![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Tardes de marzo![]() Esta semana collín un poemario de Rivas. Costa da Morte blues. Bah... Agora refuxieime un pouco en Buk. (Grandezas de Bukowski. Sei que é un episodio vital que debería ter superado. Pero bah...) Tarde de Buk. Algo de stoner. Mólame o stoner. Wolfmother. E meto aí tamén a Gluecifer, Backyard Babies, Zen Guerrilla, Fu Manchu, Karma to Burn, Kyuss... Asco. Organicei as fotos no ordenata. Escribín un poemario breve. Breve. Gardareino aí. Pasareillo a alguén. Bebín unha cervexa. Non fun buscar uns ovos que me dixo miña nai. Discutín de xeito estúpido, como fago sempre, con toda a familia. Matei, exactamente, tres mosquitos. Pensei que o asasinato de ETA non vai mudar moito os resultados electorais. Algunha boa mensaxe de texto tamén hoxe. Tan ben. Unha tarde de marzo. Supoño. Acabo de darme conta de que está a chover. Hoxe é o cumpreanos do meu avó. Non creo que lle molase moito ese tema de Zen Guerrilla. Unha cousa. Agardo que sigades participando no II Concurso de nomes de pelis porno! Xa hai títulos moi bos. Demostrade! Saúde, paz e guerrilla zen! Comentarios » Ir a formulario
nunca superes a buk. está bien ser tú por una noche y decir que bajas un rato y llegar hace nada- biba biba
nunka superes a buk porq dejaras de entenderme y pasaras de todo y m morire. quimada sound system boiteche en falta, mamon Fecha: 08/03/2008 05:06. |
Archivos
TemasEnlaces
|