![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Noite Nº 2438Soñei que Montelouro era voado polos aires ante os meus ollos. En serio. E para quen non saiba o que pode supoñer iso... Pois é un pesadelo. Ver Montelouro estourando e víndose abaixo. Despois botábanme dunha das supostas catedrais máis bonitas de non sei qué época. Estaba en Roma e falaba en galego co segurata que me botaba. Todo o mundo quedaba e eu íame porque me rin seguido de todo. Dunha virxe que se paseaba polo templo mediante un mecanismo de cordas e así. Despois estaba nun bar no que os meus amigos se pelexaban entre si. Teo estaba encolerisado. E non lembro quen lle pegaba. E habia un caos no pubeto. Hostias por aquí e por alá e eu poñendo paz... Eran os meus amigos, copón! Máis tarde estaba novamente na vila. E non era quen de convencer a ninguén de ir á praia. Imos a tal hora, non eu non vou, eu vou máis tarde... E non había moita calor realmente. O conto é que estaba na praza do Cristo (agora reflexiono sobre ese nome) e aparecías por un momento para me dicir algo. Creo que era algo como... Ahora me voy, después nos vemos. Ou dese estilo. Marchabas e os meus amigos percibían todo o que levabamos nas cuncas dos ollos. Eu quedaba con esa cara de felisidade que non se atura. Despois non daba chegado á praia e espertei. Eran as 7:50 e espertei. Despois de tanto pesadelo, erguinme e estou feliz. Ando feliz. Tanto pesadelo e quedei con ese anaco no que te vin. Ando feliz. Vou coller o bus que o hei de perder. Zuzenena sempre. Comentarios » Ir a formulario
joder vaia sonos máis raros... espero que non sexan premonitorios e mont elouro quede no seu sitio...
mua mua Fecha: 02/04/2008 13:04.
lo de "na praza do Cristo"... todo son cristos para ti!
y menudos sueños que te gastas! a lo grande! como diría alguien: "na túa vida non caben cousas pequenas!" y porqué 2438? porqué no... 3 o 15? eh?! ah! y felicidades (con retraso) para tu hermana!!! hay que ver como pasa el tiempo! bicos! Fecha: 03/04/2008 21:31. |
Archivos
TemasEnlaces
|