Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




O mundo xa non será o mundo, senón algo mellor

20080427110750-montelouro.jpg

Quedará trastocado co xusto de cada cousa. Coa néboa das noites e co sol de saír a por cervexa e sangría de a litro na herba con bichos que nos comen.

Xa foi sempre en cada pinguiña de choiva e o sol que nos vén enriba creo que pensa algo semellante. Arranxar a vida mil veces.

Matar o gato oito trillóns de veces partíndome o rabo coas mans cheas de sangue de gato.

Muros-Cuba-Berlín.

Non sei cántos anos sabáticos precisaremos para todo, nin cántos quilómetros percorrerei na miña estúpida Vespa mentres ti coñeces o mundo.

Pero o mundo xa non será un mundo. Será algo mellor.

O místico entendemento de estar de NON e que estea ben vale máis que Amancio Ortega cuberto de chocolate.

Teño o verán a tres cuartos da X distancia que separa o Rabadeira do ceo. Stalin sábeo. Por iso marchou do seu niño escarallándose e chorando cun riso enorme na faciana.

Os veráns que virán. Os outono-inverno-primaveras que virán. Os Dualers.

O verán chegará.
27/04/2008 11:07

Comentarios » Ir a formulario


Autor: tutonta

ains que entiendo todas las cosas aparentemente cripticas que pones y sonrío como una boba.

de todas formas me voy contigo en la vespa.

Fecha: 27/04/2008 12:17.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]