![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Viña 2008. Grupos e consideracións![]() O viña 2008 xa ten o cartaz fechado, con todos os grupos confirmados. Se non queredes deixarvos a vista coa imaxe que empreguei eu, podedes clicar AQUÍ e ver o cartaz nun tamaño normal. Realmente, non me emosionan moito os grupos que van. Vou mirar a qué iría cada día. 1º: Sepultura, Molotov, Albert Pla... E pouco máis, realmente. 2º: Los Suaves, Ill Niño, Obrint Pas, Narco, Sorkun, Huecco (en directo gaña, aviso)... Si, o segundo día merece un pouco máis a pena. 3º: S.A., Siniestro Total, Muchachito, The Locos, Soulfly, Berri Txarrak, Habeas Corpus... Si, outro gran día. Pero, a verdade, é que xa vin case todos eses grupos. Eu comezo a apostar fortemente polo Derrame Rock. E máis dende que vin que entrarán no cartel Betagarri e Banda Bassotti. Ademais de ser moito máis barato, máis preto e que a Villarrobledo xa fomos unha vez. O debate queda aberto, señores e señoras. Quero opinións ao respecto e que a xente se vaia mollando. 14/02/2008 11:10 Comentarios » Ir a formulario
Samooo vente ao Rock in Rio Lisboa, confirmados: metallica e machine head.
Posibles confirmasions: serj tankian, rage against the machine, iron maiden, cavalera conspiracy, within temptation entre outros, o mesmo día por 50 € pensadeo, pero creo ke nos vale a pena, e o viaxe podemos mirar con breakpoint ou directamente en bus, non nos sae tan caro 5 de xuño e desta atoche as barandandillas denfrente o palco e ves a metallica por collons Fecha: 14/02/2008 15:10.
5 de xuño, chunguísimo, por tema exames.
foi o viña, patuki, pero xa voltan faselo en villarrobledo again. Fecha: 14/02/2008 16:37. |
Archivos
TemasEnlaces
|