![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Aínda queda algo![]() Tras chegar a casa CERVEXA e tras iso hoxe xa é noite e non vou a ningures NON hoxe non porque quedei en casa e sei que estou aquí porque está soando a música que eu quero. Estaba a ver un filme xa metido na cama un filme que me colleu no momento XUSTO -coñecedes esa sensación?- e PIRIUM -o móbil e máis unha SMS- así que perdín o fío emocional que me vinculaba ao filme erguinme e acendín o computador. É moi raro que se é de noite e xa teño o computar apagado... O prenda novamente. No filme fálase de amor obsesión e outras cousas homófonas. De que imos falar a día de hoxe? Onte. Teño moito choio por facer e non sei se rematarei deixando directamente algunha para setembro. Teño setenta para setentembro. Non digas "fillo da puta", fillo da puta. Metédema. As parellas os tríos as duplas parellas. O póquere o amor e as relacións sentimentais e esa merda. Sentimental. Sen ti? Mental. Non se pode escoitar un tema sobre e outro e IMOS! Prometo que hoxe escoitei sepultura statuto e skarnio e prometo que non escoitei s.a. porque é a verdade e foi así. Violación. Violación. Aulas. Aulas. Futebol de salón. Nin un só peso en telefonía sen arames. Popis. Lambédesme as chinelas. Agora lembro aquelas noites até as tantas escoitando de todo e dándolle significado a todo. Agora nada ten significado. En serio. Nada. Bada. Baldin bada. Baleiro. Todo sen nada. Podería facer que esta entrada durase mil verbas máis pero seguiría sen valer nada de nada de nada de nada como toda esa xente que escribe cantidade de cousas sobre terceiras persoas que ten só na súa mente -narrativa- e non fala de nada. A xente mastúrbase co que lle colle a man. Fotojarsías. Estou baixando á rúa. Vou baixar a dar unha volta por Oleiros de noite. Hai bo tempo. De seguro que hai bo tempo. Mañá vou traballar. Deep in the night. Down on the rúa pola rúa abaixo. Ollos que non falan que non te miran. Se deus nos abandonou xa me diredes qué podemos agardar del. A morte de Lenin sería seguida por todos os medios -cuartos- de comunicación mediante as últimas tecnoloxías. Épico. Lírico. Corintio. Suevos. A nación e todo iso. Imos okupar a casa dos nosos pais mercádeme un bemeuve fun costa abaixo copiñas de máis. Que máis dá a idea se MIRA MIRA PARA MIN IMOS ATÉ ALÍ bua E NON SABES QUÉ ME DIXO que POIS QUE TAL E TUMBA E NONSEI SABES. Goear maldígote. Aínda que agora entre e alguén acabe de colgar Soldaduzka. Se me dás a escoller entre o ska e a soidade quédome coa soidade. Falar contodoomundoatodashoras. Con esa grandeza que levo nos petos. Levo nos petos. Peto nas portas pola noite e asusto á xente coas miñas poucas ideas sobre a falta de inocencia e coa miña capacidade autodestrutiva. Confundir as imaxes. Poñer unha imaxe que NON con unha canción que IGUAL nun artigo que NON e non sei para cándo unha boa derrota. Mañá? Que volvan os bos discos de antes os veráns de hai tempo nos que a praia e xogar ás cartas e as pachangas. A maior felicidade do mundo é unha boa pachanga en San Francisco. Aínda queda algo que ninguén me poderá tirar de dentro. Polo tanto... Sempre serei libre. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|