Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Mata o catolicismo e salva o sexo

20080321162323-cura6.jpg

Semana Santa e os que cren e os que intúen que teñen medo de cousas desfilan con estatuas no lombo e tamén os que din no se puede negociar con terroristas con gente que mata y están al margen de la ley.

Semana Santa e un monumento ao sufrimento e milleiros de anormais chorando porque chove e non poden pasear unha estatua e gusto diso porque demostra o pagáns que é todo o mundo e que o cristo da miña parroquia é mellor que o teu.

A xente é máis politeísta que María Santísima.

O meu sitio está aquí comendo pizzas de touciño entrefebrado en pascua carne sempre carne totalmente carne como a última blasfemia do día.

Levo non sei cántos días correxindo un texto sobre A historia da arquitectura restaurada e un vaise quedando con información con detalles e como se ventilaron o patrimonio cultural do Exipto. É a rehostia.

E católico-cristiáns refacendo monumentos-edificios musulmáns.

Todos igual de parvos. E de cabróns.

Pero é arte. É O QUE DI TODO O MUNDO pero es arte y la iglesia... A Igrexa é un entramado parafascista que xa ten chegado moi lonxe e vou lavar os dentes.

Despois tomarei un café.

Lerei algún relatiño. Calquera cousa.

E tamén me meterei no allo da gramática.

Grammar in use and in abuse.

O meu sitio non está aquí e non vou ir á cea e fódeme tela.

Raeiros?

Non sei.

Vou comezar a miña peculiar tarde.

Mañá veremos o partido.

21/03/2008 16:23

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sarita

el futbol es el opio del pueblo, joder

Fecha: 21/03/2008 18:09.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]