Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Benvidos ao paraíso

20080201204217-rainin.jpg

Feito o exame, perdida a ilusión, os problemas continúan, pero non.

Hoxe non hai problemas. A choiva redunda na felicidade e empaparse e morrer de frío tamén din que hai que ser feliz.

Feito o exame o frío vén despois e a choiva tamén e tamén a boa música que non hai no silencio das pozas sobre as que salto e case me caio uuuiiii... Case cae! Chove a deus e teño frío e todo ben.

Porto. A ver se me dan Porto. Quero Porto. Pero non mo darán. Daranllo a calquera antes que a min. A calquera. Pero quero Porto.

Italia. Quero Italia, pero son pobre. Son pobre como todos os pobres que me paran pola rúa e que comen se eu lles dou algo. Pobre como as beirarrúas das cancións cutres do mítico rock español que ao fin e ao cabo só fala de lúas de estrelas de flores de bicos de beijos de beijos só de beijos e con beijos non se debería facer moitas cancións porque os beijos xa teñen todo feito incluso se me mordes porque me mordes e sempre o beizo de abaixo.

Beizo. Beijo. Beizo. Beijo. Todo vén do mesmo. Vén da terra nai. Terra terremota. Terra morta. Terra que dá vida e que dá felicidade e que fai que chova tantísimo e que sexamos tan felices cando caemos a rolos pola Ronda de Outeiro e que alto está todo e que alto ando cando penso en que se pode ser feliz querendo ser feliz.

Mañá a Muros. Muros e entroido e casa de Fe. O noso sambódromo.

Sambódromo.

Mañá música irish drunk songs.

Welcome to paradize.

Today it's raining...

Hoxe chove e suspenderei o exame e non demostrei todo o que me gusta a asignatura e comín SALMÓN e collín mil libros de Panero outro de Benedetti e un que se titula Tortillas para os obreiros e paréceme xenial todo.

Igual non me dan Porto.

Pero que máis dá?

Se un pode empaparse e ter todo o frío do mundo e saber o sitio que ocupa.

Welcome to paradize.

01/02/2008 20:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: anxeliña

Portoooo!!!

-comprar

(non che vou sair do sitio...)

Fecha: 01/02/2008 21:26.



Autor: paraisito sound system

--dios existe--

todos sabemos lo que te encanta esa asignatura excepto el profesor.

doy fe.

porto-perugia 50 pavos. é o futuro.

Fecha: 03/02/2008 18:56.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]