Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Mañá será outro día

Outro día igual.

Así que os sonetos amorosos, o partido do BARCELONA e todos os fu*/ing castelanismos que teño entre cella e cella dan igual.

Confío en que o meu ritmo non se vexa modificado.

Ía ler, estudar, facer cousas, pero hoxe non fago nada.

Mañá será outro día.

Outro día igual.

E non vou ir a concertos. Saír. Viaxar. Rir. Beber. Perder o sentido. Caer. Rir. Beber. Ir a concertos. Viaxar. Mercar unhas chinelas. Dar concertos. Confiar en que o meu ritmo non mude.

E non vou escribir-porque ao final nunca escribo. Nin leo.

Nin saxitario.

Nin tendo.

Mañá será igual que onte que hoxe e que sempre a corrente pode non vaias onde non acañas que a corrente chama ao Xallas.

Ter a sensación de ser alguén?

Non.

Sempre hai algún fodido tolo e eu non son distinto.

Ledes o asunto e son un máis. Finalmente, non deixamos pegada.

Ese estúpido sorriso cada día.

Ferros e Tánatos.

09/04/2008 22:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: criatura

mmmm... xa estamos??
un abraso bobobobobo!!!

Fecha: 10/04/2008 22:41.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.