la escuela,
tiene coche y televisión.

¡Cuánto listo oportunista!
Los votos dan el poder.
La derecha ahora es de centro
y los burros saben inglés.

¡Qué bonito es el amor
cuando sólo sabes odiar!

¡Qué fácil contar mentiras
cuando escondes la verdad!

¡Qué bien suena tu hablar,
demócrata infernal,
cuando escondes tras los muros
bajo llave mi libertad!

02/03/2007 09:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

O tempo que non foi

20070302094221-fiestra.jpg

á memoria de David

non estás na miña memoria verdadeira
nin faciana
nin voz
nin xeitos

non estás en ningures

estás nas verbas
nunha memoria áceda
que amosa todo o que finalmente
non foi

terías a miña idade
sempre

posiblemente seriamos colegas
aínda
e falariamos de que o depor apesta
de que juan rodríguez é un sicario dunha
especie de mafia andaluza
e de que de guzman é un pit-bull

e quedariamos para botar un cabrón
ou un póquer

e contaríasme cousas
dalgunha tía chunga
que che dixo non sei qué hostias
e ririámonos sendo uns nazis nun banco

pasariache cedés
que tardarías en devolver e
daríame igual

explicaríasme o qué pensas
do café con leite
ou do té
e de qué non che fan nada
e eu contaríache o de cando estudei para o exame
de latín

non virías ao viña
pero cansaríaste
como todos
de escoitar as nosas putas anécdotas

non sei qué sería

non estás na memoria verdadeira

supoño que estás en algo mellor

en algo
do que non se fala todos os días
porque é algo moi bonito

02/03/2007 09:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Sweat (Inner Circle)

02/03/2007 09:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Segundo o previsto

20070302095201-mis-fotos-080.jpg

o día que apareza coas veas cortadas
ninguén se botará as mans á cabeza
polo que o farei
sen uns remordementos excesivos ou grandes

02/03/2007 09:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

05/03/2007

Glo, unha muller paixonal

20070305103312-glo2.jpg

Bueno, xentes, hoxe temos o incrible praser de compartir uns minutiños con Glo. Ola, Glo, que tal?

pois oxe mais aburrida q o de costume por eso estou escribindo esto jeje

Este ano viñeches a Coruña a faser un siclo menstrual en plan C.S.I., como che vai no siclo? De que vai? Porque somos moitos o que non nos enteramos moi ben do conto.

pois o siclo e de anatomia patoloxica e citoloxia

non me vai moi ben, pero tampouco estou estudando moito(nada)
pero en clase pasomo moi ben , son xente moi divertida


Hai un ano, ti eras unha santiajesa adoptiva consiensiada. Ajora estás por La Coru adiante, como te vas afasendo a esta siudá?

pois moi mal

e unha siuda d merdaa
cheira q tufa, e unha tortura levantarte polas mañas e sair a rua pa ir a clase
danche janas de ir outra ves pa cma a cheirar os teus peidiños
q cheiran millor
e ademais a xente e chunguerrima


Cando andabas no insti e tal eras un portento de xojadora de balonsesto, que hai daqueles tempos, Glo? Non che molaría meterte nun equipo? Barallastes esta posibilidade?

pois fun un dia a entrenar con lu

pero xa non son o q era jojo
non pesei en meterme en ninjun equipo pq kita moito tempo e son moi baja
prefiro estar tirada no sofa

Pasando ajora ao mundo mascotil, todos sabemos que ti e as mascotas non casades ben, polo tema de que che morren ou desaparesen. Á cadeliña que tes ajora que cres que lle pasará: morrerá ou roubarancha?

vai d ahí

a super cadeliña d ajora
q e a mais bonitiña do mundo
pois nn lle vai pasr na d na
vai tes cansiños e imonos faser d ouro a conta dela
jojo
xa veredes
pois o das mascotas e aljo inesplicable
a miña irma tm se lle morren os animais
tiña 1 hansteer e morreulle, nn lle durou 1 mes, xa ten outro
e os peixes nn dijamos
o unico q dura e o jato, pero xa e o sejundo q temos pq o primeiro matouno miña naica roda do coche
jojojo
somos o q nn ai


Hai un movemento popular dentro da pandilla empesinado en que acabes con Agus. Como ves esta posibilidade?

pois ajus nn ten mais q enjordar 1s des kiliños como minimo

e sejun el eu teño q adeljasalos
por serto voum poñer e ello
vou ir a dietista
jojojojoj
ides qedaar abraiados
e nn vou qerer saber na d vos
vou faser novos amijos
e nn vou qerer a ajus
jojojo
q va


Por que cando xojamos ao póquer vas a muerte con un trío?

pois pq vos nn sabedes o q teeño

e asin janei moitas partidas
e pq nn sei xojar
e pq
e pq
a ti q xe importa
e unha tactica
q nn vos vou ddescubrir

Agora a parte da entrevista na que deixas voar o teu subconssiente e pos o primeiro que se che pasa pola cabesa se dijo...:

Tortilla: con chourisiño
Paracaídas: tortilla
Emosión: aaaaaaaaahhhhhhhhh(jrito de emosion)
Piso: puto vesiño come merdaa
Verdade: a q dijo eu sempre

Bueno, Gloriña, até acá o noso tempo. Jrasias por dedicar unha parte da túa vida a este blog de merda. Unha aperta forte-forte. Vémonos!

d na, nn pasa na perdon por tardar tanto

05/03/2007 10:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 3 comentarios.

06/03/2007

Nada de nada

20070306140506-metallica4.jpg

Nin Viñarrock, nin Extremusika, nin Tendo64, nin nada de nada.

Metallica o 28 de xuño en Lisboa, no Super Bock Super Rock.

É o obxectivo.

06/03/2007 14:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Dulces noches de luna y pateras (Los Suaves)

20070306140621-patera-20rota-201.jpg

Peor que matar a un hombre
es cerrarle el camino.
Mucho peor es ahogar su destino.

El mundo es de todos.
¡Tienen que pasar!
Aquí entramos todos
o aquí no entra ni Dios ni Alá.

06/03/2007 14:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Alabín, alabán!

20070306140918-112205-cheer.jpg

Empezachedes con forza mais semella que os ánimos se foron calmando.

E NON PODE SER!

Seguide participando! Que aínda quedan días! E sei que tedes ideas a barrelas! Non deixedes de intentalo!

Aúpa a vosa mente demente!

Partisipade!!!

06/03/2007 14:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O que dixen e ninguén escoitou

herba en mal tempo
entroido de fondo
nas pedriñas da alma enloitada
e ámote como unha nuca
prohibida

ámote
dentro nas vísceras
enloitadas e cun cancro tolo
de amor

conexión fagocitante de
equivocacións razonadas
máis cinco serpes sentidas
alí no azul

escribín esta loita
nas cinzas que deixan

un óso cambiante
de fronte libertaria

ámote
dentro nas vísceras
no corpo baleiro
coa sangue voando en puntos
vermellos
ao teu redor

ámote na morte
contigo
e na morte

ámote
sen a consciencia
de quen chegou á oitava canción
e sen cincocentos ananos
de ás negras
e ás negras
e ás negras
e cincocentas ideas mal
estudadas

e ámote
dende a facada
na vea intolerante de ti

ámote
e baleiro o meu corpo
onda o teu

lene

suave

ámote
con cariño
homicida

con homicida
pretensión de heroicidade
e coa mirada triste
do neno
que aínda ves en min

e crearei todo o combustible
que precisemos
neste abandono

ámote
na miña e na túa morte
na mesma morte

mellor que a soidade
nosa da fartura homicida e na raiba
e na nación homicida
e na felicidade enteira
e tamén

agora

todo se foi
co último trebón

e ámote

06/03/2007 14:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

07/03/2007

Dáme un intre que te vou ensinar a perder

xa non é
xa non é
xa non é

e a miña vida estala

e
miña vida
es tola
de todo

de todo o tola
que es
terás que dicir
que me queres a morte

axeónllate
aquí diante
e dime que me queres a morte
até a morte miña
até o meu finamento

chántate a túa terra
toda no pescozo
e di que me queres sempre

e fala baixiño
e agarda que se vaia a luz
e estrélate contra o teu orgullo
e improvisa estas verbas
estas mesmas verbas

afronta
o meu estilo
afronta
a miña vida

miña vida

12.-12.-12.-12.-12.-12.-

amigdalas
segregando
doas do sagrario
iluminado

non doe

12.-12.-13 amar odiar amar odiar
amar o día
amar o día
odia o día do amor
até que doa o amor á morte

din luz azul
dende o meu cuarto ollo
e escoitei un
modo de xogar coa inocencia
e o amor
tápame o entender
e doe

12.-12.-12.-13.-.-amar odiar

un can
tras a porta
un can tras a porta
aporta unha porta cun can
cancún tras a porta
e un can
de quenquén
e quérome ver morto

eu son a miña república
soviética
eu son o meu aire
virxe
eu son a miña propia
puta
eu son o que bate
no peito e no teito
ao mesmo tempo

négome a darlle saída
e choro porque non te quero
e non entendo que morras aquí
e boto de menos
e non durmo
e o corazón é
unha bomba incendiaria

12.-13.-12.-13.-13.-13.-12

amar
odiar

vives nunha ilusión
as metas son fantasías
alonxadas que te axudan a camiñar
e camiñar cansa
e descansas no esquecemento
e fuxes no sinxelo da noite
e mestúraste comigo
e eu fuxo
sempre
e collo un tren

odiar amar odiar amar

as túas vogais
as túas braguiñas
as túas mans na mañá pechada
de choiva
a fraternidade! a fraternidade!
a sociedade mírate
e di de ti
nada que ti non queiras que se diga

a vila é morena
o mar é pop
a area é de marihuana
deus é abertzale

12.-12.-12.-12.-12.- amar amar amar amar
o mar
o mar

un mal porco
tinto
un mal amigo
tinto
un mal futuro
tinto
un mal tinto
branco e tenro

a fin do condado
o condado da sorte
a sorte da forma núa
a vida incapaz

malos tempos

morre
e ámame
e deséxame
quéreme enteiro
con un trío
con unha escaleira de cor
quéreme coas corenta en espadas
deséxame co fóra de xogo
chora por min co renuncio máis alto
e dáme dúas letras

convencida irás
pola rúa abaixo
escoitando
rock e punk e metal
e sentirás todo isto
preto do peito
e pasarás de todo
e renunciarás a

12.-13.-13.-12.-

promulgaremos leis
ácratas
comungaremos
hostias satánicas
escoitaremos
á luz marchar tras de nós

e bailaremos ao son
cubano da felicidade

é agora
é hoxe
estalo vendo
mírate
busca onde mirarte
e vaite
correndo

12.-13.-13.-12.- amar odiar amar

o obreirismo fala de circunstancias
o ludismo obedece estes latexos
o banquete
tras
a
derrota
é lindo

as miñas veas son rusas
o alcol que corre por elas
es ti

e ti es rusa
coma as miñas veas

e son un vaqueiro
cuspo cemento
cuspo frangullas de paixón
mal
entendida

12.-13.-13.-
amar
odiar
amar
odiar

dáme a benvida
mátate para demostrarme o teu amor
desfigúrate
e faite eu
agora
ama o feito de ser eu
e faite eu
convírtete en min
morrendo agora
dáme a benvida
a ti mesma coa túa morte

amar e odiar
foi sempre ben sinxelo

non me considero ofensivo
non son eu
son ti
sempre
dentro de ti
nas miñas veas rusas
coas miñas leis ácratas
cunha escaleira de cor
cunha bomba incendiaria
batendo no teito
e no peito

ao mesmo tempo

07/03/2007 09:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

08/03/2007

09/03/2007

En Plan 43

20070309093433-odioamusica.jpg

En plan vou montar un grupo eu so, comigo mesmo e máis eu.

E listo.

En plan "¡¡¡Soy un Ídolo Fallido del Rock!!!".

09/03/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 4 comentarios.

Diario de un seductor (Leopoldo María Panero)

No es tu sexo lo que en tu sexo busco
sino ensuciar tu alma:
desflorar
con todo el barro de la vida
lo que aún no ha vivido.

09/03/2007 09:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

thc

certificar alimentos
infanticidas
e amar á túa nai no momento preciso

espallar leitos
de azucre como quen baralla
a galaxia negra escura e perdida

intimar no lenocinio
e restablecerse ergueito
e máis o vento resurrecto

para na gorida
lexítima do territorio
que se intranquiliza
entre os teus brazos
cha
cha
cha
chamar
ao teu amo
danado
co diñeiro

epilepsia do matarife

09/03/2007 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Xamáis

útero mimético
desmantelando tres dúbidas

meretrices de papel
malmandado que adoitarás
lingua de mil
vertixes

como o can no cerebro
de galáctica endorfina
a testa vai buscando
de oportunidade
en vertedoiro oportuno

e non

09/03/2007 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

12/03/2007

Condensación

o outro día
erguinme e xa estaba no autobús

ao chegar a coruña
vin que chovía moito
e empapeime

todo

o corpo enteiro

subín nun urbano
para ir á facultade

e eramos catrocentos
millóns de estudantes
nun urbano
para ir á facultade
e estabamos empapados

eu respiraba un aire
que xa fora
respirado
por catrocentos millóns de estudantes

había atasco

e catrocentos millóns de estudantes
tardaron en chegar ao campus
cousa de media hora
na que o aleatorio
do mp3
só puxo a calamaro

e pode que calamaro nunca fose
con catrocentos millóns
de estudantes empapados nun urbano
respirando o aire de
eses
estudantes

pero eu fun triste até a facultade

saudei a todos como acostumaba

e seguín sendo o tonto
que son

ninguén me mandou unha mensaxe en todo ese
tempo
nin lle din ningún toque a ninguén
porque en todo ese tempo

notei

todo o
so

que se pode estar


sen estar

realmente


triste

12/03/2007 18:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Ánxela, isto vai por ti

Unha pequena homenaxe á miña irmá, ás putas risas que me boto con ela, a todo o tola que está, aos seus putos tonos de merda do móbil, a todos os piropos que lle bota á miña comida... Esétera.

Ánxela, es única. En serio.

Unha aperta forte!

12/03/2007 18:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Escoitando

20070312190112-subnormal.jpg

limpouse
ante ti o mar enteiro
e saúdante xa
miles de pasados e vidas
que desfalecen ante a túa imaxe
de raíña inmensa
na inmensidade da terra toda

convencín a cinco deuses
de todo o qué eras
convencín a cinco deuses
de todo o que te quero
e escoitei
o mar limpo na noite
da inmensidade toda
da beleza
toda

dende ese segundo
todo

dende ese intre
detido
permanezo

escoitando ao mar
inmenso

inmensamente calado

12/03/2007 18:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

O título de este artigo dá o mesmo, igual que a foto. O que importa é o que nel se di e tamén o que non se di. Menuda tontería. Igual probo unhas vacacións en Suecia este ano.

20070312093457-paraguay-suecia.gif

Esta semana é así.

Hoxe por a tarde teño exame de Gramática II.

O mércores imos para Boiro de viaxe de fin de curso (ou algo así). Voltaremos o sábado.

Non irei a Muros este finde.

E supoño que non irei até semana santa.

Inda que podería ir a mil sitios máis.

Podería ir ao ceo. Se falo con San Pedro.

Se falo co falo de San Pedro.

Deixarei colgados uns cantos poemas que agardo que leades.

Se un día por a noite, alguén me ve e me recita un destes poemas que vou colgar... Bícoo na nuca.

Agardo sinceramente que sexades moi felices. Sexa como sexa a vosa felicidade.

A miña non ten forma, nin nome, nin parece existir.

Teño o estilo do cabalo perdedor.

Hahaha...

Disparádeme na fronte e berrade o voso nome!

Saúde, paz e ska sempre!

12/03/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Sejide partisipando

20070312093555-raulporno.jpg

Oides? Non deixesde de partisipar no concurso!

Mirade a Raúl todo aturdido, vendo a súa peli porno sen saber cómo se titula.

Meu pobriño...

Poñédelle un nome! Bautisade pelis porno e fasédevos uns jrandes!

O praso remata o próximo luns 19!

Confío en vós!

12/03/2007 09:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Impotencia futura

cítome
con certa frecuencia
con inconstancia
e rebentamos
en frangullas
ela máis eu
nunha vida
vivida
aos punteirolos

no alto dun piñeiro
quedou
a miña roupa rota
e algún can agabea
para mordela
e espero
esa fin para
a miña roupa

sei que queres
ver
esa flor
que gravei no meu peito
mais os ollos
fánseme
colexiais imberbes
e marchan
pola rúa
cara
a
estación
do
ferrocarril
que
só sabe
de enterros
e
de que dá
igual
todo

o día que entendas
quén era eu
non haberá máis
que impotencia

pero

eu

estúpido
e feliz

coma sempre

cantarei

12/03/2007 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Sexo bucal e outras ensoñacións

que alguén lea isto é un luxo
e sabedor de isto

digo

mentídeme
e bicádeme na boca
con lingua
con saliva
cos dentes cheos de placa
dental
con comida entre os dentes grises
bicádeme con allos na boca
con amputacións
na lingua
e nas enxivas pintadas en sangue
e con sangue nos beizos
con feridas nos beizos
con pus na alma
con moreas de risos
e con idiomas alleos á túa realidade

pero mentídeme

12/03/2007 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A pedra (Celso Emilio Ferreiro)

20070312093741-igrexamuros.jpg

Pídeme fillos, loba,
para atalos
ao longo atardecer da túa morte
interminábel.
Pídeme fillos
pra o crime
da túa espada sempre victoriosa.
Dáme en troques silencio,
dáme cárcel
e medo.
Escuréceme a vida
amarguéxame o tempo,
impúdica candonga que te deches
á lúbrica paixón dos poderosos.
Pídeme fillos,
brazos,
pernas,
ollos.
Amoléceme,
esmágame,
trípame.
Fai de min un escravo,
unha cousa que chore cinza.

Mais o meu corazón
non será nunca teu,
rameira sanguiñenta
vendida ao ouro
dos que mandan.

12/03/2007 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Do mesmo ao mesmo

materializouse
o soño
e en soños resumo
esta dor
que non me deixa nin un intre

cultura do pasado
goberna
aquí
e o presente
non merece nin un intre
de aquela dor
da que xa teño falado

empreguei
unha culleriña
do café
para escribir o teu nome
na parede
e debuxar un corazón roto
ao carón

non me excitan estas tardes
grises
sen ninguén
ao lado
nin me excitan
as culleriñas
do café

pero son tardes gratis

iso non mo poden cobrar

son un alma
perdida
no capitalismo
e ninguén mo pode negar

12/03/2007 09:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Tranquilidade

temos que preguntarnos
moreas de árbores anatomicamente
libres e sereas púrpuras

e con isto
descansar mil seráns
ilusionados
sen obter respostas

12/03/2007 09:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Pés

hai un neno
que me acariña
os pés

e non sei por qué

descoñezo
o que o move
a acariñarme
tan docemente os pés

a súa nai mírame
estrañada
e cunha revista
branda nas mans

as follas poderían caer
ao chan

á altura do neno

pero non caen

o neno acaríñame
os pés

estou listo

chamo á miña muller
e escoito

agarda que me chaman

que queres?

grazas a nada
a batería esgótase
e o neno
acaríñame
os pés

12/03/2007 09:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

son-orreiDeStePooooEma etihasD e diz IR o contraR io

20070312094152-variante.jpg

no mundo
hai anacos que son teus
porque pertencen a iso
que os vellos
din morte
e engules os segundos e os intres

medida sen explicación
medida dos retratos que tes visto

aluguemos
este mundo enteiro
e pintémolo de encontros
pasaxeiros

non é moi bonito
todo o que xa tes visto
e o silencio é a miña voz
queda e ilusa na noite ilusa
e queda

excesos de coherencia
afástannos da vida
e excesos de predicións
fan de nós o que non somos
e centos de científicos
analisan esta existencia
e erran
erran
equivócanse
e amo o coitelo no peito
amarelo e equivocado
e a ciencia toda dentro

a lama
a drogadición do xesuíta
equivocado
o catolicismo en factores
internos
do misticismo
e inclasificlabe

a nuca asociase á miña bala
linda
a túa nuca
é unha bala nunha bala nunha terceira
bala
e esvara

sinatura

.1..2...3....4.....5......seis-cen-tos
deuses inéditos atopan sexos
por cuspir en horas imprudentes
e ti enténdelo

é a nosa nación
é a túa bandeira
designado estás
designado vas
e marchas

teño tres millóns de pelos púbicos
na boca
e aínda teño a felicidade
de beber gasoil
mentres me sinalas

desorde desorde desorde desorde
desacordo e desorde

algún sitio
entre
o mundo extralingüístico
o teu fígado escuro
e a miña paciencia

son o rei
deste poema

12/03/2007 09:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

19/03/2007

Estefanía, enxeñeira de boa fe

20070319103132-img-2513.jpg

Boas, xentes de aquí y de acullá! Hoxe contamos coa presensia neste sacrosantérrimo sitio de Estefanía. Ola, Estefanía, que tal che vai?

Non entendo a prejunta... que tal me vai o que?? juas juas... xaxi piruli.... (vistes que ben sei mentir?...)

Antes de emosionarme a faserche prejuntas cual periodista tersermundista, deberáas de aclarar aljo ao conxunto de xente que pode ler isto. A ver, explícalles que o teu nome é "Estefanía" e non "A filla da cantante da París". Déixoche que o expreses con toda a mala hostia que che pete para dar ese tema por sanjado:

A ver, teño que confesalo... o dia que me bautizaron o cura equivocouse e dixo "a filla da cantante da París" en vez de "Estefanía".... No, va, en serio, fixen todo o posible para que non me describiran así pero non hai maneira, siguen existindo conversacións en plan: "onte estuven con Estefania" "con quen?" "a chavala esta morena..bla bla bla" "quen?" "a filla da cantante da París" "aaaaah!! xa sei quen é.."

A verdá é que me toca bastante os mismísimos pero bueno... de todas formas casi ninguén me chama Estefanía, senón.. Novoa, Estefi, Es, No, Fefi, Chas....en fin...

Ben, pois. Os que sabemos aljo de ti, sabemos que estudas en Vijo. Fálanos un pouco da carreira, de qué vai o tema e cómo o levas, é disir, se che mola o asunto e tal.

Pois estudio enxeñería técnica industrial especialidade en química industrial (sí, é bastante chungo). Como o levo? mmmmm.... podería ir mellor a veces arrepíntome de non facer enxeñería química a secas pero bueno, este ano parece que vai ben a cousa e xa lle estou collendo o gustiño e tal... solo espero non acabar nunha aburrida fábrica de cosméticos....=)

Os que se teñan pasado por o teu blog terán notisia de que o piso no que vives é un puto escándalo. Explícalles a estes enerjúmenos do siberespasio aljunhas das aventuras que xa tes vivido no mesmo.

Buffff.... por donde empesar?? a ver, a instalasión electrica da miña habitasión está sostida por cinta aislante, un dos baños inundouse duas veces (xusto cando eu estaba na ducha ademáis), a lavadora xa vai pola cuarta reparasión, se chove moito inundase a cociña que sae toda a ajua polo fregadero? arriba, o outro día casi quedo na calle porque se estropeou a fechadura do portal, a caldeira parese que vai explotar cada tres horas (acojonante o ruido que fai), pero o mellor de todo.... o incendio!!! foi no ximnasio do baixo pero desaloxaron a todo o edifisio o domingo pola mañan...foi un pouco cómico a verda sobre todo as vellas chillando: vamos a morir todos!!! aaaaaah!!! pero ó final quedou todo nun susto. Ah! sr. presidente da comunidad... o extintor????.

O edifisio tamen ten as súas cousas boas...por exemplo o outro dia pintaron as paredes da entrada e dos pasillos.....

Até hai pouco os sábados ías a Baile a botarlle uns dansins e a faser coreojarsías. É verdade que preparas unha versión jalleja de Grease na que ti fas de Olivia Newton-John e Galloso de Travolta? En que quedou o tema do baile?

Si, xa está todo listo, home...Galloso non safa moito pero ten tirón comercial; nun prinsipio pensamos en Piñeiro pero a filla da cantante da París non era sufisiente para el....jejejejejejejeje

Pois o tema do baile este ano nada de na porque a nosa profesora anda maliña.. pero a ver se para o ano se recupera e volvemos a ello. Ahora estamos unha compañeira e mais eu dandolle un amago de clases a unhas nenas de 6-7 anos...mexas por ti!!! pero fano moi ben

Pasando ajora á crónica rosa, xa levas unha boa temporada con tu novio ("te quiero más que las pesetas...", "me gustas desde segundo..."). Empesa a haber plans de futuro? Casa con xardín? Piso con parquet?

Uy, uy, uy... yo de mi vida privada no hablo...jajaja

Levamos casi 8 meses, todo un record, e moi ben. Plans de futuro? mmmm...ainda non sei o que vou faser mañan de comer... Pero xa postos, prefiro a casa con xardin..juju

Que neste incrible sitio, meresedor de todas as desconsiderasión, asines como "Criatura" responde aljún tipo de trauma infantil?

No, teño varios pero ese non é un deles.... A ver samuelito xa o sabes... pero di a verda, queres que farde de ti non? jeje Pois porque días antes de poñerche o primeiro comentario no blog mandástesme unha mensaxe (oooooh!!!! xD) na que me chamabas criatura, e como a miña imaxinasión non da para mais quedoume.

De onde te consideras: de Louro, de Noia, de Forme...?

De Forme bastante pero mais ben de Louroooooooo.

Se te foses a faser unha tatuaxe, que frase coa palabra "collón" te tatuarías?

Que clase de pregunta é esta??? eu que sei.... esta entrevista tócame os collóns...jajaja. Que vaaaaaaa, que me fai moita ilusión.

Ajora pasamos á parte da entrevista na que poño palabras ao tuntún e ti respondes o primeiro que se che pase por o enséfalo:

Servesa: as mellores melopeas , e eso que solo tomo 4 ou 5 en toda a noite (xersei lacoste jiji)
Derradeiro: cuando cres que me ves cruzo la pared, hago CHAS y aparezco a tu lado...
Porta: a do salón que non pecha ben
Explosión: caldeira
Reloxo: teño un peluco novo....
Sota: puta

En fin, até acá chejou o noso tempo atmosférico. Jrasias por su colaborasión, su manutensión y su pretensión. Ajardo vela pronto e agasajala cunha aperta forte! Vémonos!

teño q contestar a esto tamen? jeje

pos a ver cando nos vemos, no verán non? jajaja. Gracias a ti, un bico samo!

19/03/2007 10:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 1 comentario.

Cespón '07

20070319103739-f1.jpg

Xa había unha semaniña que non me deixaba caer por estes lares. E entre tanto tivemos exames parciais e viaxes estraños a Boiro.

E menuda viaxe.

Titulares da viaxe:

-Super-declarasións: "Me gusta comer por abajo", "Lo que pasa es que yo me las chupo" e "¿Ya comiste? ¡Ah! Se la pelaste a Samuel". Incrible.
-Case ardemos. Ángel e a súa mesa lamentan a nosa visita.
-Unha fase fodida, debut de Samu asendendo as luses.
-Sing Star: Pablo foi o amo. Chito canta baixiño e safa...
-_irbag..... AIRBAG!!!
-A miña ensalada non cuajou entre o público.
-Raquel, a xefa do Trivial.
-Chito ronca e Raquel esperta flipando na noite: "Pero que te pasa?!".
-Sandra na cama, ou o resorte humano.
-O que ninguén dixo: "Hai tres cuartos. Como nos repartimos? Eu creo que un en un, dous en outro e o resto no cuarto que queda." E así foi.
-Pipi-piripipi-piripipi-piripipi... No me toques!
-Lucía = Stephen W. Hawking.

E eu qué sei. Se os que por alá fuchedes se vos ocorre aljo, pois disídeo! Enerjúmenos!

Saúde, pas e calimocho en potas de aseiro!

19/03/2007 10:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

S.R.K. (Skalariak)

¡Skalari Rude Klub!
¡Cómo baila el skin!
¡Skalari Rude Klub!
¡Hasta se mueve el punk!

¡Skalari Rude Klub!
Yo lo bailo así.
Dime qué es lo que
haces tú.

19/03/2007 10:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Non importa o que digan

aínda que a cousiña
máis pequena
rache o meu día
hoxe

19/03/2007 10:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Del revés (Francisco Cenamor)

20070319104245-logo-interrogacion.jpg

¿acaso perro muerde niño?
¿acaso banquero devolviendo intereses?
¿acaso toro matando torero?
¿acaso mástil aferrado a bandera?
¿acaso torturado golpeando policía?
¿acaso yo y tú?
¿acaso?

19/03/2007 10:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Siquiatría nacionalsocialista

a raíña
das pegatinas
e panini enteiro armado
até os dentes

millo torrado e máis pipas

19/03/2007 10:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A votar, desjrasiados!

20070319105127-politicos2.jpg

Pornófilos e necrófilas do siberespasio, por fin rematou o praso de presentasión dos títulos para o concurso!

Finalmente os títulos que pasan á fase final son o sejintes:

1.- Fun a por traballo e coméronme o carallo.

2.- Cocho-cho-choco.

3.- Fode a manuela e verala cangrena.

4.- Vámonos de festa ou cóljanche os mexillóns.

5.- De Muros a Coruñaaa.... Hai 100 casas de putas!!!

6.- Ameixas Babosas Asasinas.

7.- Carne Asada ou parrochas Papudas Pos Dominjos??

8.- A pachocha astronauta.

9.- Máis adentro.

10.- Masturbación imposible.

11.- Entre o pene e a parede.

12.- Naseu co pene baixo o braso.

13.- A desverjonsa da jalleja.

14.- Catro zorras e un funeral.

15.- Tarteiras cheas, pollas como ollas.

16.- Cabezas glandes.

17.- O carteiro sempre ma mete dúas veces.

18.- A mamar.

19.- Túrralle do clítoris.

20.- Rachándo himens.

21.- Mofa e Lefa.

22.- Tranquilo morreu fodendo.

23.- Praia e marisco.

24.- Boios quentes no recreo.

25.- Fodíchesla.

26.- Apaja a lus, Marilús.

27.- Un leitiño e para cama.

28.- Aínda non sei o que fodetedes o último verán.

29.- Alisia no país das Piroliñas.

30.- A vida é pera.

31.- Pollin Hood.

32.- Pachochas Verdes Fritas.

33.- Pirolas (de Alfred Hiskock)

34.- Chinguineta Man.

35.- Réjame a cova.

36.- E a moi puta comeu un bollicao.

37.- Piroliño Dundee.

38.- O Efecto maricona.

39.- Empalmadas.

40.- Juana La Porca.

41.- A Jerra das Mandangas.

42.- Ladróns de conas.

43.- A liga dos homes empalmados.

44.- As rapaciñas de playmobil no barco pirata.

45.- A casa grande de Pini Pollas

Ajora só vos queda votar cos vosos comentarios e faser que aljún dos partisipantes se alse co jrandioso premio que os ajarda(e que inda non sei qué será).

Lembrade as rejras 5, 6 e 7 do concurso que fan referensia ao proseso da votasión.

5.- Os votos emitidos dende o anonimato non se sumarán.

6.- Só se poderá votar un título en cada comentario. Os comentarios con dous ou máis votos serán nulos.

7.- Cada persoa poderá votar tres millóns de veses.

Ánimo! Mirade a Don Mariano que xa foi dos primeiros en ir votar! Sejide os seu exemplo! Votade e dádelle pulos ao mundo do porno en galego!

A votar!

19/03/2007 10:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 61 comentarios.

21/03/2007

Chibo do alén

20070321092434-satan.gif

damnificado
acepto todo o meu surrealismo
e xa semella dabondo
tanto batume

excarcero a túa mente
e cómoa na miña sepultura

imperecedoiro
pregoeiro
do heraldo do máis alá

aeronave subterránea
concorda brincadeiras
depravadas
satánicas
abarrotadas de ouriños

protector do segredo
grampado ao teu
cadavérico propósito

21/03/2007 09:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Aínda que me custe o pulmón esquerdo

o erre
de juan ramón jiménez
innaccedeu á búsqueda
dalgún orgullo de hepática
confusión

o erre
de juan ramón jiménez
mata que quero dicilo
e a morte afinará
un gin tonic
e todos o saberemos
xa
antonte

recuperacións
baleiras
e máis o erre
de juan ramón jiménez

arrinquei
os tesouros todos

21/03/2007 09:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

El estado de las cosas (Kortatu)

20070321092802-kortatu-main.jpg

Como ves,
mi guitarra no dispara,
pero sé dónde apunto
aunque no veas la bala.

21/03/2007 09:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Amor fluvial ou outra nova forma de falar experimentalmente do que as persoas malas chaman amor

esvaramos
xuntos
sobre o limo
que cubría as pedras
do río
e
ao caer
quixémonos
un pouco menos

21/03/2007 09:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

22/03/2007

23/03/2007

Vivindo a nosa propia vida

prohibido ser ti

estaba berrando esta
e outras cousas
cando caín na conta
de que deixara
as chaves
no bar
de rodríguez

eu teño que voltar
ao bar
quedáronme alí as chaves

prohibido ser
a vontade de un mesmo

seguía berrando
cousas como esa
mentres eu comezaba o camiño
cara o bar

somos libres

escoitei ao cruzar
a estrada

atopei as chaves
xusto onde esperaba

ninguén se molestara
en sinalalas nin
en perdoalas

voltei xunta
el

esta é a miña verdade

berraba
demasiado
e comezaban a se acender
algunhas luces nas fiestras
dos edificios

toqueille no ombreiro

ímonos
veña
xa está ben
de festa

festa?

xa

supoño que aquilo
non era festa

deixeino alí

son un fillo de puta
e esa é a miña verdade

cheguei a casa

acendín a televisión

durmín dúas horas
e non me erguín
do mesmo xeito

23/03/2007 09:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 44

20070323093313-mis-fotos-275.jpg

En plan egocentrismo desfigurado.

En plan non son nada do que son, nin tampouco do que digo ser.

En plan crise de claridade.

En plan un pequeno debuxo pornográfico na portada do Corán.

23/03/2007 09:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

Cigarro

xa tiña sono
eran preto das dúas da noite
e esa mañá erguérame
ás seis e media

chamaban
á porta
e baixei correndo

era ela

estaba cuberta de nada
cun pouco de auga tamén

había treboada
en todos os sensos
que pode habela

apurei o cigarro
e convideina
a pasar e sentarse no mármore
das escaleiras

á miña beira

tras varios segundos
acadou forza
para dicirme algo sobre
un rapaz que lle tiña dito
non sei qué
hostias
nun pub
que aquilo non era vida
que botaba de menos todo o de antes

que lembraba o tempo
no que viamos
películas italianas
no salón pequeno

o fume do cigarro seguía movéndose
no aire

mireina aos ollos
e entrei nese medo fondo
que quedaba alí
dentro

díxenlle que pasase
á cociña

que se tomase
algo
e se relaxase

tiña o cu como sempre

un cu do que eu gustaba especialmente

e as tetas duras
coma penedos

seguía co seu discurso

sabía que me estaba aburrindo
e que tiña sono

sabía que a miña acollida
era un acto de hipocresía
e que non a quería ter alí

estasme escoitando?

non

díxenlle

non che estou escoitando

estouche mirando o cu
as tetas
e o medo que levas aí dentro
e que non deixa
de cheirar a podre

era iso o que quería escoitar?

supoño que si

abrazoume
e bicoume na meixela dereita

despois bicoume na boca

eu biqueina

ela sabía que iso
non significaba nada

e marchou confusa

acendín un cigarro

guindei o misto na taza
do retrete

e puxen algo de música

á mañá seguinte
custoume moito erguerme
e ver oito chamadas
perdidas
no teléfono

ningunha era de ela

23/03/2007 09:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 5 comentarios.

27/03/2007

Puto alcol e demáis frivolidades

20070327092705-ogo-skalariak.gif

Boas, xentes e xentas de esta e outras terras!

Que tal vos vai á vida? Ás voltas e reviravoltas, agardo. Iso non deixa de ser bo síntoma.

Eu estou aquí. Outro bo síntoma.

Vou colgar uns cantos titulares dos que nos deixou a fin de semana pasada. Así cando sexamos super-vellos poderemos vir a esta páxina e mirar que pasou por estas datas:

-Skalariak: subir ao essenario en "Puto alcohol", unha declarasión de intensións.
-Alba e o tenedor de madeira, feitos incomprensibles.
-Choiva de pipas no Trasgo.
-Xojamos ás palabras?
-"Si tienes un hijo nacional, no lo trates mal, hazlo policía subnormal" e xuntamos a todo o casco vello de Compostela.
-Os portujeses 2: la venganza.
-A conga mentres soaba a "Cabritinha" no Avante con Roque á fronte, jrandiosidades da noite.
-Roque e a teoría sobre o termo "esputo".
-Paleando orquillas e fasendo amijos.
-Vamos para o Maycar? Si, así que hai que quentar.
-Vendo "300" con litros de birra jrasias a que Miguel viña de entrenar.
-Athens 2004: Argento sorprende a propios y a extraños.
-Macarróns: 500 g. Atún: trazas.

E así. Se se vos ocurren aljúns máis, xa sabedes cómo vai o tema.

Saúde, pas e ska!

27/03/2007 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Altazor (Vicente Huidobro)

20070327093056-homme-20et-20femme-20nue.jpg

(...)

Soy una orquesta trágica
Un concepto trágico
Soy trágico como los versos que punzan en las sienes y no pueden salir
Arquitectura fúnebre
Matemática fatal y sin esperanza alguna
Capas superpuestas de dolor misterioso
Capas superpuestas de ansias mortales
Subsuelos de intuiciones fabulosas

Siglos siglos que vienen gimiendo en mis venas
Siglos que se balancean en mi canto
Que agonizan en mi voz
Porque mi voz es solo canto y sólo puede salir en canto
La cuna de mi lengua se meció en el vacío
Anterior a los tiempos
Y guardará eternamente el ritmo primero
El ritmo que hace nacer los mundos
Soy la voz del hombre que resuena en los cielos
Que reniega y maldice
Y pide cuentas de por qué y para qué

Soy todo el hombre
El hombre herido por quién sabe quien
Por una flecha perdida del caos

(...)

27/03/2007 09:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Catro da mañá

na beirarrúa
e non na rúa

na beirarrúa
e non na rúa

na beirarúa
a carón túa

na beirarrúa
e non na rúa

27/03/2007 09:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Café

vou tomar un marcilla

pero nós non temos marcilla
temos saimaza

e nada

que sempre lle chamei marcilla
e era saimaza

pero que bo que está
e esta resaca
mátame

27/03/2007 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Formigón

han de vir todas dobradas
e as púas eléctricas
calmarán moreas festivas de
amor amor amortizacións
amor amor amorfos
amor amor amorodos perigosos
perímetro policial
xunto a cada neurona
que me quedará tras ti e ti
e ti e ti e ti e ti e ti
e típico e tímpanos rotos
e aspirinas
en pipotes
de facer a masa

27/03/2007 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 45

20070327093814-puagh.jpg

en plan hoxe paro
isto vai de verdade
porque estou farto da miña
vida
estou agotado
quero parar
e empesar de novo
limpiño
ou cheo de sangue
pero empesar todo de novo
a miña vida de novo
con catro cousas nada máis
sen nada
e isto vai todo sejido
sen moita orde
como a miña vida
sen orde
sei que sempre me equivoco
cando son
bo
cando son
malo
cando son
un fillo de puta
cando son un cabrón tamén
non me mereso nada
de nada
de nada de nada
de nada
de nada
non quero estar aquí hoxe
hoxe paro
serei mal profesor
escribo mal
non sei faser nada realmente
de xeito
kenodí?! non existe
son mal moso
mal amante
mal amijo
mal familiar
e non entendo como lle importo
a ninguén
será que manipulo a todo dios
non sei cómo
pero son un puto ejoísta
un ejoséntrico
un mal tipo
será iso
dou asco
monto cristos a dar por culo
traisiono
fallo
son un ser humano con todo
o de ser humano que pode haber
en bruto
con brutalidade
con millóns de erros
que me afojan pero que cometo
un
tres
trese mil veses
e non pode ser
e hoxe quero parar
estou canso
ajotado de min mesmo
e non estou triste
non é depresión
é asco
ajobio
merda de todo
caca nas mans
caca nas pelotas
caca na amisade
caca na vida
caca na familia
caca no sexo
caca no futebol
caca no xeonllo
caca nos estudos
caca nos plantexamentos
caca nas mulleres
caca no amor
e en todo o que fajo
por amor
e en todo o que non sei
non sei non sei non sei
ráiome
hoxe paro
estou en plan quero parar
se a aljén lle importo
esa persoa dáme ijual
se a aljén lle dou ijual
esa persoa impórtame
vou a contracorrente
por puro amor á dor ou aljo así
sufrir relativamente
faserse un insensible
chorar por parvadas
e non chorar cando hai que chorar
rir no momento menos axeitado
e tomarse as cousas mal
escoitar ska e evadirse
todo é unha caca
falar de suisidio como unha jrandesa
e ser un puto covarde
ter medo de todo
ter medo de todo
de amar
de querer
de ser odiado
de ser esquesido
de non disilo todo
de odiar a aljén
de arrepentirme
arrepentirme
arrepentirme sempre
sempre sempre sempre
sempre o farei
o meu puto prinsipio vital
arrepentirme
arrepentirme
arrepentirme
cuspir sangue nunha tasa de báter
e sorrirlle á tasa de báter
ir no bus so
estar so
escoitar sempre o que quero eu
falar alto para que se me escoite
falar mal porque penso mal e falo mal
sexo por terrorismo poético
e cristos vitais porque si e tal e cual
e mal mal mal
vai e irá todo mal
e os momentos serán
iso
só momentos
e a vida
jlobalmente
será como o sentido
de baldin bada
a puta verdade verdadeira
quixese morrer agora mesmo
e voltar naser
no mesmo
sitio
na mesma hora e no mesmo momento
e faser todo de puta madre
e inda que non saiba cómo vai iso
dáme ijual todo
impórtame todo un pito
dádesme ijual
teño a empatía baixo mínimos
a miña historia é un puto fraude
non mereso amisade
non quero que me queirades
polo voso ben
eu non me ajuantaría
porque
de feito
non me ajuanto
ódiome
na medida de que me sei equivocado
os ideais non existen
non hai ideais
non hai amor ideal
non hai situasión ideal
non hai política ideal
non hai chiste ideal
non hai borracheira ideal
non hai cansión ideal
non hai aljo comijo
que sexa ideal
non hai ideal
non me quedan ideas
nin ideais
non me queda nada
baleiro vou e baleiro estou
e fajo o mongol mentres tanto
porque a miña puta aspirasión na vida
é
supoño
ser un puto chiste para todos
e para todas
e aljo do que falar en plan mal
ou en plan
triste
e iso é patético
porque realmente son patético
seino
son plano
son así
sen moito máis
ejoísta
cabesón
cabrón
mala persoa
mal encarado
indesiso
vuljar
e só me queda
mentres tanto
o ska
a música máis samuel que existe
e alá vou
e baldin bada
e todo iso
si
non quero
fodín a moita peña
e só teño 22 putos anos
non sei cánta xente
chorou
se cabreou
se indignou
se mosqueou
ou sufriu
por aljo que fixen
deixei de faser
ou aljo que dixen
e non pode ser
e hoxe é en plan paro
paro mental
paro vital
paro biolóxico
e isto díjoo por covarde
porque non teño os collóns
de curtarme as putas veas
da man dereita
e faser de todo isto
unha verdade que lastime
para min mesmo
para o meu masoquismo mesmo
para iso
e díjoo neste puto blog de merda
porque así é o plan no que estou
e son un covarde
e un ejoísta
e supoño que o puto neno
que levo dentro
espera que aljén
destes
dijan
que va
tío
tira pa diante
e non debería perder un puto sejundo comijo
pero tirarei pa diante
e fareino
por parvo
porque sempre sijo
pa diante
aos tombos
aos jolpes e aos cobadasos
e nada
que apesto
apetreno
e mal
e non hai ideais
e se a vida fose ideal
e fose tal é como sempre quixen
sería peor
e supoño que soa
baldin bada porque está en repeat
e non sei xa
porque son tan jilipollas
dou asco
non quero
e paro
paro da vida
dimito
voume e adeus
e só o sinto por vós
por aljúns e aljunhas de vós
por ter caído na miña trampa
de pensar que no fondo valo a pena
porque non é así
e non o será nunca

nunca

(e ajora soaría
"sputnik monroe"
de gluecifer)

27/03/2007 09:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 9 comentarios.

28/03/2007

Axuda, metalliqueiros!

20070328092241-metallica300x304.jpg

Paula ía vir ao SUPER BOCK SUPER ROCK en Lisboa.

No SUPER BOCK SUPER ROCK en Lisboa van estar Metallica, Stone Sour, Mastodon e Joe Satriani.

Paula ía vir e ao final non pode.

Pero Paula xa tiña entrada.

Así que ajora, se aljén ten a intensión de ir, ajradeseriámoslle que lla mercase, por iso do equilibrio universal.

O presio son 42 euros.

Os teléfonos cos que debedes contactar son 630258948 o 616727544.

E sabede que isto non é pa jañar pelas nin movidas así, que foi todo por un putadón.

Jrasias por atenderme.

Pas, saúde e Master of Puppets!

28/03/2007 09:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

A vida é moito máis Bob Marley

pode que igual
pareza un pouco esaxerado todo

pero as mans fálanme

ábrenseme as palmas e fálanme

os dedos rebélanse e fálanme

así que só é literatura
a vida non está dentro dun poema

o poema é paralelo

nin unha sombra proxectada

violei a todos os homes
en cinco versos

toquei intimamente
a todas as mulleres
en cinco versos

así que a vida non é un poema
e os poemas
son cachiños
de conversas
de min con vós
dos que escapades

28/03/2007 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Sinxelo

unha fotografía
non é nin o recordo dun segundo

a miña patria
é a miña vida

é a miña historia

os meus erros

28/03/2007 09:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

29/03/2007

Yo soy José Canseco!

20070329122115-2axivr01.jpg

A miña irmá é a mellor irmá do mundo.

E a mellor rapasa tamén.

O resto de rapasas, ao seu lado, cómense a caca.

Dálle mil voltas ao resto de irmás do mundo.

E non para co cu quieto.

Anda por Fransia adiante, fasendo aljunha das súas, ajardo.

E bótoa de menos.

E quería disilo aquí para que ela e todos o soubesedes.

Mañá é o seu aniversario.

Fai 16 anos.

Y tengo que jugar un partido de béisbol cuando vuelva.

Soy José Canseco! Yo soy José Canseco!

Gora Ánxela ceibe! Felís aniversario, pequena!

29/03/2007 12:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Yo te quiero dar (La Mosca Tsé-Tsé)

Todas las noches, casi todas las noches,
pensás que a la mañana todo estará mejor,
pero la vida te trata como el culo,
sabés que no hay futuro,
sólo hay tiempo que perder.
Habrá que ir juntando pedacitos,
armando despacito un sueño pa'soñar.

Las primaveras serán para cualquiera
y pobre del que quiera robarnos la ilusión.

29/03/2007 12:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Confidencial

en maniotas perversas
e revolucionarias
refúndense as
arterias e articúlanse

no ámbito de referencia
de todo este soño

excepcional e abusivo

ármase balbordo
e nivélanse as cordas
que percuten néboa

os nenos bastardos
que non convidaches
á cea

na túa faciana

subo ao inferno
nun recordo en chamas

29/03/2007 12:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Canción con tres lindos momentos e que ao final parece que quere dicir algo pero que unicamente ten valor por todo o que non di e por todo o que é

encontrar a paz

os círculos
os círculos e os montes de sangue
seme e cervexa

orixínase complicada
pequena
arma retardada con micrófono de ningún
de nós

durante unha cobra
que provoca
ele
ese

de
ese
ele
gante
cabaleiro sen cobras
unísonas

X-X-X-X-
ela ten dezasete e semella
ella ella ella ella semella
que ten dezaseis
eis eis eis eisononmegustanadadenada
X-XX_x_x
XX-X-
x-
-x
x

29/03/2007 12:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

30/03/2007

Réjame a cova

20070330120903-cave-20woman.jpg

Si, amijos! Finalmente xa rematou o I Concurso de Nomes de Pelis Porno "Ou fodemos ou morremos todos" e xa temos vensedora!

Réjame a cova

E, tal e como susedeu no concurso de sobradas, o auto de tremendísima obra de arte non é outro que Juanca! Este é o ano do doblete!

Hai que disir que esta janou por tan só un voto, fronte ás sejundas clasificadas: "De Muros a Coruña... Hai 100 casas de putas!", "Máis adentro" e "Un leitiño e para cama". Todas elas con sinco votos.

Propoño dende aquí, ao mundo do audiovisual galego, que dean forma a estes proxectos! Que público ían ter, por iso non habería fallo!

Jrasias de todo corasón, de todo falo e de toda pachocha a todos e todas os que colaborachedes cos vosos títulos e os que tivechedes o detalle de pasarvos a votar. Ajardo a vosa colaborasión para próximos concursos!

Vivo o Porno en Galego! Viva Juanca! Rejádeme a cova!

30/03/2007 12:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 3 comentarios.

Obsceno canto queiras

ámote

ámote

ámote

ámote

eu tamén

isto foi o que lle dixeron
os cinco dedos
ao señor don pene teso

30/03/2007 12:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Diarrea del viajero

vostede encóntrase nun centro de saúde
e prégase silencio

volvín a miña cara para ver ao sol ardente

soñei coa choiva que cae sobre as follas

vostede encóntrase nun centro de saúde
e percátase de que non todos os neniños
son simpáticos
polo puto e sinxelo feito de seren neniños
co seu diminutivo melómano
e cos seus ósiños de nenos pequenos

atópase nun centro de saúde
e un cartaz

diarrea del viajero... países de riesgo

un cartaz que fala de caca branda
e cheirenta
cunha neniña preto que sinala un debuxo e di

mira
es una lancha

e vostede sabe algo sobre o medo que sinte
do mesmo modo que o sinto eu

non gusta falar de que non lle gustan os neniños
non gusta de todo iso
a camuflaxe

femininos salvo
paxe
traxe
garaxe
e personaxe

do políticamente correcto
vai directa
ao teu recto

e vostede
pintou o meu mundo enteiro
e non o penso esquecer

30/03/2007 12:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

No me arrepiento de este amor (Attaque 77)

30/03/2007 12:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Arquetipo

díxolle el

meu amor
levo tres horas
agardando por ti
e
non me dis
por qué
tardaches tanto?

e ela díxolle

non lle teño
que dar explicacións
a ninguén

el díxolle

non

el non dixo nada

marchouse

30/03/2007 12:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Cerebros destruidos (Eskorbuto)

ya estáis muertos
ya estáis muertos

30/03/2007 12:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Pasádeo ben, rapasolos e rapasolas

20070330123541-trash-20religion-20t-shirt.jpg

Bueno lo, cheja a semana santa e vou até Muros a rascar o pito, tomar unhas pintas e ir de pintas pola vida.

Ajardo que o pasedes ben os que teñades vacasións, e os que non que non o pasedes tan mal que desexedes arrincarvos os pelos das pestanas e metelos a través das pupilas ao son da Orquesta Sol Y Mar.

Ah! Hoxe fun ao anestesista e, tras prejuntas tan guays como "¿Drogas?" ou comentarios como "¿Estudias filología hispánica? Pero eso es un coñazo", díxome que me van poñer anestesia de embijo para abaixo. Así que deixarei de sentir sertas cousas as que estou bastante habituado, a ver qué tal.

Bueno, déixovos uns cantos vídeos e aljunhas poesías para que lle deades ao maquinillo pensando en qué, por qué e cómo é que.

Sede felises que é o que importa.

O resto non vale a pena.

(se aljén me ve por aljún bareto e me quere invitar a tomar aljo, aseptareino de bo jrado)

30/03/2007 12:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

En Plan 46

Este si que é un bo plan...

30/03/2007 12:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.



Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]