Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2007.

04/11/2007

En Plan 71

20071104210742-marcha.jpg

En plan eu-qui-sei.

En plan sinco por des e lévome unha.

04/11/2007 21:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

05/11/2007

Toronto de todo

20071105134704-act-jorge-garbajosa.jpg

A xente dime "suertudo" e poden que teñan rasón. Dime, a xente, que teño sorte´. Que, máis ou menos vou safando.

Pois ese foi o plantexamento baixo o que actuei o outro día mentres vía un partido da NBA a horas impronunsiables. O conto é que saiu un anunsio destes de "manda un sms con la palabra epidermis al tal...", pero en plan balonsesto.

O conto é que pensei: "Son un suertudo".

E mandei unha sms. Si.

O conto é que hoxe pola mañá (hoxe é luns e os luns teñen mañás, non como agosto, que é un mes e non un día) chamáronme dun número maso raro para informarme de que me tocara unha viaxe a Toronto para ver un partido da NBA e 3000 euros para gastos.

O roio é que teño que escoller a tres persoas máis para irlle.

Ademáis, seica debo de comunicalo pronto. Xa vos terei informados.

De todo xeitos, creo que podo cambialo por unha viaxe en verán.

Ou non?

Non.

05/11/2007 13:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 7 comentarios.

06/11/2007

Bebida social (Low Moscow)

Máis sobre este grupeto no seu MYSPACE.

06/11/2007 22:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

07/11/2007

Alto!

20071107003235-alto.jpg

Ante o clamor popular e incredulidade humorística debo comunicar aos pseudohumanoides que se pasan por este blog que non me vou a Toronto, pardiez!

Basta xa de bromas sobre viaxes e tal!

Ah, hideputa... Me din polos corredores da facultade...

En fin.

O conto de Samo e Toronto.

A vida vaise con cousas así. Terrorismo poético de quinta rexional.

07/11/2007 00:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Meme das 8 cousas

Ante a invitasión realisada por parte do irmán AK-77 véxome na nesesidá intempestiva de realisar un meme. O tema, sejunda el explica, évos así:


-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.

-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.

-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.

-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post “O meme das 8 cousas”.


Pois o meu meme fará referensia en cada punto a un tema distinto. Aí vos vai:

1.-Cómo coidar un cactus: Aos cactus, sobre todo, hai que lerlles poesía gongoriana, explicarlles cómo foi a última final do Mundial e o que lle dixo Materazzi a Zidane.

2.-Momento no que tes que correr para coller o bus: Correr a por o bus é de covardes, así que só se debe facer cando xa tes perdida a esperanza e a ilusión. Se consigues que se che caia o portafolios ou a sudadera que levabas colgada do ombreiro, posiblemente teñas fillos cun retraso tan evidente que até os cegos da ONCE o sinalarán pola rúa. Co cal, queda demostrado, que os cegos están guay. Pillade un cego, porcos e porcas!

3.-Seme: O seme é un líquido que sae do pene, normalmente, erecto. O olor non se corresponde coa sensasión e o lugar onde caia é a clave do tema. Preferible boca allea a pano de papel.

4.-Cancións que saltan en momentos inoportunos: Este é un concepto un tanto estraño. As cancións, realmente, soen agocharse detrás dos cascos do mp3 ou dos altifalantes do pub de turno para acometer o seu ataque ante o beneplácito de neuronas que non entenden de desvaríos emocionais. As cancións que significan algo de súpeto, merecen a pena. E que viva S.A. e o Xeixo cheo de mulleres pretéritas.

5.-Distintos tipos de tortilla: Hoxe comín tortilla e a tortilla non é santo da miña devoción. Prefíroa, claramente, sen cebola e sen historias. Sen historiografía medieval. A tortilla, por si soa, non poderá nunca solicitar unha bolsa e, polo tanto, será excluída de certos ambientes académicos. Pobre tortilla. Que morra a tortilla e que vivan os Dalkys do palo!

6.-Frases de Pulp Fiction: Todo freaky que se prece a si mesmo nun 83% debe saberse a práctica totalidade do guión de Pulp Fiction e ser capaz de empregalo na súa vida cotiá. Así, se preguntas a hora pola rúa e che responden, debes dicir aquilo de: "Eres un hijo de puta muy listo". Asimesmo, cando intimes cunha dama-doncela deberás mirarlle o embigo e soltarlle a de: "Si tuvieses una barriga le daría puñetazos". Hai outro nivel, que é o de saberse o texto da dobraxe en galego, pero non contemplo esa posibilidade a niveis sans.

7.-A xente que fuma: A xente que fuma (tabaco) adoita montar un ritual co plastiquiño que cobre a caixiña. Estudosos de todo o mundo están a estudar as relacións entre estas actitudes e o desarrolo intelectual-emosional destas persoas. Os resultados, incriblemente, indican que o Supermartes é mellor que non o emitan.

8.-Ver esceas de sexo na tele con teus pais ao lado: Momento clave do adolescente. Tes que facer que pasas de todo e, a poder ser, facer como que pasas de todo. Pero estas ao lado das persoas que foderon para que ti estiveses aí, de feito, fixeron algo parecido ao que fan na peli que estás vendo... Este momento vital é tremendamente angustioso. Mestura total de pracer visual, desconcerto sicolóxico e onanismo confuso. O sexo visto, sempre en solitario ou con parella seminúa/núa ao carón. O porno mola e debería estar máis asimilado socialmente como un ben cultural.


Até aquí o meu meme. Agora vou invitar a unha serie de persoas a que o fagan nos seus respectivos blogues: Xuko, Sara, Alba, Ion, Roke, Juanca, CCCP, Txomin e Miguel.

Non metín a peña que ten fotologs, porque non podo meter a invitasión como comentario, e blogs que teñen os comentarios limitados.

On egin!

07/11/2007 15:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Novo jrupo musical

20071107230228-enerjumenos.jpg

Enerjúmenos!

Un nome que vai ao pelo a esta puta banda de impresentables.

Esta é a portada do seu primeiro álbum, aínda sen título de momento.

Puta panda de enerjúmenos!

07/11/2007 23:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Medio lucho

20071107232050-lucho.jpg

Terei que poñer unha fotojarsía coa miña compañeira de CAP, Lutxi.

Tola como ela soa.

Jrande Lutxi!

Shakira, Shakira...!

07/11/2007 23:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

08/11/2007

Entrada tenra

Banda Bassotiéame...

Que queres? Un piti?

paréntese ele paréntese

08/11/2007 00:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Sincitiadas: Léase en modo "... y estoy pirado", pero sen agobios, pardiez!

20071108234406-dwight.jpg

Sin City é unha peli e, até aí, estamos en total acordo.

Pero Sin City pode ser outras cousas como falar tipo inglés-croata e coas agullas infectadas. Falar en plan ben dicindo barrabasadas tan criminais como I’ve never seen a bigger smile than yours.

Din que o City de Compostela, o pubeto, é o Sin City.

Hoxe incrustóuseme unha frase de Sin City na nuca. Esa na que falan da lotaría de nadal e dos chimpos dos chimpancés e que é curioso que un chimpancé pegue un chimpo e que os chimpos se peguen.

Pero Sin City redúcese a ser, en definitiva, un DVD e a manta de Agus, así como tremendas frases, escritas en pos dunha generacióncita mellor. Se soubese un refrán soltaríao pero non son eu ese.

A consecuencia de nada de isto deriva en pratos combinados, en que haxa café de máquina e en que non dea atopado tempo para escribir.

Pero, Sin City, tras ver. Sin City, Sin City, tras vela varias e repetidas veses e atopar cantidade de frases de puta nai, nai. Nai. Creo que aínda se pode resumir a existencia dun momento vital coma este dun xeito tremendo e escapando a todas as frases/oracións/cláusulas/textos que se din no citado filme.

E non vou ser eu o que faga. Farao un tipo con barbas. Quedádevos co tema, xentes!

Porque os tipos con barbas dominaron o mundo! E así nos foi!

Foi.

Se soubese un refrán soltaríao pero non son eu ese.

08/11/2007 23:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

09/11/2007

Carrero Blanco (SOAK)

20071109105516-carreroblanco2.jpg

Carrero Blanco, ministro naval,
tenía un sueño:
volar y volar.
Hasta que un día
ETA-Militar
hizo su sueño una gran realidad.

¡Voló! ¡Voló!
¡Carrero voló
y hasta las nubes llegó!

09/11/2007 10:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Acelerações...

(Abre a porta. Paseniño. Cristais e máis son de cristais.)

-No fondo da miña alma un gran furado segue caendo no fondo da miña alma e semella non ter fin.

(Máis preto agora. Séntase ao carón de ANXO SOVIÉTICO.)

-E no fondo da miña mirada, nas mañás de inverno, un furado semella medrar e non ter fin nestas mañás de inverno.

(Treme o corazón. Tira do gabán algunha clase de caixiña por abrir. Amósaa coidadoso.)

-Non vas dicir nada sobre todo isto?

-Poderíamos morrer en calquera intre. Non permitirei que as miñas derradeiras palabras sexan mirándoche os ollos.

-E caer no furado...

-Tampouco falarei disto coa túa alma.

(Érguese. Pode ter algún plano tatuado nos brazos furados.)

-Explícame os detalles.

-Nunca os houbo.

09/11/2007 16:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

10/11/2007

Cagonacona

Esta entrada será penosa, seino de antemán (Santiago Pemán). Así que a vou faser a caraperro.

O taco é lindo. A palabrota, como enteresa emosional, sempre é e será válida e, incluso, nesesaria. Así que, mecagoendios, non fagades caso desa panda de subnormales cara de conas que vos din que usedes "otro lenguaje" e que non dijades "pecados".

A palabrota di o que outras palabras non din. Ten a carja xusta para sertas cousas. E se se empreja cando non convén, fai da vida aljo espesialmente carjado. Fodede os bos momentos e blasfemade.

Dios é un fillo de puta de moito carallo. Cajade nel, hostia!

O taco e a palabrotada: patrimonio da humanidade e matrimonio do mundo animal!

Fagamos unha pequena homenaxe ao taco jrasias a jrandes ases fílmicos coma O Jran Lebosqui, Pul Fision, Casino, A jungla de cristal, Américan Jistori Equis, Reservuar Dos ou Souz Par.

E, xa despois de tal empacho, unha máis de por acá (que se non o vichedes, deberíades faselo, papahostias).

Diside tacos, fillos da jran putísima!

10/11/2007 10:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Dando mostras de que este blog está en decadensia

Atopei isto.

Fíxome cantidá de coña.

Non a poño en sitas porque non corresponde.

Smells Like Teen Spirit de Nirvana, cunha letra alternativa.

Inda son risas.

10/11/2007 23:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

11/11/2007

Ourizos (Joseba Sarrionandia)

20071111124306-sarri.jpg

No monte
nos solpores do inverno.
os ourizos
pasan frío
ao non saber
como quentarse.
No monte
nos solpores do inverno.

Se se poñen dun en un
o frío bate neles
sen compaixón.

E se un se achega a outro
para darse calor
entón, as súas pinchas
que non poden pregarse
farán que eles se danen un ao outro.

Non é doado atopar
un punto axeitado de proximidade.

11/11/2007 12:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Oh, il padrino!

20071111225745-il-padrino.jpg

Ultimamente están aparesendo diferentes movementos pro-sertas persoas: que se Luchos, que se Nines, que se Albos... Disque.

Pero todo iso son parvadas, son facsións que non van a ningures.

No fondo, o único clan que nos une a todos, por ijual, é o de Félix: a Felisidá!

Il Padrino!

Félix, xa o teño dito, é das mellores persoas que un se pode atopar ao longo da vida.

Este é unha entrada gratuíta.

E só quero que todos lle mostredes o voso respecto ao gran Fe!

Axeónllome ante ti, padrino!

11/11/2007 22:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

12/11/2007

Felisidades, Juanca!

20071112003256-juancarlos.jpg

Hoxe évos o cumpreanos deste elemento!

Aúpa Juanca!

Hava Nagila Aba!

12/11/2007 00:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

13/11/2007

Felisidades, Pau!

20071113013736-pau.jpg

Felís 23 aniversario, crack!

Es do mellor!

Gora Pau!

Hiiiijo de puuuutaaa...!!!

13/11/2007 01:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Tempos caralludos

20071113201127-dsc01893.jpg

Tempos de batalla.

Mañá saída dos do CAP. O tema promete.

Venres pelexaremos con Dub Incorporation e con Horace Andy.

Sábado seguiremos sen rendirnos e iremos a por as ratas!

E para a semana... O venres festa de Magosto na miña facultade a partir das 9. Viño, cervexa e castañas DE BALDE!!!

E o sábado... Skarnio e Betagarri!

A vida évos deste xeito, pequeno fato de corazóns!

13/11/2007 20:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 72

20071113224751-rdogs.jpg

En plan camisa branca, traxe negro, garabata negra.

En plan little green bag.

En plan Skaiola, hostia!

13/11/2007 22:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

16/11/2007

Berba eta irudia

20071116111405-brain.jpg

E tamén todo aquilo que non din as palabras e ás explicasións que son sumisión chámaselles explicasións e o CAP foi o mellor invento que un pedagogo fixo para xuntar xente de farra.

O CAP foi o mellor invento que un pedófilo fixo para xuntar xente de farra.

Aínda que estea todo pechado.

E Skaiola dá os seus primeiros pasos a un ritmo tan verde que verde que verde que verde que benvido a Tijuana que como baila o Sky.

Non sei aínda se vou a S.A. Xa non sei se quero ir a S.A.

Quero ver a eles e hai sea selebrasión e todos cumprimos anos e costa abaixo e xa non se volve atrás pero mellor non volver atrás rodeado da xente que te quere e Berri Txarrak remataron a súa xira e Betagarri non mos perdo e din que se son vascos son etarras e se son galegos son narcotraficantes.

Berba eta irudia (A palabra e a imaxe )

As persoas quérente ou as persoas non te queren e Hora Zulú xa o dixo:

No sé si tomármelo a tragedia o a parodia
pero hago más daño a quien me quiere que a quien me odia

A ti chámante oso panda. A min chámanme sentola e reteño líquidos en botellas para líquidos e teño bulsas baixo os ollos na que teño gardada a idea do que é un bo postre.

Mataron a un antifascista que seguramente era un rapaz que tería todo por vivir e o fascismo sempre remata en ISMO, ao igual que ciclismo e, polo tanto, dopaxe.

O antifascistas non deberían doparse, nin ir a coles de pago e fuxir da idade do pavo.

Arkada social.

Que a un o odie toda unha xeración é simplemente do modo no que vas pasando e pesando e a xente fala por falar e a xente non ten vida e non sabe de qué vai o conto e a inmolación é menos emocionante do que se pensa pensa pensa pensa por ti mesmo e di cousas en inglés cando se despide e like this get up.

Mastodon mola.

Home negro solteiro busca.

16/11/2007 11:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Dub manifest

20071116163910-reggae-music.jpg

Ao final non lle imos a S.A.

Ao final rendímoslle culto ao matrimonio nun acto sivil.

Ao final hoxe toca reggae e dub.

Searemos cuss cuss.

Dub en vea.

Días máis raros, caguendios!

E aínda teño asimilar Leolo.

16/11/2007 16:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Por puros prinsipios

Véxome na fodida obriga de poñer este puto video no meu blog.

A día de hoxe é das poucas cousas que permanesen intactas.

Mi voz tenía reverb.

Pasádeo ben durante a fin de semana, langráns.

E non vos quededes traspuestos!

16/11/2007 16:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

19/11/2007

Bambarandilla

20071119125348-bambarandilla.jpg

O consepto clave (chave) agora mesmo é: Bambarandilla.

Sae o venres en Compostela, come toneladas de chouriso, chega a o último cuarto de hora de un conserto de 5 horas, come, come, come, bebe tamén, baixa a Muros, marca goles innesesarios, fai rabonas que non veñen a conto, mete un gol, rebéntate o xeonllo, come tortilla, come postres boísimos, bebe viño de 55 séntimos metido nun caixeiro, explica con acenos a película Sempre Xonxa, curtade o tráfico cunha bambarandilla, ide con Nuco a Louro partíndote o nabo de nada, que alguén che lamba a cara, vaite para casa a 130, come ao chegar, baixa por entre a choiva e non te sintas so.

O consepto clave é bambarandilla.

Curtade o tráfico e que vos paren os coches. E viño de 55 séntimos.

Non somos persoas.

Do resto? Agotamento.

19/11/2007 12:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Tróuxente ao mundo

millóns de imaxes
de suposta felicidade
e só
quero unha tixola
con tomate
ovos enteiros
paos que saiban a marisco
e merda a rebentar

19/11/2007 16:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Entrada pueril

20071119235441-cadaver.jpg

Hoxe levanteime como un día calquera e estaba de pé.

Caín ao chan e miña nai espertoume des minutos despois, porque me desmaiei, ao pareser.

Despois fun ao choio, con estes, coma sempre. Alimenteime de carne de cervo crúa e masturbeime diante de oito rapaciños imberbes.

Ás tres da tarde propúxenme falar sen preposicións e amamantei a unha cría de morcego mediante unha técnica antiquísima.

Over and over again.

E o peor de hoxe é que non sei se hai máis moscas na terra que estrelas no ceo? Non creo.

Aerofaxia e allos pelados.

Auto-auto-psia-psi-cópata.

Automóbil sen cobertura. A defensa fixo a cobertura.

Hoxe pola noite, pola contra, bebínme tres cartóns de Gran Duque e rivalicei con Marichalar en subnormalidade.

Son un cadáver e teño unha doenza que se chama vida.

Vida rima con pirolo fláccido.

Pasade a lingua polas gónadas dos vosos pais mentres dicides a alineación do depor que gañou a liga.

Quérovos.

Ben vestidos.

19/11/2007 23:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

20/11/2007

Recomendasión do chef

20071120211819-revista.jpg

Recomendo a todo individuo que se pase por acá que se pille en canto poida a Revista Retranca.

Pilleina a semana pasada en Compostela e, dende logo, semelloume xenial. Un número dedicado ao feísmo. Tremendo! Xa só pola mascotiña, xa mola.

Xa sabedes!

Para máis información e tal pasádevos pola súa PÁXINA e botádelle unha ollada ao asunto.

20/11/2007 21:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

A toda a peña que se queixa porque chove...

20071120222301-rain-walk.jpg

Imbésiles, ten que chover!

Oigh... Es que ya vuelve a llover...

Seredes parvos.

A mamala.

20/11/2007 22:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 2 comentarios.

21/11/2007

Gora Xuko!

20071121082442-xuko.jpg

Este castrón cumpre hoxe 26 anos.

Felisidades, tío, e jrasias por todo!

Gora Xuko, gora árbol-flor e gora Twister-Choc (el helado de tu vecino)!

21/11/2007 08:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

De baixa ou no dique seco

20071121092459-cisse-lesion.jpg

Acabo de irlle ao médico, un tipo bastante inoperante, e díxome que, visto como está o tema, que deixe de xogar ao futebol de momento (algo bastante lóxico).

O tipo era bastante incompetente e non sabía por ónde collerme.

Momentaso cando me di: ¿Tú ves a Valerón? Pues no queda otra que darle descanso y después calentar bien y a ver qué pasa. Pero, claro, a lo mejor se tiene que retirar del fútbol. Vosotros os tenéis que fijar en lo que les pasa a los deportistas.

Pero que me di?! Deixar de botar pachangas?!

Deixar de dar lástima polas pistas, praias e campos do mundo? De entrar ao corte como Naybet?

Resade unha por min, cristiáns de merda!

O resto, fasédelle un!

21/11/2007 09:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Franc3s en conserto

20071121153434-franc3s.jpg

Sábado 24. Sala Manchita Cosa. Ferrol. 21:00.

Franc3s + Triángulo de Amor Bizarro

Tocan de primeiros, así que non chejedes tarde.

Imposto revolusionario para a causa: 6 €

Venta de entradas na propia sala ou, se iso, falade con eles.

21/11/2007 15:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

22/11/2007

Magosto e tal

20071122224548-castanha.jpg

Mañá, venres 23, na facultade de filoloxía da Coruña na Zapateira: Festa de Magosto e tal.

Viño, cervexa e castañas de balde até esgotar existencias.

Todo a partires das 21:00.

Segundo me teñen informado, hai uns 130 litros de birra, 130 de viño (transformables en 260 de calimocho) e uns 70 quilogramos de castañas. Ou algo así.

Estades todos invitados!

22/11/2007 22:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

23/11/2007

Welcome to tijuana (Manu Chao)

23/11/2007 09:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

A ver, ho...

20071123174222-041129betagarri8133.jpg

Aljén venlle mañá a Betagarri a Vigo?

Mimá... Inda non sei cómo cona hei de faser, pero xa me estou vendo eu soíño polas rúas viguesas papando frío buscando a sala Breogain.

Xente, ninguén escoitou o Hamaika Gara? De o ter feito, poño os collóns nun sepo (Agus, graciñas pola expresión) a que viñades todos!

De momento, irémoslle ao Magosto en filoloxía a rebentar un pouco o fígado e soltar a grande:

Hey you, don't watch that
Watch this!
This is the heavy heavy monster sound
The nuttiest sound around
So if you've come in off the street
And you're beginning to feel the heat
Well listen buster
You better start to move your feet
To the rockinest, rock-steady beat
Of Madness
One step beyond!

23/11/2007 17:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Big Beñat (F. Muguruza)

Vén a Korrika!
Yeah! Yeah! Yeah! Yeah! Yeah!
Xa vén!
Korrika, un pobo en movemento
Xa vén e para Big Beñat
Unha nova misión imposíbel
"Reunir un mundo" é a consigna
E non pode errar o noso antiheroe
Empregando o ritmo xigante Big Beat
Quen podrá resistirse a esta chamada?

Dende Gasteiz
Até Baiona
Temos un novo século para comezalo correndo

Na nosa mente o mundo
Un montón de xente
Trátase de pensar globalmente,
Actuar localmente, verdade?
Somos vascos e cidadáns do mundo
Persoas, á marxe da uniformidade
Nin cabezas transxénicas, nin números
Vivos, pois o éuscaro non ten data de caducidade
Se a modernización implica o ser homoxéneo
Tatúame no cu o código de barras

Mira: O ritmo xigante de Big Beñat
Mira: Abaixo Big Mac
Vén a Korrika: Á cabeza está Big Beñat
Uh, uh, uh, uh... Reunir un mundo!

Cultura globalizada, macdonalizazón
Consumir plástico, ao igual que a comida rápida
Unha cousa é fusionar e outra obrigar
Intercambiar ou impoñer modelos á forza
Big Beñat, fabas e rabiza popular
Taco mexicano de serpe
E pan con tomate catalán
Queixo e noces, pois a terra non é pavimento
Evitemos de unha vez por todas a merda vella

Mira: O ritmo xigante de Big Beñat
Mira: Abaixo Big Mac
Vén a Korrika: Á cabeza está Big Beñat
Uh, uh, uh, uh... Reunir un mundo!

Paso a paso... Correndo
Paso a paso... Korrika

23/11/2007 18:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

24/11/2007

Nada de todo

20071124202520-resaca.jpg

Do conxunto global que é todo, pois nada.

Onte Magosto. As velares intervocálicas sonorizan: MACOSTO -> Magosto.

Polo que onte: MACOSTEI moi tarde -> Magostei moi tarde, que sono tiña no corpo.

Do Magosto non vou dicir nada porque todo o mundo dirá algo-as. Na China fan de todo coas algas e nos aquí facemos case de todo coas chinas. Cando me cabreo, miña nai dime: Non te achines. Achinar porque co cabreo achino os ollos, lóxica de nai.

Os ollos da cara-ao-sol-que-non-nos-saBEmos aLETRa - lyrics.

Segundo unha húngara, Antonio Pena parécese a un actor húngaro. En Hungría non din o de ten un aire, pero a Raúl o xeme quitáronlle o aire con una calsetín e catro cousas máis.

Estou totalmente flipado co libro Metalurxia de Carlos Santiago. Algún día escribirei un compendio de poemas sobre as mulleres que entran nunha carreira a modo de ASAFATAS (sodes como persoas de chiste!, Samo dixit) e chamareino Metalurpia.

Encántame a miña carreira.

Fermín Muguruza é o mellor para a resaca.

Entradas densas as miñas.

O estudo da difusión da materia de Bretaña pola Península Ibérica revela que tres de cada catro números impares acaban polo chan tras dar varias voltas sobre o seu propio eixo.

O chan chámase CHAN porque é o ruído que fas ao caer contra el.

As teorías dos círculos e a bebida, por Lucía.

Deixo esta entrada.

Non vou a Betagarri.

Ese de arriba son eu de resaca. Achinado total.

Quei quero á miña nai.

24/11/2007 20:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

25/11/2007

En Plan 73

20071125184939-acabado.jpg

En plan sen deus, sen deusa e con Sputnik Monroe roéndome os collóns.

E que viva Portugal!

25/11/2007 18:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

26/11/2007

Avui com ahir (Obrint Pas)

"Nunca fue la nuestra, lengua de imposición,
sino de encuentro.
A nadie se le obligó nunca a hablar en castellano
"
(Juan Carlos I)

Va ser a la tardor del 1707
i encara volen cendres pels mateixos carrers,
les classes populars contra les tropes del rei
les pedres ho recorden quan avui les prenem.

Avui com ahir
avui com demà
el mateix camí,
el mateix combat...

Va ser la primavera dels anys que hem viscut
i encara veig com brillen avui els teus ulls,
quan prenem els carrers escenaris del teu temps,
revoltes que han tancat les ferides dels teus punys.

Avui com ahir
avui com demà
el mateix camí,
el mateix combat...

I la nostra revolta mai no podran aturar,
els nostres punys alçats mai no podran abaixar,
els nostres somriures mai no podran esborrar,
la nostra actitud sempre serà de combat.
I mai no deixes mai de lluitar contra el poder,
mai no deixes mai de plantar cara al poder.
Ahir, avui, demà, sempre contra el poder!!

26/11/2007 15:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

27/11/2007

10 discos

20071127162206-musica.jpg

Este bloguiño, secsión de caralladas musicopedagóxicas, comprásese en presentar unha lista do que o autor pensa que son, por un ou outro motivo, os 10 mellores discos ou discos fundamentais do musiqueo en xeral.

Para a elaborasión desta lista non me parei moito a pensar, o cal se poderá observar unha ves que vos poñades a mirala. Son conssiente de antemán que ides botar en falta moitos discos e moitos grupos, mais para gustos colores e todo iso. De todos xeitos, procurarei explicar, na medida do posible, as causas das miñas elecsións.

Imos aló:

1.-Betagarri "Zuzenena": Xa só co comezo do disco, cun Boom egin eta krash brutal, xa vos podedes facer á idea de por qué este disco está nesta lista. Ademáis de por a descarga de ska tremenda que se ve na versión Baldin bada ou nos seus temas Verde ou Soldaduzka, para rematar co Revolution Mix. Quizáis de Betagarri puidese ter escollido o seu último traballo até a data, o Hamaika Gara, mais penso que este disco é un disco redondo.

2.-System of a Down "System of a Down": A primeira vez que escoitas este disco de comezo a fin dáste conta de que acabas de entrar en contacto cunha obra de arte en todos os sensos da palabra. Gustarache ou odiaralo, pero non vas quedar indiferente. Un disco ao que non lle sobra nada, ben trabado, que demostra que os que o fixeron están como putas calderetas e caña da boa. ("Caña da boa", que asco de comentarios poño)

3.-Andrés Calamaro "Honestidad Brutal": Un doble disco que tiña que existir para completar a educación emocional de calquera individuo. Ninguén que non tivese a súa época con este disco, non é persoa.

4.-Manu Chao e Fermín Muguruza "Radio Bemba Sound System Jai Alai Katumbi Express": Sei que o seu sería que á hora de coller un disco de Manu Chao, collese o mítico directo de toda a vida. Mais penso que este directo pirata do 2003 é incluso mellor, pois a colaboración de Fermín no mesmo (con, por exemplo, o mítico Sarri Sarri dos Kortatu), así como algúns dos temas non presentes no directo oficial (como, por exemplo, El hoyo ou Mi vida, nunha tremenda versión) fan de este directo un auténtico espectáculo.

5.-Los Muertos de Cristo "Bienvenidos al infierno": Sigo coa dinámica de poñer directos nesta lista, máis penso que este, pese a ser un directo dun grupo, digamos, máis humilde, ten unha produción que me deixou asustado. A grabación é unha auténtica pasada, pois consigue transmitir todo o que se pretende. Só con que escoitesedes a de En el corredor de este disco, xa entenderiades por qué o escollín.

6.-Banda Bassotti "Un altro giorno d'amore": si, non me canso de poñer directos. Por que este? Porque de todos os de Banda Bassotti, este é, claramente, o que demostra quén son os Banda Bassotti. Ska against racism, Mockba'993 ou All are equal for the law son todo o que unha cansión ten que ser.

7.-Millencolin "Life on a plate": Punk acelerado algo pastelero, toques ska e tres temas que son eixos para min: Bullion, Friends'til the end e Buzzer. Sobre todo este último tema é unha canción á cal volver de cando en cando, para repasar o tema. Tremendo disco.

8.-Rage Against The Machine "Live at the Grand Olympic Auditorium": Esta foi unha difícil elección, porque dubidei entre o The battle of Los Angeles, o R.A.T.M. e o Evil Empire. Mais penso que finalmente foi unha elección correcta. Unha boa selección de temas vellos e de algunha que outra versión boísima. A ver se volven!!!

9.-Los Suaves "¿Hay alguien ahí?": Seguimos cos directos. Recoñezo que dubidei se meter o Víspera de todos los santos, pero penso que non podían quedar fóra Dulce Castigo(posiblemente a mellor canción de rock que se fixo neste estado) ou a tremenda Viajando al fin de la noche en directo. Este disco é rock, sinxelamente. E que Yosi descanse en paz.

10.-Habeas Corpus "A las cosas por su nombre": Este disco e todo o que supuxo no seu momento é demasiado. Se se escoita atentamente a canción A las cosas por su nombre, que dá título ao disco, penso que queda xustificada a súa inclusión aquí.

En fin, até aquí a miña lista. Quedan fóra grupazos e discazos. Gustaría ter metido a Skalariak (non me decidín por ningún disco), Hora Zulú (máis do mesmo), Turbonegro (O Apocalypse Dudes ségueme parecendo do mellor que escoitei nunca), Gluecifer (o Tender is the savage), S.A., Metallica (dubidei entre o ...And justice for all e o Master of Puppets até último momento) e moitos máis. Pero en próximas ocasións seguirei completando isto.

De momento, invito a Diego,Xuko, Ion, Alba, Sara, Leiro, Patuki, Txa, W. Sobchak e a Ak 77 a que fagan o mesmo.

Saúde!

27/11/2007 16:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 5 comentarios.

28/11/2007

Felisidades, Xemes!

20071128150425-tragedy-9-11-twin-tower.jpg

Hoxe compren anos os xemes, Álex e Raúl.

Non atopei unhas fotos novas de eles, así que puxen unha que pegaba coa temática.

Felisidades, carneiros!

28/11/2007 15:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Italia

o teu inverno é un palacio
es a máis bela
inda que eu te miraba
nun cabalo a motor
respirabamos forte
sen humor
un puño alemán
retornarei ao sol coa miña dor
o exército di que
o vai mudar
un asalto ao ceo
rápido
rápido
máis rápido
ronda as pólas
que envellecen
ao rachar na mañá

o meu amor
vai a este ritmo
o meu amor
vai a este ritmo
o meu amor
e non o teu
que non é
o meu amor
vai a este ritmo
e non o teu
falo do meu
do meu amor
de este ritmo
que é o ritmo
ao que vai
o meu amor

28/11/2007 22:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

29/11/2007

Pim pam pum

20071129103547-ventresca.jpg

E tras ver que hai ano e pico puxen "palacio" en lugar de "pazo" porque a canción á que fai referensia me lembraba máis a ese termo e tras darme conta onte de que son quen de defraudar a todas as persoas que me coñesen e, incluso, a aquelas que non me coñesen de nada (o cal xa comesa a ser fodidamente chocante) entendo a belesa das tatuaxes que mesturan dor e praser estético (se cadra).

Hoxe soñei que fasía exersisios aeróbicos con Femrín Muguruza nunha espesie de pista de tenis abandonada (reixas feitas caca e herbas medrando entre o pavimento da pista implica abandono).

Onte soñei cousas guarras e tamén que miña nai morría porque o taxi no que iamos se presipitaba ao mar dende un aeroporto-porto.

O día 11 vou ao teórico de condusir. Con dusir xa vos dijo todo.

Pasei o sicotécnico e o tipo non me fixo todas as probas porque se percatou de que son un home sanote (-ola-san-ote-cal-é-o-teu-consello? -masaricos).

Pim pam pum, bocadillos de atún!

Ou ventresca. Sca. Sca. Ska. Ska. Ska. Ska. Ventreska.

29/11/2007 10:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Faltan anos de poesía

non existen xa as grandes
historias
mandas unha mensaxe
fas unha chamada
e mírante
e non hai música escollida
e non hai música escollida
e non hai música escollida
cos dentes negros de risa
non hai final
e por iso non hai historias
grandes
tontear
amar
foder
entender
confúndese todo e non
hai música

o amor é un amigo

29/11/2007 16:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Apoloxía do Mikelismo

20071129232712-mikel.jpg

Declárome mikelista.

Míkel, crack!

29/11/2007 23:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

30/11/2007

Fideputa

20071130221707-aaaa.jpg

Hoxe volvía das didácticas específicas dos CAPS es penseis.

Plural non.

Hoxe volvía das clases de didáctica específica e vin un home calvo dentro dun Megane (Renault Megane-Alonso tiene un 80% de posibilidades de volver a Renault) e mirábame mentres cruzaba a rúa.

Por un intre desexei que ese home me desexase, que me estivese desexando sobre o seu membro erecto e coas cervexas no seu lugar.

Non serei nunca un bo profesor. Terei que conter as miñas gañas de penetrar a todos os rapaces con nomes que rimen en asoante coa simpatía propia dos debuxos animados de finais dos oitenta.

Ningunha das mulleres que pasou pola miña vida dixo que me quería comer o cu e non o entendo pois o meu cu está tan detrás de min e tan afastado dos meus casos de fraude emocional que permanece intacto a tanto mareo hipócrita. O meu cu pide a berros un novo estatuto de cachas libremente asociadas. O meu cu é voso, mulleres que pasáchedes por a miña vida. O meu cu é o equivalente ao saltón rosa que caeu da mesa na cumpreanos do teu curmán máis parecido ao concepto que hoxe en día se ten de un rapaz con síndrome de down.

Down on the world again.

Baixei do autobús e quixen que a chuvia-choiva me montase como un actor porno tinguido de loiro.

No autobús fixeime en que as saídas de socorro e aforro e que-me-corro, cabaleiro.

As mulleres en xeral non existen, do mesmo xeito que os grandes poemas ou as grandes decisións. Os grandes amores chorámolos xa no seu momento, agora só se veñen enriba algunhas historias, pero non. As lentes de contacto son de plástico como os invernadoiros que se ven dende o espacio.

Hai lendas urbanas que falan de como as botellas de vidro son empregadas polos ionkis nas noites de insomnio para argallar o exército do pobo e facerse co estado.

Hoxe namoreime 8 veces (isto é certo) de sete conceptos distintos (isto non) e entendín porque entendín rima con Fermín e, polo tanto, con San Fermín. Os meus amigos non votarían xamáis á dereita máis estúpida.

Os meus amigos de verdade.

Defraudei xa aos amigos, aos amores, á familia (dou noxo), a toda a xente toda a xente toda a masa de xente toda, e, senembargo, son como Cuba sen embargo.

Son o socialismo tocacollóns co puño apretado tolo.

Quero falar catalán, éuscaro e esquecer todo o español-castelán do que me falan os donos das empresas que me queren vender todo en castelán. E tamén me quero esquecer das loitas sobre o asfalto.

Hai xente que me di que me quere en este mesmo blog pero non me di quén é porque non é pobo. Non estivo nunca perdendo un bus, nin estivo nunca mollado por pracer en Fonte Comido mirando unha imaxe do pasado no teléfono móbil, nunca vomitou por vomitar, nunca desexou ser arrincado da terra por Deus, nunca desexou que Deus arrincase un pelo da colloada e que empregase este para aforcalo mentres o levantaba a mil fodidos pés de altura. Os anos luz son unha medida de distancia, estúpidos!

Os virus informáticos.

A xente mantén a dignidade nos poucos videos VHS que quedan nos mobles da casa e no salón na saliña de estar.

As visitas pasarán en breve a ver as vistas. Temos boas vistas.

Boa e voa vista. A vista vóame e négame.

Non me pode conquerir ninguén que non entenda isto todo.

Hoxe son un peixe libre tirado do seu núcleo amatorio por albiscar. Empátate comigo e fórzame a querer morrer enteiro.

Hoxe namoreime oito veces. Sete foron por ti, unha foi por min. E outra quedou entre os peitos dunha rapaza moi linda e moi informada sobre os procesos-segundo-como-o-mires.

Querédeme ou deixádeme pasar, porque só falades en balde.

30/11/2007 22:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.



Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]