Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Non quero espertarme en ningún sitio hoxe

20080110081238-27.jpg

Mais espertei aquí e nesas ando.

E soa un directo na Sala Apolo, xa a estas horas. Así se esperta un candidato ao incriblemente merdento.

No mesenger está a xente que case sempre está no mesenger e que, asimesmo, son a xente que case nunca está no mesenger.

Onte quedei no sitio. Cheguei tan canso que quedei no sitio. Cheguei. Cama. Durmir. Soñei que lle daba a malleira da súa vida a Agus. Unha especie de Raw onírico, sen fallo.

Despois soñei máis cousas, que riman perfectamente coas últimas cousas que pensei antes de quedar durmido. Pero agora soa un directo na Sala Apolo.

Desexádenos sorte.

Un dos puntos máis importantes contra a globalización é a defensa dos nosos nocellos e dos nosos cóbados. Ninguén poderá intercambialos nunca. Non o permitades, fillos da auga mineral destes tempos.

A pesares das agresións fascistas, a pesares das difamacións, a pesares das molladuras duras.

Non sei se baixar esta fin de semana á vila.

Supoño que é falta de comunicación.

O de sempre.

In-komunikazioa.

A música, como feito, está bastante ben, pero non me dades mágoa coas vosas historias tristes.

10/01/2008 08:12

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]