Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Veña

Mala tarde a que acabo de ter de que non pasa nada non pasa nada non pasa nada non pasa nada non pasa nada non pasa nada non merece pasar nada vinte mil páxinas que non vin e vinte mil que vin e tamén poemas que lin e vinte mil mulleres e vinte mil homes e vinte mil nomes e mala tarde de domingo de estar cruzado e de escoita ska brasileiro e agora non sei xa qué escoito non o sei estou cruzado e farto de todo farto de vinte mil millóns de historias de ter que cadrar as cousas de tirar e de que proa sexa popa e de que todo sexa unha tarde de domingo e as entradas teenager son estas como esta como esta de a vida é unha merda e todo o mundo se suicidou mil veces no seu puto blog e eu tamén non son menos mañá madrugo e non mudei nada no mp3 e mañá será outro día menos e menos e menos e imos a menos e quei se escribe e teño cinco montóns de folios ao meu redor e non o entendo sendo como é que é unha tarde-serán de domingo tardes e solpores e xa é domingo e son as nove eu pensei que eran as CERO e todo calamaro é farlopa e todo o mundo quere farlopa e todo o mundo é putero case todos os homes son puteros polo visto polo que puiden escoitar até a data e todo o mundo pon os cornos e todo o mundo pon os cornos e algún día poderei repetir o perigoso de sentarme nun banco a falar con calquera de vós a calquera hora falando de teorías que se foron á merda sempre se foi todo á merda cremos en todo deus e todo deus non deixou tirados nun arró en calquera lado en calquera lado quedamos zapateados escarallados vivos todo o mundo di querer e pronúnciao con estraño xeito pero foron as cancións a recompensa o único que quedará despois será a botella e as cancións pero que só son cancións e polas que lle cobraron a alguén e que eu as conseguín de balde e caen bágoas son igual de bágoas que as de cando ves un filme estadounidense de américa e claro como vai importar calquera cousa e quedamos cos toques que dan aos móbiles as mensaxes e que sinxelo e escribir quérote ódiote non me fales máis e que sinxelo é mirar aos ollos e que duro é meterse na cama pola parte de abaixo pola parte de atrás atrás por atrás sexo grupal ska que non será estudar libros coñecemento e créditos estaba todo tan claro que non o quixen entender entre lembrar e entre esquecer quédome comigo mesmo á sombra de min mesmo cantando esbardallando escribindo aguantando os insultos os comentarios ao pasar o de calquera cousa ninguén é un xenio e ninguén vai mudar nada xa pasaron milleiros de bos poetas os mellores poetas e non evitaron ningún abuso por parte do estado supostamente aconfesional e antes de durmir hei de pensar en todos vós como penso sempre e vou escribir mil veces esta entrada e non sei para qué dar toques a estas alturas da vida e todas as noites de borracheira son sempre a mesma e non o entendedes non o entendedes vou comezar a quedarme en casa pribando sen facer caso a muguruza pero si quedarme en casa a perder o sentido caer redondo caer no chan partíndome o nabo da risa e articulando catro verbas e fóra a xente mira para ti e todo o mundo está na obriga de ser feliz e hoxe hostia eu hoxe non son feliz nesta hora con esta música con todas as putadas que fixen e que me fixeron agora non son feliz e se non que caia un lóstrego e mo diga tuteándome.
20/04/2008 21:57

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]