![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
A entrada que agardabades![]() Dispara. Dispara. Dispara. Dispara. Pensa, actúa, dispara. Acabo de ver "La flaqueza del bolchevique" por segunda vez na miña curta e onanista vida. Blogia non me deixa pór o título en cursiva, como corresponde. Gandhi dixo: Confiar é uma virtude. É a fraqueza que nutre a desconfiança. Stephen King dixo: A confiança do ingênuo é a arma mais útil do mentiroso. Lenin dixo: É preciso sonhar, mas com a condição de crer em nosso sonho, de observar com atenção a vida real, de confrontar a observação com nosso sonho de realizar escrupulosamente nossas fantasias. Marilyn Manson dixo: Quando todos os nossos desejos forem realizados, muitos de seus sonhos serão destruídos. Gusto da película "La flaqueza del bolchevique". Luís Tosar pon cara non-sei-de-qué durante todo o filme. Soa Extremoduro no seu Golf preto. Levo unha boa proporción de viño no corpo. Soa Karma to Burn a un volume belísimo. A confianza é curiosa a estas horas. E confío na gravidade e en todo o demáis tamén. Eu non son socialista. Son bolchevique. Non hai que tirar os cartos aos ricos. Hai que fusilalos. E despois, tamén hai que fusilar os pobres. Nun filme no que se di algo como o dito no parágrafo anterior hai que confiar. Ía pór o tema de Extremo (un dos temas de Extremo) que sae no filme pero vou escoller un bo tema de Karma to Burn. Extremo lémbrame a Sara se soa nun Golf preto. Blogia non me dá moita marxe de maniobra. O meu busero dime que non se pode confiar, directamente. A súa ex-moza levoulle un chihuahua e iso é un can. O can regaloullo a moza e despois levouno cando se foi do piso. Nos últimos dous meses perdín algo de tolemia e vou moi pim-pam-pim-chin-pom. Os sons estes son tan estúpidos que non pido outra cousa que non sexa TODO. Flaqueza. Hai que voltar. Hai que amosar valor? Non. Pensa, actúa... APUNTA! DISPARA! Agora xa é día vinte e as metáforas da lingua non me importan se non están en linguas que correspondan con algún lamber sobres nos que meter as grandes mensaxes por dicir. Pensa, apunta, dispara. Actúa. A túa mente é a mellor arma? Discurso. Mao Tsé-Tung dixo: O inimigo avança, retiramos. O inimigo acampa, provocamos. O inimigo cansa, atacamos. O inimigo se retira, perseguimos. Bertolt Bretch dixo: Não conseguireis desgostar-me da guerra. Diz-se que ela destrói os fracos, mas a paz faz o mesmo. Pessoa dixo (hostia-puta): A arte mente porque é social. A arte mente porque é social. Piada. Mentira. Piada. Todo é piada? 34. 34. 34. Dispara. Apunta. Actúa. Dispara. Mais non penses. Eu amarei por todos vós e por todo o resto tamén me deixarei amar. Mais os meus medos guiarán a miña felicidade. A miña dor pretérita é a que manda. Eu non obedezo. Eu estou perto dela. Sorrindo. Intentando sorrir. E canto. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|