![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
U-lo Clint?![]() Para casa outra vez again. A casa! Non me dá na volta de ver a Rober Bodegas. Mañá fasémoslle sea. Hoxe aumentei o número de persoas que estiveron a punto de quedar debaixo do meu Clio de prácticas. En torno ás cinco ou seis. Teño máis gañas de cagala que nunca. Teño máis gañas de cagala que nunca. Teño máis caca merda dentro que por fóra e iso non pode ser. Quero a cervexa toda do imperio mexándose min por min mexándoa por fóra. Os meus problemas coas mulleres son sinxelos. Redúcense a tres dimensións: tempo, espacio e humidade. O resto, só é violencia que non se pode entender a unhas horas como estas. Estás? Motorola a última rola. Vodafone one one world. Non son a autoridade. Pronto haberá estatuas miñas xunto a Hugo Chávez nas rúas de Caracas. Estatuas masturbándome diante de xardíns marróns e secos. Secos. Sexos verdes. Busco un pobo. Só o pobo salva ao pobo? Clint, que foi de todo aquilo? Que foi das boas palabras e dos bos propósitos da xente que se quería? Cando vomitei todo? A saber. Comisarías e piscifactorías. Clint, que foi, entón, de tantas mans sobre pel? Que foi de aquelas masturbacións en ESCENARIOS INTERIORES? Que foi dos crebacabezas e das cocacolas? Onde quedou o tempo do liño e das cousas claras? Clint, para cando unha nova traizón? Só o pobo salva ao pobo? Clint, dime algo. Canto cres saber de estética medieval e cantas margaridas me quedan debaixo dos pés. A miña maior inimiga podería ser eu mesma. A miña maior inimiga é a miña mirada de puta. A miña man esquerda distínguese claramente dos pés por estar máis preto das miñas pelotas. O teléfono é un home negro pequeno e atrofiado polo non-paso dos anos. Clint, que quedou tras a chegada do Armagedon? Clint, que restos quedaron? Clint, eu baixo a Muros, pero cargado de seudónimos, de traballos-merda, de cervexa, de viño, de mulleres que me agardan no cuarto tras poñerme os cornos con un chinés que me arranxa o 4x4. Clint, u-los tempos mellores? Prometíchesmo. Non vou ter fillos. Clint. Clint. Clint. Clinton. Clítoris. O mundo non está feito de persoas, carne e pedra. O mundo está escrito entre sete ou oito liñas e téñoas todas baixo os pés. Bicádeme ou cuspídeme. O resto só é violencia. 04/01/2008 16:32 Comentarios » Ir a formulario
ahi estamos aprendendo geografia cos atentados
grandes lendakaris!!!! felisiano pois Fecha: 04/01/2008 19:05.
Jarda toda a tua merda dentro de ti que ainda me vas a ensusiar a tapiseria do novo vehículo!
Fecha: 04/01/2008 19:19.
botabase de menos a Clint
eres un crak (e con iso non me refiro a sobrada aquela soltada por unha rapaza de pelos crechos a saida do xeixo) irmao! Conga!!! Fecha: 04/01/2008 22:11. |
Archivos
TemasEnlaces
|